Constitución Comité de Empresa Ferrol

No pleno, o goberno de coalición de MAS, CIG, CGT e UGT repartiu os postos do comité de empresa de forma que se marxina a CCOO, o sindicato que gañou as últimas eleccións.

CCOO co 30% ten a mesma representación na permanente que UGT cun 9%.

Presidencia

CCOO presentou candidatura a presidente, secretario e vicesecretario sen obter ningún voto do resto de sindicatos. O presidente do comité será de MAS, o secretario de CIG e o vicesecretario de CGT.

Comisións

Antes da votación, MAS propuxo quitar un membro a Produtividade e aumentar becas de 2 a 3 coa oposición de CCOO, becas só ten traballo durante 2 meses. CCOO presentou candidatura a todas as comisión de traballo excepto unha dado que segundo o resultado

correspondíanlle 3, o goberno de coalición bloqueou todas as propostas de CCOO excepto a coordinación de becas.

Non contentos con isto escolleron primeiro o reparto dos membros das comisión deixando a CCOO para o final e no puidemos ter representante en Industria Auxiliar porque MAS colleu 2 representantes véndonos forzados a coller todos os membros de becas.

Saúde Laboral

O goberno de coalición non tiña repartido o Comité de Seguridade e Saúde Laboral e acordaron pospoñer a elección coa oposición de CCOO, a prevención sempre foi o primeiro e por iso sempre se escolleu o primeiro día.

CCOO seguirá tendendo a man para traballar mellorando o marco laboral e apostando polo futuro desta factoría

Navantia
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia posible.

La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web (idioma, territorio) o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Para más información consulta nuestra Política de Privacidad