{"id":3652,"date":"2023-09-22T15:18:52","date_gmt":"2023-09-22T13:18:52","guid":{"rendered":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/?p=3652"},"modified":"2023-09-22T15:18:54","modified_gmt":"2023-09-22T13:18:54","slug":"temos-razon-unicamente-cando-decimos-a-verdade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/temos-razon-unicamente-cando-decimos-a-verdade\/","title":{"rendered":"TEMOS RAZ\u00d3N UNICAMENTE CANDO DECIMOS A VERDADE"},"content":{"rendered":"\n<p>Compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros,&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que moitos e moitas estivestes na asemblea xeral, non foi das mais numerosas e <strong>hai mentiras que se est\u00e1n a difundir <\/strong>por&nbsp; parte dalgunha organizaci\u00f3n que non podemos permitir que ningu\u00e9n asuma por boas por desco\u00f1ecemento da realidade.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Comentan dende a CGT na \u00faltima folla (n\u00ba 152) que as CCOO \u201cboicotearon a concentraci\u00f3n de delegados en Madrid\u201d e que&nbsp; \u201cboicotearon tam\u00e9n a asemblea xeral que o comit\u00e9 de empresa quer\u00eda convocar en v\u00e9speras das vacaci\u00f3ns\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A pesar de que constantemente utilizan o termo \u201cboicotear\u201d para propo\u00f1er medidas, est\u00e1 claro que desco\u00f1ecen o significado.&nbsp; <strong>As CCOO non boicoteamos nada<\/strong>. Decidimos non acudir \u00e1 concentraci\u00f3n por est\u00e9ril e oportunista (que non oportuna) e&nbsp; decidimos non acudir a asemblea xeral porque a convocaron 4 organizaci\u00f3ns sindicais ao marxe do comit\u00e9 de empresa. De&nbsp; ningunha das formas impedimos ou bloqueamos calquera medida. Respectamos as opini\u00f3ns ou estratexias do resto de&nbsp; organizaci\u00f3ns da mesma forma que eles deber\u00edan de respectar as nosas.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Se a CGT interpreta que boicoteamos eses actos por non asistir, tal vez deber\u00eda de explicar porque non asistiron durante&nbsp; moit\u00edsimos meses \u00e1s xuntanzas que este comit\u00e9 de empresa forzaba coa Xunta de Galicia, a Deputaci\u00f3n Provincial, Delegaci\u00f3n&nbsp; do Goberno ou mesmo con varios concellos, na procura de apoios as nosas reivindicaci\u00f3ns. Esas medidas si estaban aprobadas&nbsp; polo comit\u00e9 de empresa. A pesar de iso, as CCOO respectamos a decisi\u00f3n desta organizaci\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A asemblea xeral na v\u00e9spera das vacaci\u00f3ns prop\u00faxoa CCOO. Explic\u00e1moslles \u00f3 resto de organizaci\u00f3ns sindicais que antes de acudir&nbsp; a unha asemblea xeral, queriamos manter unha xuntanza coa nosa afiliaci\u00f3n. Con anterioridade, MAS, a propia CGT ou fai uns&nbsp; dias a CIG, solicitaron modificar datas para poder realizar asembleas coa s\u00faa afiliaci\u00f3n, e falta a primeira vez que as CCOO&nbsp; puxeramos alg\u00fan problema e non facilitaramos o necesario debate de calquera organizaci\u00f3n coa s\u00faa afiliaci\u00f3n. Ademais a&nbsp; secci\u00f3n sindical de CCOO convocouse as 8:00 da ma\u00f1a a v\u00e9spera de vacaci\u00f3ns para que houbera marxe de tempo ante unha&nbsp; posible asemblea xeral. Que a houbera antes de vacaci\u00f3ns, non so era o recomendable ante a situaci\u00f3n, se non que era o&nbsp; desexable para as CCOO. <strong>A CGT negouse literalmente \u201cen rotundo\u201d a que se celebrase unha asemblea xeral <\/strong>a v\u00e9spera de&nbsp; vacaci\u00f3ns trala secci\u00f3n sindical de CCOO. Quizais por iso as CCOO non acudimos a dita asemblea, en todo caso non volveremos a deixar que ningunha organizaci\u00f3n sindical difame libremente ante toda o persoal sen contestaci\u00f3n das CCOO e acudiremos a&nbsp; este tipo de asembleas a\u00ednda que non se convoquen de acordo co regulamento.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Unha magoa que un escrito que comeza de forma brillante acabe torc\u00e9ndose polo <strong>desexo desmesurado de atacar \u00e1s CCOO<\/strong>. Si&nbsp; no primeiro par\u00e1grafo coinciden plenamente coa nosa organizaci\u00f3n entendendo que \u201ccun goberno en funci\u00f3ns pode haber&nbsp; marxe para avanzar en aspectos secundarios\u201d, porqu\u00e9 a principal conclusi\u00f3n acaba sendo que a culpa de todo \u00e9 de CCOO xa que&nbsp; est\u00e1 boicoteando todo?&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Acabamos este escrito parafraseando a Javier Gal\u00e1n, ex-presidente do comit\u00e9 de empresa. Nun pleno propuxo \u00f3 resto de&nbsp; organizaci\u00f3ns que si pensaban que o far\u00edan mellor que as CCOO, que desen un paso adiante e colleran a presidencia do comit\u00e9&nbsp; de empresa, non sabemos a\u00ednda hoxe como foron capaces tantos delegados do resto de organizaci\u00f3ns de agocharse detr\u00e1s da&nbsp; \u00fanica columna que hai no sal\u00f3n de plenos.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Pediri\u00e1moslle \u00e1s organizaci\u00f3ns que queiran facerlle algunha critica \u00e1s CCOO que a poder ser a fagan cando estamos diante para&nbsp; poder defendernos. Calaron a boca na asemblea e preferiron o confort dun escrito.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Sen mais asuntos,&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Recibide unha cordial aperta&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Compa\u00f1eiras e compa\u00f1eiros,&nbsp; A\u00ednda que moitos e moitas estivestes na asemblea xeral, non foi das mais numerosas e hai mentiras que se est\u00e1n a difundir por&nbsp; parte dalgunha organizaci\u00f3n que &#8230; <a title=\"TEMOS RAZ\u00d3N UNICAMENTE CANDO DECIMOS A VERDADE\" class=\"read-more\" href=\"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/temos-razon-unicamente-cando-decimos-a-verdade\/\" aria-label=\"Leer m\u00e1s sobre TEMOS RAZ\u00d3N UNICAMENTE CANDO DECIMOS A VERDADE\">Leer m\u00e1s<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":33,"featured_media":3437,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[34],"tags":[],"class_list":["post-3652","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-navantia-ferr-app-push","generate-columns","tablet-grid-50","mobile-grid-100","grid-parent","grid-33"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3652","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/users\/33"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3652"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3652\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3653,"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3652\/revisions\/3653"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3437"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ccoo.app\/navantia\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}