Convenio Colectivo Oficinas y despachos de Lugo

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
2008/01/01 - 2011/12/31

Duración: CUATRO AÑOS

Publicación:

2010/06/19

BOP 138

Ámbito: Provincial
Área: Lugo
Código: 27000645011992
Actualizacion: 2010/06/19
Convenio Colectivo Oficinas y Despachos. Última actualización a: 19-06-2010 Vigencia de: 01-01-2008 a 31-12-2011. Duración CUATRO AÑOS. Última publicación en BOP 138.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

Tabla de contenidos

Índice

CONVENIO COLECTIVO (BOP Núm. 138 – Sábado, 19 de Junio de 2010)

(Código 2700645).

Visto o texto do convenio colectivo e as táboas salariais para os anos 2008, 2009 e 2010 para o sector OFICINAS e DESPACHOS da provincia de Lugo, asinado o día 13 de maio do 2010, pola representación da Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo e das centrais sindicais CIG (41.7%), UGT (37.5%) e CC.OO. (20.8%), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

ESTE DEPARTAMENTO TERRITORIAL, ACORDA:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo e as súas táboas salariais no rexistro de convenios deste Departamento Territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Remitir o texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

TERCEIRO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 9 de xuño de 2010.- O Xefe Territorial, Antonio Dacal López.

ACTA DE CONSTITUCIÓN

ASISTENTES:

Pola Asociación de Asesores e Xestores da Provincia de Lugo:

EUGENIA LÓPEZ ARIAS

CARMEN PÉREZ PÉREZ

MANUEL NÚÑEZ CARREIRA

SALUSTIANO VELO SABÍN

ANDRÉS MANUEL CASO MARTÍNEZ

Polas Centrais Sindicais:

CIG [41,7%]

XOSÉ VALCÁRCEL SÁNCHEZ

CARME ANTAS PÉREZ

ANXOS OTERO TRIGO

LOIS NIETO LÓPEZ

UGT [37,5%]

UBALDO CAAMAÑO VIÑAS

MANUEL LORENZO FERNÁNDEZ

FERNANDO TEIJEIRO VALLEDOR

CC.OO. [20,8%]

JUANA ESTÉBANEZ CEPEDAL

LUCÍA VARELA CORREDOIRA

En Lugo, sendo as 17:00 horas do día 24 de setembro de 2009, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas co obxecto de constituír a Comisión Negociadora do convenio colectivo para o Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Lugo.

A representación empresarial osténtaa a Asociación de Asesores e Xestores da Provincia de Lugo.

A representación sindical osténtana as centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO. coas porcentaxes indicadas á marxe.

Tómanse os seguintes:

ACORDOS:

Primeiro.- Ámbalas dúas partes recoñécense mutuamente a representatividade necesaria para negociar un convenio colectivo provincial de eficacia xeral para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo.

Segundo.- Ámbalas dúas partes acordan dar por constituída a Comisión Negociadora do precitado convenio, da que forman parte as persoas á marxe relacionadas.

Terceiro.- Remitir a presente acta á autoridade laboral competente aos efectos legais oportunos.

Cuarto.- A data da próxima reunión da Comisión Negociadora queda fixada para o 29 de outubro de 2009, ás 17:00 horas.

E en proba de conformidade, firman a presente acta as persoas á marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Fdo.: Eugenia López Arias.- Carmen Pérez Pérez.- Manuel Núñez Carreira.- Salustiano Velo Sabín.- Andrés M. Caso Martínez.- Xosé Valcárcel Sánchez.- Carme Antas Pérez.- Anxos Otero Trigo.- Lois Nieto López.- Ubaldo Caamaño Viñas.- Manuel Lorenzo Fernández.- Fernando Teijeiro Valledor.- Juana Estébanez Cepedal.- Lucía Varela Corredoira.

ACTA DE FIRMA

ASISTENTES:

Pola Asociación de Asesores e Xestores da Provincia de Lugo:

EUGENIA LÓPEZ ARIAS

CARMEN PÉREZ PÉREZ

MANUEL NÚÑEZ CARREIRA

SALUSTIANO VELO SABÍN

ANDRÉS MANUEL CASO MARTÍNEZ

Polas Centrais Sindicais:

CIG [41,7%]

XOSÉ VALCÁRCEL SÁNCHEZ

CARME ANTAS PÉREZ

ANXOS OTERO TRIGO

LOIS NIETO LÓPEZ

UGT [37,5%]

UBALDO CAAMAÑO VIÑAS

MANUEL LORENZO FERNÁNDEZ

FERNANDO TEIJEIRO VALLEDOR

CC.OO. [20,8%]

JUANA ESTÉBANEZ CEPEDAL

LUCÍA VARELA CORREDOIRA

En Lugo, sendo as 17:00 horas do día 13 de maio de 2010, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas, integrantes todas elas da Comisión Negociadora do convenio colectivo para o Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Lugo, e despois de amplos debates, adóptanse os seguintes:

ACORDOS:

Primeiro.- Aprobar o texto e táboas salariais anexas do convenio colectivo para o Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Lugo con vixencia dende o 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro de 2011, para o que as partes contan coa capacidade legal suficiente, segundo se acredita coa acta de constitución da Comisión Negociadora.

Segundo.- Remitir o texto e táboas salariais aprobadas á autoridade laboral competente aos efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta as persoas á marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Fdo.: Eugenia López Arias.- Carmen Pérez Pérez.- Manuel Núñez Carreira.- Salustiano Velo Sabín.- Andrés M. Caso Martínez.- Xosé Valcárcel Sánchez.- Carme Antas Pérez.- Anxos Otero Trigo.- Lois Nieto López.- Ubaldo Caamaño Viñas.- Manuel Lorenzo Fernández.- Fernando Teijeiro Valledor.- Juana Estébanez Cepedal.- Lucía Varela Corredoira.

CONVENIO COLECTIVO PARA O SECTOR DE OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DE LUGO.

CAPÍTULO I.- UNIDADES DE NEGOCIACIÓN.

ARTIGO 1.- PARTES CONCERTANTES.

A comisión negociadora do convenio de oficinas e despachos de Lugo está integrada pola parte empresarial: Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo co 100%; e pola parte social: As centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG) co 41,7%, Unión General de Trabajadores (UGT) co 37,5% e Comisións Obreiras (CC.OO.) co 20,8%.

Ámbalas dúas partes recoñécense como interlocutores válidos con lexitimación suficiente para a negociación do presente convenio de acordo co que establece o Título III do vixente Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995.

CAPÍTULO II. ÁMBITOS, VIXENCIA E DENUNCIA.

ARTIGO 2. ÁMBITO PERSOAL.

Rexeranse polo presente convenio a totalidade dos traballadores e traballadoras que, na actualidade ou no sucesivo, presten os seus servizos nas empresas reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito territorial.

ARTIGO 3. ÁMBITO FUNCIONAL.

O convenio será de aplicación a tódalas empresas encadradas, ou que no futuro se encadren, nas actividades reguladas pola ordenanza laboral para “oficinas e despachos”, de 31 de outubro de 1972, hoxe derrogada.

ARTIGO 4. ÁMBITO TERRITORIAL.

As normas do presente convenio serán de aplicación en toda a provincia de Lugo.

ARTIGO 5. ÁMBITO TEMPORAL E VIXENCIA.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2008, con independencia da data da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia ou Diario Oficial de Galicia.

A duración será ata o 31 de decembro de 2011, entendéndose prorrogado tácitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa das partes.

ARTIGO 6. DENUNCIA.

As partes acordan expresamente que o presente convenio ficará automaticamente denunciado cunha antelación de tres meses respecto a súa data de vencemento, sen necesidade de que teña lugar actuación expresa de calquera das partes asinantes neste senso.

CAPÍTULO III. REPRESENTACIÓN DAS PARTES NEGOCIADORAS.

ARTIGO 7. COMISIÓN PARITARIA.

Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia do pactado no presente convenio.

Esta Comisión estará formada por 5 representantes da Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo; 2 de CIG; 2 de UGT e 1 de CCOO, organizacións que figuran como asinantes do presente convenio.

Aos únicos efectos de notificacións, sinálanse os seguintes enderezos:

Pola representación económica: Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo, situada na Praza de Sto. Domingo, 6-8, 2º de Lugo.

Pola representación social: Confederación Intersindical Galega (CIG), na Ronda da Muralla, 58, baixo dereita de Lugo; UGT na Ronda da Muralla, 58, 1º de Lugo e Comisións Obreiras, na Ronda da Muralla, 58, 4º de Lugo.

CAPÍTULO IV. TEMPO DE TRABALLO.

ARTIGO 8. XORNADA DE TRABALLO.

A xornada de traballo distribuirase, a partires da publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, da seguinte forma:

a) Xornada de inverno: 40 horas efectivas semanais en réxime de xornada partida ou continuada.

b) Xornada de verán: 35 horas efectivas semanais en réxime de xornada intensiva ou continuada. Este réxime de xornada levarase a cabo desde o día 1 de xullo ao día 30 de setembro, ámbolos dous inclusive, agás as Asesorías Contables e Fiscais, que poderán optar, en base ás obrigas do calendario fiscal, polo período comprendido desde o 20 de xullo ao 12 de outubro.

A xornada de traballo distribuirase con carácter xeral de luns a venres, se ben as empresas poderán distribuír o traballo de luns a sábados nos períodos de maior actividade ou de acumulación de tarefas, como é o caso dos períodos de obriga de presentación de declaracións fiscais trimestrais, de presentación de impostos, de presentación de contas, peche de prazo de subvencións e similares.

Nas empresas nas que se presten servizos en réxime de xornada partida traballarase con carácter xeral os venres en xornada intensiva ou continuada polas mañás, agás nos períodos de maior actividade ou de acumulación de tarefas aos que se fai referencia no parágrafo anterior.

Os días 24 e 31 de decembro considéranse con carácter xeral como días non laborables. No caso de que o persoal teña que prestar servizos nas datas sinaladas por razóns organizativas ou de necesidade de atención ou asistencia ao público, as empresas terán que substituír o descanso nas datas sinaladas por outro tempo de descanso equivalente.

A mesma consideración e a mesma regulación terá, a partires da publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, a tarde do 5 de xaneiro.

ARTIGO 9. PERMISOS RETRIBUÍDOS.

Aos traballadores e traballadoras interesados concederáselles -necesariamente- os seguintes permisos retribuídos:

a) Matrimonio do traballador ou traballadora: 15 días.

b) Matrimonio de ascendentes, descendentes e colaterais ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade: O día no que se celebre a cerimonia.

c) Nacemento de fillo: 3 días. Cando por tal motivo o traballador tivera que trasladarse a provincia distinta á do centro de traballo o prazo será de 4 días.

d) Accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario de cónxuxe e parentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade: 5 días. No caso de hospitalización, establécese un prazo de 15 días a partires do feito causante para usar o permiso, podendo ademáis facelo de xeito interrompido. Neste último suposto o traballador terá dereito a tantos días laborables como resulten do cómputo dos 5 días a contar desde o feito causante.

e) Accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario de parentes de segundo grao por consanguinidade ou afinidade: 2 días. Cando por tal motivo o traballador tivera que trasladarse a provincia distinta á do centro de traballo o prazo será de 4 días.

f) Morte do cónxuxe, parentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade e irmáns: 4 días, que se ampliarán ata 5 días se o óbito ocorrera en provincia distinta á do centro de traballo.

g) Morte de parentes de segundo grao por consanguinidade ou afinidade: 2 días, que se ampliarán ata 5 días se o óbito ocorrera en provincia distinta á do centro de traballo. No caso de tíos, 1 día; 2 se é fora da provincia.

h) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: Ata un máximo de 3 días non acumulables a vacacións. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a súa necesidade.

i) Licenza a representantes sindicais: Estarase ao lexislado nesta materia.

j) Tempo necesario para a realización de exames en centros oficiais.

k) Para a mudanza por cambio de domicilio, 2 días.

l) Polo tempo necesario para asistencia a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social e asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social, en ambos casos se coincide o horario de consulta co de traballo e co deber de presentar o traballador ou traballadora o volante xustificativo.

m) Polo tempo necesario para acompañamento a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social e asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social de fillos menores de 6 anos e ascendentes maiores de 65 a cargo do traballador ou traballadora, entendéndose por tales os que convivan con él, en ambos casos se coincide o horario de consulta co de traballo e co deber de presentar o traballador ou traballadora o volante xustificativo.

n) Por lactación dun fillo menor de nove meses, unha hora de ausencia do traballo que o traballador ou traballadora poderá dividir en dúas fraccións. A duración do permiso incrementarase proporcionalmente no casos de parto múltiple. O traballador ou traballadora poderá substituír este dereito por unha redución da xornada en media hora ca mesma finalidade.

O permiso por lactación poderá ser usado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de ambos traballaren.

Os días aos que fai referencia este artigo entenderanse, en todo caso, como naturais e sen prexuízo do establecido no Estatuto dos Traballadores.

Aos efectos previstos neste artigo, as referencias feitas ao cónxuxe entenderanse feitas á parella de feito que conviva co traballador ou traballadora sempre que estea debidamente inscrita no rexistro de parellas de feito do concello correspondente.

ARTIGO 10. VACACIÓNS ANUAIS.

O persoal regulado por este convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais que se disfrutarán preferentemente nos meses de verán, de acordo coas necesidades da empresa.

As quendas de vacacións serán fixadas pola empresa e os delegados de persoal ou Comités de Empresa -onde os haxa- ou, no seu defecto, por quen designen os traballadores e traballadoras.

A data de comezo das vacacións farase coincidir cun luns laborable, agás cando se trate dun mes natural.

Cando o período de vacacións fixado no calendario coincida no tempo cunha incapacidade temporal derivada do embarazo, o parto ou a lactación natural ou co período de suspensión do contrato de traballo por maternidade, terase dereito ás vacacións en data distinta á de incapacidade temporal ou á de descanso por maternidade ao finalizar o período de suspensión, aínda que rematara o ano natural ao que correspondan as vacacións.

CAPÍTULO V. PERCEPCIÓNS ECONÓMICAS.

ARTIGO 11. SALARIO BASE.

Ano 2008.- Os salarios para as distintas categorías para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2008 serán os recollidos na táboa salarial adxunta como anexo I, o que supón un incremento salarial dun 1,4% sobre as táboas revisadas do ano 2007 [IPC real ano 2008].

Ano 2009.- Os salarios para as distintas categorías para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2009 serán os recollidos na táboa salarial adxunta como anexo II, o que supón un incremento salarial dun 1,55% sobre as táboas do ano 2008 [IPC real ano 2009 máis 0,75 puntos].

Ano 2010.- Os salarios para as distintas categorías para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2010 serán os recollidos na táboa salarial adxunta como anexo III, o que supón un incremento salarial dun 2% sobre as táboas do ano 2009, incremento consistente no IPC previsto polo Goberno para o ano 2010 máis 1 punto.

Establécese para o ano 2010 unha cláusula de revisión para o suposto de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2010 supere o 1%, no exceso desta cifra e con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2010.

Ano 2011.- Os salarios para as distintas categorías para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2011 serán o resultado de aplicar, sobre os salarios, no seu caso revisados, do ano 2010, un incremento consistente no IPC previsto polo Goberno para o ano 2011 máis 1,5 puntos.

Establécese para o ano 2011 unha cláusula de revisión para o suposto de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2011 supere o IPC previsto polo Goberno para o mesmo ano, no exceso desta cifra e con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2011.

Abono de atrasos.- Para o abono dos atrasos correspondentes aos que haxa lugar como consecuencia da publicación do presente convenio establécese un prazo de dous meses dende a publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

ARTIGO 12. REMUNERACIÓN ANUAL.

En cumprimento do que dispón o artigo 26.5 do vixente Estatuto dos Traballadores detállanse na segunda columna das táboas salariais anexas os salarios no seu cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente convenio.

ARTIGO 13. ANTIGÜIDADE.

Establécese un complemento persoal de antigüidade para todas as categorías, consistente en TRIENIOS por un importe do 6% do salario base, a devengar desde o día primeiro de mes no que se cumpra o trienio.

En todo caso, seguiranse percibindo as cantidades que se tiveran devengadas en concepto de antigüidade á data de entrada en vigor deste convenio.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderán, en caso ningún, supoñer máis do 60%.

ARTIGO 14. GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS E PARTICIPACIÓN EN BENEFICIOS.

Os traballadores e traballadoras ao servizo das empresas afectadas polo presente convenio, percibirán tres gratificacións extraordinarias cada ano: Unha no mes de xullo, outra no mes de setembro, e a terceira no mes de decembro.

O importe de cada unha delas será dunha mensualidade de salario base máis antigüidade.

Así mesmo, e en concepto de participación en beneficios, os traballadores e traballadoras percibirán unha paga máis no mes de marzo de cada ano, calculada de igual forma que as anteriores.

O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacións extraordinarias e a participación de beneficios en proporción ao tempo traballado.

Aqueles traballadores ou traballadoras que polos conceptos anteriores veñan percibindo das empresas o importe correspondente a unha mensualidade do seu salario real, seguirán excepcionalmente coas mesmas condicións por ter carácter máis beneficioso.

As pagas correspondentes aos meses de marzo e setembro poderán ratearse ao longo do ano á decisión das empresas.

CAPÍTULO VI. CONCEPTOS EXTRASALARIAIS.

ARTIGO 15. AXUDAS DE CUSTO E DESPRAZAMENTOS.

Todo traballador ou traballadora con dereito a axuda de custo por ter que efectuar saídas con motivo do traballo fóra do concello no que radique o centro de traballo percibirá, a partires da publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, á elección da empresa, e previa comunicación ao traballador do sistema a seguir, ou ben gastos a xustificar ou ben as contías que figuran a continuación:

Axuda de custo completa: 60 euros.

Xantar ou cea: 15 euros.

ARTIGO 16. PLUS DE TRANSPORTE.

Establécese para tódalas categorías profesionais un plus de transporte por mes efectivamente traballado nas seguintes contías:

2008.- 43,10 euros/mes

2009.- 43,77 euros/mes

2010.- 44,65 euros/mes

Para o ano 2011 a contía do plus de transporte será o resultado de aplicar, sobre o importe do plus do ano anterior, o incremento pactado no artigo 11 do presente convenio.

ARTIGO 17. GASTOS DE LOCOMOCIÓN OU QUILOMETRAXE.

O traballador ou traballadora que, por necesidades do servizo, teña que desprazarse fóra do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular, percibirá por este concepto a partires da publicación do convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo a contía de 0,19 euros/quilómetro.

O importe do quilometraxe ao longo da vixencia do presente convenio actualizarase automáticamente ao límite máximo establecido pola Facenda Pública como exento de retención e, en consecuencia, exento de cotización á Seguridade Social.

CAPÍTULO VII. CADROS DE PERSOAL, ASCENSOS E CESES.

ARTIGO 18. CADROS DE PERSOAL.

As empresas reguladas por este convenio axustarán os seus cadros de persoal ás seguintes normas:

a) Os empregados ou empregadas que teñan directamente baixo a súa responsabilidade a quince ou máis traballadores e traballadoras dos grupos titulados administrativos ou técnicos, clasificaranse como xefes ou xefas superiores.

b) En dependencias con dez ou máis traballadores dos grupos nomeados no apartado anterior, o empregado ou empregada que se atope á fronte dos mesmos terá a categoría de Xefe ou Xefa de Primeira.

c) Nos centros de traballo onde presten os seus servizos un número de sete traballadores e traballadoras dos grupos xa nomeados anteriormente ou, no suposto de que sendo menos de sete exista un mínimo de tres clasificados como oficial ou asimilado, estará á fronte dos mesmos un xefe ou xefa de segunda.

ARTIGO 19. ASCENSOS.

Oficiais.- Tódalas empresas reguladas polo presente convenio están obrigadas a dispoñer nos seus cadros de persoal como mínimo dun número de oficiais de primeira igual ao vinte por cento do total de oficiais.

A elección dos novos oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario. Para o seu cómputo, terase en conta a fracción decimal que supere o 0,50.

Auxiliares administrativos.- Os auxiliares administrativos con catro anos de servizo nesta categoría dentro da empresa pasarán automáticamente á categoría de oficial de segunda administrativo.

Ordenanza.- O ordenanza, aos catro anos de servizo na empresa pasará automáticamente á categoría de conserxe, e aos nove anos, á de conserxe maior.

Auxiliar especialista de oficina.- O auxiliar especialista de oficina con mais de tres anos na súa categoría dentro da empresa, ascenderá automáticamente á categoría de calcador.

Cobradores.- Os cobradores ao cumprir dez anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, asimilaranse -exclusivamente a efectos económicos- aos ofi- ciais de segunda administrativos.

Aspirantes.- Os aspirantes con dous anos de servizo nesta categoría dentro da empresa pasarán automaticamente á categoría, ben de auxiliar especialista de oficina, ben de auxiliar administrativo.

ARTIGO 20.- PREAVISO PARA O CESE.

O traballador ou traballadora que desexe cesar voluntariamente no servizo á empresa virá obrigado a poñelo en coñecemento do empresario por escrito cumprindo un prazo de preaviso dun mes para traballadores e traballadoras ca categoría de licenciados e diplomados universitarios e de quince días para o resto dos traballadores e traballadoras.

O incumprimento por parte do traballador ou traballadora da obriga de preavisar coa indicada antelación dará dereito ao empresario a descontar da liquidación de salarios o importe do salario, incluído o rateo das pagas extraordinarias, dun día por cada día de retraso no preaviso.

CAPÍTULO VII. ACCIÓN SINDICAL.

ARTIGO 21. DEREITOS SINDICAIS.

En todo o concernente aos aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, estarase ao que sobre esta materia dispón o vixente Estatuto dos Traballadores e a Lei Orgánica 11/1985, do 2 de agosto de Liberdade Sindical.

CAPÍTULO IX. CONTRATACIÓN.

ARTIGO 22. CONTRATACIÓN EVENTUAL.

No uso da posibilidade prevista no artigo 15.1.b do Estatuto dos Traballadores, modificado por Real Decreto-Ley 8/1997, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concertar os contratos eventuais previstos en tal artigo cunha duración máxima de doce meses dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

CAPÍTULO X. CÓMPUTOS E VINCULACIÓN.

ARTIGO 23. COMPENSACIÓN E ABSORCIÓN.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, por tanto, absorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera tipo que viñeran anteriormente satisfacendo as empresas, ben sexa por imperativo legal, convenio colectivo, etc.

ARTIGO 24. VINCULACIÓN Á TOTALIDADE.

Como se cita no artigo anterior, as condicións establecidas no presente convenio e pactadas polas partes negociadoras do mesmo, forman un todo orgánico e indivisible. En consecuencia, non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias normas con esquecemento das restantes, senón que, a tódolos efectos, o presente convenio aplicarase e observarase na súa totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral ou xurisdición competente, no exercicio das súas facultades, declarase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente convenio invalidado na súa totalidade, levándose a cabo unha nova negociación.

CAPÍTULO XI.- ACCIÓN SOCIAL.

ARTIGO 25. INCAPACIDADE TEMPORAL (I.T.).

No suposto de baixa derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, as empresas afectadas por este convenio estarán obrigadas a aboar ao traballador ou traballadora nesta situación o 100% do salario real do traballador ou traballadora correspondente no momento de producirse a baixa.

No suposto de baixa derivada de accidente non laboral ou enfermidade común, as empresas afectadas por este convenio estarán obrigadas a aboar ao traballador ou traballadora nesta situación o 100% do salario establecido no presente convenio no momento de producirse a baixa.

ARTIGO 26.- XUBILACIÓN PARCIAL.

As empresas e os traballadores poderán pactar, previa a existencia de común acordo, xubilacións parciais conforme ao disposto no artigo 166.2º da Lei de Seguridade Social e no artigo 12.6º do Estatuto dos Traballadores, debendo as empresas substituír a xornada reducida simultáneamente á xubilación parcial por outros traballadores contratados nas condicións previstas na normativa de aplicación.

Non obstante o anterior, recoñéceselle aos traballadores o dereito a pasar a situación de xubilación parcial coa redución máxima da xornada que a normativa permita en cada momento. En tal caso, o tanto por cento da xornada que subsista para o traballador parcialmente xubilado poderá acumularse pola empresa en xornadas completas.

O réxime previsto no parágrafo anterior non será de aplicación a aqueles traballadores que ocupen postos de traballo que impliquen unha relación de especial confianza co empresario, tal é o caso de xefaturas, encargados, xerentes, etc., cuxo acceso á xubilación parcial requirirá en todo caso de común acordo entre empresa e traballador.

En todo caso o traballador interesado na xubilación parcial terá que comunicalo á empresa cunha antelación mínima de tres meses á data na que pretenda xubilarse parcialmente.

ARTIGO 27.- PÓLIZA DE SEGUROS.

As empresas están obrigadas a concertar, con primas íntegras ao seu cargo, unha póliza de seguros que cubra, nos casos de accidente laboral e máis enfermidade profesional, os riscos de falecemento e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e grande invalidez.

A partires dos dous meses, a contar dende a publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, as coberturas da póliza á que se fai referencia no presente artigo serán as seguintes:

Falecemento: 20.000 euros.

Invalidez permanente: 25.000 euros.

Do mesmo prazo disporán as empresas de nova creación dende a data de inicio da actividade.

ARTIGO 28. REVISIÓNS MÉDICAS.

Tódalas empresas vinculadas ao presente convenio colectivo estarán obrigadas a solicitar do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene no Traballo ou da Mutua Patronal que cubra o risco de accidentes de traballo un recoñecemento médico anual para todo o persoal. O tempo empregado para dito recoñecemento aboarase pola empresa.

En todo caso, e dado que a normativa en vigor en materia de prevención de riscos laborais obriga ao empresario á vixilancia da saúde, haberán de realizarse os recoñecementos médicos que resulten aconsellables en función da avaliación de riscos realizada na empresa.

ARTIGO 29.- SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO.

a) Seguridade e Saúde no Traballo.- De conformidade co disposto na Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, os traballadores e traballadoras teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. O citado dereito supón a existencia dun correlativo deber da empresa na protección dos traballadores e traballadoras ao seu servizo fronte aos riscos laborais.

No cumprimento do deber de protección, a empresa deberá garantir a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras ao seu servizo en tódolos aspectos relacionados co traballo. Igualmente a empresa está obrigada a garantir a información e formación práctica e adecuada nestas materias a todos os traballadores e traballadoras.

Mais en concreto, no cumprimento do deber de protección, a empresa deberá establecer un Plan de Prevención no que se recolla a planificación da actividade preventiva da empresa e deberá así mesmo proporcionar unha protección e vixilancia adecuada da saúde dos traballadores e traballadoras de acordo co disposto na Lei de Prevención de Riscos Laborais e outras normas de desenvolvemento da mesma, tales como o Real Decreto 486/1997, de seguridade e saúde nos lugares de traballo e o Real Decreto 488/1997, relativo a pantallas de visualización.

Corresponde a cada traballador e traballadora velar polo cumprimento das medidas de prevención que en cada caso sexan adoptadas.

b) Especial protección por embarazo ou parto.- No marco sinalado nos parágrafos anteriores, a avaliación de riscos, á que obriga a normativa en vigor en materia de prevención de riscos laborais, deberá comprender no seu caso a determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan infl uír negativamente na saúde das traballadoras ou do feto. Se os resultados de tal avaliación revelasen un risco para a seguridade e saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo ou a lactación das citadas traballadoras, o empresario adoptará as medidas necesarias para evitar a exposición a dito risco, a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada.

c) Comisión Paritaria de Seguridade e Saúde no traballo.- As partes firmantes acordan constituír unha Comisión Paritaria Provincial Sectorial de Seguridade e Saúde no traballo integrada por catro representantes de cada una das partes firmantes. Pola parte empresarial, 4 da Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo e pola parte sindical, 2 da CIG, 1 de UGT e 1 de CC.OO.

Ambas representacións comprométense a manter reunións por convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación. Así mesmo as partes firmantes comprométense á elaboración dun Regulamento de funcionamento da Comisión no que constará que as funcións básicas da mesma terán como obxectivos prioritarios polo menos os seguintes:

1. Promover a observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento aos empresarios e traballadores e traballadoras para evitar e/ou reducir os riscos que atenten contra a integridade física e saúde destes.

3. Dar a coñecer as normas e procedementos que en materia de Seguridade e Saúde no traballo dicten os organismos competentes nesta materia.

4. Cantas outras funcións se atribúa a Comisión orientadas ao desenvolvemento e mellora da seguridade e saúde no traballo no sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo.

ARTIGO 30. CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL.

As partes asinantes do presente convenio consideran esencial o fomento da harmonización ou conciliación da vida familiar e laboral e promover a igualdade de oportunidades e de trato entre homes e mulleres.

Maternidade.- O contrato de traballo poderá suspenderse por causa de maternidade, por risco durante o embarazo da muller traballadora e por adopción ou acollemento, preadoptivo ou permanente, de menores de seis anos.

De conformidade co establecido na lexislación, no suposto de parto, a traballadora terá dereito a un descanso de 16 semanas ininterrompidas ampliables, no caso de parto múltiple, en 2 semanas máis por cada fillo a partires do segundo. Este descanso será distribuído pola interesada sempre que 6 semanas se disfruten inmediatamente despois do parto.

O descanso por maternidade poderá disfrutarse por parte da nai e do pai nos termos establecidos na lexislación.

No caso de adopción ou acollemento o descanso poderá ser solicitado pola nai e polo pai nos termos previstos la lexislación.

Paternidade.- Nos supostos de nacemento de fillo, adopción ou acollemento, o traballador terá dereito á suspensión do contrato durante 13 días ininterrompidos, ampliables no caso de parto, adopción ou acollemento múltiple a 2 días mais por fillo a partir do segundo.

Esta suspensión é independente do uso compartido dos períodos de descanso por maternidade, poderá ser disfrutada en réxime de xornada parcial previo acordo entre empresario e traballador e dará dereito ao cobro do subsidio ou prestación económica por paternidade, a aboar polo INSS, nos termos legalmente previstos.

Redución da xornada por coidado de familiares.- Quen, por razóns de garda legal, teña ao seu coidado directo algún menor de 8 anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre, polo menos un terzo e un máximo da metade da duración de aquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poda valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

Redución da xornada de traballadoras vítimas de violencia de xénero.- Nos termos previstos no Estatuto dos Traballadores, a traballadora vítima de violencia de xénero terá dereito, a fin de facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, á redución da xornada con diminución proporcional de salario ou á reordenación do seu tempo de traballo a través da adaptación do horario, a aplicación de horario fl exible ou outras formas de ordenación do tempo de traballo que se empreguen na empresa.

Redución da xornada por nacemento de fillos prematuros o que teñan que permanecer hospitalizados a continuación do parto.- Nestes casos a nai ou o pai terán dereito a ausentarse do traballo durante unha hora. Así mesmo poderán reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de 2 horas ca diminución proporcional do salario.

Excedencia por coidado de menores.- O traballador ou traballadora terá dereito a excedencia para o coidado de fillos, tanto sexan por natureza como adoptivos, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, aínda que sexan provisionais, cunha duración máxima de tres anos a contar dende a data de nacemento do fillo ou, no seu caso, da resolución administrativa ou xudicial.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, no seu caso, porá fin á que se viñera disfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un de eles poderá exercitar este dereito.

En tal caso o traballador ou traballadora terá dereito, durante o primeiro ano de excedencia, á reserva do seu posto de traballo [15 meses se forma parte dunha familia recoñecida como numerosa de categoría xeral e 18 se é de categoría especial], e durante o resto da excedencia dereito á reserva dun posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente, sendo todo o período de excedencia computable aos efectos de antigüidade.

A excedencia contemplada neste apartado, cuxo período de duración poderá usarse de xeito fraccionado, constitúe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Excedencia por coidado de parentes.- O traballador ou traballadora terá dereito a excedencia, cunha duración máxima será de dous anos, para atender o coidado dun parente ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, ou discapacidade, non poda valerse por si mesmo, e sempre que non desempeñe actividade retribuída.

No caso de que un novo suxeito causante dea dereito a un novo período de excedencia, o inicio de esta porá fin á que se viñera disfrutando.

En tal caso o traballador ou traballadora terá dereito, durante o primeiro ano de excedencia, á reserva do seu posto de traballo [15 meses se forma parte dunha familia recoñecida como numerosa de categoría xeral e 18 se é de categoría especial] e, durante o resto da excedencia, dereito á reserva dun posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente, sendo todo o período de excedencia computable aos efectos de antigüidade.

A excedencia contemplada neste apartado, cuxo período de duración poderá usarse de xeito fraccionado, constitúe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Excedencia voluntaria.- O traballador ou traballadora, cun ano de antigüidade polo menos na empresa, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de catro meses e non maior de cinco anos. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador se transcorreran catro anos dende o remate da anterior excedencia.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA.

As partes asinantes desde convenio manifestan a súa vontade de contribuír á normalización do idioma galego e apoiar canto axude a tal obxectivo. Nese senso acordan redactar e dar trámite de publicación ao convenio en galego, así como propiciar o seu uso nas relacións laborais no ámbito das empresas do sector.

DISPOSICION FINAL PRIMEIRA.

No non establecido de forma expresa no presente convenio aplicarase a Ordenanza Laboral para Oficinas e Despachos, do 31 de outubro de 1972, hoxe derrogada, en tanto en canto non sexa substituída por un acordo marco estatal ou autonómico.

DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA: UNIDADES DE NEGOCIACIÓN.

A representación das partes que negociaron, aproban e subscriben o texto deste convenio, está constituída da seguinte forma:

Pola parte empresarial:

Eugenia López Arias

Carmen Pérez Pérez

Salustiano Velo Sabín

Andrés Manuel Caso Martínez

Manuel Núñez Carreira

Pola parte social:

Xosé Valcárcel Sánchez.- CIG

Carme Antas Pérez.- CIG

Anxos Otero Trigo.- CIG

Lois Nieto López.- CIG

Ubaldo Caamaño Viñas.- UGT

Manuel Lorenzo Fernández.- UGT

Fernando Teijeiro Valledor.- UGT

Juana Estébanez Cepedal.- CC.OO.

Lucía Varela Corredoira.- CC.OO.

ANEXO I.- Táboa Salarial 2008.


ANEXO II.- Táboa Salarial 2009.


ANEXO III.- Táboa Salarial 2010.


REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm. 074 – Viernes, 1 de Abril de 2011)

Visto o acordo para a revisión salarial do convenio colectivo para o sector OFICINAS E DESPACHOS, da provincia de Lugo, asinado o día 17 de febreiro de 2011, pola representación da Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo e das centrais sindicais CIG (41.7%), UGT (37.5%), CCOO (20.8 %), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Xefatura Territorial, ACORDA:

PRIMEIRO: Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Xefatura, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 22 de marzo de 2011.- A Xefa de servizo de Relacións Laborais, Matilde I. Alonso da Cunha

ACTA DA COMISIÓN NEGOCIADORA CONVENIO COLECTIVO PARA O SECTOR DE OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DE LUGO

En Lugo, sendo as 17.00 horas da data 17 de febreiro de 2011, reúnense na sede da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º.- Lugo] as persoas ao marxe relacionadas, integrantes todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo para o Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Lugo, e despois de amplos debates, adóptanse os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.- Aprobar a táboa salarial revisada para o ano 2010 do Convenio Colectivo para o Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Lugo conforme ao previsto no artigo 11 do Convenio en vigor. Tendo en conta o contido de tal artigo, o incremento inicial da táboa salarial do ano 2010 foi dun 2%, mentres que o incremento final da mesma táboa, trala revisión salarial pactada, é dun 4%.

Segundo.- Aprobar a táboa salarial para o ano 2011 do Convenio Colectivo para o Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Lugo conforme ao previsto no artigo 11 do Convenio en vigor. Tendo en conta o contido de tal artigo, o incremento inicial da táboa salarial do ano 2011 é dun 2,5%.

Terceiro.- O importe revisado para o ano 2010 do Plus de Transporte será de 45,52 euros por mes efectivamente traballado.

O importe para o ano 2011 do Plus de Transporte será provisoriamente de 46,66 euros por mes efectivamente traballado.

ASISTENTES

Pola Asociación de Asesores e Xestores da Provincia de Lugo:

EUGENIA LÓPEZ ARIAS

CARMEN PÉREZ PÉREZ

MANUEL NÚÑEZ CARREIRA

SALUSTIANO VELO SABÍN

ANDRÉS MANUEL CASO MARTÍNEZ

Polas Centrais Sindicais:

CIG [41,7%]

XOSÉ VALCÁRCEL SÁNCHEZ

CARME ANTAS PÉREZ

ANXOS OTERO TRIGO

LOIS NIETO LÓPEZ

UGT [37,5%]

UBALDO CAAMAÑO VIÑAS

MANUEL LORENZO FERNÁNDEZ

FERNANDO TEIJEIRO VALLEDOR

CC.OO. [20,8%]

JUANA ESTÉBANEZ CEPEDAL

LUCÍA VARELA CORREDOIRA

Cuarto.- Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da aprobación das táboas salariais e complementos aos que se fai referencia nos acordos previos se aboarán aos traballadores no prazo de dous meses dende a publicación das táboas aprobadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Quinto.- Cumprimentar os datos estatísticos correspondentes.

Sexto.- Acórdase finalmente remitir as táboas aprobadas, xunto coa presente acta, á autoridade laboral competente aos efectos legais oportunos.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión á que corresponde a presente Acta, asinando a mesma os asistentes en proba de conformidade, en lugar e data indicados no encabezamento.




REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm.183 – Jueves, 9 de Agosto de 2012)

Visto o acordo para a revisión salarial do convenio colectivo para o sector OFICINAS E DESPACHOS, da provincia de Lugo, asinado o día 9 de abril de 2012, pola representación da Asociación de Asesores e Xestores da provincia de Lugo e das centrais sindicais CIG (41.7%), UGT (37.5 %), CCOO (20.8 %), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

ESTA XEFATURA TERRITORIAL, ACORDA:

Primeiro: Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Xefatura, así como o seu depósito.

Segundo: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 31 de xullo de 2012.- Xefa do servizo de Relacións Laborais, Matilde I. Alonso da Cunha

ACTA DE FIRMA CONVENIO COLECTIVO PARA O SECTOR DE OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DE LUGO

ASISTENTES

Pola Asociación de Asesores e Xestores da Provincia de Lugo:

EUGENIA LÓPEZ ARIAS

CARMEN PÉREZ PÉREZ

MANUEL NÚÑEZ CARREIRA

SALUSTIANO VELO SABÍN

ANDRÉS MANUEL CASO MARTÍNEZ

Polas Centrais Sindicais:

CIG (41,7%)

XOSÉ VALCÁRCEL SÁNCHEZ

CARME ANTAS PÉREZ

ANXOS OTERO TRIGO

LOIS NIETO LÓPEZ

UGT (37,5%)

UBALDO CAAMAÑO VIÑAS

MANUEL LORENZO FERNÁNDEZ

FERNANDO TEIJEIRO VALLEDOR

CC.OO (20,8%)

JUANA ESTÉBANEZ CEPEDAL

LUCÍA VARELA CORREDOIRA

En Lugo, sendo as 17.00 horas da data 9 de abril de 2012, reúnense na sede da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º.- Lugo] as persoas ao marxe relacionadas, integrantes todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo para o Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Lugo, e despois de amplos debates, adóptanse os seguintes ACORDOS:

PRIMEIRO.- Aprobar a táboa salarial revisada para o ano 2011 do Convenio Colectivo para o Sector de Oficinas e Despachos da Provincia de Lugo conforme ao previsto no artigo 11 do Convenio con vixencia 2008- 2011, para o que as partes contan coa capacidade legal necesaria e suficiente, segundo se acredita coa Acta de Constitución da Comisión Negociadora . Tendo en conta o contido de tal artigo, o incremento inicial da táboa salarial do ano 2011 foi dun 2,5%, mentres que o incremento final da mesma táboa, trala revisión salarial pactada, é dun 3,9%.

SEGUNDO.- O importe revisado para o ano 2011 do Plus de Transporte será de 47,30 euros por mes efectivamente traballado.

TERCEIRO.- Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da aprobación das táboas salariais e complementos aos que se fai referencia nos acordos previos se aboarán aos traballadores no prazo de tres meses dende a publicación das táboas aprobadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

QUINTO.- Cumprimentar os datos estatísticos correspondentes.

SEXTO.- Acórdase finalmente remitir a táboa aprobada, xunto coa presente acta, á autoridade laboral competente aos efectos legais oportunos.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión á que corresponde a presente Acta, asinando a mesma os asistentes en proba de conformidade, en lugar e data indicados no encabezamento.

Fdo.: Eugenia López Arias

Fdo.: Carmen Pérez Pérez

Fdo.: Manuel Núñez Carreira

Fdo.: Salustiano Velo Sabín

Fdo.: Andrés M. Caso Martínez

Fdo.: Xosé Valcárcel Sánchez

Fdo.: Carme Antas Pérez

Fdo.: Anxos Otero Trigo

Fdo.: Lois Nieto López

Fdo.: Ubaldo Caamaño Viñas

Fdo.: Manuel Lorenzo Fernández

Fdo.: Fernando Teijeiro Valledor

Fdo.: Juana Estébanez Cepedal

Fdo.: Lucía Varela Corredoira



MODIFICACIÓN (BOP Núm. 106 – Jueves, 9 de Mayo de 2013)

Visto o acordo polo que se aproba a modificación do artigo 26, que subscribiu a comisión negociadora do “Convenio Colectivo para el Sector de Oficinas y Despachos de la Provincia de Lugo”, na xuntanza celebrada o 27 de marzo de 2013 e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo.

Esta xefatura territorial, ACORDA:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición da modificación do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 26 de abril de 2013 – O xefe territorial, Alberto Linares Fernández

CONVENIO COLECTIVO PARA EL SECTOR DE OFICINAS Y DESPACHOS DE LA PROVINCIA DE LUGO. MODIFICACIÓN DE CONVENIO APROBACIÓN DE PLAN DE JUBILACIONES PARCIALES

Artículo 26.- Plan de Jubilaciones Parciales

26.1.- Al amparo de lo previsto en el artículo 8 del Real Decreto-Ley 5/2013, de 15 de marzo, se establece un Plan de Jubilaciones Parciales para los trabajadores y trabajadoras incluidos en el ámbito de aplicación del presente Convenio nacidos hasta el 31 de diciembre de 1957, cuyas condiciones de incorporación a la jubilación parcial serán las vigentes con anterioridad a la entrada en vigor de la Ley 27/2011 -regulación anterior al 1 de enero de 2013- con la simultánea celebración de un contrato de relevo.

26.2.- De conformidad con lo establecido en el artículo 86.1 del Estatuto de los Trabajadores, que posibilita que las partes negociadoras de los convenios colectivos establezcan la duración de los convenios pudiendo pactarse distintos períodos de vigencia para cada materia, el Plan de Jubilaciones Parciales previsto en el presente artículo tendrá vigencia desde su firma hasta el 31 de diciembre de 2018 inclusive, salvo que con anterioridad tenga lugar modificación legal que afecte a su regulación o modificación de la regulación prevista en el presente Convenio.

26.3.- Para acceder a la jubilación parcial conforme al presente Plan de Jubilaciones Parciales, el trabajador o trabajadora interesada deberá dirigir la oportuna solicitud a la dirección de su empresa con una antelación mínima de tres meses a la fecha en la que pretenda acceder a la jubilación parcial.

La empresa receptora de la solicitud, tras estudiar de buena fe la solicitud con la vista puesta en un acuerdo, teniendo en cuenta la situación de la empresa en ese momento, en caso de considerar pertinente la solicitud acordará con el trabajador el acceso a la situación de jubilación parcial de conformidad con el presente Plan de Jubilaciones Parciales.

26.4.- Con carácter general el acceso a la jubilación parcial al amparo del presente Plan habrá de tener lugar con la reducción máxima de la jornada que permite la normativa vigente con anterioridad a la entrada en vigor de la Ley 27/2011 [75%] salvo que medie acuerdo entre empresa y trabajador en orden a la aplicación de un porcentaje menor o mayor de reducción de jornada, dentro de los límites permitidos por tal normativa.

26.5.- Con carácter general la parte de la jornada que subsista para el trabajador parcialmente jubilado al amparo del presente Plan se acumulará anualmente a jornadas completas, sea en un único plazo o en varios plazos temporales, salvo que medie acuerdo entre empresa y trabajador en otro sentido.

26.6.- El trabajador jubilado parcialmente percibirá la parte proporcional del salario que corresponda en función a la jornada trabajada, remuneración que percibirá de forma mensual con independencia de la acumulación de la jornada en jornadas completas.

26.7.- El trabajador jubilado parcialmente al amparo del presente Plan está obligado a solicitar la jubilación ordinaria al cumplir la edad de jubilación ordinaria prevista en el art. 161.1.a) y en la Disposición Transitoria Vigésima de la Ley General de la Seguridad Social, fecha en la que quedará extinguida su relación contractual con la empresa pasando a situación de jubilado total a todos los efectos.

Las tablas puede mostrar años anteriores (comparar), desplaza hasta ver el año en curso

CONVENIO COLECTIVO PARA O SECTOR DE OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DE LUGO







CONVENIO COLECTIVO (BOP Núm. 138 - Sábado, 19 de Junio de 2010)







ARTIGO 13. ANTIGÜIDADE.

... TRIENIOS por un importe do 6% do salario base, ...






ARTIGO 15. AXUDAS DE CUSTO E DESPRAZAMENTOS.

Axuda de custo completa: 60
Xantar ou cea: 15






ARTIGO 16. PLUS DE TRANSPORTE.

2008.- 43,10 euros/mes
2009.- 43,77 euros/mes
2010.- 44,65 euros/mes






ARTIGO 17. GASTOS DE LOCOMOCIÓN OU QUILOMETRAXE.

... a contía de 0,19 euros/quilómetro.









REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm.183 - Jueves, 9 de Agosto de 2012)







TÁBOA SALARIAL REVISADA 2011.- VIXENCIA: 01/01/11 AO 31/12/11




CATEGORÍA PROFESIONAL Soldo Mensual Retribuc. Anual (16 pagas)



GRUPO I.- TITULADOS/AS:

Titulado/a Grado Superior 1.151,91 18.430,56
Titulado/a Grado Medio 1.039,88 16.638,08



GRUPO II.- ADMINISTRATIVOS/AS:

Xefe/a Superior 1.039,88 16.638,08
Xefe/a de 1ª 1.024,76 16.396,16
Xefe/a de 2ª, Caixeiro/a con firma, Xefe/a de Reporteiros 993,29 15.892,64
Traductor/a e Intérprete Xurado de máis de un idioma 993,29 15.892,64
Oficial de 1ª, Caixeiro/a sen firma, Intérprete Xurado un idioma 912,74 14.603,84
Operador/a máquinas contables, Taquimecanógrafo/a 912,74 14.603,84
Telefonista-Recepcionista con dous ou mais idiomas, Inspector/a de Zona 912,74 14.603,84
Oficial de 2ª, Telefonista e Recepcionista con un idioma 867,38 13.878,08
Reporteiro/a de Axencia de Información 867,38 13.878,08
Traductor/a e Intérprete non Xurado, Xefe/a de Visitadores 867,38 13.878,08
Auxiliar Administrativo, Telefonista, Visitador/a, Cobrador/a, Pagador/a 754,12 12.065,92
Aspirante 638,07 10.209,12



GRUPO III.- TÉCNICOS DE OFICINA:

Xefe/a Superior 1.039,88 16.638,08
Xefe/a de 1ª, Xefe/a de Equipo de Informática 1.024,76 16.396,16
Analista, Programador/a de Ordenadores 1.024,76 16.396,16
Xefe/a de 2ª, Xefe/a de Delineación, Xefe/a de Explotación 993,29 15.892,64
Programador/a de Máquinas Auxiliares, Administrador/a de Test 993,29 15.892,64
Coordinador/a de Tratamento de Cuestionarios 993,29 15.892,64
Xefe/a de Equipo de Enquisas, Coordinador/a de Estudios 978,20 15.651,20
Delineante proxectista 921,56 14.744,96
Debuxante proxectista, Controlador/a, Operador/a de Ordenadores 912,74 14.603,84
Delineante 867,38 13.878,08



GRUPO IV.- ESPECIALISTAS DE OFICINA:

Xefe/a de Máquinas Básicas 961,79 15.388,64
Operador/a de Tabuladores, Inspector/a de Entrevistadores 912,74 14.603,84
Encargado/a Departamento de Reprografías 912,74 14.603,84
Operador/a de Máquinas Básicas, Debuxante 867,38 13.878,08
Entrevistador/a, Enquisador/a 867,38 13.878,08
Calcador/a, Perforista, Verificador/a, Clasificador/a 801,97 12.831,52
Auxiliar Especialista de Oficina 754,12 12.065,92
Aspirante 638,07 10.209,12



GRUPO V.- SUBALTERNOS:

Conserxe Maior 801,97 12.831,52
Conserxe 770,46 12.327,36
Ordeanza 754,12 12.065,92



GRUPO VI.- OFICIOS VARIOS:

Encargado/a Almaceneiro/a 867,38 13.878,08
Oficial de 1ª, Conductor/a de 1ª 835,96 13.375,36
Oficial de 2ª, Conductor/a de 2ª 801,97 12.831,52
Axudante, Operador/a reproductor de planos 770,46 12.327,36
Operador/a Multicopista e Serocopista 770,46 12.327,36
Peón, Mozo/a, Limpador/a, Limpador/a de xornada completa 754,12 12.065,92