Convenio Colectivo Transportes de Mercancías Por Carretera de Lugo

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
2014/01/01 - 2022/12/31

Duración: NUEVE AÑOS

Publicación:

2022/04/13

BOP LUGO 085

R. SALARIAL

Ámbito: Provincial
Área: Lugo
Código: 27000505011982
Actualizacion: 2022/04/13
Convenio Colectivo Transportes De Mercancías Por Carretera. Última actualización a: 13-04-2022 Vigencia de: 01-01-2014 a 31-12-2022. Duración NUEVE AÑOS. Última publicación en BOP LUGO 085 del tipo: R. SALARIAL.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

Tabla de contenidos

Índice

CONVENIO COLECTIVO (BOP Núm. 123 – sábado, 30 de maio de 2020)

Visto o texto do “Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da provincia de Lugo”, (Código 27000505011982), asinado o día 20 de febreiro de 2020, pola representación empresarial e da central sindical CC.OO. (66,67%), como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 12 de maio de 2020.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE LUGO.

CAPITULO I. CONDICIÓNS XERAIS.

ARTIGO 1º: ÁMBITO FUNCIONAL.

As disposicións do presente Convenio obrigan a tódalas empresas e persoas traballadoras da provincia de Lugo que teñan as súas actividades reguladas polo Acordo Xeral para as Empresas de Transportes de Mercadorías por Estrada vixente en cada momento.

Para maior concreción indícanse seguidamente:

Servicios regulares de mercadorías, servicios discrecionais de mercadorías, transporte de pescado, transportes frigoríficos, transportes líquidos, transportes especiais (grúas, etc.), transportes locais de mercadorías, explotación de túneles e autoestradas, garaxes, aparcamentos e servicios de lavado e engraxe, despachos auxiliares ou centrais de FFCC con vehículos automóbiles, transportes de mobles, mudanzas gardamobles, servicios de aluguer de coches con ou sen conductor/a, actividades de mensaxería e loxística, entendendo por esta última a que cubre a planificación, organización, xestión, supervisión e realización de actividades de transporte de mercancías na cadea de suministro, esto é, toda-las actividades empresariais que requiran títulos habilitantes de transportista ou de operador/a de transporte, independentemente de si as mesmas se realizan ou non a temperatura controlada.

ARTIGO 2º: ÁMBITO TERRITORIAL.

O presente Convenio será de aplicación en toda a provincia de Lugo, quedando sometidas a el tanto as empresas xa existentes como as de nova creación radicadas no ámbito territorial, ou que aínda tendo o seu domicilio social noutro lugar, teñan establecementos na provincia de Lugo, en canto ó persoal adscrito ós mesmos.

ARTIGO 3º: ÁMBITO TEMPORAL.

O presente Convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2014, rematando a súa vixencia o día 31 de decembro do ano 2022.

ARTIGO 4º : DENUNCIA.

Ao extinguirse o período de aplicación e vixencia do presente Convenio, este considerarase expresamente denunciado, sen necesidade de efectuar ningún trámite, manténdose a vixencia dos seus contidos normativos ata a firma de outro que os sustitua.

ARTIGO 5º: INTERPRETACIÓN DO CONVENIO.

Créase unha Comisión Mixta Paritaria entre as partes asinantes deste Convenio Colectivo, integrada por, dunha banda, 3 representantes da parte empresarial e, doutra banda, por 3 representantes da Central Sindical CC.OO.

A Comisión Mixta Paritaria será o órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixiancia do cumprimento do presente Convenio.

De conformidade co indicado no parágrafo anterior, as funcións específicas da Comisión Mixta Paritaria serán as seguintes:

– Interpretación do Convenio.

– Conciliación facultativa.

– Arbitraxe das cuestións ou problemas que lle sexan sometidas por ambas partes de común acordo en asuntos derivados do Convenio.

– Vixiancia do cumprimento do pactado.

– Cantas outras facultades ou competencias lle correspondan de conformidade coa lexislación vixente.

As consultas ou peticións dirixidas á Comisión Mixta Paritaria se canalizarán a través de calquera das organizacións integrantes da mesma, debendo poñerse de acordo as partes sobre o lugar, data e hora de celebración da reunión necesaria para atender a consulta ou petición e levantar acta do acordo ou desacordo no prazo máximo de 15 días naturais a contar dende a data da consulta ou petición, salvo que as persoas que formen parte da Comisión acordasen por unanimidade a necesidade de contar cun prazo maior de resolución.

No caso de non acadarse acordo no seo da Comisión, as partes someteranse ás distintas modalidades de resolución de conflictos establecidas no AGA (Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais para a Solución de Conflictos Colectivos de Traballo) nos termos contemplados no mesmo.

Nos supostos de inaplicación previstos no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores, a Comisión Paritaria disporá dun prazo máximo de sete días para pronunciarse a contar dende que a discrepancia lle fora prantexada e, no caso de non acadarse acordo no seo da Comisión, as partes someteranse ás modalidades de resolución de conflictos do AGA nos termos referidos no parágrafo anterior.

ARTIGO 6º: VINCULACIÓN Á TOTALIDADE.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, a efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

No caso de nulidade parcial por modificación de calquera das condicións, quedará na súa totalidade sen eficacia práctica, debendo negociarse todo o seu contido. Non obstante o anterior, en tanto en canto non se renegocie o contido do Convenio, se aplicará éste provisionalmente, comprometéndose as partes asinantes a iniciar a renegociación do Convenio nun prazo máximo dun mes a contar dende a declaración de nulidade parcial.

ARTIGO 7º: LEXISLACIÓN SUPLETORIA.

En todo o non recollido no presente Convenio estarase ao que determine o Acordo Xeral para as Empresas de Transportes de Mercadorías por Estrada vixente en cada momento, o Estatuto dos Traballadores, a Lei de Igualdade, a normativa de prevención de riscos e demais lexislación vixente.

ARTIGO 8º: CONDICIÓN MÁIS BENEFICIOSA.

Respetaránse as situacións persoais que en cómputo anual excedan destas normas. Toda vez que as melloras que se implantan en virtude deste convenio teñen carácter de mínimas estimadas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito implantadas polas empresas que signifiquen condicións máis beneficiosas para as persoas traballadoras.

CAPITULO II. XORNADA, VACACIÓNS E DESCANSOS.

ARTIGO 9º: XORNADA.

A xornada laboral será de 1.816 horas de traballo efectivo en cómputo anual, sendo de aplicación ao respecto o Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

En todo caso a xornada de traballo e o réxime de descanso dos traballadores/as móviles se axustarán ao disposto no Regulamento CE 561/2006 e no Real Decreto 1561/1995 , así como ao disposto no Capítulo V do II Acordo Xeral para as empresas de transporte de mercadorías por Estrada ou acordo que o sustituia. Conforme a dita normativa a xornada laboral será de 1.816 horas de traballo efectivo en cómputo anual con distribución irregular da xornada. As pausas na conducción, as comidas en ruta e similares nas que o conductor non estea realizando ningún traballo se considerarán tempo de descanso.

ARTIGO 10º: VACACIÓNS.

O persoal afectado polo presente Convenio Colectivo disfrutará de 30 días naturais de vacacións, dentro do ano natural, sen distinción de antigüidade ou categoría profesional, e de acordo coa normativa laboral vixente. O disfrute do período de vacacións non poderá iniciarse en día correspondente a descanso semanal ou día festivo.

Para os traballadores/as que ingresen ou rematen o seu contrato no transcurso do ano, prorratearanse os días de vacacións en función do tempo de prestación de servicios.

As empresas e os representantes legais das persoas traballadoras, en ausencia destes as propias persoas traballadoras, procurarán pactar un calendario de vacacións nos tres primeiros meses do ano. En todo caso as persoas traballadoras terán dereito a coñecer as datas das súas vacacións a lo menos con dous meses de antelación ao comenzo do seu disfrute.

No caso de fraccionamento do disfrute de vacacións, a lo menos 15 días se disfrutarán preferentemente de xuño a setembro ambos incluidos e de xeito ininterrumpido.

ARTIGO 11º: PERMISOS.

Independentemente dos xa establecidos no Estatuto dos Traballadores, e os que se relacionan a continuación, para todo o persoal afectado polo presente Convenio Colectivo, establécense dous días non laborables, retribuidos e non recuperables dentro da xornada de 1816 horas.

Conforme ao disposto no Estatuto dos Traballadores, as persoas traballadoras, previo aviso e xustificación, poderán ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacemento de fillo/a ou adopción ou garda con fins de adopción ou acollemento así como por falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención quirúrxica sen hospitalización que precise reposo domiciliario do cónxuxe ou parella de feito debidamente inscrita no rexistro correspondente e fillos e fillas. Cando, con tal motivo, as persoas traballadoras necesite facer un desprazamento ao efecto, o prazo será de cinco días.

Nos casos de licencia por hospitalización previstos no presente apartado, a persoa traballadora poderá facer uso da licencia en calquera momento mentres dure a hospitalización, ben disfrutando dos días de licencia de xeito continuado, ben disfrutando dos días de licencia de xeito partido.

c) Dous días nos casos de falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención quirúrgica sen hospitalación que precise reposo domiciliario de parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, a persoa traballadora necesite facer un desprazamento ó efecto, o prazo será de catro días.

d) Un día por traslado do domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para concurrir a exames directamente relacionados co traballo desempeñado pola persoa traballadora na empresa.

f) Polo tempo indispensable para acompañamento a consulta de facultativo da Seguridade Social de fillos/as menores de 16 anos que estén a cargo exclusivamente da persoa traballadora.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, estarase ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasar á persoa traballadora afectada a situación de excedencia.

No suposto no que a persoa traballadora, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe da mesma do salario a que tivera dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

f) Polo tempo indispensable para a realización de tramitacións personais ante as Administracións Públicas que resulten imprescindibles para o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo. Exclúese esta licencia cando as empresas, por sí mesmas ou a medio de asociacións nas que estean integradas, leven a cabo tales tramitacións no nome da persoa traballadora.

A partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, as persoas traballadoras terán dereito, co fin de atender necesidades expcepcionais consistentes en enfermedade grave do cónxuxe ou parella de feito debidamente inscrita no rexistro correspondente, pais ou fillos/as ou familiares ata segundo grado por consanguinidade ou afinidade que convivan coa persoa traballadora, a un permiso non retribuido de ata un mes de duración, non fraccionable e que, salvo pacto en contrario, non se poderá acumular a vacacións ou festivos. Dado o seu carácter excepcional, este permiso requerirá dun preaviso mínimo de 15 días, non poderá ser disfrutado pola mesma persoa traballadora en dúas anualidades consecutivas, e non poderá ser disfrutado simultáneamente por mais dunha persoa traballadora da empresa salvo aceptación expresa desta.

ARTIGO 12º: HORAS EXTRAORDINARIAS.

Tendo en conta a existencia dun grande número de persoas traballadoras en paro, tenderase á eliminación das horas extras durante a vixencia do presente Convenio. En calquera caso, as empresas terán que respetar escrupulosamente os topes legais existentes.

ARTIGO 13º: TRABALLO EN DÍAS FESTIVOS.

Cando excepcionalmente e por razóns técnicas ou organizativas non podan disfrutarse as festas laborales aprobadas para cada ano, a persoa traballadora, de mutuo acordo ca empresa, poderá optar entre disfrutar dun descanso compensatorio de día e medio por cada día festivo completo traballado dentro do mes seguinte á festa non disfrutada ou cobrar un plus de traballo en festivos cuxa contía, dende o mes de novembro de 2019, será de 54,19 euros por cada festivo traballado. O importe do plus será, para 2020, de 54.89 euros.

No ano 2021 o importe do plus de traballo en festivos será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidad á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2021.

No ano 2022 o importe do plus de traballo en festivos será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidad á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2022.

CAPITULO III. RETRIBUCIÓNS.

ARTIGO 14º: SALARIO DE CONVENIO.

Incremento salarial:

Acórdase a actualización das táboas salariais do presente Convenio para o período que vai dende o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2018 cun incremento do 3% sobre as táboas salariais publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo de data 22 de febreiro de 2014. Dito incremento non terá efectos retroactivos, servindo de base para aplicar o incremento pactado para o ano 2019.

Os salarios, para cada un dos postos de traballo, para o ano 2019 serán os recollidos na táboa salarial adxunta, resultado de aplicar incremento consistente no IPC real estatal da anualidade anterior, esto é, do ano 2018 (1,2%) mais 0,5 puntos. Dito incremento terá efectos retroactivos dende o mes de novembro de 2019.

Os salarios, para cada un dos postos de traballo, para os anos 2020 e 2021 serán o resultado de aplicar, sobre as táboas vixentes na anualidade anterior, incremento consistente no IPC real estatal de dita anualidade anterior -esto é, no ano 2020, IPC real estatal do exercicio 2019 e, no ano 2021, IPC real do exercicio 2020- mais 0,5 puntos.

Os salarios, para cada un dos postos de traballo, para o ano 2022 serán o resultado de aplicar, sobre as táboas vixentes na anualidade anterior, incremento consistente no IPC real estatal de dita anualidade anterior -esto é, IPC real estatal do exercicio 2021- mais 0,75 puntos.

Ao fin de aplicar ditos incrementos, a Comisión Paritaria do Convenio comprométese a reunirse en canto se publique o dato definitivo do IPC real estatal de cada anualidade (2020 e 2021), procedendo á sinatura das táboas salariais correspondentes e a súa remisión á Autoridade Laboral para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Prima de convenio:

Con independencia e sen perxuizo do establecido no presente artigo, páctase unha prima de convenio de 320€ brutos que afectará a todo o persoal en plantilla con antigüidade mínima do 1 de xaneiro de 2019, que preste o seus servizos a tempo completo e que non percibise no ano 2019 un salario bruto superior en cómputo anual ao fixado neste Convenio para o ano 2019 tendo en conta os conceptos salariais do Convenio, o concepto de conta convenio ou calquera outro concepto salarial compensable e absorbible. Naqueles casos nos que a antigüidade ou xornada fosen inferiores ás mencionadas anteriormente, a persoa traballadora percibirá a parte proporcional da prima.

Esta prima de convenio ten carácter non consolidable, polo que non formará parte de futuros incrementos ou negociacións, aboándose nun so pago, xunto con resto de haberes da nómina, dentro dos tres meses seguintes á publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

ARTIGO 15º: ATRASOS DE CONVENIO.

Os atrasos que resulten da aplicación do presente Convenio faranse efectivos ás persoas traballadoras nun prazo máximo de tres meses a contar dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

ARTIGO 16º: PLUS DE CONVENIO.

Establécese para todo o persoal un plus de convenio, cotizable á Seguridad Social, cuxo importe será, dende novembro de 2019, de 122,49 euros mensuais. O importe do plus de convenio será, para o ano 2020, de 124,08 euros mensuais.

No ano 2021 o importe do plus de convenio será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidad á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2021.

No ano 2022 o importe do plus de convenio será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidad á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2022.

ARTIGO 17º: ANTIGÜIDADE.

Para todo o persoal afectado polo presente Convenio establécense as percepcións que seguidamente se relacionan polo concepto de antigüidade con carácter de máximas:

– 2 anos, 9,02 euros mensuais.

– 4 anos, 18,03 euros mensuais.

– 9 anos, 36,06 euros mensuais.

– 14 anos, 54,09 euros mensuais.

– 19 anos, 72,12 euros mensuais.

– 24 anos, 90,15 euros mensuais.

– 29 anos, 108,18 euros mensuais.

O disposto anteriormente enténdese sen prexuizo dos dereitos adquiridos repecto a cantidades xa consolidadas e que veñen percibindo actualmente as persoas traballadoras.

ARTIGO 18º: PAGAS EXTRA.

As pagas serán tres: Nadal, xullo e beneficios, pagadeira esta última no mes de marzo. O importe destas pagas será, cada unha delas, igual ao salario base de 30 días establecido no convenio máis antigüidade e o seu devengo será anual.

Aos efectos do devengo das pagas extra, establécense os seguintes períodos:

Paga extra de Xullo: dende o 1 de xullo ao 30 de xuño.

Paga extra de Nadal: dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro.

Paga extra de Beneficios: dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro.

ARTIGO 19º: COMPLEMENTO PERSOAL DE IDIOMAS.

Para todo aquel persoal incluído no ámbito deste Convenio que para o desempeño do seu traballo faga uso dalgún idioma estranxeiro, establécese un complemento persoal cuxo importe será, dende novembro de 2019, de 129,03 euros mensuais por cada idioma empregado. O importe do complemento persoal de idiomas será, para o ano 2020, de 130,71 euros mensuais.

No ano 2021 o importe do plus de idiomas será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidad á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2021.

No ano 2022 o importe do plus de idiomas será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidad á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2022.

Para o recoñecemento deste complemento requerirase o uso utilitario do idioma cun nivel adecuado para o entendemento básico nun nivel de conversación comercial.

Para a determinación da aptitude necesaria e do dereito á percepción deste complemento polas persoas traballadoras afectadas a comisión mixta paritaria do convenio establecerá anualmente un mínimo dunha convocatoria de probas que se levará adiante coa concorrencia de técnicos titulados nos idiomas correspondentes, que serán os que determinarán o contido das probas a efectuar e valorarán as condicións dos concorrentes ás probas, sen menoscabo da súa ratificación polos/as representantes que integran a comisión mixta paritaria do Convenio.

ARTIGO 20º: PLUS DE PERIGOSIDADE.

Para as persoas traballadoras ao servicio da empresa á entrada en vigor do Convenio de transporte de mercadorías por estrada do ano 1993 e que manipulen ou transporten habitualmente mercadorías explosivas, inflamables ou tóxicas, establécese un plus de perigosidade na contía de 240,40 euros.

Para as persoas traballadoras que se contratasen a partires da entrada en vigor dese Convenio e que realicen as tarefas indicadas no apartado anterior, establécese un plus de 240,40 euros no caso de que se contraten por tempo inferior a un ano. Se a contratación é por tempo superior a un ano ou indefinida, a contía do referido plus é de 145,77 euros.

ARTIGO 21º: PLUS DE TRABALLO EN PLATAFORMAS LOXÍSTICAS CON CÁMARAS DE FRÍO.

Tódolas persoas traballadoras que realicen o seu traballo de xeito habitual, continuo ou discontinuo, en plataformas loxísticas con cámaras de conxelación, soportando temperaturas da banda de conxelación -18ºC ou inferiores, percibirán un plus de penosidade cuxo importe será, dende novembro de 2019, de 82,28 euros mensuais. O importe deste plus de penosidade será, para o ano 2020, de 83,35 euros mensuais.

No ano 2021 o importe do plus de penosidade regulado no parágrafo anterior será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidade á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2021.

No ano 2022 o importe do plus de penosidade regulado no parágrafo anterior será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidade á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2022.

Entenderase devengado o plus de penosidade aínda cando a temperatura da banda de -18ºC establecida para o almacenamento de productos conxelados teña oscilacións producidas por manutención ou apertura de portas motivada pola entrada ou saída de mercadorías e cando, ademais, a persoa traballadora da plataforma loxística estibe ou cargue manualmente os productos conxelados dende a cámara de conxelación ao vehículo.

Tódalas persoas traballadoras que realicen a seu traballo de xeito habitual, continuo ou discontinuo, en plataformas loxísticas con cámaras de conxelación en circunstancias de traballo en plataforma a temperatura de 0ºC a 14ºC percibirán un plus de refrixerado cuxo importe será, dende novembro de 2019, de 27,43 euros mensuais. O importe do plus de refrixerado será, para o ano 2020, de 27,79 euros mensuais.

No ano 2021 o importe do plus de refrixerado será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para cada tal anualidade á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2021.

No ano 2022 o importe do plus de refrixerado será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para cada tal anualidade á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2022.

En todo caso non haberá lugar ao percibo ou cobro simultáneo dos dous pluses previstos no presente artigo, esto é, se devengará un ou o outro, dependendo do posto de traballo e a exposición habitual ás circusntancias de traballo que determinan o cobro dun o de outro plus, pero non os dous simultáneamente.

Pola sua natureza, os pluses previstos no presente artigo deixarán de aboarse en tódolos casos cando desaparezcan as circunstancias causantes e se dote ás persoas traballadoras das medidas de protección individual ou colectivas que eviten o risco, ou cando deixe de traballarse nesas condicións. Entenderase como medidas que eviten o risco as que supoñan que a persoa traballadora non sufra as baixas temperaturas da cámara, como é o caso de cabinas climatizadas en carretillas, sen que a mera entrega de roupa de abrigo poida ser considerada como medida de protección suficiente.

As cuantías previstas no presente artigo poderán ser obxeto de compensación e absorcion con outros conceptos que viñera cobrando a persoa traballadora en función da penosidade do traballo polas baixas temperaturas das cámaras e que estean reflexados na nómina do traballador/a como plus de frío ou calquera outro de simliar natureza.

En canto ao tempo de permanencia nas cámaras de conxelación, será de aplicación en todo caso o establecido no Real Decreto 1561/1995, de 21 de setembro.

ARTIGO 22º: PLUS DE QUEBRANTO DE MOEDA.

Aquelas persoas traballadoras que fagan cobros ou recaudación por conta da empresa, responsabilizándose do resultado de tales operacións, percibirán un plus de quebranto de moeda cuxo importe será, dende novembro de 2019, de 24,09 euros mensuais. O importe do plus de quebranto de moeda será, para o ano 2020, de 24,40 euros mensuais.

No ano 2021 o importe do plus de quebranto de moeda será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidade á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2021.

No ano 2022 o importe do plus de quebranto de moeda será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidade á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2022.

ARTIGO 23º: AXUDAS DE CUSTO.

A contía das axudas de custo queda establecida a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nas cantidades que seguidamente se relacionan:

-Destacamento, 42,41 euros.

-España e Portugal, 49,11 euros.

-Resto de Europa, 61,00 euros.

A dieta de destacamento entrará en vigor cando a persoa traballadora leve, como mínimo, 15 días de permanencia na mesma praza.

No ano 2021 o importe das axudas de custo será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidade á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2021, sendo exigible dende a publicación de tales acordos.

No ano 2022 o importe das axudas de custo será o resultado de aplicar o incremento salarial previsto para tal anualidade á contía vixente para a anualidade anterior, plasmándose dito importe no correspondente acordo de sinatura das táboas salariais para o ano 2022, sendo exigible dende a publicación de tales acordos.

As persoas traballadoras sen dereito ao cobro de axuda de custo completa que teñan que xantar fora do seu domicilio como consecuencia do desenvolvemento do traballo ou que cheguen á praza do seu centro de traballo ou domicilio despois das 15:00 horas terán dereito ó cobro de axuda de custo polo xantar no importe, a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, de 10,83 euros.

As persoas traballadoras sen dereito ó cobro de axuda de custo completa que teñan que cear fora do seu domicilio como consecuencia do desenvolvemento do traballo ou que cheguen á praza do seu centro de traballo ou domicilio despois das 22:00 horas terán dereito ó cobro de axuda de custo pola cea no importe, a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, de 10,83 euros.

As persoas traballadoras sen dereito ó cobro de axuda de custo completa que teñan que almorzar fora do seu domicilio como consecuencia do desenvolvemento do traballo ou que saian da praza do seu centro de traballo ou domicilio antes das 7:00 horas terán dereito ó cobro de axuda de custo por almorzo no importe, a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, de 3,61 euros.

ARTIGO 24º: CLÁUSULA DE INAPLICACIÓN SALARIAL.

Para a regulación do descolgue salarial estarase ao disposto no Estatuto dos Traballadores. Se durante a vixencia do convenio prodúcese algunha modificación nesta norma, o descolgue salarial axustarase ao preceptuado legalmente.

CAPITULO IV. ACCIÓN SOCIAL.

ARTIGO 25º: INCAPACIDADE TEMPORAL DERIVADA DE ACCIDENTE DE TRABALLO E INCAPACIDADE TEMPORAL CON HOSPITALIZACION.

As empresa, no caso de Incapacidade Temporal, completarán a prestación económica da Seguridade Social ata o 100% do salario regulador da prestación de I.T. nos seguintes supostos:

1. Incapacidade Temporal derivada de accidente de traballo: mentras dure a situación de I.T.

2. Incapacidade Temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral que motive hospitalización: polo período de duración da hospitalización.

3. Incapacidade Temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral tras intervención quirúrxica ou postoperatorio: por un período máximo de 15 días a contar dende a intervención.

4. Incapacide Temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral: a partires do día 20 da baixa e durante un período máximo de 3 meses. O complemento, neste caso, só podrá percibirse unha vez ó ano.

A partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, nos supostos nos que teña lugar nun único proceso de Incapacidade Temporal o complemento tras intervención quirúrxica ou postoperatorio do número 3 do presente artigo e o complemento por I.T. derivada de enfermidade común ou accidente non laboral a partires do día 20 da baixa do número 4 do presente artigo que se percibe unha vez ao ano, de xeito que entre unha e outra medien días sen complemento, operará o complemento nos días intermedios.

Cando, a xuizo da empresa, existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade, poderá requerir ao traballador/a para que se someta a recoñecemento do/a facultativo/a que a empresa designe, sendo a cargo desta os gastos que se orixinen por tal motivo.

Aos efectos do previsto neste artigo, enténdese por salario regulador da prestación de IT a totalidade das retribucións correspondentes ao mes anterior á baixa cotizables á Seguridade Social, incluidas as pagas extraordinarias. Con relación ás pagas extraordinarias, no caso abono prorrateado das mesmas mes a mes o complemento mensual de IT haberá de incluir en todo caso o prorrateo das pagas extras; no caso de abono das pagas extras de xeito non prorrateado, o complemento de IT sobre as pagas extras poderá facerse no momento de devengo das pagas extraordinarias ou no complemento mensual.

ARTIGO 26º: SEGURO DE INVALIDEZ OU MORTE.

As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste Convenio contratarán unha póliza de seguros con primas íntegras ó seu cargo, para tódolas persoas traballadoras, que cubrirán os riscos de morte e invalidez permanente (graos de total, absoluta e grande invalidez) derivados de accidente de traballo, incluído “in itinere”.

As contías serán as seguintes:

– Morte do traballador/a, 39.000 euros.

– Invalidez permanente, 39.000 euros.

No caso de falecemento da persoa traballadora, cobrará o seguro a persoa que designe o traballador/a no seu testamento ou, de non existir este, os seus herdeiros legais.

Queda en todo caso excluida a aplicación do disposto nos parágrafos anteriores para os supostos riscos consecuencia da comisión de delitos dolosos, riscos provocados intencionadamente polo/a asegurado ou beneficiario/a da póliza e riscos consecuencia de accidentes sufridos polo/a asegurado/a que se encontre en estado de embriaguez ou baixo os efectos de drogas tóxicas, estupefacientes ou psicotrópicos.

ARTIGO 27º: PREMIO DE CONSTANCIA.

As persoas traballadoras que, con 10 anos como mínimo de antigüidade na empresa, decidan voluntariamente xubilarse anticipadamente e sempre e cando exista acordo previo entre a persoa traballadora e a empresa, terán dereito ó disfrute de vacacións retribuidas na duración que seguidamente se relaciona:

– Aos 60 anos de idade, 10 mensualidades.

– Aos 61 anos de idade, 9 mensualidades.

– Aos 62 anos de idade, 7 mensualidades.

– Aos 63 anos de idade, 6 mensualidades.

– Aos 64 anos de idade, 4 mensualidades.

A solicitude de xubilación anticipada deberá efectuala a persoa traballadora ca suficiente antelación.

Ao cumprir os 65 anos de idade, a xubilación será obrigatoria para a persoa traballadora, sempre e cando reúna o período de carencia necesario para acceder á correpondente prestación.

ARTIGO 28º: PLANES DE XUBILACIÓNS PARCIAIS

28.1. Ao amparo do previsto no artigo 8 do Real Decreto-Lei 5/2013, de 15 de marzo, establécese un Plan de Xubilacións Parciais para as persoas traballadoras incluidas no ámbito de aplicación do presente Convenio nacidos/as ata o 31 de decembro de 1957, cuias condicións de incorporación á xubilación parcial serán as vixentes con anterioridade á entrada en vigor da Lei 27/2011 -regulación anterior ao 1 de xaneiro de 2013- ca simultánea celebración dun contrato de relevo.

28.2. De conformidade co establecido no artigo 86.1 do Estatuto dos Traballadores, que posibilita que as partes negociadoras dos convenios colectivos establezan a duración dos convenios podendo pactarse distintos períodos de vixencia para cada materia, o Plan de Xubilacións Parciais previsto neste artigo terá vixencia dende a súa sinatura en 26 de marzo de 2013 ata o 31 de decembro de 2018 inclusive, salvo que con anterioridade teña lugar modificación legal que afecte a súa regulación ou modificació da regulación prevista no presente Convenio.

28.3. Para acceder á xubilación parcial confome ao presente Plan de Xubilacións Parciais, a persoa traballadora interesada deberá dirixir a oportuna solicitude á dirección da súa empresa cunha antelación mínima de tres meses á data na que pretenda acceder á xubilación parcial.

A empresa receptora da solicitude, tras estudiar de boa fe a solicitud ca vista posta nun acordo, tendo en conta a situación da empresa nese momento, no caso de considerar pertinente a solicitude, acordará coa persoa traballadora o acceso á situación de xubilación parcial de conformidade co presente Plan de Xubilacións Parciais.

28.4. Con carácter xeral o acceso á xubilación parcial ao amparo do presente Plan haberá de ter lugar ca reducción máxima da xornada que permite a normativa vixente con anterioridade á entrada en vigor da Lei 27/2011 [75%], salvo que medie acordo entre empresa e a persoa traballadora en orden á aplicación dun porcentaxe menor ou maior de reduccción de xornada, dentro dos límites permitidos por tal normativa.

28.5. Con carácter xeral a parte da xornada que subsista para a persoa traballadora parcialmente xubilada ao amparo do presente Plan se acumulará anualmente a xornadas completas, sexa nun único prazo ou en varios prazos temporais, salvo que medie acordo entre empresa e persoa traballadora noutro senso.

28.6. A persoa traballadora xubilada parcialmente percibirá a parte proporcional do salario que corresponda en función da xornada traballada, remuneración que percibirá de xeito mensual con independencia da acumulación da xornada en xornadas completas.

28.7. A persoa traballadora xubilada parcialmente ao amparo do presente Plan estará obrigado a solicitar a xubilación ordinaria ao cumplir a idade de xubilación ordinaria prevista no artigo 161.1.a) e na Disposición Transitoria Vigésima da Lei Xeral da Seguridade Social, data na que quedará extinguida a súa relación contractual ca empresa pasando a situación de xubilado total a todos os efectos.

CAPITULO V. CONTRATACIÓN.

ARTIGO 29º: COMPROMISO DE EMPREGO ESTABLE.

Co fin de acadar unha maior estabilidade no emprego, as partes asinantes acordan fomentar a contratación indefinida, establecendo un cadro de persoal fixo mínimo nas empresas de máis de tres persoas traballadoras do 45% do cadro de persoal total.

Aos efectos do cálculo do cadro de persoal fixo das empresas, tomaráse en conta a media dos últimos 24 meses.

Exceptúanse do previsto neste artigo as empresas de nova creación e as empresa que, durante a vixencia do Convenio, incrementen o seu cadro de persoal total de xeito significativo, entendéndose que ten lugar incremento significativo cando incrementen o número de persoas traballadoras da empresa a lo menos nun 30%.

As empresas ás que se fai referencia no parágrafo anterior, disporán dun período de carencia de dous anos para o cumprimento do cadro de persoal fixo mínimo de xeito que, ao cumprirse tres anos, ben dende a creación da empresa, ben dende o incremento significativo do emprego, ditas empresas haberán de cumprir o establecido no presente artigo tomándose como referencia a media do cadro de persoal fixo dos últimos 12 meses.

ARTIGO 30º: MODALIDADES DE CONTRATACIÓN.

Contrato en prácticas.

O contrato de traballo en prácticas, que poderá celebrarse con persoas traballadoras en posesión de titulación universitaria ou formación profesional de grado medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, terá por finalidade facilitar a práctica profesional das persoas traballadoras para perfeccionar os seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

Dito contrato non poderá ter unha duración inferior a seis meses nin exceder de dous anos.

Contrato para a formación.

O contrato de traballo para a formación, que poderá celebrarse con persoas traballadoras con idade superior ós 16 anos e inferior ós 21 anos, salvo as excepcións previstas na lexislación, terá por finalidade a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño axeitado dun oficio ou posto de traballo cualificado.

Dito contrato non poderá ter unha duración inferior a seis meses nin exceder de dous anos e necesariamente o tempo adicado a formación teórica non poderá ser inferior ó 15% da xornada máxima.

Contrato de relevo.

O contrato de traballo de relevo, que poderá celebrarse con persoas traballadoras desempregadas o que tiveran concertado ca empresa un contrato de duración determinada, se concertará para sustituir a xornada de traballo deixada vacante pola persoa traballadora que se xubila parcialmente.

A duración do contrato, no caso de xubilación parcial da idade ordinaria de xubilación, terá que ser indefinida ou como mínimo polo tempo que falte á persoa traballadora sustituida para alcanzar a idade ordinaria de xubilación. No caso de xubilación parcial despois de cumprir a idade ordinaria de xubilación, a duración do contrato terá que ser indefinida ou anual.

Contrato de duración determinada regulado no artigo 15.1.b) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.

Estes contratos poderán celebrarse cunha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses.

CAPITULO VI. DEREITOS SINDICAIS.

ARTIGO 31º: DEREITOS SINDICAIS.

As empresas poderán deducir, a través das nóminas, as cotas correspondentes ós/ás afiliados/as ás centrais sindicais que corresponda. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa. Os importes retidos serán entregados á persoa ou entidade que designe a central sindical correspondente.

ARTIGO 32º: GARANTÍAS SINDICAIS.

Membros de Comités de Empresa ou Delegados de Persoal Ningún membro do Comité de Empresa ou Delegado/a de Persoal poderá ser despedido/a ou sancionado/a durante o exercicio das suas funcións nin dentro do ano seguinte, no seu caso, do remate do seu mandato, salvo que esta se produza por revocación ou demisión, e sempre que o despedimento ou sanción se basee na actuación da persoa traballadora no exercicio legal da súa representación.

Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedeceran a outra causa, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, aparte do interesado/a, o Comité de Empresa ou Delegado Sindical, no suposto de que estea recoñecido/a como tal na empresa.

Os membros de Comités de Empresa ou Delegados/as de Persoal non poderán ser discriminados/as na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da sua representación.

Os/as representantes legais das persoas traballadoras poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa, exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente ó efecto.

Os membros de Comités de Empresa ou Delegados/as de Persoal disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Sen rebasa-lo máximo legal, poderán ser consumidas horas retribuídas de que dispoñen os membros de Comités de Empresa ou Delegados/as de Persoal, co fin de preve-la asistencia a cursos de formación organizados polos sindicatos.

Delegados/as de Prevención Os Delegados/as de Prevención, en tanto que representantes legais das persoas traballadoras con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo, haberán de ser provistos/as pola empresa da formación que precisen para realizar a súas funcións, tendo a consideración de tempo efectivo de traballo, sen imputación ó crédito horario que lles corresponda en tanto que representantes das persoas traballadoras, o tempo adicado a esta formación.

Igualmente terá a consideración de tempo efectivo de traballo, sen imputación ó citado crédito horario, o adicado a acompañamento de técnicos na evaluación de carácter preventivo; o acompañamento a inspectores/as de traballo nas visitas de verificación en materia de prevención; o tempo no que o/a empresario/a informe ó/á Delegado/a dos danos producidos na saúde das persoas traballadoras; as reunións do comité de seguridade e saúde; e as reunións convocadas polo/a empresario/a en materia de prevención de riscos laborais.

ARTIGO 33º: TABOEIRO DE ANUNCIOS.

Tódalas empresas afectadas por este Convenio facilitarán ás persoas traballadoras un taboleiro de anuncios. A utilización do mesmo estará circunscrita a temas de carácter laboral ou sindical, entendidos amplamente. O taboleiro de anuncios poderá ser empregado tamén polas empresas para a inclusión de calquera anuncio ou comunicación que consideren de interese.

CAPITULO VII. DISPOSICIÓNS VARIAS.

ARTIGO 34º: IGUALDADE E CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL.

As partes asinantes do presente Convenio consideran esencial o fomento da armonización ou conciliación da vida familiar e laboral e promover a igualdade de oportunidades e trato entre homes e mulleres.

Consecuentemente co anterior, no ámbito do presente Convenio non haberá lugar a discriminación algunha por razón de sexo, relixión, raza, etc., sendo reprimidas tales conductas de conformidade ca lexislación vixente.

En todo caso, en materia de igualdade de trato e oportunidades e en materia de medidas e planes de igualdade, estarase ao regulado no artigo 51 do Acordo Xeral de Empresas de Transporte de Mercaderías por Estrada [BOE de 29 de marzo de 2012].

Do mesmo xeito, no ámbito do presente Convenio, se velerá polo máximo respeto á dignidade da persoa traballadora, coidando especialmente que non teñan lugar conductas de acoso moral ou sexual ou vexación de calquera tipo, sendo reprimidas tales conductas de conformidade ca lexislación vixente.

Maternidade.

De conformidade co establecido na lexislación, nos supostos de nacemento de fillo/a, adopción e garda con fins de adopción ou acollemento, a traballadora terá dereito a un descanso de 16 semanas ininterrumpidas ampliables, no caso de nacemento, adopción ou acollemento múltiple, a 2 semanas mais por cada fillo/a a partires do segundo. Este descanso será distribuido pola interesada sempre que 6 semanas se disfruten inmediatamente despois do parto.

A suspensión por maternidade poderá ser disfrutada pola nai ou polo pai nos termos establecidos na lexislación.

Esta suspensión poderá ser disfrutada en réxime de xornada parcial previo acordo entre empresario/a e persoa traballadora e dará dereito ó cobro do subsidio ou prestación económica por maternidade, a abonar polo INSS nos termos legalmente previstos.

Paternidade.

De conformidade co establecido na lexislación, nos supostos de nacemento de fillo/a, adopción ou acollemento, o traballador terá dereito a un descanso na duración que a normativa laboral estableza en cada momento.

Esta suspensión, que é independente do disfrute compartido dos períodos de descanso por maternidade, poderá ser disfrutada en réxime de xornada parcial previo acordo entre empresario/a e traballador e dará dereito ao cobro do subsidio ou prestación económica por paternidade, a abonar polo INSS nos termos legalmente previstos.

Lactancia.

Nos supostos de nacemento, adoptación e garda con fins de adopción ou acollemento, as persoas traballadoras terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións, para o coidado do/da lactante ata que cumpra nove meses. O persoal poderá sustituir este dereito, pola súa vontade, por unha reducción da xornada en media hora coa mesma finalidade ou, a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, acumulalo en 12 xornadas completas de traballo á finalización da suspensión do contrato por nacemento de fillo/a, adopción ou garda con fins de adopción ou acollemento.

Excedencia por cuidado de menores e parentes.

As persoas traballadoras terán dereito a disfrutar de excedencia para o coidado de fillos/as, tanto o sexan por natureza como adopivos/as ou nos supostos de acollemento, excedencia cuia duración máxima será de 3 anos a contar dende a data de nacemento do/a fillo/a ou, no seu caso, da resolución administrativa ou xudicial. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar este dereito.

As persoas traballadoras terán igualmente dereito a disfrutar de excedencia, cuia duración máxima será de 2 anos, para atender ó coidado dun/dunha parente ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poda valerse por si mesmo/a sempre que non desempeñe actividade retribuida.

En tales supostos a persoa traballadora terá dereito, durante o primeiro ano de excedencia, á reserva do seu posto de traballo e, durante o resto da excedencia, dereito á reserva dun posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente, sendo todo o período de excedencia computable ós efectos de antigüedade.

As excedencias contempladas no presente apartado poderán disfrutarse de xeito fraccionado e constituen un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous o máis persoas traballadoras da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeto causante, o/a empresario/a poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

ARTIGO 35º: CARNÉ DE CONDUCIR.

Os conductores/as e quen, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta da mesma, se lles retire o seu permiso de conducción por tempo non superior a 6 meses, serán acoplados/as este tempo a outro traballo, aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgún dos servicios de que dispoña a empresa, e seguirá percibindo o salario correspondente á súa categoría.

Os conductores/as cunha antigüedade mínima de a lo menos un ano na empresa a quen, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta da mesma, se lles reitere o seu permiso de conducción por tempo superior a 6 meses, serán acoplados/as este tempo a outro traballo sempre que exista vacante na empresa que permita tal cambio e sempre que a persoa traballadora sancionada conte ca necesaria aptitude para o desempeño no posto de traballo vacante. En tal caso, a persoa traballadora percibirá o salario correspondente á categoría na que pase a prestar servicios.

No suposto do parágrafo anterior, de non existir vacante na empresa ou de non concurrir a necesaria aptitude por parte da persoa traballadora, ésta poderá solictar excedencia especial con reserva do seu posto de traballo.

Durante o tempo de excedencia a persoa traballadora queda eximida da súa obriga de traballar e a empresa da súa obriga de aboar salarios e cotizar á Seguridade Social, se ben o tempo de excedencia computará na súa totalidade ós efectos de cómputo da antigüedade.

Queda en todo caso excluida a aplicación do disposto nos parágrafos anteriores para os seguintes supostos:

1. Privación debida á comisión de delitos dolosos.

2. Privación debida á ingesta de bebidas alcohólicas ou estupefacientes.

3. Reincidencia, entendendo por tal que a persoa traballadora xa disfrutara con anterioridade dos beneficios previstos neste artigo (ben posto de traballo alternativo ben excedencia) nos últimos 24 meses.

Naqueles supostos nos que, operando os beneficios previstos neste artigo, a persoa traballadora teña pendente o disfrute de vacacións, as mesas se disfrutarán necesariamente durante o tempo de privación do permiso de conducción.

As empresas virán obrigadas a aboar o 50% do precio dos cursos de reciclaxe/reobtención do permiso de conducir ós conductores/as que, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa por orde e conta da mesma, se vexan privados de tal permiso. Enténdese que a privación é a estes efectos consecuencia da conducción dun vehículo da empresa cando a lo menos un 80% da perda de punto proveña de tal conducción.

Queda en todo caso excluida a aplicación do disposto no parágrafo anterior para os supostos de privación debida á comisión de delitos dolosos, á ingesta de bebidas alcohólicas ou estupefacientes ou no caso de reincidencia, entendendo por tal que a persoa traballadora xa disfrutara con anterioridade dos beneficios previstos no parágrafo anterior deste artigo nos últimos 24 meses.

ARTIGO 36º: MULTAS E SANCIÓNS.

Os conductores/as estarán obrigados a entregar á empresa o boletín de denuncia que, no seu caso, se expedira, con carácter xeral cando dean conta do viaxe ou servicio e sempre co tempo necesario para que a empresa poida facer uso do dereito a recorrer a sanción.

Aos efectos de deixar constancia do cumprimento desta obriga, a empresa lle entregará á persoa traballadora xusficante da entrega do boletín.

ARTIGO 37º: FORMACIÓN PROFESIONAL.

Comisión Paritaria Provincial As partes signatarias acordan constituír unha Comisión Paritaria Provincial Sectorial de Formación Profesional, integrada por dous representantes de CC.OO e un número igual de representantes das Asociacións asimesmo asinantes.

Serán funcións desta Comisión:

– Requirir das Administracións autonómicas competentes o recoñocemento desta Comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector de Transportes, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha , como nos que poidan programar en diante.

– Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a definir a organización e programación da mesma, tanto ocupacional como regulamentada (observatorio ocupacional).

– Elaborar planos formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais das persoas traballadoras técnicas, administrativas e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

– Cantas outras funcións a Comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da Formación Profesional no sector na provincia de Lugo.

Formación continua obligatoria A asistencia a cursos de formación continua obligatoria no ámbito do transporte de mercaderías por estrada, dirixidos a manter actualizados o coñecementos inicialmente exixidos, computará como tempo de traballo efectivo.

Aos efectos anteriores, enténdese por cursos obligatorios os impostos pola autoridade competente sen cuia superación non cabe desenvolver o traballo para o que a persoa traballadora fora contratada e para o que inicialmente estaba cualificada.

Ao respecto terase en conta o previsto no artigo 64 do Acordo Xeral de Empresas de Transporte de Mercaderías por Estrada, relativo a formación de reciclaxe dos/das conductores/as ou regulación que o sustituia.

Promoción profesional As persoas traballadoras terán dereito a disfrutar dos permisos non retribuidos necesarios para concurrir a exames para a obtención de títulos académicos ou profesionais.

ARTIGO 38: ROUPA DE TRABALLO.

Tódolas persoas traballadoras terán dereito a que as empresas lles provean da roupa de traballo e calzado de seguridade que resulte necesario en función do traballo a desenvolver e tendo en conta as cuestións de xénero ao efecto.

ARTIGO 39º.- SAÚDE LABORAL.

A Lei 31/1995, de 10 de novembro, estabrece e regula as normas que teñen que rexir nas empresas en materia de saúde laboral e seguridade no traballo, así como os dereitos e deberes dos empresarios/as e das persoas traballadoras e as competencias que, nesta materia, teñen os delegados/as de prevención e comités de seguridade e saúde.

Conforme a tal normativa, as persoas traballadoras teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde laboral, que supón a existencia dun correlativo deber da empresa de protección das persoas traballadoras frente aos riscos laborais que se reflexa nunha acción preventiva planificada a partires da preceptiva avaliación de riscos que terá que realizarse tendo en conta a natureza da actividade, os posibles riscos especiais da mesma e outras especializades do transporte tal é a consideración da cabina do vehículo como lugar de traballo no caso dos traballadores/as móviles.

Nos termos establecidos na normativa vixente, as empresas garantirán ás persoas traballadoras ao seu servizo a vixiancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo, vixilancia que so poderá levarse a cabo cando a persoa traballadora preste o seu consentimento, coas excepcións que, no seu caso, acorde a Comisión Paritaria do Acordo Xeral para as empresas de transporte de mercadorías por estrada.

As persoas traballadoras e a representación do persoal deben contribuir á integración da prevención de riscos na súa empresa e colaborar na adopción e cumprimento das medidas preventivas a través dos dereitos de participación que lles recoñece a normativa vixente, participación que inclúe a consulta acerca da implantación e aplicación do plan de prevención de riscos laborais da empresa, a avaliación dos riscos e planificación e organización preventiva no seu caso, así como o acceso á documentación correspondente.

Protección da muller embarazada.

A avaliación de riscos terá que comprender a natureza, grado e duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan incidir negativamente na saúde das traballadoras ou do feto. Se os resultados da avaliación revelaran un risco para a seguridade da saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo das traballadoras ou a lactancia, o/a empresario/a adoptará as medidas necesarias para evitar o risco a medio dunha adaptación das condicións de traballo da traballadora afectada. Se esto non fose suficiente, o/a empresario/a, previa consulta coa representación legal do persoal, ofertará á traballadora un posto de traballo ou unha función diferente acorde co seu estado.

Capacidade disminuida.

Aquelas persoas traballadoras ás que lles sexa recoñecida unha incapacidade permanente total terán preferencia para ocupar vacantes que se produzcan na empresa en postos acordes a súa capacidade, sempre que conten coa aptitude ou idoneidade necesarias para o novo posto. Exclúense deste suposto as vacantes que teñan lugar en postos de traballo que impliquen unha relación de especial confianza co/coa empresario/a, tal é o caso de xefaturas, encargado/a, xerente, etc.

En tales casos a persoa traballadora pasará a ocupar a categoría profesional que corresponda ás novas funcións e tarefas a realizar, percibindo a retribución correspondente a dita categoría.

Comisión de Saúde Laboral.

Créase no ámbito do presente Convenio a Comisión Provincial Sectorial de Saúde Laboral de Transporte de Mercadorías por Estrada, que terá carácter técnico-consultivo e que, no caso de decisión unánime dos seus membros, poderá chegar a acordos en materia de saúde laboral e prevención de riscos.

A Comisión á que se refire o presente Artigo terá carácter paritario e estará composta por tres membros da parte patronal e tres membros da central sindical CC.OO.

A Comisión reunirase cando o solicite calquera das entidades asinantes e, con carácter fixo, unha vez ó ano.

Ás reunións da Comisión poderán asistir, con voz pero sen voto, asesores das entidades asinantes.

ARTIGO 40º.- CLASIFICACIÓN PROFESIONAL.

O pesoal que preste os seus servicios nas empresas incluídas no ámbito de aplicación do presente Convenio se clasificarán conforme aos grupos profesionais regulados nos artigos 13 e seguintes do Acordo Xeral de Empresas de Transporte de Mercaderías por Estrada [BOE de 29 de marzo de 2012].

De conformidade con dito texto, o personal que preste servizos nas empresas incluidas no ámbito de aplicación do presente Convenio se clasificarán nos seguintes Grupos Profesionais:

Grupo I.- Persoal Superior e Técnico.

Se entende por tal o que, con propia iniciativa e dentro das normas dictadas pola Dirección o por os/as seus/suas superiores xerárquicos/as, exerce funcións de carácter técnico e/ou de mando e organización. Non se inclue a quenes, polas características dos seus contratos e/ou o desempeño do seu cometido, corresponda a calificación de “persoal de alta dirección”.

Grupo II.- Persoal Administrativo.

Se entende por tal o que, nas distintas dependencias ou servizos da empresa, realizan funcións de carácter administrativo, burocráticas e/ou de contabilidade, incluidas as persoas traballadoras con medios informáticos ou ofimáticos e os de facturación; están asimesmo comprendidas as funcións de mantemento, control e atención de carácter xeral non incluidas noutro grupo professional.

Grupo III.- Persoal de movimento.

Se entende por tal o que se adica ao movemento, clasificación e arrastre de mercadorías nas instalacións da empresa ou for a delas, incluido o mantemento de vehículos.

Grupo IV.- Persoal de Servizos Auxiliares.

Se entende por tal o que se adica a actividades auxiliaries da principal da empresa, tanto nas instalacións desta coma fora das mesmas.

Na táboa salarial anexa ao presente convenio se fai constar o Grupo Profesional ao que quedan adscritos os diferentes postos de traballo.

ARTIGO 41º.- SUBROGACIÓN DO PERSOAL NOS CONTRATOS COAS ADMINISTRACIÓNS E ENTES PÚBLICOS.

Ao obxecto de contribuir e garantir o principio de estabilidade no emprego, as partes conveñen en establecer, a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, unha cláusula de subrogación do persoal nos contratos coas administración e entes públicos suxeitos a licitación conforme a Lei de Contratos do Sector Público.

Conforme ao previsto no parágrafo anterior, se á finalización dun contrato público, pola causa que sexa, a empresa prestataria do servizo é sustituida nunha nova licitación por outra empresa que resulte adxudicataria do citado servizo, as persoas traballadoras da empresa cesante terán dereito a pasar á nova adxudicataria, quen se subrogará en todos os dereitos e obrigas derivadas das relacións laborais, coas limitacións e exclusións que a continuación se expoñen:

a) A subrogación só alcanzará ás persoas traballadoras da empresa cesante con contrato de calquera tipo en vigor á data de facerse efectiva a subrogación cunha antigüidade igual ou superior a seis meses na contrata, entendéndose a estes efectos que se reúne o requisito de antigüidade cando a persoa traballadora tivera prestado servizos á contrata con adicación plena durante os seis meses anteriores á subrogación, non aplicándose por tanto esta ás persoas traballadoras que estiveran vinculadas á empresa cesante en outras contratas ou servizos total ou parcialmente.

Aos efectos do cumprimento deste apartado, considérase que existe adicación plena aínda que a persoa traballadora prestase traballo en outras contratas ou servizos sempre que, en termos de xornada anual, estes últimos servizos non superen o 20% da xornada máxima ordinaria prevista no Convenio Colectivo para o período avaliado, contemplada proporcionalmente nos supostos de contratos a tempo parcial, nos derradeiros seis meses efectivamente traballados inmediatamente anteriores á data de vencemento da contrata que xera dereito á subrogación.

b) A subrogación tamén alcanzará ao persoal que, reunindo os requisitos establecidos no apartado anterior, estean incursos nalgunha das causas de suspensión do contrato previstas no artigo 45 do vixente Estatuto dos Traballadores así como ás persoas traballadoras que estiveran contratados/as para sustituir a aqueles/as a medio de contrato de interinidade, non sendo de aplicación nestes derradeiros supostos -interinos/as-, o requisito de seis meses de antigüidade previsto no apartado anterior.

c) A subrogación tambén alcanzará ao personal que, reunindo os requisitos establecidos no apartado a), estén en situación de xubilación parcial así como ás persoas traballadoras que estiveran contratados/as para sustituir a xornada de xubilación parcial a medio de contrato de relevo, non sendo de aplicación neste derradeiros supostos -relevistas- o requisito de seis meses de antigüidade previsto no apartado a).

d) A natureza temporal, no seu caso, dos contratos do persoal subrogable non se desvirtuará polo feito de que opere a subrogación, polo que se extinguirán na data pactada nos mesmos.

e) Para facer efectiva a subrogación, a nova empresa adxudicataria comunicará á empresa saínte, de xeito fidedigno, ser a nova adxudicataria.

f) A súa vez, a empresa saínte virá obrigada a comunicar á empresa entrante ou nova adxudicataria o seu cesamento na contrata, así como a relación nominal do persoal que ten que ser subrogado de conformidade co presente artigo. A estes efectos a empresa saínte entregará á empresa entrante ou nova adxudicataria, no prazo máximo de 5 días laborais a contar dende que teña coñecemento da nova empresa adxudicataria, a seguinte documentación:

Relación completa do persoal ao que alcanza o dereito de subrogación.

Copia dos contratos individuais e, no seu caso, prórrogas, das persoas traballadoras ás que alcanza o dereito de subrogación.

Copia das nóminas dos derradeiros seis meses das persoas traballadoras aos que alcanza o dereito de subrogación, así como a liquidación de haberes destes/as.

Certificado de estar ao corrente no pago de cotas á Seguridade Social.

Copia dos TC2 dos derradeiros seis meses.

No seu caso, copia dos pactos de empresa subscritos coa representación legal das persoas traballadoras, debidamente rexistrados. Estes pactos serán de obrigado cumprimento para a empresa entrante sempre que se subscribisen con seis meses de antelación, esixíndose o mesmo requisito de antigüidade para o respecto ás melloras ou condicións mais beneficiosas das establecidas no presente Convenio Colectivo.

g) A empresa saínte será a única responsable do pago de salarios e cotas de Seguridade Social correspondentes ao período de tempo no que as persoas traballadoras subrogadas estiveran ao seu servizo.

ARTIGO 42º.- RÉXIME DICIPLINARIO.

Na procura de manter un ambiente laboral respetuoso coa normal convivencia, ordeación técnica e organización da empresa, a dirección desta poderá sancionar as accións ou omisións culpables das persoas traballadoras que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais de acordo coa graduación de faltas, procedemento e sancións previstas no Acordo Xeral para as Empresas de Transporte de Mercadurías por Estrada vixente en cada momento.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS.

Única.- As partes asinantes comprométense a reunila Comisión Paritaria do Convenio para o caso de que se produza unha modificación na regulación dos tempos de conducción e descanso e que esta entre en vigor durante a vixencia do Convenio, elo co fin de analizar as modificacións que se produciran e a súa repercusión en materia de xornada.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS.

Primeira.- Aos efectos de evitar retrasos na publicación do Convenio no futuro, as partes asinantes comprométense a constitur a Comisión Negociadora do próximo Convenio entre o 1 e o 10 de Novembro de 2022.

Segunda.- Os atrasos aos que haxa lugar como consecuencia da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo faránse efectivos no prazo de dous meses dende dita publicación.

TÁBOA SALARIAL 2014-2018.

TÁBOA SALARIAL 2019.

TÁBOA SALARIAL 2020.

REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm. 082 – martes, 13 de abril de 2021)

Visto o texto do acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2021 en relación ao Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da provincia de Lugo, (Código 27000505011982), asinado o día 9 de marzo de 2021, pola representación empresarial e da central sindical CC.OO. (66,67%), como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 30 de marzo de 2021.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

ASISTENTES.

Pola parte empresarial.

ASOCIACIÓN DE TRANSPORTES DISCRECIONALES DE MERCANCÍAS POR CARRETERA [TRADIME].

JOSÉ MANUEL FLORES CASTRO D.N.I. nº 17.813.752E.

JOSÉ FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ D.N.I. nº 33.350.060Z.

AMADOR GARCÍA FERNÁNDEZ D.N.I. nº 33.992.368R.

JESÚS ANTONIO SUÁREZ OLIVER D.N.I. nº 33.994.257G.

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE AGENCIAS DE CARGA COMPLETA.

JOSÉ MANUEL ALONSO CASTRO D.N.I. nº 33.854.549K.

POLA PARTE SINDICAL CC.OO. (66,67%).

MANUEL PAZ FLORES D.N.I. nº 33.850.075D.

JOSÉ ANTONIO BRUZOS DÍAZ D.N.I. nº 33.317.073D.

GUILLERMO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ D.N.I. nº 33.541.354V.

MANUEL TRASHORRAS FERREIRO D.N.I. nº 33.306.220N.

JOSÉ RAÚL RODRÍGUEZ VILA D.N.I. nº 33.334.079H.

En Lugo, sendo as 12.00 horas da data 9 de marzo do 2021, reúnense na sede da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, 6-8, 2º.- Lugo] as persoas ao marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da Provincia de Lugo, adoptándose, logo dos debates oportunos, os seguintes

ACORDOS:

PRIMEIRO.- Aprobar a táboa salarial do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da Provincia de Lugo con vixencia dende o 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2021, para o que as partes contan coa capacidade legal necesaria e suficiente, segundo se acredita coa Acta de Constitución da Comisión Negociadora.

As partes asinantes acordan deixar sen efecto o pacto de incremento salarial para o ano 2021 (IPC real do ano anterior máis 0,5 puntos) toda vez que dito pacto daría lugar á conxelación dos salarios ao resultar negativo o IPC do ano 2020 en -0,5%, acordándose por unanimidade aplicar incremento consistente no 0,5% sobre as táboas salariais do ano 2020.

SEGUNDO.- O importe do ano 2021 do plus de traballo en festivos será de 55,16 euros por cada festivo traballado.

TERCEIRO.- O importe do ano 2021 do complemento persoal de idiomas será de 131,36 euros mensuais.

CUARTO.- O importe do ano 2021 do plus de traballo en plataformas loxísticas con cámaras de conxelación previsto no artigo 21 do Convenio será de 83,77 euros mensuais e o importe para o ano 2021 do plus de refrigerado previsto no mesmo artigo será de 27,93 euros mensuais.

QUINTO.- O importe do ano 2021 do plus de quebranto de moneda será de 24,52 euros mensuais.

SEXTO.- Os importes do ano 2021 das axudas de custo serán os que figuran a continuación, sendo exixible o abono de tales importes dende a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Destacamento: 42,62

España e Portugal: 49,36

Resto de Europa: 61,31

Pola súa banda, o importe do ano 2021 das axudas de custo polo xantar, pola cea e polo almorzó previstas no artigo 23 do Convenio serán de 10,88 euros, 10,88 euros e 3,63 euros, respectivamente (xantar, cea e almorzo), sendo exixible o abono de tales importes dende a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

SÉTIMO.- Remitir as táboas salariais anexas do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da Provincia de Lugo á autoridade laboral competente aos oportunos efectos legais.

OCTAVO.- Cumplimentar os datos estadísticos recollidos no modelo Folla Estadística de Convenios Colectivos de Sector.

NOVENO.- Os atrasos aos que haxa lugar como consecuencia dos incrementos do ano 2021 serán aboados aos traballadores dentro do mes seguinte á publicación da presente Acta, e táboa salarial anexa, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

DÉCIMO.- Aos efectos do rexistro e depósito das táboas salariais do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadoría por Estrada da Provincia de Lugo con vixencia dende o 1 de xaneiro de 2011 ao 31 de decembro de 2021 autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular do D.N.I. núm. 33.321.188F, responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscripción correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes, data de sinatura, ámbito persoal, funcional, territorial e temporal e actividades económicas cubertas e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscripción, de canta documentación sexa necesaria para a mesma.

E non habendo máis asuntos que tratar, asinan a presente Acta, en proba de conformidade, en lugar e data indicados no encabezamento.

Fdo.: José Manuel Flores Castro .

Fdo.: José Fernández Fernández .

Fdo.: Amador García Fernández.

Fdo.: Jesús A. Suárez Oliver .

Fdo.: José M. Alonso Castro .

Fdo.: Manuel Paz Flores.

Fdo.: José Antonio Bruzos Díaz .

Fdo.: Guillermo Fernández González .

Fdo.: Manuel Trashorras Ferreiro.

Fdo.: José Raúl Rodríguez Vila.

REVISIÓN SALARIAL (BOP N.º 085 – MÉRCORES, 13 DE ABRIL DE 2022)

Visto o texto do acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2022 en relación ao Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da provincia de Lugo, (Código 27000505011982), asinado o día 15 de febreiro de 2022, pola representación empresarial e da central sindical CC.OO. (66,67%), como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 6 de abril de 2022.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.

ACTA DE SINATURA E AUTORIZACIÓN REXISTRO. COMISIÓN NEGOCIADORA.

CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE LUGO.

ASISTENTES.

Pola parte empresarial.

Asociación de Transportes Discrecionales de Mercancías por Carretera [TRADIME].

JOSÉ MANUEL FLORES CASTRO D.N.I. nº 17.813.752E.

JOSÉ FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ D.N.I. nº 33.350.060Z.

AMADOR GARCÍA FERNÁNDEZ D.N.I. nº 33.992.368R.

JESÚS ANTONIO SUÁREZ OLIVER D.N.I. nº 33.994.257G.

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE AGENCIAS DE CARGA COMPLETA.

JOSÉ MANUEL ALONSO CASTRO D.N.I. nº 33.854.549K.

Pola parte sindical.

CC.OO. (66,67%).

MANUEL PAZ FLORES D.N.I. nº 33.850.075D.

JOSÉ ANTONIO BRUZOS DÍAZ D.N.I. nº 33.317.073D.

GUILLERMO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ D.N.I. nº 33.541.354V.

MANUEL TRASHORRAS FERREIRO D.N.I. nº 33.306.220N.

JOSÉ RAÚL RODRÍGUEZ VILA D.N.I. nº 33.334.079H.

En Lugo, sendo as 12.00 horas da data 15 de febreiro do 2022, reúnense na sede da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, 6-8, 2º.- Lugo] as persoas ao marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da Provincia de Lugo, adoptándose, logo dos debates oportunos, os seguintes

ACORDOS:

PRIMEIRO.- Aprobar a táboa salarial do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da Provincia de Lugo con vixencia dende o 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de decembro de 2022 conforme ao incremento salarial previsto para tal anualidade no artigo 14 do Convenio en vigor, para o que as partes contan coa capacidade legal necesaria e suficiente, segundo se acredita coa Acta de Constitución da Comisión Negociadora.

SEGUNDO.- O importe do ano 2022 do plus de traballo en festivos será de 59,16 euros por cada festivo traballado.

TERCEIRO.- O importe do ano 2022 do complemento persoal de idiomas será de 140,88 euros mensuais.

CUARTO.- O importe do ano 2022 do plus de traballo en plataformas loxísticas con cámaras de conxelación previsto no artigo 21 do Convenio será de 89,84 euros mensuais e o importe para o ano 2022 do plus de refrigerado previsto no mesmo artigo será de 29,95 euros mensuais.

QUINTO.- O importe do ano 2022 do plus de quebranto de moneda será de 26,30 euros mensuais.

SEXTO.- Os importes do ano 2022 das axudas de custo serán os que figuran a continuación, sendo exixible o abono de tales importes dende a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Destacamento: 45,71.

España e Portugal: 52,94.

Resto de Europa: 65,75.

Pola súa banda, o importe do ano 2022 das axudas de custo polo xantar, pola cea e polo almorzó previstas no artigo 23 do Convenio serán de 11,67 euros, 11,67 euros e 3,89 euros, respectivamente (xantar, cea e almorzo), sendo exixible o abono de tales importes dende a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

SÉTIMO.- Remitir as táboas salariais anexas do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da Provincia de Lugo á autoridade laboral competente aos oportunos efectos legais.

OCTAVO.- Cumplimentar os datos estadísticos recollidos no modelo Folla Estadística de Convenios Colectivos de Sector.

NOVENO.- Os atrasos aos que haxa lugar como consecuencia dos incrementos do ano 2022 serán aboados aos traballadores dentro dos dous meses seguintes á publicación da presente Acta, e táboa salarial anexa, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

DÉCIMO.- Aos efectos do rexistro e depósito das táboas salariais do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadoría por Estrada da Provincia de Lugo con vixencia dende o 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de decembro de 2022 autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular do D.N.I. núm. 33.321.188F, responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscripción correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes, data de sinatura, ámbito persoal, funcional, territorial e temporal e actividades económicas cubertas e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscripción, de canta documentación sexa necesaria para a mesma.

E non habendo máis asuntos que tratar, asinan a presente Acta, en proba de conformidade, en lugar e data indicados no encabezamento.

Las tablas puede mostrar años anteriores (comparar), desplaza hasta ver el año en curso

CONVENIO COLECTIVO DE TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA DE LUGO













CONVENIO COLECTIVO (BOP Núm. 123 - sábado, 30 de maio de 2020)













ARTIGO 9º: XORNADA



A xornada laboral será de 1816 horas de traballo efectivo en cómputo anual, ...











ARTIGO 17º: ANTIGÜIDADE



- 2 anos, 9,02 euros mensuais

- 4 anos, 18,03 euros mensuais

- 9 anos, 36,06 euros mensuais

- 14 anos, 54,09 euros mensuais

- 19 anos, 72,12 euros mensuais

- 24 anos, 90,15 euros mensuais

- 29 anos, 108,18 euros mensuais











ARTIGO 20º: PLUS DE PERIGOSIDADE



-Para as persoas traballadoras ao servicio da empresa á entrada en vigor do Convenio de transporte de mercadorías por estrada do ano 1993 ... 240,4 euros

-Para as persoas traballadoras que se contratasen a partires da entrada en vigor dese Convenio ... 240,4 euros no caso de que se contraten por tempo inferior a un ano.

Se a contratación é por tempo superior a un ano ou indefinida, 145,77 euros











REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm. 082 - martes, 13 de abril de 2021)








... ano 2021 do plus de traballo en festivos 55,16 euros por cada festivo traballado

... ano 2021 do complemento persoal de idiomas 131,36 euros mensuais

... ano 2021 do plus de traballo en plataformas loxísticas con cámaras de conxelación ... 83,77 euros mensuais ...

... ano 2021 do plus de refrigerado ... 27,93 euros mensuais

... ano 2021 do plus de quebranto de moneda 24,52 euros mensuais

... ano 2021 das axudas de custo ...



Destacamento: 42,62


España e Portugal: 49,36


Resto de Europa: 61,31


... ano 2021 das axudas de custo polo xantar, pola cea e polo almorzó ...




10,88 euros,


10,88 euros

e 3,63 euros, respectivamente ...











TÁBOA SALARIAL 2021. Vixencia dende o 01/01/2021








POSTO DE TRABALLO GRUPO PROF. SOLDO BASE PLUS CONVENIO RETRIBUC. ANUAL
PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR



Subgrupo A



Xefe de Servicio I 1.450,69 124,70 23.256,75
Inspector princial I 1.294,54 124,70 20.914,50
Subgrupo B



Enxeñeiro e Licenciado I 1.288,18 124,70 20.819,10
Enxeñeiro Técnico e Auxiliar Titulado I 1.078,45 124,70 17.673,15
Axudante Técnico Sanitario IV 1.001,39 124,70 16.517,25
PERSOAL ADMINISTRATIVO



Xefe de Sección I 1.110,76 124,70 18.157,80
Xefe de Negociado I 1.047,05 124,70 17.202,15
Oficial de 1ª II 981,91 124,70 16.225,05
Oficial de 2ª II 954,20 124,70 15.809,40
Auxiliar Administrativo II 954,20 124,70 15.809,40
PERSOAL DE AXENCIAS DE TRANSPORTE



Encargado Xeral I 1.144,63 124,70 18.665,85
Encargado de Almacén III 1.101,28 124,70 18.015,60
Capataz III 1.057,94 124,70 17.365,50
Auxiliar de Almacén e Báscula III 954,20 124,70 15.809,40
Mozo Especializado (día) III 31,85 124,70 15.988,15
Mozo Carga e Descarga e Reparto (día) III 31,85 124,70 15.988,15
PERSOAL DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS I


Xefe de Tráfico de 1ª I 1.144,63 124,70 18.665,85
Xefe de Tráfico de 2ª III 1.101,28 124,70 18.015,60
Xefe de Tráfico de 3ª III 1.057,94 124,70 17.365,50
Conductor Mecánico (día) III 34,24 124,70 17.075,60
Conductor (día) III 33,38 124,70 16.684,30
Conductor-Repartidor (día) III 34,24 124,70 17.075,60
Conductor Motocicleta e Furgoneta (día) III 32,39 124,70 16.233,85
Axudante (día) III 31,85 124,70 15.988,15
Mozo Especializado (día) III 31,85 124,70 15.988,15
Mozo (día) III 31,85 124,70 15.988,15
PERSOAL DE GARAXES E APARCAMENTOS



Encargado Xeral de 1ª I 1.144,63 124,70 18.665,85
Encargado Xeral de 2ª I 1.101,29 124,70 18.015,75
Encargado de Almacén III 1.057,94 124,70 17.365,50
Engraxador-Lavacoches (día) IV 31,85 124,70 15.988,15
Garda Caixeiro (día) IV 31,85 124,70 15.988,15
Garda de Noite e Día. Mozo (día) IV 31,85 124,70 15.988,15
PERSOAL DE ESTACIÓNS DE LAVADO E ENGRASE



Encargado de 1ª I 1.144,63 124,70 18.665,85
Encargado de 2ª I 1.101,29 124,70 18.015,75
Engraxador. Mozo de Servicio (día) IV 29,20 124,70 14.782,40
PERSOAL DE TRANSPORTE DE MOBLES, MUSANZAS E GARDAMOBLES



Xefe de Tráfico I 1.144,63 124,70 18.665,85
Inspector Visitador I 1.101,28 124,70 18.015,60
Encargado de almacén gardamobles. Capataz III 1.057,94 124,70 17.365,50
Mozo Espacilizado (día) III 32,04 124,70 16.074,60
Mozo (día) III 31,85 124,70 15.988,15
Carpinteiro (día) IV 33,02 124,70 16.520,50
Conductor Mecánico (día) III 34,24 124,70 17.075,60
Conductor (día) III 33,36 124,70 16.675,20
Conductor Furgoneta e Motocicleta (día) III 32,39 124,70 16.233,85
Capitonista (día) III 32,12 124,70 16.111,00
PERSOAL DE TALLERES



Xefe de Taller I 1.187,06 124,70 19.302,30
Encargado ou Contramestre I 1.062,77 124,70 17.437,95
Encargado Xeral I 1.025,85 124,70 16.884,15
Encargado de Almacén III 986,78 124,70 16.298,10
Xefe de Equipo (día) III 34,71 124,70 17.289,45
Oficial de 1ª (día) IV 33,83 124,70 16.889,05
Oficial de 2ª (día) IV 32,39 124,70 16.233,85
Oficial de 3ª. Mozo de Taller (día) IV 31,85 124,70 15.988,15
PERSOAL DE GRÚAS



Conductor Mecánico (día) III 44,43 124,70 21.712,05
Conductor Gruísta (día) III 40,88 124,70 20.096,80
Operador de Grúa (día) III 37,36 124,70 18.495,20
PERSOAL SUBALTERNO



Cobrador de Facturas, Telefonista, Porteiro e Vixiante IV 967,56 124,70 16.009,80
Limpadora (por horas) IV 12,73 124,70 7.288,55















REVISIÓN SALARIAL (BOP N.º 085 - MÉRCORES, 13 DE ABRIL DE 2022)








SEGUNDO.- O importe do ano 2022 do plus de traballo en festivos será de 59,16 euros por cada festivo traballado

TERCEIRO.- O importe do ano 2022 do complemento persoal de idiomas será de 140,88 euros mensuais

CUARTO.- O importe do ano 2022 do plus de traballo en plataformas loxísticas con cámaras de conxelación previsto no artigo 21 do Convenio será de 89,84 euros mensuais

e o importe para o ano 2022 do plus de refrigerado previsto no mesmo artigo será de 29,95 euros mensuais

QUINTO.- O importe do ano 2022 do plus de quebranto de moneda será de 26,3 euros mensuais

SEXTO.- Os importes do ano 2022 das axudas de custo ...



Destacamento: 45,71


España e Portugal: 52,94


Resto de Europa: 65,75


importe do ano 2022 das axudas de custo polo xantar, pola cea e polo almorzó ... 11,67 euros,


11,67 euros

e 3,89 euros, respectivamente (xantar, cea e almorzo)











TÁBOA SALARIAL 2022 CONVENIO TRANSPORTE MERCADORÍAS POR ESTRADA



Vixencia: Dende 01/01/2022








POSTO DE TRABALLO GRUPO PROF. SOLDO BASE PLUS CONVENIO RETRIBUC. ANUAL
PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR



Subgrupo A



Xefe de Servicio I 1.555,87 133,74 24.942,93
Inspector princial I 1.388,39 133,74 22.430,73
Subgrupo B



Enxeñeiro e Licenciado I 1.381,57 133,74 22.328,43
Enxeñeiro Técnico e Auxiliar Titulado I 1.156,64 133,74 18.954,48
Axudante Técnico Sanitario IV 1.073,99 133,74 17.714,73
PERSOAL ADMINISTRATIVO



Xefe de Sección I 1.191,29 133,74 19.474,23
Xefe de Negociado I 1.122,96 133,74 18.449,28
Oficial de 1ª II 1.053,10 133,74 17.401,38
Oficial de 2ª II 1.023,38 133,74 16.955,58
Auxiliar Administrativo II 1.023,38 133,74 16.955,58
PERSOAL DE AXENCIAS DE TRANSPORTE



Encargado Xeral I 1.227,62 133,74 20.019,18
Encargado de Almacén III 1.181,12 133,74 19.321,68
Capataz III 1.134,64 133,74 18.624,48
Auxiliar de Almacén e Báscula III 1.023,38 133,74 16.955,58
Mozo Especializado (día) III 34,16 133,74 17.147,68
Mozo Carga e Descarga e Reparto (día) III 34,16 133,74 17.147,68
PERSOAL DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS



Xefe de Tráfico de 1ª I 1.227,62 133,74 20.019,18
Xefe de Tráfico de 2ª III 1.181,12 133,74 19.321,68
Xefe de Tráfico de 3ª III 1.134,64 133,74 18.624,48
Conductor Mecánico (día) III 36,72 133,74 18.312,48
Conductor (día) III 35,80 133,74 17.893,88
Conductor-Repartidor (día) III 36,72 133,74 18.312,48
Conductor Motocicleta e Furgoneta (día) III 34,74 133,74 17.411,58
Axudante (día) III 34,16 133,74 17.147,68
Mozo Especializado (día) III 34,16 133,74 17.147,68
Mozo (día) III 34,16 133,74 17.147,68
PERSOAL DE GARAXES E APARCAMENTOS



Encargado Xeral de 1ª I 1.227,62 133,74 20.019,18
Encargado Xeral de 2ª I 1.181,13 133,74 19.321,83
Encargado de Almacén III 1.134,64 133,74 18.624,48
Engraxador-Lavacoches (día) IV 34,16 133,74 17.147,68
Garda Caixeiro (día) IV 34,16 133,74 17.147,68
Garda de Noite e Día. Mozo (día) IV 34,16 133,74 17.147,68
PERSOAL DE ESTACIÓNS DE LAVADO E ENGRASE



Encargado de 1ª I 1.227,62 133,74 20.019,18
Encargado de 2ª I 1.181,13 133,74 19.321,83
Engraxador. Mozo de Servicio (día) IV 31,32 133,74 15.855,48
PERSOAL DE TRANSPORTE DE MOBLES, MUDANZAS E GARDAMOBLES



Xefe de Tráfico I 1.227,62 133,74 20.019,18
Inspector Visitador I 1.181,12 133,74 19.321,68
Encargado de almacén gardamobles. Capataz III 1.134,64 133,74 18.624,48
Mozo Espacilizado (día) III 34,36 133,74 17.238,68
Mozo (día) III 34,16 133,74 17.147,68
Carpinteiro (día) IV 35,41 133,74 17.716,43
Conductor Mecánico (día) III 36,72 133,74 18.312,48
Conductor (día) III 35,78 133,74 17.884,78
Conductor Furgoneta e Motocicleta (día) III 34,74 133,74 17.411,58
Capitonista (día) III 34,45 133,74 17.279,63
PERSOAL DE TALLERES



Xefe de Taller I 1.273,12 133,74 20.701,68
Encargado ou Contramestre I 1.139,82 133,74 18.702,18
Encargado Xeral I 1.100,22 133,74 18.108,18
Encargado de Almacén III 1.058,32 133,74 17.479,68
Xefe de Equipo (día) III 37,23 133,74 18.544,53
Oficial de 1ª (día) IV 36,28 133,74 18.112,28
Oficial de 2ª (día) IV 34,74 133,74 17.411,58
Oficial de 3ª. Mozo de Taller (día) IV 34,16 133,74 17.147,68
PERSOAL DE GRÚAS



Conductor Mecánico (día) III 47,65 133,74 23.285,63
Conductor Gruísta (día) III 43,84 133,74 21.552,08
Operador de Grúa (día) III 40,07 133,74 19.836,73
PERSOAL SUBALTERNO



Cobrador de Facturas, Telefonista, Porteiro e Vixiante IV 1.037,71 133,74 17.170,53
Limpadora (por horas) IV 13,65 133,74 7.815,63