Convenio Colectivo de Servicios de Ayuda a Domicilio de La Coruña

Características

.

SOLICITUD DE EXTENSIÓN (BOP de 25 de junio de 1999)

s

SOLICITUD DE EXTENSIÓN (BOP de 25 de junio de 1999)

.

.

  Solicitada, a instancia de dona María Carmen Brea Iglesias, en representación da Unión Xeral de Traballadores, a extensión do convenio colectivo provincial do sector de servicios de axuda a domicilio da provincia de Valladolid, publicado no BOP de Valladolid do 28 de decembro de 1998, ós mesmos traballadores do sector empregados na provincia da Coruña, faise público para xeral coñecemento a iniciación do oportuno expediente dado que segundo a documentación achegada non consta a existencia de asociacións empresariais lexitimadas para integra-la Comisión negociadora dun eventual convenio de dito sector.

  En consecuencia, ó abeiro do disposto no Real Decreto 572/1982, do 5 de marzo, polo que se desenvolve o artigo 92.2 do Estatuto dos Traballadores sobre extensión de Convenios colectivos, esta Delegación Provincial acorda conceder un prazo de dez días a partir do seguinte ó da publicación deste acordo no Boletín Oficial da provincia, para que todo los que se consideren lexitimados para formar parte da devandita comisión negociadora poidan acreditalo nesta Delegación Provincial, sita en Fernando Macías, 18-1º, A Coruña, onde poderán examina-lo expediente en días hábiles, de luns a venres e de nove a catorce horas.

  Por outra banda, os que consideren que teñen intereses lexítimos no expediente que se tramita, poderán formular toda las alegacións que estimen convenientes no prazo de dez días indicado no parágrafo anterior, ante esta Delegación Provincial.

.