TEMOS RAZÓN UNICAMENTE CANDO DECIMOS A VERDADE

Compañeiras e compañeiros, 

Aínda que moitos e moitas estivestes na asemblea xeral, non foi das mais numerosas e hai mentiras que se están a difundir por  parte dalgunha organización que non podemos permitir que ninguén asuma por boas por descoñecemento da realidade. 

Comentan dende a CGT na última folla (nº 152) que as CCOO “boicotearon a concentración de delegados en Madrid” e que  “boicotearon tamén a asemblea xeral que o comité de empresa quería convocar en vésperas das vacacións”. 

A pesar de que constantemente utilizan o termo “boicotear” para propoñer medidas, está claro que descoñecen o significado.  As CCOO non boicoteamos nada. Decidimos non acudir á concentración por estéril e oportunista (que non oportuna) e  decidimos non acudir a asemblea xeral porque a convocaron 4 organizacións sindicais ao marxe do comité de empresa. De  ningunha das formas impedimos ou bloqueamos calquera medida. Respectamos as opinións ou estratexias do resto de  organizacións da mesma forma que eles deberían de respectar as nosas.  

Se a CGT interpreta que boicoteamos eses actos por non asistir, tal vez debería de explicar porque non asistiron durante  moitísimos meses ás xuntanzas que este comité de empresa forzaba coa Xunta de Galicia, a Deputación Provincial, Delegación  do Goberno ou mesmo con varios concellos, na procura de apoios as nosas reivindicacións. Esas medidas si estaban aprobadas  polo comité de empresa. A pesar de iso, as CCOO respectamos a decisión desta organización. 

A asemblea xeral na véspera das vacacións propúxoa CCOO. Explicámoslles ó resto de organizacións sindicais que antes de acudir  a unha asemblea xeral, queriamos manter unha xuntanza coa nosa afiliación. Con anterioridade, MAS, a propia CGT ou fai uns  dias a CIG, solicitaron modificar datas para poder realizar asembleas coa súa afiliación, e falta a primeira vez que as CCOO  puxeramos algún problema e non facilitaramos o necesario debate de calquera organización coa súa afiliación. Ademais a  sección sindical de CCOO convocouse as 8:00 da maña a véspera de vacacións para que houbera marxe de tempo ante unha  posible asemblea xeral. Que a houbera antes de vacacións, non so era o recomendable ante a situación, se non que era o  desexable para as CCOO. A CGT negouse literalmente “en rotundo” a que se celebrase unha asemblea xeral a véspera de  vacacións trala sección sindical de CCOO. Quizais por iso as CCOO non acudimos a dita asemblea, en todo caso non volveremos a deixar que ningunha organización sindical difame libremente ante toda o persoal sen contestación das CCOO e acudiremos a  este tipo de asembleas aínda que non se convoquen de acordo co regulamento. 

Unha magoa que un escrito que comeza de forma brillante acabe torcéndose polo desexo desmesurado de atacar ás CCOO. Si  no primeiro parágrafo coinciden plenamente coa nosa organización entendendo que “cun goberno en funcións pode haber  marxe para avanzar en aspectos secundarios”, porqué a principal conclusión acaba sendo que a culpa de todo é de CCOO xa que  está boicoteando todo? 

Acabamos este escrito parafraseando a Javier Galán, ex-presidente do comité de empresa. Nun pleno propuxo ó resto de  organizacións que si pensaban que o farían mellor que as CCOO, que desen un paso adiante e colleran a presidencia do comité  de empresa, non sabemos aínda hoxe como foron capaces tantos delegados do resto de organizacións de agocharse detrás da  única columna que hai no salón de plenos.  

Pediriámoslle ás organizacións que queiran facerlle algunha critica ás CCOO que a poder ser a fagan cando estamos diante para  poder defendernos. Calaron a boca na asemblea e preferiron o confort dun escrito. 

Sen mais asuntos, 

Recibide unha cordial aperta