Convenio Colectivo Oficinas y despachos de Pontevedra

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
2009/01/01 - 2012/12/31

Duración: CUATRO AÑOS

Publicación:

2009/03/10

BOP 47

Ámbito: Provincial
Área: Pontevedra
Código: 36001005011983
Actualizacion: 2009/03/10
Convenio Colectivo Oficinas y Despachos. Última actualización a: 10-03-2009 Vigencia de: 01-01-2009 a 31-12-2012. Duración CUATRO AÑOS. Última publicación en BOP 47.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

CONVENIO COLECTIVO (BOP Nº 47 – Martes 10 marzo 2009)

Visto o texto do convenio colectivo do sector de, OFICINAS E DESPACHOS, con nº de código 3601005, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 22-12-2008, subscrito en representación da parte económica polo Sector das Empresas de Oficinas e Despachos da representación empresarial sectorial, e, da parte social, polas centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO., en data 19-12-2008, e de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial, ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE OFICINAS E DESPACHOS PROVINCIA DE PONTEVEDRA

CAPÍTULO I UNIDADES DE NEGOCIACIÓN

ARTIGO 1º.-PARTES CONCERTANTES

A Comisión Negociadora do Convenio que se subscribe está integrada por parte empresarial, polo Sector das Empresas de Oficinas e Despachos da representación empresarial sectorial de Pontevedra e, por parte dos Traballadores, polas Centrais Sindicais, Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión General de Trabajadores (UGT) e Comisiones Obreras (CCOO).

Ámbalas dúas partes recoñécense como interlocutores válidos con lexitimación suficiente para a negociación do presente Convenio, de acordo co que establece o Título III do vixente texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

CAPÍTULO II ÁMBITOS, VIXENCIA E DENUNCIA

ARTIGO 2º.-ÁMBITO PERSOAL

Rexeranse polo presente Convenio a totalidade dos traballadores e traballadoras que, na actualidade ou no sucesivo, presten os seus servizos nas empresas reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito territorial.

ARTIGO 3º.-ÁMBITO FUNCIONAL

O presente Convenio establece e regula as normas polas que se han de rexer as condicións de traballo nas empresas encadradas na actividade de Oficinas e Despachos.

ARTIGO 4º.-ÁMBITO TERRITORIAL

As normas do presente Convenio serán de aplicación en toda a provincia de Pontevedra.

ARTIGO 5º.-ÁMBITO TEMPORAL – VIXENCIA

O presente Convenio terá unha vixencia de catro anos, con efectos de 1 de xaneiro de 2009 ao 31 de decembro de 2012.

Entenderase prorrogado tacitamente por anualidades naturais de non mediar denuncia expresa das partes.

ARTIGO 6º.-DENUNCIA

Calquera das partes poderá denunciar o Convenio, comunicando á outra parte e á autoridade laboral, con tres meses de antelación, como mínimo, a data de expiración da súa vixencia.

CAPÍTULO III REPRESENTACIÓN DAS PARTES NEGOCIADORAS

ARTIGO 7º.-COMISIÓN PARITARIA

Acórdase establecer unha Comisión Paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia do pactado no presente Convenio.

Esta Comisión estará formada, por acordo das partes, polas representacións económica e social que deliberaron o mesmo, e que figuran como asinantes do presente Convenio. Aos sós efectos de notificacións, sinálanse os seguintes enderezos:

Pola representación económica:

– Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, na Avda. García Barbón 104-1º, de 36201 VIGO.

Pola representación social:

– Confederación Intersindical Galega (CIG), na rúa Gregorio Espino 47-entrechán, de 36205 VIGO.

– Unión General de Trabajadores (UGT), na Avda. García Barbón 65, de 36201 VIGO.

– Unión Sindical de Comisiones Obreras (CCOO), na rúa As Teixugueiras 11, entrechán – Navia, de 36212 VIGO.

Así mesmo, establécese no seo desta Comisión Paritaria unha comisión de estudo ao fin de preservar ás empresas dun nivel elevado de absentismo laboral, habilitando a estes efectos, en caso de acordo futuro, á propia Comisión Paritaria con capacidade de negociación colectiva.

CAPÍTULO IV TEMPO DE TRABALLO

ARTIGO 8º.-XORNADA DE TRABALLO

A xornada de traballo distribuirase da seguinte maneira:

a) Xornada de inverno: 39 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada partida e a posibilidade de que sexa intensiva o venres, sendo diferida a aplicación obrigatoria da xornada referida aos venres ata o 1 de outubro de 2010.

As empresas que teñan establecida unha xornada continuada durante todo o ano, respectarana como condición máis beneficiosa, distribuíndoa de luns a sábado.

b) Xornada de verán: 35 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada intensiva ou continuada. A partir do ano 2009, este réxime de xornada levarase a cabo dende o 15 de xuño ao 30 de setembro, ambos inclusive. A partir do ano 2011, será dende o 1 de xuño ao 30 de setembro, ambos inclusive.

c) Cando a xornada diaria continuada exceda de 6 horas, deberá establecerse un período de descanso de quince minutos. Este período de descanso considerarase tempo de traballo efectivo.

Establécense como días festivos a todos os efectos os días 24 e 31 de decembro de cada ano, e o serán do día 5 de xaneiro.

ARTIGO 9º.-PERMISOS RETRIBUÍDOS

Aos traballadores e traballadoras interesados/as concederánselles necesariamente os seguintes permisos retribuídos:

a) Matrimonio do traballador ou traballadora: 15 días.

b) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do/a cónxuxe, pais, pais políticos, fillos/as e irmáns/irmás: 5 días.

c) Parto da muller: 3 días.

d) Morte do/a cónxuxe, pais, pais políticos, fillos/as e irmáns/ irmás: 5 días, que se ampliarán ata 8 días se o óbito ocorrera en municipio distinto ao do centro de traballo.

e) Morte dos avós, tíos e cuñados: 2 días.

f) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: o tempo que sexa necesario para elo. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a necesidade.

g) Licenza a Representantes Sindicais: estarase ao lexislado nesta materia.

i) Por asuntos propios, sen necesidade de xustificación: 1 día.

En todo o que respecta a dereitos ou situacións referidas nos apartados anteriores, na que a condición de muller/home e cónxuxe sexa a causa, entenderase que a condición de parella estable con convivencia continuada, e suficientemente xustificada, dará lugar aos mesmos dereitos e situacións.

Os días aos que fai referencia este artigo entenderanse, en todo caso, como naturais.

ARTIGO 10º.-VACACIÓNS ANUAIS

O persoal regulado por este Convenio terá dereito a 22 días laborais de vacacións anuais que se disfrutarán preferentemente nos meses de verán, de acordo coas necesidades da Empresa.

As quendas de vacación serán fixadas pola Empresa e os Delegados/as de Persoal ou Comités de Empresa onde os haxa ou, no seu defecto, por quen designen os traballadores/as.

CAPÍTULO V PERCEPCIÓNS ECONÓMICAS E REVISIÓN

ARTIGO 11º.-SALARIO BASE

En concepto de salario base mensual corresponden, a cada unha das categorías profesionais, o que se detalla na primeira columna da táboa salarial anexa, dita táboa salarial vixente durante o ano 2008 será incrementada para o ano 2009 nunha porcentaxe equivalente a suma do IPC real do ano 2008 máis un 0’75%. Esta actualización da táboa salarial terá efectos económicos dende o día 1 de Xaneiro de 2009 ata o 31 de Decembro do mesmo ano.

Os incrementos salariais pactados para os catro anos de vixencia do convencio son os seguintes:

Ano 2009: IPC real ano anterior + 0,75%

Ano 2010: IPC real ano anterior + 0,75%

Ano 2011: IPC real ano anterior + 1%

Ano 2012: IPC real ano anterior + 1%

ARTIGO 12º.-REMUNERACIÓN ANUAL

Na segunda columna da Táboa Salarial anexa detállanse os salarios no seu cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente Convenio.

ARTIGO 13º.-REVISIÓN ECONÓMICA

A Comisión paritaria reunirase, unha vez coñecido o dato do IPC do ano anterior, e antes do 31 de xaneiro de cada ano, para proceder á sinatura e publicidade das táboas salariais correspondentes a cada ano de vixencia do convenio, segundo o acordado no artigo 11º do mesmo.

ARTIGO 14º.-ANTIGÜIDADE

Establécese un complemento persoal de antigüidade para todas as categorías, consistente en bienios por un importe do cinco por cento do salario base, a devengar dende o día primeiro do mes no que se cumpra o bienio.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá supoñer máis do 10 por 100 do salario base aos cinco anos, do 25 por 100 aos quince anos, do 40 por 100 aos vinte anos, e do 60 por 100, como máximo aos vinte e cinco anos ou máis.

ARTIGO 15º.-GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS E PARTICIPACIÓN EN BENEFICIOS

O persoal ao servizo das Empresas afectadas por este Convenio, percibirá tres gratificacións extraordinarias cada ano: unha no mes de xuño, outra no mes de setembro, e a terceira no mes de decembro. O importe de cada unha delas será dunha mensualidade de salario base máis antigüidade.

Así mesmo, e en concepto de participación en beneficios, o persoal percibirá outra paga máis no mes de marzo de cada ano, calculada de igual xeito que as anteriores.

O persoal que ingrese ou cese na Empresa durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacións extraordinarias e a participación en beneficios en proporción ao tempo traballado.

Os traballadores ou traballadoras que, polos conceptos anteriores, veñan percibindo das Empresas o importe correspondente a unha mensualidade do seu salario real, seguirán excepcionalmente coas mesmas condicións por ter carácter máis beneficioso.

ARTIGO 16º.-INCAPACIDADE TEMPORAL

En calquera suposto de baixa por Incapacidade Temporal, as Empresas afectadas por este Convenio, estarán obrigadas a aboar ao traballador ou traballadora nesta situación o 100% do salario que lle corresponde no momento de producirse a baixa.

CAPÍTULO VI CONCEPTOS EXTRASALARIAIS

ARTIGO 17º.-DIETAS E DESPRAZAMENTOS

As dietas para o persoal que, en razón dos métodos de organización das Empresas, deba efectuar saídas fóra do municipio no que estea establecido o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:

– Media dieta. Fíxase na contía de 12 , para todas as categorías.

– Dieta completa. Fíxase na contía de 20 , para todas as categorías. En caso de necesidade de pasar a noite fóra do seu domicilio, o aloxamento será por conta da empresa, en Hotel de 3 estrelas.

– Nos desprazamentos que se efectúen en coche propio aboaranse 0,19 /km. ademais dos gastos de peaxe e aparcamento que se produzan.

ARTIGO 18º.-SEGURO DE ACCIDENTES

As Empresas afectadas por este Convenio subscribirán pólizas de seguro colectivo en favor dos seus traballadores e traballadoras. Este seguro cubrirá como mínimo as seguintes garantías:

– Morte ou Invalidez total 15.000

– Invalidez absoluta ou Gran Invalidez 21.000

CAPÍTULO VII ACORDOS SOCIAIS

ARTIGO 19º.-CADROS DE PERSOAL

As Empresas reguladas por este Convenio axustarán os seus cadros de persoal ás seguintes normas:

a) Os empregados ou empregadas que teñan directamente baixo a súa responsabilidade a quince ou máis traballadores/as dos grupos titulados administrativos ou técnicos, serán clasificados como Xefes Superiores.

b) En dependencias con dez ou máis traballadores/as dos grupos nomeados no apartado anterior, o empregado que se atope á fronte dos mesmos, terá a categoría de Xefe de Primeira.

c) Nos centros de traballo onde presten os seus servizos un número de sete traballadores/as dos grupos xa nomeados anteriormente ou, no suposto de que sendo menos de sete exista un mínimo de tres traballadores/ as clasificados como Oficial ou asimilado, estará á fronte dos/as mesmos/as un/unha Xefe de Segunda.

ARTIGO 20º.-ASCENSOS

Todas as empresas reguladas polo presente Convenio veñen obrigadas a dispoñer nos seus cadros de persoal, como mínimo dun número de oficiais de primeira igual ao vinte por cento do cadro de persoal total de oficiais.

A elección dos/as novos/as oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario. Para o seu cómputo, terase en conta a fracción decimal que supere o 0,50.

Os/as auxiliares administrativos/as con cinco anos de servizo nesta categoría dentro da empresa, pasarán automaticamente á categoría de oficial de segunda administrativo.

O/A Auxiliar especialista de oficios con máis de TRES anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, será ascendido automaticamente á categoría de calcador.

Os/as cobradores/as ao cumprir dez anos de antigüidade na súa categoría dentro da empresa, asimilaranse exclusivamente a efectos económicos aos/as oficiais de segunda administrativos.

CAPÍTULO VIII ACCIÓN SINDICAL

ARTIGO 21º.-DEREITOS SINDICAIS

En todo o que atinxe aos aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, estarase ao que sobre esta materia dispón o vixente texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical.

ARTIGO 22º.-REVISIÓNS MÉDICAS

Todas as Empresas vinculadas ao presente Convenio Colectivo, estarán obrigadas a solicitar do Gabinete Técnico provincial do Servizo Social de Hixiene e Seguridade no traballo de Rande, ou á Mutua Patronal que cubra o risco de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal.

O tempo empregado para o mencionado recoñecemento será aboado pola empresa.

ARTIGO 23º.-PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Será obrigatoria a utilización en todos os ordenadores, de filtros ou monitores que cumpran a normativa vixente.

As mulleres embarazadas estarán exentas de traballos continuados nas fotocopiadoras.

ARTIGO 24º.-CONCILIACIÓN E IGUALDADE

Para asegurar a igualdade de trato e oportunidades entre homes e mulleres, as partes afectadas polo presente convenio colectivo, fixan os seguintes obxectivos:

1. Eliminación de calquera desigualdade no seo da empresa entre mulleres e homes, para o cal se pretende establecer medidas de acción positiva que permitan superar as actitudes e estereotipos sociais existentes sobre as mulleres, garantindo a igualdade nas condicións de partida.

2. Eliminar todos aqueles obstáculos (discriminacións directas e indirectas) que poidan impedir ou dificultar ás mulleres acceder a determinados postos de traballo en iguais condicións que os homes (postos de responsabilidade, categorías profesionais…), así como a eliminación de barreiras que podan causar discriminación salarial.

3. Dar oportunidade ás mulleres para que se poidan situar nun plano de igualdade real respecto dos homes.

4. Establecer medidas que garantan a dignidade persoal e profesional de mulleres e homes.

Para conquerir os devanditos obxectivos, crearase unha Comisión de Igualdade de Oportunidades, no seo da comisión paritaria, e regrada por esta mesma, ao fin de desenvolver as seguintes accións:

a) Participación na elaboración, no seu caso, dos plans de igualdade e realizar o seguimento dos mesmos, detectando e corrixindo as diferentes situacións de discriminación que se estean producindo, realizando para elo un diagnóstico inicial da realidade da empresa, que sirva de punto de referencia para establecer o posterior seguimento e comparación de situacións do mesmo. Igualmente darano a coñecer a todo o persoal.

b) Habilitar o procedemento adecuado para recibir información sobre posibles tratos discriminatorios.

c) Identificar ámbitos prioritarios de actuación.

d) Promover a implantación de accións positivas que fagan desaparecer as discriminacións encubertas (en materia de acceso ao emprego, promoción, formación, retribución, condicións de traballo, conciliación da vida familiar e laboral, saúde).

e) Promover accións formativas e de sensibilización que animen ao persoal a participar na igualdade de oportunidades.

f) Intervención nas situacións de conflito que poidan suscitarse por casos de discriminación.

g) Proporcionar información ao persoal en relación con formación, promoción, vacantes, postos de nova creación, iniciativas…

h) Habilitar procedementos de intervención internos ante o acoso sexual e casos de discriminación.

CAPÍTULO IX CÓMPUTOS E VINCULACIÓN

ARTIGO 25º.-COMPENSACIÓN E ABSORCIÓN

As condicións pactadas neste Convenio forman un todo orgánico e indivisible e, polo tanto, absorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera tipo que viñeran anteriormente satisfacendo as empresas, ben sexa por imperativo legal, Convenio Colectivo, etc…

ARTIGO 26º.-VINCULACIÓN Á TOTALIDADE

Como se di no artigo anterior, as condicións establecidas no presente Convenio e pactadas polas partes deliberantes do mesmo, forman un todo orgánico e indivisible. En consecuencia, non poderá pretenderse a aplicación de unha ou varias normas con esquecemento das restantes, senón que a todos os efectos o presente Convenio haberá de ser aplicado e observado na súa integridade.

No suposto de que a Autoridade Laboral ou Xurisdición competente, no exercicio das súas facultades, declarase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente Convenio invalidado na súa totalidade, levándose a cabo unha nova negociación.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

O texto aprobado foi en lingua galega e será este o que sirva de base para calquera interpretación ou aclaración da Comisión Paritaria.

A Comisión deliberante do Convenio, non obstante o anterior, acorda publicalo de xeito bilingüe: galego e castelán.

DISPOSICIÓN FINAL

Ao non establecido de maneira expresa no presente Convenio, lle será de aplicación o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

TÁBOA SALARIAL 2008.


TÁBOA SALARIAL 2009.


REVISIÓN SALARIAL (BOP Nº 52 – Miércoles 17 marzo 2010)

Vista a acta da táboa salarial para o ano 2010 do convenio colectivo do sector de OFICINAS E DESPACHOS, con nº de código 3601005, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 03-02-2010, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 02-02-2010, e de conformidade co disposto no artigo 13º do convenio colectivo, e no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre Rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, este departamento territorial, A C O R D A :

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante neste departamento territorial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

En Vigo, a data 2 de febreiro de 2010, reúnense, nas oficinas da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, as partes que se reflicten máis abaixo, para proceder a sinatura da taboa salarial do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra, para o ano 2010, coa presencia de José Mª Casas de Ron, que actuou como mediador na negociación do convenio colectivo do devandito sector.

As partes indicadas son: dunha banda, como representación empresarial, D. Camilo Castro Silva, D. Manuel Suárez Vázquez e Dª Miriam Blazquez Astorga; e por outra a representación social integrada por D. Serafin Otero Fernández, da central sindical CIG, Dª Rosa Acuña Salgado, de UGT, e D. Enrique Iglesias Crespo e D. Cándido Ansin Agis, de CCOO.

Estudada a táboa, que se inclúe como anexo, asinan a presente acta todas as partes conxuntamente co mediador na negociación do convenio colectivo, en Vigo, na data indicada, sendo ás 13,00 horas.

Vigo, a 25 de febreiro de 2010.-A Xefa Territorial, Carmen Bianchi Valcarce.


CORRECCIÓN DE ERROR (BOP Nº 55 – Martes 23 marzo 2010)

Habéndose padecido erro por omisión na publicación da revisión salarial do sector de OFICINAS E DESPACHOS insertadas no BOP número 52 de 17 de marzo do ano en curso, publícase de novo íntegramente:

Vista a acta da táboa salarial para o ano 2010 do convenio colectivo do sector de OFICINAS E DESPACHOS, con nº de código 3601005, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 03-02-2010, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 02-02-2010, e de conformidade co disposto no artigo 13º do convenio colectivo, e no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre Rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, este departamento territorial, A C O R D A :

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante neste departamento territorial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

En Vigo, a data 2 de febreiro de 2010, reúnense, nas oficinas da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, as partes que se reflicten máis abaixo, para proceder a sinatura da taboa salarial do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra, para o ano 2010, coa presencia de José Mª Casas de Ron, que actuou como mediador na negociación do convenio colectivo do devandito sector.

As partes indicadas son: dunha banda, como representación empresarial, D. Camilo Castro Silva, D. Manuel Suárez Vázquez e Dª Miriam Blazquez Astorga; e por outra a representación social integrada por D. Serafin Otero Fernández, da central sindical CIG, Dª Rosa Acuña Salgado, de UGT, e D. Enrique Iglesias Crespo e D. Cándido Ansin Agis, de CCOO.

Estudada a táboa, que se inclúe como anexo, asinan a presente acta todas as partes conxuntamente co mediador na negociación do convenio colectivo, en Vigo, na data indicada, sendo ás 13.00 horas.


CORRECCIÓN DE ERROR (BOP Nº 58 – Viernes 26 marzo 2010)

Habéndose padecido erro por omisión na publicación da revisión salarial do sector de OFICINAS E DESPACHOS insertada no BOP número 52 de 17 de marzo do ano en curso, publícase de novo íntegramente:

Vista a acta da táboa salarial para o ano 2010 do convenio colectivo do sector de OFICINAS E DESPACHOS, con nº de código 3601005, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 03-02-2010, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 02-02-2010, e de conformidade co disposto no artigo 13º do convenio colectivo, e no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre Rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, este departamento territorial, A C O R D A :

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante neste departamento territorial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

En Vigo, a data 2 de febreiro de 2010, reúnense, nas oficinas da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, as partes que se reflicten máis abaixo, para proceder a sinatura da taboa salarial do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra, para o ano 2010, coa presencia de José Mª Casas de Ron, que actuou como mediador na negociación do convenio colectivo do devandito sector.

As partes indicadas son: dunha banda, como representación empresarial, D. Camilo Castro Silva, D. Manuel Suárez Vázquez e Dª Miriam Blazquez Astorga; e por outra a representación social integrada por D. Serafin Otero Fernández, da central sindical CIG, Dª Rosa Acuña Salgado, de UGT, e D. Enrique Iglesias Crespo e D. Cándido Ansin Agis, de CCOO.

Estudada a táboa, que se inclúe como anexo, asinan a presente acta todas as partes conxuntamente co mediador na negociación do convenio colectivo, en Vigo, na data indicada, sendo ás 13.00 horas.


Vigo, a 25 de febreiro de 2010.-A Xefa Territorial, Carmen Bianchi Valcarce.

REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm. 187 – Mércores 28 de setembro de 2011)

Código de Convenio número 36001005011983.

Visto o Acordo da comisión Negociadora do convenio colectivo do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra pola que se fixan as táboas salariais para o ano 2011, subscrito en representación da parte económica, polo Sector das Empresas de Oficinas e Despachos da representación empresarial sectorial, e, da parte social, polas centrais sindicais cIg, UgT e ccOO, en data 26.05.2011

Primeiro.-Dito Acordo foi presentado na xefatura territorial de Vigo en data 03.08.2011

Segundo.-Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.-Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos colectivos pactados no ámbito da súa competencia

Segundo.-Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre Rexistro e Deposito dos convenios e acordos colectivos de traballo

Terceiro.-Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á comunidade Autónoma de galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial, a c o r d a:

Primeiro.-Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de convenios e Acordos colectivos de Traballo da comunidade Autónoma de galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOg nº 222, do 18.11.2010)

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia

Terceiro.-Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo

En Vigo, a data 26 de maio de 2011, reúnense, nas oficinas da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, as partes que se reflicten máis abaixo, para proceder a sinatura da taboa salarial do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra, para o ano 2011, coa presencia de José Mª casas de Ron, que actuou como mediador na negociación do convenio colectivo do devandito sector As partes indicadas son: dunha banda, como representación empresarial, D. camilo castro Silva e Dª Miriam Blazquez Astorga; e por outra a representación social integrada por D. Serafín Otero Fernández e D. Alberto Belerdes Tesan, da central sindical cIg, D. José Manuel cobos Olivares e D.

Ubaldo caamaño Viñas, de UgT, e D. Fernando Romaní Franco e Juana Estébanez cepedal, de ccOO.

Estudada a táboa, que se inclúe como anexo, asinan a presente acta todas as partes conxuntamente co mediador na negociación do convenio colectivo, en Vigo, na data indicada, sendo ás 13,00 horas.


Las tablas puede mostrar años anteriores (comparar), desplaza hasta ver el año en curso

CONVENIO COLECTIVO DE OFICINAS Y DESPACHOS DE PONTEVEDRA







CONVENIO COLECTIVO (BOP Nº 47 - Martes 10 marzo 2009)







ARTIGO 14º.-ANTIGÜIDADE

... bienios por un importe do 5% do salario base, ...






ARTIGO 17º.-DIETAS E DESPRAZAMENTOS

- Media dieta ... 12
- Dieta completa ... 20
- Nos desprazamentos ... 0,19 /km. ademais dos gastos de peaxe e aparcamento que se produzan.






ARTIGO 18º.-SEGURO DE ACCIDENTES

- Morte ou Invalidez total 15.000
- Invalidez absoluta ou Gran Invalidez 21.000









REVISIÓN SALARIAL (BOP Núm. 187 - Mércores 28 de setembro de 2011)




CATEGORÍAS SALARIO BASE MENSUAL 2011 REMUNERACIÓN ANUAL 16 PAGAS 2011



GRUPO I-PERSOAL TITULADO

Titulado/a de Grao Superior 1.091,08 17.457,28
Titulado/a de Grao Medio 985,03 15.760,48



GRUPO II-PERSOAL ADMINISTRATIVO

Xefe/a Superior 985,03 15.760,48
Xefe/a de Primeira - 1ª 971,17 15.538,72
Xefe/a de Segunda - 2ª, Caixeiro/a con firma, Xefe/a de reporteiros, Tradutor/a e Intérprete xurado de máis dun idioma 939,83 15.037,28
Oficial de 1ª, Caixeiro/a sen firma, Intérprete xurado dun idioma, Operador de máquinas contables, Taquimecanógrafo/a, Telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas, Inspector/a de zona 865,13 13.842,08
Oficial de 2ª, Telefonista e Recepcionista cun idioma, Reporteiro/a de axencia de información, Tradutor/a e Intérprete non xurado, Xefe/a de visitadores/as 821,79 13.148,64
Auxiliar administrativo/a, Telefonista, Visitador/a, Cobrador/a, Pagador/a 745,23 11.923,68



GRUPO III-TÉCNICOS DE OFICINA

Xefe/a Superior/a 985,03 15.760,48
Xefe/a de 1ª, Xefe/a de equipo de informática, Analista, Programador/a de ordenadores 971,17 15.538,72
Xefe/a de 2ª, Xefe/a de delineación, Xefe/a de explotación, Programador/a de máquinas auxiliares, Administrador/a de test, Coordinador/a de tratamento de cuestionarios 939,83 15.037,28
Xefe/a de equipo de enquisas, Coordinador/a de estudos 926,01 14.816,16
Delineante proxectista 872,53 13.960,48
Debuxante proxectista, Controlador/a, Operador/a de ordenadores 865,13 13.842,08
Delineante 821,79 13.148,64



GRUPO IV-ESPECIALISTAS DE OFICINA

Xefe/a de máquinas básicas 939,83 15.037,28
Operador/a de tabuladores, Inspector/a de entrevistadores/as, Encargado/a dpto. de reprografía 865,13 13.842,08
Operador/a de máquinas básicas, Debuxante, Entrevistador/a-Enquisador/a 821,79 13.148,64
Calcador/a, Perforista, Verificador/a, Clasificador/a 759,98 12.159,68
Auxiliar 713,88 11.422,08



GRUPO V-PERSOAL SUBALTERNO

Conserxe maior 759,98 12.159,68
Conserxe 729,57 11.673,12
Ordenanza, Vixilante 713,88 11.422,08



GRUPO VI-PERSOAL DE OFICIOS VARIOS

Encargado/a almacén 821,79 13.148,64
Oficial/a 1ª, Condutor/a 1ª 791,36 12.661,76
Oficial/a 2ª, Condutor/a 2ª 759,98 12.159,68
Axudante/a, Operador/a reprodutor de planos, Operador/a multicopista e xerocopista 729,57 11.673,12
Peón, Mozo/a, Persoal de limpeza xornada completa 713,88 11.422,08