Convenio Colectivo Industrias Vinícolas de Lugo

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
1988/01/01 - 2010/12/31

Duración: TRES AÑOS

Publicación:

2009/09/19

BOP 216

Ámbito: Provincial
Área: Lugo
Código: 27000045011981
Actualizacion: 2009/09/19
Convenio Colectivo Industrias Vinícolas. Última actualización a: 19-09-2009 Vigencia de: 01-01-1988 a 31-12-2010. Duración TRES AÑOS. Última publicación en BOP 216.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

Índice

CONVENIO COLECTIVO (BOP Núm. 216 – Sábado, 19 de Septiembre de 2009)

Exp. 0012-2009. (Código 2700045).

Visto o texto do convenio colectivo para o sector «INDUSTRIAS VINICOLAS», da provincia de Lugo, asinado o día 24 de agosto de 2009, pola representación da Asociación de Empresarios Maioristas de Viños da Provincia de Lugo e da central sindical CCOO (66.7 %) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

ESTE DEPARTAMENTO TERRITORIAL, ACORDA:

PRIMEIRO: Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios deste Departamento, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

TERCEIRO: Disponer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 8 de setembro de 2009.- O Xefe Territorial, Antonio Dacal López.

CONVENIO COLECTIVO DE INDUSTRIAS VINÍCOLAS DA PROVINCIA DE LUGO

DISPOSICIÓNS XERAIS

ARTIGO 1.º ÁMBITO FUNCIONAL.

As estipulacións do presente convenio colectivo obrigan a todas as empresas e traballadores da actividade de industrias vinícolas, alcoholeiras e sidreiras, así como da actividade de almacenamento de viños e licores.

ARTIGO 2.º ÁMBITO PERSOAL.

Quedan comprendidos neste convenio todos os traballadores das empresas incluídas no seu ámbito funcional, coa excepción dos menores de 16 anos, cuxa contratación queda prohibida.

ARTIGO 3.º ÁMBITO TEMPORAL.

A duración do presente convenio será dende o 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro do ano 2010, con independencia da súa data de publicación no Boletín Oficial da Provincia.

ARTIGO 4.º ÁMBITO TERRITORIAL.

O ámbito territorial será a provincia de Lugo.

ARTIGO 5.º DENUNCIA.

O convenio entenderase automaticamente denunciado o 31 de decembro de 2010 agás acordo expreso de prórroga anual que, necesariamente, incluirá a revisión salarial aplicable ao novo período.

ARTIGO 6.º COMITÉ PARITARIO.

Conforme ao establecido no Artigo 85 do Estatuto dos Traballadores, constituirase unha Comisión Mixta Paritaria para a interpretación, aplicación e desenvolvemento das cláusulas deste convenio, así como a incorporación ou adaptación das modificacións da normativa laboral xeral ao ámbito funcional deste.

A Comisión Paritaria estará integrada por dous representantes de cada unha das partes asinantes do presente acordo.

Os acordos da Comisión Paritaria son vinculantes para ambas partes e, se é o caso, pasarán a integrar o contido do convenio colectivo. Para a súa validez requiren o voto favorable maioritario de cada unha das dúas partes consideradas individualmente.

Será preceptiva a presentación de reclamación previa ante a Comisión Paritaria por conflitos, tanto individuais como colectivos, naquelas reclamacións que se pretenda interpoñer ante a Xurisdición Social cando o seu fundamento legal se derive da aplicación ou interpretación das cláusulas do presente convenio.

RETRIBUCIONS

ARTIGO 7.º SALARIO.

Tómase como punto de partida ós efectos de aplicar os incrementos salariais pactados para o presente convenio a táboa salarial revisada do ano 2007 que se adxunta ó presente texto como anexo I.

2008.

Os salarios estabrecidos para as distintas categorías para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2008 ó 31 de decembro de 2008 serán os recollidos na táboa salarial que se adxunta como anexo II, que supón un incremento con respecto ás táboas revisadas do ano 2007 dun 4%.

2009.

Os salarios estabrecidos para as distintas categorías para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2009 ó 31 de decembro de 2009 serán os recollidos na táboa salarial que se adxunta como anexo III, que supón un incremento con respecto ás táboas do ano 2008 dun 4%.

2010.

Para o ano 2010 os salarios para as distintas categorías serán o resultado de aplicar, sobre os salarios do ano 2009, incremento dun 3,5%. As partes asinantes do presente convenio procederán a confeccionar e publicar a correspondente táboa salarial do ano 2010 tan pronto coñezan o importe do salario mínimo interprofesional para dita anualidade.

ARTIGO 8.º ANTIGÜIDADE.

Quinquenios ao 5% sobre o salario base de convenio que corresponda á categoría do traballador, variando o seu importe de acordo co ascenso de categoría e da correspondente escala salarial. Para os efectos de antigüidade comezarase a computar a mesma desde o día no que o traballador empezou a prestar os seus servizos na empresa.

Todo isto sen prexuízo do establecido no Artigo 25 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

ARTIGO 9.º PLUS DE TRANSPORTE.

Establécese un plus de transporte para todos os traballadores afectados polo presente convenio, nas contías que, para cada período, se establecen nas táboas salariais anexas, segundo os incrementos pactados no artigo 7º.

ARTIGO 10.º PAGAS EXTRAORDINARIAS.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e 25 de xullo serán equivalentes cada unha delas ao importe dunha mensualidade e aboaranse os días 22 de decembro e 22 de xullo, respectivamente.

ARTIGO 11.º AXUDAS DE CUSTO E KILOMETRAXE.

Para os efectos de garantir que os traballadores sexan reintegrados dos gastos que realicen como consecuencia do seu traballo, todo traballador con dereito a axuda de custo percibirá unha cantidade fixa por axuda de custo completa e unha cantidade fixa por media axuda de custo, segundo cada caso, ou ben gastos a xustificar á elección da empresa.

A partires da publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia, as contías por axudas de custo ás que se fai referencia no parágrafo anterior serán as seguintes:

1. Xantar: 12 euros.

2. Cea: 12 euros.

3. Pernocta con almorzo: 35 euros.

O traballador que, por necesidades do servizo, teña que desprazarse fóra do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular, percibirá por este concepto a cantidade de 0,19 euros/kilómetro. Esta indemnización non operará cando se trate do desprazamento que o traballador teña que realizar ó seu centro de traballo para prestar servizos neste.

ARTIGO 12.º SALARIO MÍNIMO DE CONVENIO.

As táboas salariais do presente convenio en ningún caso quedarán por debaixo do salario mínimo interprofesional que fixe o Goberno anualmente máis 30 euros, respectando as diferenzas nas categorías.

ARTIGO 13.º PAGO DO SALARIO.

As empresas, a partir da publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, deberán aboar os salarios devengados no mes dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte.

TEMPO DE TRABALLO

ARTIGO 14.º XORNADA LABORAL.

Establécese unha xornada laboral consistente en 40 horas semanais que se distribuirán de luns a venres, ambos inclusive, agás nos casos en que entre empresa e traballadores se tome acordo en contra con respecto dos traballos en sábados.

No caso de que, durante a vixencia do presente convenio a normativa xeral imponga unha xornada máxima inferior á prevista no presente convenio, se aplicará a xornada máxima prevista pola normativa.

A empresa elaborará anualmente un calendario laboral que haberá de ser exposto en lugar visible de cada centro de traballo.

ARTIGO 15.º VACACIÓNS.

Todos os traballadores sometidos a este convenio colectivo disfrutarán dun período anual de vacacións de trinta días naturais.

Contémprase expresamente a posibilidade no ámbito do convenio de disfruta-las vacacións de xeito partido en cuio caso, salvo acordo noutro senso entre empresa e traballador, as vacacións se disfrutarán en dous quincenas naturais, unha das cuales a elexiría o traballador e outra a empresa cos límites habituais de tipo organizativo por coincidir varios traballadores nas mesmas datas ou por selo período de maior actividade da empresa.

Anualmente se confeccionará un calendario de vacacións e os traballadores coñecerán as datas que lles correspondan vacacións con dous meses de antelación a lo menos do comenzo do seus disfrute.

Cando o período de vacacións fixado no calendario de vacacións da empresa coincida no tempo cunha incapacidade temporal derivada do embarazo, o parto o a lactancia natural ou co período de suspensión do contrato por maternidade, se terá dereito a disfrutar das vacacións en data distinta á da incapacidade temporal ou á de disfrute do permiso ó rematar o período de suspensión, aínda que terminara o ano natural a que correspondan.

ARTIGO 16.º LICENZAS RETRIBUÍDAS.

O persoal neste convenio colectivo disfrutará das seguintes licenzas retribuídas:

a) Casamento do traballador: 15 días.

b) Nacemento de fillo: 2 días; cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento o prazo será de 4 días.

c) Pasamento, accidente ou enfermedade graves, hospitalización ou intervención quirúrgica sen hospitalización que precise reposo domiciliario, de parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade: 3 días; cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento o prazo será de 4 días. Nos casos de hospitalización de cónxuxe e parentes de primer grado, o permiso poderá disfrutarse de xeito descontinuo previo aviso á empresa.

d) Traslado de domicilio na cidade: 2 días.

e) Traslado de domicilio fóra da cidade: 4 días.

f) Cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal: Polo tempo indispensable.

g) Realización de funcións sindicais ou de representación do persoal: Nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

h) Realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto que teñan que realizarse dentro da xornada de traballo: Polo tempo indispensable.

i) Lactancia dun fillo menor de nove meses: 1 hora de ausencia ó traballo que a traballadora poderá dividir en dous fraccións. A duración do permiso se incrementará proporcionalmente nos casos de parto múltiple.

j) Nacemento de fillos prematuros ou que, por calquera causa, teñan que permanecer hospitalizados a continuación do parto: Ausencia do traballo por 1 hora.

k) Asistencia a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social sempre que coincida o horario de consulta co do traballo: Polo tempo indispensable debendo o traballador presenta-lo xustificante de ter asistido á consulta.

l) Asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social sempre que coincida o horario de consulta co do traballo: Polo tempo indispensable debendo o traballador presenta-lo xustificante da prescripción médica e de ter asistido á consulta.

m) Acompañamento de fillos menores de 6 anos a consulta de médico da Seguridade Social sempre que coincida o horario de consulta co do traballo: Polo tempo indispensable debendo o traballador presenta-lo xustificante de ter asistido á consulta.

n) Asuntos propios: 1 día que non será acumulable a vacacións nin festivos e que haberá de solicitarse cunha antelación mínima de oito días á data na que se pretenda o disfrute. Sen perxuizo de que non será preciso alegar razóns para solicitar esta licencia nin presentar xustificación algunha, a licencia de asuntos propios poderá denegarse motivamente pola empresa en base a necesidades organizativas tales como que haxa traballadores de baixa ou vacacións ou coincidir co período de máis actividade na empresa. No caso de denegación a empresa virá obrigada a informar da mesma e dos motivos á representación legal dos traballadores na empresa.

A partires do 1 de xaneiro de 2010 se terá dereito a 2 días de asuntos propios.

PARELLAS DE FEITO: A referencias feitas no presente artigo ó cónxuxe se entenderán feitas á parella de feito que conviva co traballador ou traballadora sempre que ésta estea debidamente inscrita no rexistro de parellas de feito do concello correspondente.

En todo caso os traballadores terán dereito a licenza polos motivos e coa duración prevista na legislación laboral xeral -Estatuto dos Traballadores ou outra norma-.

ARTIGO 17.º EXCEDENCIAS.

a) Excedencia voluntaria.

De conformidade co establecido no artigo 46 do Estatuto dos Traballadores o persoal afecto polo presente convenio que conte cunha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo no menor a 4 meses e non maior a 5 anos. Este dereito non poderá ser exercitado ata transcorridos catro anos dende o remate da última excedencia.

b) Excedencia por coidado de fillos ou parentes.

Do mesmo xeito o persoal terá dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ao coidado de cada fillo natural ou adoptivo, así como por acollemento, a contar dende a data do nacemento ou, no seu caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia, non superior a 2 anos, os traballadores para atender ó cuidado dun parente ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente, enfermedade ou discapacidade, no poda valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuida.

As excedencias contempladas neste apartado poderán disfrutarse de xeito fraccionado, serán computables a efectos de antigüedade e dan lugar a reserva do posto de traballo durante o primeiro ano (15 meses no caso de familia numerosa de categoría xeral e 18 meses no caso de familia numerosa de categoría especial); transcurridos ditos prazos, a reserva queda referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

c) Excedencia por exercicio de funcións sindicais de ámbito provincial ou superior.

Así mesmo poderán solicitar a situación de excedencia os/as traballadores/as que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

ARTIGO 18º. SUSPENSIÓN DO CONTRATO POR PATERNIDADE.

Nos supostos de nacemento de fillo, adopción ou acollemento, o traballador terá dereito á suspensión do contrato durante 13 días ininterrumpidos, ampliables no caso de parto, adopción ou acollemento múltiple a 2 días mais por fillo a partir do segundo. No caso de que a normativa durante a vixencia do presente convenio estabreza un período maior de suspensión do contrato por paternidade, o traballador terá dereito a disfrutar este período maior.

Esta suspensión é independente do disfrute compartido dos períodos de descanso por maternidade, poderá ser disfrutada en réximen de xornada parcial previo acordo entre empresario e traballador e dará dereito e dará dereito ó cobro do subsidio ou prestación económica por paternidade, a aboar por el INSS, nos termos legalmente previstos.

ACCIÓN SOCIAL

ARTIGO 19.º PREMIOS DE XUBILACIÓN E INVALIDEZ.

Os traballadores que se xubilen na empresa nas idades que a continuación se relacionan darán dereito, sempre que conten cunha antigüedade mínima na empresa de 10 anos, ó disfrute de vacacións retribuidas nas seguintes duracións: Ós 60 anos: 2 meses de vacacións. Ós 61 e 62 anos: 1 mes e medio de vacacións.

Ós 63 anos: 1 mes de vacacións.

Terán dereito ás mesmas vacacións retribuidas os traballadores que, tendo as antigüedades que se expresan, pasen a situación de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

ARTIGO 20.º- XUBILACIÓN ÓS 65 ANOS.

A fin de facilitar o relevo xeneracional nas plantillas das empresa e adaptar estas ás necesidades das empresas, a xubilación será obrigatoria aos 65 anos para aqueles casos nos que o traballador, dadas as normas de determinación dos años de cotización, teña dereito a xubilarse co 100% da pensión.

ARTIGO 21.º XUBILACIÓN ESPECIAL AOS 64 ANOS.

Os traballadores incluídos no ámbito persoal do presente convenio colectivo de traballo con 64 anos cumpridos que desexen acollerse á xubilación voluntaria co 100% dos dereitos poderá facelo. As empresas afectadas veranse obrigadas a conceder a dita xubilación e substituír a cada traballador conforme o previsto no Real Decreto 1.194/1985 ou a normativa que o substitúa.

ARTIGO 22.º XUBILACIÓN PARCIAL.

Ao amparo do artigo 166.2º da Lei da Seguridade Social e do artigo 12.6º do Estatuto dos Traballadores, reconóceselle aos traballadores o dereito a pasar a situación de xubilación parcial con reducción da xornada sempre que reúnan os requisitos de idade, carencia e outros que estabreza a lexislación vixente ó tempo da xubilación parcial.

Nos casos nos que la lexislación exixa, para o disfrute da xubilación parcial, a sustitución do traballador xubilado parcialmente, a empresa ficará obrigada a formalizar contrato de relevo cun traballador desempregado ou cun traballador ligado á empresa cun contrato temporal para a sustitución de aquél na parte, a lo menos, da xornada deixada vacante.

Ós efectos de que a empresa poida cumprir axeitamente cas súas obrigas, o traballador interesado na xubilación parcial haberá de comunicalo á empresa cunha antelación mínima de tres meses á data efectiva da xubilación parcial.

O traballador xubilado parcialmente e a empresa poderán acordar a acumulación da parte da xornda na que o xubilado continúe a traballar. No caso de que o traballador xubilado parcialmente pase a prestar servizos cunha xornada inferior ó 50% a acumulación terá lugar sempre que a empresa estea interesada nela e, naqueles casos nos que o traballador se xubile parcialmente polo porcentaxe máximo que permita a lexislación a acumulación terá lugar, a maiores, sempre que o traballador estea interesado nela.

Exclúense do disposto no presente artigo aqueles traballadores que ocupen postos de traballo que impliquen unha relación de especial confianza co empresario, tal é o caso de xefaturas, encargados, xerentes, etc.

cuxo acceso á xubilación parcial requerirá en todo caso de común acordo entre empresa e traballador.

ARTIGO 23.º SEGURO DE INVALIDEZ OU MORTE.

As empresas suxeitas a este convenio colectivo contratarán en favor dos seus traballadores -sempre e cando o traballador figure na relación do TC2 con polo menos sesenta días- un seguro de accidente de traballo e enfermidade profesional dunha contía de 20.000 euros que cubra os riscos de invalidez permanente ou morte; as indemnizacións que por estes conceptos tiveran lugar, aboaranse a través da empresa.

As empresas haberán de contratar o seguro ó que se fai referencia no presente Artigo no prazo de dous meses a contar dende a publicación do presente convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que puidera causar o traballador, na Seguridade Social ou Mutua Patronal, así como con calquera outra que sexa imputable a terceiros.

OUTROS

ARTIGO 24.º RETIRADA DO CARNÉ DE CONDUCIR.

As empresas, con respecto aos choferes repartidores que, en cumprimento das súas obrigas laborais se lles retirara o carné de conducir, por infracción -conducindo un vehículo da empresa- comprometeranse a ocupar ao traballador afectado en tarefas que requiran unha cualificación profesional equivalente e compatible coa súa, por un máximo de tres meses.

Esta medida non será de aplicación en caso de infracción reiterada o de retirada definitiva do carné de conducir.

As multas imputables ó traballador serán aboadas por este e as multas imputables á empresa serán aboadas por esta; en todo caso a empresa será responsable das multas originadas por exceso de carga ou exceso de viaxeiros que teñan a condición de persoal ó servizo da empresa.

ARTIGO 25.º ROUPA DE TRABALLO E EQUIPOS DE PROTECCIÓN.

As empresas, cada ano, distribuirán dúas fundas a cada un dos seus traballadores. Así mesmo entregarase traxe de augas ao requirilo a metereoloxía e os produtores que presten servizo no exterior.

As empresas, de conformidade co establecido no Artigo 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, haberán de facilitar ós traballadores equipos de protección individual axeitados para o desempeño das súas funcións, vindo obrigados os traballadores o seu correcto emprego.

ARTIGO 26.º PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.

De conformidade co disposto na Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, os traballadores teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

En cumprimento da obriga de protección, a empresa ten que garantizar a seguridade e saúde dos traballadores ó seus servizo en todos os aspectos relacionados co traballo, estando obrigada a garantir a información e formación práctica e axeitada nestas materias a todos os traballadores.

Igualmente no cumprimento do deber de protección, a empresa ten que establecer un plan de prevención no que se recolla a planificación da actividade preventiva e proporcionar unha protección e vixiancia axeitada da saúde dos traballadores cos recoñecementos médicos que resulten da evaluación de riscos e do plan de prevención.

Os delegados de prevención son, dunha banda, a base sobre a que se estructura a participación dos traballadores en todo o relacionado coa saúde laboral no ámbito da empresa e, doutra, a figura especializada de representación en materia de prevención de riscos laborais.

O nomeamento, as competencias e as facultades dos delegados de prevención serán as definidas nos artigos 35 e 36 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

ARTIGO 27.º CONTRATACIÓN EVENTUAL DO ARTIGO 15.1.b) DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES.

Estes contratos poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

ARTIGO 28.º FOMENTO DA CONTRATACIÓN INDEFINIDA.

As partes asinantes do presente convenio entenden que a contratación estable é a máis idónea para atender as necesidades continuadas de persoal das empresas e para paliar o problema da falta de estabilidade no traballo, considerando en consecuencia que a contratación temporal debe ser utilizada sempre e en todo caso adecuándose aos fins e requisitos previstos para os efectos na normativa laboral vixente.

ARTIGO 29.º DEREITOS SINDICAIS.

Os representantes legais dos traballadores na empresa, en tanto que representantes elexidos para a defensa dos intereses dos traballadores da empresa, terán as competencias informativas, consultivas, de vixiancia e control, de negociación e acordo e de participación e colaboración que se estrabrecen na lexislación xeral.

De igual forma os representantes legais dos traballadores na empresa gozarán das garantías que se estabrecen na lexislación xeral, recoñecéndoselles en concreto o dereito a un número mínimo de 15 horas mensuais retribuidas para o exercicio das súas funcións representativas.

Cuota sindical.

As empresas afectadas polo presente convenio colectivo poderán deducir a través da nómina as cotas correspondentes aos afiliados das centrais sindicais asinantes do presente convenio. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa.

Os importes retidos entregaranse á persoa que designe a central sindical ou ao número de conta que esta notifique á empresa.

Extinción de contratos do Artigo 52.c) do Estatuto dos Traballadores.

As empresas afectadas polo presente convenio deberán poñer en coñecemento dos representantes legais dos traballadores do centro de traballo ou empresa correspondente, calquera situación que puidera dar orixe a extincións de contrato en base ás circunstancias ás que fai referencia o apartado c) do Artigo 52 do Estatuto dos Trabajadores, con indicación das posibles causas.

ARTIGO 30.º LEXISLACIÓN SUPLETORIA.

En todo o non previsto no previsto no presente convenio estarase ao disposto na Lexislación Laboral vixente.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA.- Pago de atrasos.

As empresas comprométense a pagar os atrasos xerados no prazo de dous meses dende a publicación deste convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

ANEXO I.- Taboa salarial revisada 2007.


ANEXO II.- Taboa salarial 2008.


ANEXO III.- Taboa salarial 2009.


REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm. 68 – Jueves, 25 de Marzo de 2010)

Exp. 012-2009 (Código 2700045) (REVISIÓN).

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2010 do convenio colectivo para o sector INDUSTRIAS VINICOLAS, da provincia de Lugo, asinado o día 5 de febreiro de 2010, pola representación da Asociación de Empresarios Maioristas de Viños da Provincia de Lugo e da central sindical CC.OO (66.7 %), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

ESTE DEPARTAMENTO TERRITORIAL, ACORDA:

PRIMEIRO: Ordena-la inscrición da revisión para o ano 2010 do citado convenio colectivo no rexistro de convenios deste Departamento, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

TERCEIRO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Ofi cial da Provincia.

Lugo, 12 de marzo de 2010.- O Xefe Territorial, Antonio Dacal López.

ASISTENTES.

Pola Asociación de Empresarios Maioristas de Viños da Provincia de Lugo.

JOSÉ ANTONIO NISTAL CASTRO.

JAVIER MÉNDEZ OTERO.

JOSÉ RIAÑO YANES.

Polas Centrais Sindicais:

CC.OO [66,7%].

JESÚS CASTRO BAAMONDE.

IGNACIO FERNÁNDEZ VILLAVERDE.

ACTA FIRMA TÁBOA 2010

En Lugo, sendo as 17.00 horas do día 5 de febreiro de 2010, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Negociadora do convenio colectivo de Industrias Vinícolas da Provincia de Lugo, e despois de amplos debates adóptanse os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.- Aprobar a táboa salarial do ano 2010 do convenio colectivo de Industrias Vinícolas da Provincia de Lugo vixente.

Segundo.- Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da aprobación da táboa salarial se abonarán ós traballadores no prazo dun mes dende a publicación da mesma no Boletín Ofi cial da Provincia de Lugo.

Terceiro.- Remitir a presente acta e a táboa salarial aprobada á Autoridade Laboral competente ós efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, fi rman a presente acta as persoas á marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Fdo.: José A. Nistal Castro, Javier Méndez Otero, José Riaño Yanes, Jesús Castro Baamonde, Ignacio Fernández Villaverde.