Convenio Colectivo Industrias de Bebidas Refrescantes de Pontevedra

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
2009/07/01 - 2015/12/31

Duración: SEIS AÑOS Y

Publicación:

2023/01/16

BOP PONTEV. 10

R. SALARIAL

Ámbito: Provincial
Área: Pontevedra
Código: 36000165011981
Actualizacion: 2023/01/16
Convenio Colectivo Industrias De Bebidas Refrescantes. Última actualización a: 16-01-2023 Vigencia de: 01-07-2009 a 31-12-2015. Duración SEIS AÑOS Y. Última publicación en BOP PONTEV. 10 del tipo: R. SALARIAL.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

Índice

CONVENIO COLECTIVO (BOP Núm. 219 – Xoves 14 de novembro de 2013)

Código de Convenio número 36000165011981.

Visto o Acordo da Comisión Paritaria do convenio colectivo do sector de Industrias de Bebidas Refrescantes, da Provincia de Pontevedra, suscrito en representación da parte económica, por unha representación da Asociación Provincial de Empresarios de Bebidas Refrescantes de Pontevedra e da parte social por representantes das centrais sindicais , CIG, CC.OO e UGT, en data 19 de setembro de 2013.

Primeiro.-Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 13 de outubro de 2013.

Segundo.-Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.-Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.-Disposición adicional segunda do Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.-Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de galicia, en materia de traballo, Esta xefatura territorial,

A C O R D A

Primeiro.-Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOg nº 222, do 18.11.2010)

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.-Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

CONVENIO COLECTIVO DE INDUSTRIAS DE BEBIDAS REFRESCANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.

ARTIGO 1º.-ÁMBITO FUNCIONAL.

O presente convenio será de aplicación para todos os traballadores e traballadoras, empresas e sucursais que teñan centros de traballo na provincia de Pontevedra ou os que se establezan durante a vixencia do mesmo e estean rexidos pola Normativa vixente.

ARTIGO 2º.-ÁMBITO PERSOAL.

Afectará a todo o persoal de Industrias de Bebidas Refrescantes.

ARTIGO 3º.-DURACIÓN.

A duración do presente convenio será de sete anos e terá os seus efectos económicos e sociais a partir do 1 de xullo de 2009, sexa cal sexa a súa data de homologación, alcanzando a súa vixencia ata o 31 de diciembre de 2015, prorrogándose tacitamente de xeito indefinido ata un novo acordo das partes.

O presente convenio considerarase autómaticamente denunciado unha vez rematada a vixencia.

ARTIGO 4º.-CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS.

Todas as melloras contidas no presente convenio establécense con carácter de mínimas. Respectaranse os pactos e situacións actualmente existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto ás aquí convidas.

ARTIGO 5º.-XORNADA DE TRABALLO.

A xornada de traballo para todos os traballadores e traballadoras do sector será de 1.790 horas de traballo efectivo e en cómputo anual. Esta xornada distribuirase de luns a venres con 7,45 horas diarias durante todos os meses do ano, excepto os de xuño, xullo e agosto, que se distribuirán de luns a sábado, e nos que a xornada semanal será de 40 horas.Establécese de forma excepcional para os días 24 e 31 de decembro, para todo o persoal afectado polo presente convenio, unha xornada de traballo habitual que será realizada de forma continuada, exceptuándose os días coincidentes en luns, onde a mesma entenderase habitual.

ARTIGO 6º.-HORAS EXTRAS.

De conformidade co disposto, serán horas extraordinarias as que superen a xornada de traballo do ARTIGO anterior. Estas serán as mínimas e imprescindibles para atender as necesidades urxentes e inaprazables, necesitándose previamente a comunicación ao Comité de Empresa ou Delegados/as de Persoal.

Estas horas terán que ser negociadas pola Empresa co persoal ou, no seu caso, polo Comité de Empresa. Serán retribuídas co 100%, engadido o valor da hora normal.

De común acordo entre empresa e persoal, este poderá optar polo disfrute das horas extraordinarias en e para tempo de descanso, considerándose como valor das mesmas para os efectos de cómputo o de dous por cada unha realizada.

O disfrute das horas extras efectuarase ao mes seguinte da súa realización, a excepción dos meses de xuño, xullo e agosto.

ARTIGO 7º.-VACACIÓNS.

As vacacións anuais para o persoal comprendido dentro do réxime deste convenio serán de 30 días naturais. O importe das vacacións deberá ser aboado antes de comezar o disfrute das mesmas e sobre o salario base máis antigüidade.

gozaranse de 1 de setembro a 30 de maio, podendo ser negociado o seu disfrute cos representantes legais dos traballadores da empresa un período de un mes anterior ou posterior ás ditas datas.

O persoal fixo percibirá, con independencia do salario de vacacións, no cal virá reflectido o plus de transporte correspondente, mencionado no artigo 18, e o plus de convenio citado no artigo 19, unha gratificación especial equivalente a dez días do salario base do convenio e antigüidade, no seu caso.

O calendario laboral e o de vacacións do ano serán negociados pola empresa co persoal, ou no seu caso, co Comité de Empresa, e será exposto no taboleiro de anuncios.

ARTIGO 8º.-LICENCIAS E PERMISOS.

O persoal da empresa terá dereito a permiso con soldo en calquera dos casos que a seguir se describen:

a) Casamento do traballador ou traballadora: 16 días.

b) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora: a súa duración será de 5 días, a xuízo do empresario e oídos os representantes legais do traballador/a, tendo en conta para iso os desprazamentos que o traballador/a tivese que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran. Atendidas estas, os mesmos xefes que concederan a licencia poderán prorrogala sempre que se solicite debidamente.

c) falecemento de pais, fillos,cónxuxe, ata o segundo grao de consanguinidade o afinidade: 5 días.

d) Nacemento de fillos, enfermidade o accidente, de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.

e) Por traslado do domicilio habitual: 2 días.

f) Por maternidade de fillos ou fillos políticos: 1 día.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, estarase ao que esta dispoña canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de trece meses, a empresa poderá pasar o traballador/a afectado á situación de excedencia, regulada no apartado un do ARTIGO 46 do Estatuto dos Traballadores.

No suposto de que o traballador/a por incumprimento do deber ou desempeño do cargo percibise unha indemnización, descontarase o importe da mesma do salario ao que tivese dereito na empresa.

h) Os traballadores e traballadoras afectados polo presente convenio terán dereito a unha licencia retribuída de un día, sen que se necesite xustificación para o seu disfrute.

A dita licencia non poderá ser acumulada en vacacións, ponte ou calquera outra licencia. Tampouco poderá ser gozada durante os meses de xuño, xullo e agosto, e a mesma deberá ser solicitada cunha antelación de cinco días. A súa concesión estará supeditada ao orde de coincidencia de datas con calquera outra. Sen dereito a retribución por casamento de fillos, irmáns e irmás políticos: 1 día.

ARTIGO 9º.-EXCEDENCIAS.

Se estará no disposto na legislación laboral vixente.

ARTIGO 10º.-CONDICIÓNS ECONÓMICAS.

Os salarios serán os establecidos na táboa salarial anexa do convenio. Establécese un aumento salarial do 1,50% para o período de 1 de xullo de 2009 a 31 de Decembro do 2009, de 1 de Xaneiro do 2.010 ata o 31 de Decembro de 2010, do 4,00% ,do 1 de Xaneiro do 2.011 ata o 31 de Decembro do 2.011, de 3,10%, do 1 de Xaneiro do 2012 ata o 31 de Decembro do 2012 do 1,50%, do 1 de Xaneriro do 2.013 ata o 31 de Decembro do 2.013, do 1,50%, do 1 de Xaneiro do 2.014 ata o 31 de Decembro do 2.014, do 1,50%, do 1 de Xaneiro do 2.015 ata o 31 de Decembro do 2.105, do 1,50%, en todos os conceptos retributivos. Non haberá cláusula de Revisión Salarial para ningún dos anos de vixencia do presente Convenio. As tçaboa salariais tendrán efecto retroactivo dende o 1 de Xulio do 2.009.

ARTIGO 11º.-PAGAS EXTRAORDINARIAS.

Establécense no presente convenio tres gratificacións extraordinarias nos meses de xullo, decembro e marzo. As de xullo e decembro aboaranse na primeira quincena dos ditos meses. A paga de marzo aboarase durante o citado mes e poderá ser fraccionada entre os prazos que a empresa e o traballador/a acorden.

Estas pagas serán aboadas sobre os conceptos que integran o salario do convenio máis a antigüidade.

ARTIGO 12º.-ANTIGÜIDADE.

-Complemento de antigüidade: a contía do complemento de antigüidade será o que a 31 de decembro de 1995 figure en nómina como plus de antigüidade, e aboarase nas quince mensualidades.

Os traballadores e traballadoras que a data 31 de decembro de 1995 cumpriran algún bienio ou trienio, aboaráselle o mesmo, cuantificándose a partir da dita data a antigüidade por cuadrienios, que empezarán a percibir os traballadores/as que a partir da dita data empezasen a xerar cuadrienios; o citado concepto, denominado complemento de antigüidade, introducirase en nómina, o cal será cotizable, non sendo absorvible por ningún outro concepto salarial.

-Antigüidade: En concepto de antigüidade, establécense cuadrienios na contía do 6% sobre o salario do convenio vixente en cada empresa e por cada categoría.

ARTIGO 13º.-AXUDAS DE CUSTOS.

Terán dereito ás mesmas os traballadores e traballadoras que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexan obrigados a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes ao centro de traballo que lles imposibiliten o seu regreso e nos que sexa preciso efectuar comidas fóra do seu propio domicilio e onde tamén lle esixa a misión encomendada unha permanencia que lle obrigue a tomar aloxamento.

As axudas de custos xustificaranse debidamente.

Estas serán as seguintes:

* Axuda de custos completa: 49,04 €.

* Xantar: 20,00 €.

* Cea: 20,00 €.

* Cama: 17,65 €.

* Almorzo: 04,41 €.

Para o persoal de distribución que no transcurso da súa ruta habitual teña que xantar, establécese unha axuda de 10,45 €, que será incompatible coas axudas de custos anteriores.

ARTIGO 14º.-RETIRADA DO CARNÉ DE CONDUCIR E MULTAS.

No caso de retirada do carné de conducir por causa imputable ao traballador/a durante a súa tarefa ao servicio da empresa, esta comprometerase a facilitar ao conductor/a un posto de traballo idóneo, de acordo coa súa categoría profesional, sen que con iso se vexa minguado o seu salario.

As multas imputables á culpa do traballador/a serán aboadas por este, ou, no caso contrario, pagaraas a empresa. Esta tamén se fará responsable das multas orixinadas por exceso de carga, mal aparcamento no caso de carga e descarga, sempre que se produza en núcleos urbanos onde houbese saturación de tráfico e sexa culpa do traballador/a a infracción e número excesivo de viaxeiros que teñan a condición de ser persoal de servicio da empresa e o seu transporte fose ordenado por esta.

ARTIGO 15º.-COMPLEMENTO ASISTENCIAL.

Á parte do establecido ao respecto nas disposicións sobre Seguridade Social, as empresas aboarán ós traballadores/as fixos ao seu servicio en baixa por todas as continxencias, unha indemnización complementaria ata alcanzar o 100% do seu salario base de cualificación durante o prazo máximo de 18 meses e sempre que o proceso fora de duración superior a 7 días, iso previa confirmación do servicio médico ou facultativo designado por esta.

ARTIGO 16º.-DESCANSO POR MATERNIDADE.

As traballadoras terán dereito, polo menos, a un período de descanso laboral de oito semanas antes do parto e de oito semanas despois del. O período posnatal será en todo caso obrigatorio, e a el poderá sumarse, a petición da interesada, o tempo non gozado antes do parto. Así mesmo, terá dereito a unha pausa de unha hora no seu traballo que poderá dividir en dúas fraccións ou reducir a xornada no mesmo tempo durante os nove meses de lactación.

ARTIGO 17º.-REVISIÓNS MÉDICAS.

As empresas estarán obrigadas a realizar unha revisión médica anual aos seus traballadores. A dita revisión médica farase utilizando os servicios que dispón o Ministerio de Traballo sempre que se poñan a disposición da empresa solicitante.

ARTIGO 18º.-GASTOS DE LOCOMOCIÓN.

Todos os traballadores e traballadoras percibirán en concepto de plus de locomoción a cantidade de 49,20 € mensuais. Á parte, cada traballador/a, e segundo a súa categoría, percibirá o suplemento de gastos de locomoción que figura na táboa salarial anexa. Estas cantidades aboaranse nos doce meses do ano.

ARTIGO 19º.-PLUS DE CONVENIO.

Establécese un plus de convenio de 98,19 € mensuais para todas as categorías. O dito plus aboarase nos doce meses do ano, sen que repercuta nas pagas extras e antigüidade.

Este plus terá carácter de salario para os efectos de enfermidade.

ARTIGO 20º.-PRENDAS DE TRABALLO.

As empresas veranse obrigadas a facilitar aos seus traballadores e traballadoras un mínimo de dúas prendas por ano, así como guantes e calzado para aqueles traballos que así o requiran. Así mesmo, facilitarase ao persoal de distribución, anualmente, unha chaquetiña, dúas camisas, dous pantalóns e un anorak cada dous anos. Quedará a discreción dos encargados das seccións prover algunha prenda suplementaria de traballo á parte das xa sinaladas, segundo as circunstancias que puideran presentarse e no caso de necesidade xustificada, previa proposta ao empresario. O seu uso será obrigatorio. Así mesmo, o persoal terá a obriga de conservalas en bo estado; o traballador/a estará obrigado a compralas ao seu cargo cando, por abandono ou neglixencia a el imputable, as estropee de xeito claro.

ARTIGO 21º.-SEGURIDADE NO POSTO DE TRABALLO.

A todo traballador ou traballadora que, por calquera causa xustificada, non puidese seguir desempeñando o posto de traballo para o que foi contratado, a empresa estará obrigada a outorgarlle un dereito preferente de ocupación das vacantes que existan, sempre e cando as características do posto de traballo habilitado sexan aptas ás condicións físicas e intelectuais do traballador/a.

ARTIGO 22º.-DISTRIBUCIÓN.

As empresas recomendarán aos seus clientes a necesidade de que os locais nos que teña lugar a recepción de mercadorías solicitadas reúnan as debidas condicións, para tratar de evitar, no posible, tarefas que supoñan excesivo esforzo físico para os traballadores/as.

ARTIGO 23º.-SEGURO DE MORTE E INVALIDEZ.

Establécese un seguro de morte e invalidez, exclusivamente para os casos producidos con ocasión ou como consecuencia de accidente laboral, a cargo da empresa do sector que comprenda o ámbito deste convenio e para todos os traballadores/as da mesma, na contía de 1.500.000 Ptas. (9.015,18 €) e 2.000.000 Ptas. (12.020,24 €), respectivamente. A empresa estará obrigada a entregar aos representantes legais dos traballadores/as, se así lle é esixido, a copia da póliza en vigor.

ARTIGO 24º.-ASISTENCIA A CONSULTORIO MÉDICO.

Nos casos de saída ao médico, a empresa aboará o tempo empregado cando a visita coincida co horario de traballo. Para o seu aboamento será preceptivo que o volante estea asinado e datado polo médico.

ARTIGO 25º.-COTA SINDICAL.

As empresas deducirán das súas nóminas as cotas correspondentes aos afiliados e afiliadas ás Centrais Sindicais. O traballador/a interesado na realización de tal operación remitirá á empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a Central ou Sindicato ao que pertence e a contía do cobro.

ARTIGO 26º.-LOCAL DO COMITÉ DE EMPRESA.

A empresa facilitará local axeitado, sempre que dispoña del, para reunións e consultas do Delegado/a ou Comité de Empresa cos traballadores/as, así coma un taboleiro para poñer comunicados, avisos, carteis, etc.

ARTIGO 27º.-GARANTÍAS SINDICAIS.

As empresas afectadas por este convenio respectarán as seguintes garantías:

a) Cada un dos/as membros do Comité de Empresa ou Delegado/a de Persoal en cada centro de traballo disporán dun crédito de 25 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación.

b) As ditas horas poderán ser acumuladas polos representantes dos traballadores/as que estean presentes na negociación do Convenio Colectivo, ata un máximo de dous Delegados/as por empresa.

ARTIGO 28º.-COMISIÓN PARITARIA.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ambas as dúas partes no presente convenio, crease a Comisión Paritaria, que estará composta do seguinte xeito:

** PRESIDENTE SECRETARIO: o mesmo do convenio

** TRES VOCAIS REPRESENTANDO A PARTE SOCIAL que serán elixidos, para cada caso, entre os integrantes dos que formaron a Comisión Deliberadora do presente convenio e pertencentes ás Centrais Sindicais.

** TRES VOCAIS REPRESENTANDO A PARTE ECONÓMICA que serán elixidos pola Asociación Provincial de gaseosas e Bebidas Alcohólicas, entre os compoñentes da Comisión Deliberadora.

Ambas as dúas partes poderán acudir ás ditas reunións cos asesores que estimen oportunos.

ARTIGO 29º.-PAGAMENTO.

Todos os traballadores e traballadoras que o soliciten poderán domiciliar o cobro da súa nómina ou haberes na entidade bancaria que elixan previamente ambas as dúas partes.

ARTIGO 30º.-PARTES QUE O CONCERTAN.

Este convenio foi negociado e asinado pola ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE gASEOSAS E BEBIDAS ALCOHÓLICAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA e as Centrais Sindicais CONfEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG), COMISIONS OBREIRAS (CC.OO) e uNION XERAL DE TRABALLADORES (U.G.T)

ARTIGO 31º.-TRABALLADORES/AS EVENTUAIS.

Todos aqueles traballadores e traballadoras eventuais que computen tres anos na mesma empresa pasarán á situación de fixos. Nos ditos tres anos contaríase como período de permanencia na empresa da que se trate, as situacións que se describen no seguinte parágrafo.

Desemprego, calquera que fose a súa modalidade. Incapacidade Temporal nas súas distintas clases e duración dentro da vixencia do contrato e, en xeral, calquera circunstancia que leve consigo unha interrupción temporal. Para estes efectos, computarase como tempo traballado a permanencia en empresas filiais ou asociadas da principal. O presente artigo non será de aplicación a aqueles traballadores/as que cesen voluntariamente e retornen á empresa.

ARTIGO 32º.-FERRAMENTAS DE TRABALLO.

As empresas veranse obrigadas a facilitar ao seu persoal de reparto un carro para os efectos de facilitar a súa tarefa. O seu uso será obrigatorio.

Así mesmo, o persoal terá a obriga de conservalo en bo estado, correndo ao seu cargo a compra ou reparación cando, por neglixencia ou abandono a el imputable, o estropee de xeito claro.

ARTIGO 33º.-XUBILACIÓN.

A idade de xubilación obrigatoria será aos 65 anos, sempre e cando se reúnan os requisitos legais para acceder á correspondente prestación. Poderase optar, así e todo, a acceder á mesma á idade de 64 anos, sempre e cando así o establezan de mutuo acordo empresa e traballador/a, segundo a normativa vixente en cada momento.

ARTIGO 34º.-DEREITO DE INFORMACIÓN EN MATERIA DE CONTRATACIÓN.

Recóllese no presente artigo a Lei 2/1991, de 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores/as en materia de contratación. Para a súa aplicación observaranse as seguintes condicións:

1ª)O presente texto manterá a súa vixencia no convenio ata o momento da derrogación da Lei 2/1991, de 7 de xaneiro, data en que quedará sen efecto.

2ª)O presente texto recollerá no seu contido calquera modificación que se produza no articulado da Lei.

TEXTO DA LEI DE 7 DE XANEIRO.

ARTIGO 1º.

1. O empresario entregará á representación legal dos traballadores/as unha copia básica de todos os contratos que deban celebrarse por escrito, a excepción dos contratos de relación laboral especial de alta dirección, sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores/as.

Co fin de comprobar a adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá todos os datos do contrato a excepción do número do Documento Nacional de Identidade, o enderezo, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, puidese afectar á intimidade persoal.

A copia básica será entregada polo empresario, nun prazo non superior a dez días dende a formalización do contrato, aos representantes legais dos traballadores/as, quen a asinarán para os efectos de acreditar que se produciu a entrega. Posteriormente, a dita copia básica enviarase á Oficina de Emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga de rexistro no INEM, a copia básica remitirase, xunto co contrato, á Oficina de Emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

2. O empresario notificará aos representantes legais dos traballadores/as as prórrogas dos contratos de traballo aos que se refire o nº 1, así como as denuncias correspondentes aos mesmos no prazo de dez días seguintes dende que se producisen.

3. Os representantes legais dos traballadores/as deberán recibir, polo menos trimestralmente, información das previsións do empresario sobre celebración de novos contratos, con indicación do número destes e das modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como os supostos de subcontratación.

ARTIGO 2º.

Os representantes da Administración, así coma os das organizacións sindicais e das asociacións empresariais que teñan acceso á copia básica dos contratos, en virtude da súa pertenza aos órganos de participación institucional que regulamentariamente teñan tales facultades, observarán sixilo profesional, non podendo utilizar a dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

ARTIGO 3º.

1. O empresario, con ocasión da extinción do contrato, ao comunicar aos traballadores/as a denuncia ou, no seu caso, o aviso previo de extinción do mesmo, deberá acompañar unha proposta do documento de liquidación das cantidades adebedadas.

O traballador ou traballadora poderá solicitar a presencia dun representante legal dos traballadores/as no momento de proceder á sinatura do recibo definitivo, facéndose constar no mesmo o feito da súa sinatura en presencia dun representante legal dos traballadores/as ou ben, que o traballador/a non fixese uso desa posibilidade. Se o empresario impedise a presencia do representante no momento da súa sinatura, o traballador/a poderá facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

2. A liquidación dos salarios que correspondan aos traballadores/as fixos descontinuos, nos supostos de conclusión de cada período de actividade, levarase a cabo con suxeición aos trámites e garantías establecidos no número anterior.

TABLAS.

REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm. 10 – Luns, 16 de xaneiro de 2023)

ACORDO DA COMISIÓN NEGOCIADORA POLO QUE SE APROBAN AS TÁBOAS SALARIAIS DO ANO 2022 PARA AS EMPRESAS DO SECTOR DE INDUSTRIAS DE BEBIDAS REFRESCANTES DE PONTEVEDRA.

Convenio o Acordo: INDUSTRIAS DE BEBIDAS REFRESCANTES.

Expediente: 36/01/0330/2022.

Data: 04/01/2023.

Asunto: RESOLUCIÓN DE INSCRICIÓN E PUBLICACIÓN.

Código de Convenio número 36000165011981.

Visto o Acordo da Comisión Negociadora polo que se aproban as táboas salariais do ano 2022, para o persoal da empresas do sector de empresas das INDUSTRIAS DE BEBIDAS REFRESCANTES, con domicilio na provincia de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, polas organizacións empresariais ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE BEBIDAS REFRESCANTES DE PONTEVEDRA e da parte social, polas central sindical maioritaria e representativa no devandito sector UGT, e que foi asinado o devandito acordo en data 7 de decembro do 2022.

Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 22 de decembro do 2022.

Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO.

Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orde ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.- Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial, ACORDA:

Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

A Xefa Territorial.

ACTA REUNIÓN COMISIÓN NEGOCIADORA.

ACUERDO PARCIAL.

VIGO, 7 DE DICIEMBRE DE 2022.

ASISTENTES.

REPRESENTACIÓN SINDICAL.

UNIÓN GENERAL DE TRABAJADORES.

D. Ignacio Couñago Lara.

D. Rubén Pérez Prego.

REPRESENTACIÓN EMPRESARIAL.

ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE BEBIDAS REFRESCANTES DE PONTEVEDRA.

D. José Carlos Andrade Lago.

D. Rafael Jorge Andrade Lago.

En Vigo, en los locales de la Unión General de Trabajadores (UGT), siendo las 10 horas del día 7 de diciembre de 2022, se reúnen las personas relacionadas al margen, todas ellas en su condición de miembros de la comisión negociadora del convenio colectivo del sector de “Industrias de Bebidas Refrescantes de la provincia de Pontevedra”, al objeto de aprobar la prórroga del texto del Convenio en vigor y de la revisión salarial para el año 2.022.

Por ello, al objeto de dar cumplimiento íntegro a lo dispuesto en la Ley del Estatuto de los Trabajadores, reunida la Comisión Negociadora,

ACUERDA

Primero.- Aprobación de la revisión salarial para el año 2022 Se acuerda, para el año 2022, un incremento del 8,50 % en los importes de los siguientes conceptos retributivos, que se recogen en documento anexo a la presente Acta, una vez aplicada la revisión:

a) Incremento salarial según tablas del Convenio.

b) Gastos y suplemento de locomoción.

c) Axudas de Custo.

d) Complemento de Convenio.

Dicha revisión tendrá carácter retroactivo desde el uno de enero del año 2022. Los atrasos serán la diferencia entre el salario actualizado y el salario anterior, multiplicada por los meses correspondientes.

Segundo.- Duración La duración del presente acuerdo será de un año, a partir del 1 de enero del 2022, alcanzando su vigencia hasta el 31 de diciembre del mismo año.

Ambas partes se comprometen a negociar el Convenio del año 2.023 en el primer trimestre del mismo año.

Tercero.- Autorización para la realización de los trámites de depósito del presente Acuerdo.

Esta Comisión autoriza a D. José Carlos Andrade Lago, con Documento Nacional de Identidad nº 36.026.855-T Para la realización de los trámites de depósito, registro y publicación de la presente Acta ante la autoridad laboral competente.

Y no habiendo más asuntos que tratar, finaliza la reunión a las 11 horas del día señalado en el encabezamiento, y se extiende al efecto la presente acta, que firman en prueba de conformidad las personas relacionadas en nombre de todas y cada una de las representaciones asistentes.

Las tablas puede mostrar años anteriores (comparar), desplaza hasta ver el año en curso

CONVENIO COLECTIVO DE INDUSTRIAS DE BEBIDAS REFRESCANTES DE PONTEVEDRA













CONVENIO COLECTIVO (BOP Núm. 219 - Xoves 14 de novembro de 2013)













Código de Convenio número 36000165011981












ARTIGO 5º.-XORNADA DE TRABALLO 1790 horas de traballo efectivo e en cómputo anual











ARTIGO 6º.-HORAS EXTRAS 100% engadido o valor da hora normal











ARTIGO 7º.-VACACIÓNS



... de 30 días naturais ... importe ... sobre o salario base máis antigüidade

O persoal fixo percibirá ... unha gratificación especial equivalente a 10 días do salario base do convenio e antigüidade, no seu caso
















ARTIGO 11º.-PAGAS EXTRAORDINARIAS 3 sobre os conceptos que integran o salario do convenio máis a antigüidade











ARTIGO 12º.-ANTIGÜIDADE ... cuadrienios 6% sobre o salario do convenio vixente en cada empresa e por cada categoría











ARTIGO 13º.-AXUDAS DE CUSTOS



Axuda de custos completa: 49,04


Xantar: 20


Cea: 20


Cama: 17,65


Almorzo: 4,41


Para o persoal de distribución 10,45 euros, que será incompatible coas axudas de custos anteriores











ARTIGO 18º.-GASTOS DE LOCOMOCIÓN



Todos os traballadores ... plus de locomoción 49,2 euris mensuais

Á parte, cada traballador/a, e segundo a súa categoría gastos de locomoción que figura na táboa salarial anexa


Estas cantidades aboaranse nos 12 meses do ano











ARTIGO 19º.-PLUS DE CONVENIO



Establécese un plus de convenio de 98,19 euros mensuais para todas as categorías

O dito plus aboarase nos 12 meses do ano
















REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm. 10 - Luns, 16 de xaneiro de 2023)













ANEXO.- RETRIBUCIONES CORRESPONDIENTES AL AÑO 2022








CATEGORÍAS SALARIO DÍA GASTOS LOCOMOCIÓN MES SUPLEMENTO LOCOMOCIÓN MES TOTAL GASTOS TRANSPORTE MES
PEÓN/A 27,71 60,87 9,81 70,68
SUBALTERNOS/AS 29,36 60,87 10,22 71,09
AXUDANTE 29,36 60,87 10,22 71,09
AUX. ADMINISTRATIVOS/AS 29,36 60,87 10,22 71,09
OFICIAIS DE SEGUNDA 32,06 60,87 11,22 72,09
OFICIAIS DE PRIMEIRA OU VENDEDORES/AS 34,58 60,87 12,14 73,01
ENCARGADO/A OU CAPATAZ 34,93 60,87 12,24 73,11
ENCARGADO/A SECCIÓN 42,09 60,87 14,95 75,82
ENCARGADO XERAL 49,33 60,87 17,70 78,57





AXUDAS DE CUSTO 71,74


COMPLEMENTO CONVENIO 121,25