Convenio Colectivo Oficinas y despachos de La Coruña

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
2023/01/01 - 2025/12/31

Duración: TRES AÑOS

Publicación:

2023/06/14

BOP 112

CONVENIO

Ámbito: Provincial
Área: La Coruña
Código: 15001075011981
Actualizacion: 2023/06/14
Convenio Colectivo Oficinas y Despachos. Última actualización a: 14-06-2023 Vigencia de: 01-01-2023 a 31-12-2025. Duración TRES AÑOS. Última publicación en BOP 112 del tipo: CONVENIO.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

Tabla de contenidos

CONVENIO COLECTIVO (BOP NÚMERO 112 – MIÉRCOLES, 14 DE JUNIO DE 2023)

Resolución pola que se inscribe e publica o convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos provincial da Coruña 2023-2025 (código 15001075011981).

O 9 de maio de 2023 tivo entrada no rexistro de acordos e convenios colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REGCON) a solicitude de inscrición do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos provincial da Coruña 2023-2025 (código de trámite WZ71YM55 e código de convenio 15001075011981).

No escrito asinado con data 08/05/2023 pola secretaria do Consello Galego de Relacións Laborais, explicítase que o 03/05/2023 se ratificou o acordo acadado o 21/04/2023 polo que se estableceu o texto do convenio colectivo de referencia e preséntase diante da autoridade laboral para os efectos de rexistro, depósito e publicación oficial, de ser o caso, para dar cumprimento ao Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Despois da resposta recibida ás comunicacións de emenda realizada por persoal deste órgano directivo territorial, conclúese que se pode inscribir o convenio colectivo de referencia, de acordo co disposto no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no referido Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así como na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Esta xefatura territorial é competente para resolver a inscrición deste convenio colectivo, ao abeiro do Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG núm. 130, de 8 de xullo de 2022).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. Inscribir o convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos provincial da Coruña 2023-2025 (trámite WZ71YM55 e código de convenio 15001075011981) no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Ordenar a remisión do texto deste convenio colectivo ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 8 de xuño de 2023 A xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade.

Judit Fontela Baró.

CONVENIO COLECTIVO PARA O SECTOR DE OFICINAS E DESPACHOS PROVINCIAL DA CORUÑA 2023-2025.

CAPÍTULO I.- UNIDADES DE NEGOCIACIÓN.

Artigo 1.- Partes concertantes.

A comisión negociadora que asina definitivamente o convenio que se subscribe está integrada pola parte empresarial: Asociación Empresarial de Graduados Sociais-Asesores Fiscais, Asesorías e Consultorías de Empresa de Galicia, e por parte dos traballadores: as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Unión Xeral de Traballadores (UGT).

Ambalas dúas partes, despois de analizada a documentación que presentan como constancia da súa representatividade, recoñécense como persoas interlocutoras válidas, con lexitimación suficiente para a negociación do presente convenio, de conformidade co establecido no título III do vixente Estatuto das Persoas Traballadoras.

CAPÍTULO II.-ÁMBITO, VIXENCIA E DENUNCIA.

Artigo 2.-Ámbito persoal.

Rexeranse polo presente convenio a totalidade das persoas traballadoras que na actualidade, ou en diante, presten os seus servizos nas empresas reguladas polo ámbito funcional e situadas dentro do ámbito provincial.

Artigo 3.-Ámbito funcional.

1.- O presente convenio será de aplicación a todas as empresas encadradas, ou que no futuro se integren, en actividades reguladas pola Ordenanza laboral para oficinas e despachos de data 31 de outubro de 1972, hoxe derrogada.

Estendéndose a súa aplicación ao persoal de administración e organización en réxime de contratación que traballen nas ONG e entidades sen ánimo de lucro.

Regulando as condicións de traballo das empresas e/ou profesionais relacionados, directa e/ou indirectamente, coas profesións xurídicas, actividades de asesoramento e xestión tributaria, asesoría e xestión laboral e de seguridade Social, xestión administrativa e documental, Recursos Humanos, organización de empresa e proceso contable.

2.-Todas aquelas empresas e/ou profesionais, incluídos os que sen prexuízo das súas facultades para actuar, o fan por medio de representación que aos interesados/as confire ao amparo da legislación vigente, dedicados a promover, solicitar e realizar toda clase de trámites relativos a aqueles asuntos que en interese de persoas naturais ou xurídicas se sigan ante calquera órgano da Adminsitración Pública.

3.-Quedan incluídos baixo a aplicación do presente convenio todo o persoal dependente daqueles empresarios/as e/ou profesionais colaboradores/as das administracións públicas que presten servizos a terceiros, incluídos/as todos/as aquelas cuxa actividade de representación, xestión, tramitación, presentación e remisión de documentos e/ou expedientes, en virtude da lexislación vixente, se realiza mediante o uso de medios electrónicos, telemáticos e informáticos a través de internet e/ou por medido de servizos de sedes electrónicas, facilitando e permitindo o intercambio de información e documentos coas distintas administracións públicas, mesmo cando presten os seus servizos por medio dos correspondentes Colexios Profesionais e/ou calquera outra entidade, en especial:

3.1.-Todo o persoal dependente daqueles empresarios/as e/ou profesionais que presten servizos de carácter tributario, habilitados para presentar declaracións, comunicacións e outros documentos tributarios, realizando trámites e actuacións por vía telemática, autorizados/as para realizar calquer actuación permitida como colaborador/a social da Axencia Tributaria, en representación de terceiras persoas, incluída calquera outra actividade ou actuación por vía telemática, en Sede Electrónica ou outro medio que o complemente e/ou substitúa.

3.2.-Todo o persoal dependente daqueles empresarios/as e/ou profesionais que presten servizos de remisión electrónica de documentos, cotización, afiliación, incluídos os colaboradores autorizados da Tesouraría Xeral da Seguridade Social; sistema Red, Delta e/ou calquera outro servizo prestado por sede electrónica ou calquera outra forma de colaboración co sistema das administracións públicas.

3.3.-Todo o persoal dependente daqueles empresarios/as e/ou profesionais cuxa prestación de servizos de xestión administrativa e/ou tramitación de expedientes ante calquera tipo de entidade, pública ou privada, se realice telemáticamente por internet e/ou en calquera modalidade “en liña”.

Artigo 4.-Ámbito territorial.

As normas do presente convenio serán de aplicación en toda a provincia da Coruña.

Artigo 5.-Ámbito temporal, vixencia.

O presente convenio entrará en vigor para todos os efectos o día 1 de xaneiro de 2023, con independencia da data da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. A súa duración será até o 31 de decembro de 2025. Se durante a vixencia do presente convenio se asinase un convenio para o sector de Oficinas e Despachos de ámbito autonómico, este último sería de obrigado cumprimento para as partes que estean afectadas polo presente, establecéndose para a súa aplicación un prazo de 3 meses a partir da data da súa publicación.

Artigo 6.-Denuncia e ultraactividade.

A denuncia do convenio producirase automaticamente á finalización da súa vixencia. Denunciado o convenio na forma expresada, e ata que non se logre un novo acordo, manterase en vigor o contido íntegro do presente. Con efectos desde o un de xaneiro do 2026, e mentres non se asine o novo convenio, incrementarase anualmente un un por cento o salario.

Esta subida salarial se deberá aplicar dende o 1 de xaneiro de cada ano de ultractividade, con independencia da obriga de xuntarse a comisión paritaria en xaneiro de cada ano para a apobación e publicación das taboas salariais correspondentes.

CAPÍTULO III.-REPRESENTACIÓN DAS PARTES NEGOCIADORAS.

Artigo 7.-Comisión paritaria.

Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia do pactado no presente convenio. Esta comisión estará formada, previo acordo das partes, polas representacións empresariais e sociais que asinaron o mesmo.

Por parte da representación social:

– Óscar Calvo Varela (CIG).

– Sandra Mouriz Legaspi (CIG).

– José Arturo Vijande Parapar (CIG).

– Juan Manuel Carreira García (UGT).

– Jose Ramón Alvarez Cebreiro (UGT).

– Lucia Trenor López (CCOO).

– Iván Cordeiro Fernández-Noriega (CCOO).

E pola representación empresarial:

– Javier Mosquera Zas.

– Blanca Lesta Castelo.

– Isidro Pousada Vales.

– Alberto Castelo Miguez.

Aos sós efectos de notificacións sinálanse os seguintes domicilios:

Pola representación empresarial:

Asociación Empresarial de Graduados Sociais-Asesores Fiscais, Asesorías e Consultorías de Empresa de Galicia Praza de Luís Seoane, torre 1, entreplanta. 15008 A Coruña.

Pola representación social:

Unión Xeral de Traballadores (UGT) Rúa Fernández Latorre, 27. 15006 A Coruña

Comisións Obreiras (CC.OO.) Avda. Alfonso Molina, km 2, edificio de Sindicatos, 4.º andar. 15008. A Coruña.

Conferedación Intersindical Galega (CIG) Avda. Alfonso Molina, km 2, edificio de Sindicatos 6.º andar. 15008. A Coruña.

CAPÍTULO IV.-TEMPO DE TRABALLO.

Artigo 8.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo distribuirase da seguinte forma:

I.-a) Xornada de inverno: 39 horas efectivas semanais prestadas, de luns a xoves, 8 horas diarias, en réxime de xornada partida; os venres, 7 horas en réxime de xornada intensiva ou continuada en quenda de mañá.

I.-b) Xornada de verán: 35 horas efectivas semanais, de luns a venres, en réxime de xornada intensiva ou continuada.

Este réxime de xornada levarase a cabo desde o día 1 de xuño até o día 30 de setembro, ámbolos dous incluídos.

I.-c) As persoas traballadoras en xornada continuada gozarán de 20 minutos de descanso diario computado como tempo efectivo de traballo. Na xornada partida gozarán de 10 minutos de descanso diario computado como tempo efectivo de traballo.

Non serán laborables os seguintes días:

Día 24 de decembro (todo o día).

Día 31 de decembro (todo o día).

Día 5 de xaneiro (na xornada de tarde).

Aquelas empresas que teñan establecida unha xornada continuada todo o ano, respectarana como condición máis beneficiosa.

II.-Horas extraordinarias.- As horas que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo terán a consideración de horas extraordinarias. Ditas horas poderán ser compensadas por tempos equivalentes de descanso retribuido: unha hora extraordinaria equivale a unha hora e 45 minutos de descanso retribuido; ou ben abonadas da seguinte forma: unha hora extraordinaria será abonada como un incremento do 75 por cento sobre a hora ordinaria.

Artigo 9.-Permisos retribuídos.

1.-As persoas traballadoras interesadas concederáselles necesariamente os seguintes permisos retribuidos:

a) Por matrimonio do traballador ou traballadora: 15 días naturais. Polo matrimonio de familiares en primeiro grao, un día natural, o día da celebración da voda.

b) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, pais/nais, pais/nais políticos e fillos/as: seis días naturais.

En caso de enfermidade grave ou internamento de irmáns/irmás: dous días naturais, ampliables a catro cando exista desprazamento fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, se fose fóra do territorio do estado español, aumentaranse 2 días máis, a condición de que xustifique fehacientemente o desprazamento.

c) Nacemento de fillo/a: catro días naturais. No suposto de non coincidir, polo menos, dous días hábiles no cómputo dos catro días naturais, ampliarase o permiso como garantía mínima dos días hábiles.

d) Morte do cónxuxe, pais/nais, pais/nais políticos, fillos/as ou irmáns/irmás: cinco días naturais, que se ampliarán até oito días naturais se o óbito ocorrese fose da Comunidade Autónoma, se fose fóra do territorio do estado español, aumentaranse 2 días máis, a condición de que xustifique fehacientemente o desprazamento.

e) Morte do avó/a, tío/tía, tíos/tias políticos ou cuñados/as: dous días naturais, ampliable a un día máis cando exista desprazamento fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: o tempo que sexa necesario para iso. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a necesidade.

g) Licenza a representantes sindicais: estarase ao lexislado nesta materia.

h) Dous días por traslado de domicilio habitual.

i) Dous días libres remunerados por asuntos propios, a decisión da persoa traballadora con preaviso de 24 horas, condicionado ao 20% do persoal, nas empresas cuxo persoal sexa de até cinco persoas traballadoras non poderán coincidir máis de un.

j) Os dereitos que correspondan aos permisos cuxo estado civil é o matrimonio legal estenderanse ás parellas que convivan en común salvo o previsto no apartado a), xustificando esta convivencia mediante certificado de empadroamento ou outro equivalente.

No non establecido expresamente estarase ao disposto no Estatuto das Persoas Traballadoras.

2.- As persoas traballadoras podrán exercer o direito o disfrute do permiso de lactancia nos terminos establecidos no art. 37.4 do Estatuto das persoas traballadoras, podendo as persoas traballadoras acumular os períodos de desfrute de forma ininterrompida as 180 horas nun mes natural ou 22 días laborais.

3.-Cando as persoas traballadoras teñan persoas ao seu cargo, que non poidan acudir polos seus propios medios á consulta medica para recibiren asistencia, a persoa traballadora terá permiso para acompañalo, xustificando o feito.

Artigo 10.-Permisos non retribuídos.

Para o persoal cunha antigüidade mínima na empresa de un ano, terá dereito a 1 mes de permiso non retribuido ao ano nas seguintes circunstancias.

1. Para o coidado dun familiar até o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, por accidente grave, enfermidade grave ou hospitalización. Podendo solicitalo mentres se acredite que dura a dita situación.

2. Para situacións de adopción ou acollemento, debidamente acreditadas.

Artigo 11.-Vacacións anuais.

O persoal regulado polo presente convenio terá dereito a 23 días laborables de vacacións ao ano.

Gozaranse preferentemente no verán de acordo coas necesidades da empresa.

As quendas de vacacións serán fixados pola empresa e os delegados ou delegadas de persoal ou comité de empresa, na súa ausencia por quen designen os traballadores e as traballadoras.

No caso de que por necesidades organizativas do servizo, debidamente xustificadas pola empresa, esta chegue a un acordo cos representantes das persoas traballadoras de que as vacacións dunha persoa traballadora sexan cubertas por outra persoa traballadora previa aceptación desta, compensaráselle a xornada ou xornadas realizadas con descansos equivalentes, debendo ser gozados estes descansos dentro do ano natural.

CAPÍTULO V.-PERCEPCIÓNS ECONÓMICAS E REVISIÓN.

Artigo 12.-Salario base.

En concepto de salario base mensual, para cada nivel salarial, será o que se detalla na táboa salarial anexa, tendo efectos económicos desde o día 1 de xuño de 2023, tendo que aboarse os atrasos no plazo máximo de un mes desde a data de publicación deste convenio.

Durante a vixencia do presente convenio establécese o seguinte incremento salarial aplicable sobre o salario base de cada nivel profesional:

– Ano 2023: Establécese un incremento do 5% sobre as táboas salariais do 2022 con efectos económicos desde o día do 1 do mes seguinte á sinatura do convenio.

– Ano 2024: Establécese un incremento do 3% sobre as táboas salariais do 2023 revisadas.

– Ano 2025: Establécese un incremento do 2% sobre as táboas salariais do 2024 revisadas.

Cláusula de revisión salarial:

– Ano 2024: se o IPC do ano 2023 é superior ao 6.5%, aplicarase sobre as táboas do 2024 o incremento pactado para o ano 2024 máis a diferenza entre o 6.5% e o IPC do ano 2023 que supere devandita porcentaxe.

– Ano 2025: se o IPC do ano 2024 é superior ao 4.5%, aplicarase sobre as táboas do 2025 o incremento pactado para o ano 2025 máis a diferenza entre o 4.5% e o IPC que supere devandita porcentaxe.

– Ano 2026: se o IPC do ano 2025 é superior ao 3.5%, aplicarase sobre as táboas do 2025 a diferenza entre o 3.5% e o IPC que supere devandita porcentaxe cun máximo do 1% establecido no art. 6.

Unha vez coñecidos os datos do IPC do ano anterior, se promoverá unha xuntanza para a aprobacion e publicación das taboas salariais.

As empresas que aplicasen o artigo 5 do anterior convenio (2008-2011), abonando o incremento fixado no mesmo, manterán ese salario mentres os salarios de convenio non superen a contía salarial que teñen dereito a percibir actualmente os seus traballadores/as.

Artigo 13.-Remuneración anual.

Dando cumprimento ao disposto no artigo 26.5 do vixente Estatuto das Persoas Traballadores, detállanse na segunda columna da táboa salarial anexa para os anos 2024-2025 os salarios en cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente convenio.

Artigo 14.-Anticipos.

Todo o persoal con máis dun ano de antigüidade terá dereito a solicitar na empresa un anticipo sen xuros até o importe de catro mensualidades do salario real. A amortización deste anticipo non excederá do cinco por cento do seu salario.

Artigo 15.-Antigüidade.

Desde o día 1 de xaneiro de 1989, establécese un complemento persoal de antigüidade para todas as categorías, consistente en cuadrienios do cinco por cento do salario base. O complemento por antigüidade devengarase a partir do primeiro día do mes en que se cumpra.

As persoas traballadoras que ao 31 de decembro de 1989 estivesen a percibir algún bienio do cinco por cento, seguirán devengando o complemento de antigüidade, consolidado naquela, polo mesmo porcentaxe.

Os sucesivos e posteriores períodos de antigüidade se devengarán, a partir do día 1 de xaneiro de 1989, en cuadrienios ao cinco por cento do salario base.

O persoal contratado antes do un de xaneiro do 2012 verá topada a contía deste complemento cando chegue ao 40% do salario.

O persoal incorporado posteriormente terá topada esta contía cando alcance ao 30%. Isto sen prexuízo dos traballadores/as que xa superasen estas porcentaxes, nese caso respectaranse as condicións máis beneficiosas. Para o persoal contratado antes do un de xaneiro do 2012 a cuantía dos incrementos por antigüidade non poderán, en todo caso, supor máis do 40 por cento do salario vixente no momento de alcanzar dita porcentaxe, ficando consolidado dito importe, sendo esta non compensable, non absorbible e non revalorizable.

Para os contratados despois desta data procederase do mesmo xeito cun tope do 30 por cento.

Artigo 16.-Gratificacións extraordinarias.

As persoas traballadoras ao servizo das empresas afectadas por este convenio, percibirán dúas gratificacións extraordinarias cada ano.

Unha no mes de xullo e outra no mes de decembro.

O importe de cada unha delas será dunha mensualidade do salario base máis antigüidade.

O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacións extraordinarias en proporción ao tempo traballado. Aquelas persoas traballadoras que polos conceptos anteriores veñan percibindo das empresas o importe correspondente a unha mensualidade do salario real, seguirán excepcionalmente as mesmas condicións por ter carácter máis beneficioso.

Artigo 17.-Contratos eventuais e contratos formativos para a obtención da práctica profesional.

1. Contratos eventuais

a) En atención ás especiais características do sector que leva a frecuentes e irregulares períodos nos que se acumulan as tarefas, as empresas poderán concertar contratos eventuais, ao amparo do establecido neste convenio colectivo e no artigo 15.2 do ET, por un tempo non superior a 12 meses.

b) Cando se concerten estes contratos por un prazo inferior ao máximo establecido, poderán prorrogarse por acordo das partes, unha ou máis veces, até o referido prazo máximo de doce meses.

c) Naqueles casos en que o contrato se tivera concertado por un prazo inferior ao máximo establecido, e chegado ao seu remate, non existise denuncia previa de ningunha das dúas partes, nin existise acordo expreso de prórroga, pero se continuase realizando a prestación laboral, entenderase prorrogado tácitamente até o prazo máximo de doce meses.

2. Contratos formativos para a obtención da práctica profesional.

O contrato formativo para a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos rexerase polo disposto no apartado 3 artigo 11 do ET, establecendo para dita modalidade, unha retribución que non poderá ser inferior ao 80% respecto do salario fixado en convenio para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ás funcións desempeñadas, sen que nunca poida ser inferior o salario mínimo profesional en proporción ao tempo de traballo efectivo.

Transitoria:

Os contratos en prácticas celebrados antes do 01 de abril de 2022 seguirán rexéndose pola normativa e disposicións vixentes á data da súa celebración.

Artigo 18.-Incapacidade temporal.

Incapacidade temporal. En calquera suposto de baixa por incapacidade temporal, as empresas afectadas por este convenio garantirán ao traballador o 100 por cento do salario que lle corresponda percibir no momento de producirse a baixa e ata un máximo de 545 días, salvo para o caso de que se produzca a extinción da relación laboral por calquera causa o motivo, antes dos ditos 545 días Para tal caso se establece o plazo máximo ata a data de efectos da extinción da relación laboral.

CAPÍTULO VI.-CONCEPTOS EXTRASALARIAIS.

Artigo 19.-Dietas e desprazamentos.

As dietas para o persoal que, en razón dos métodos de organización das empresas, deban efectuar saídas fóra do municipio en que radica o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:

Por almorzo: 6,16 €.

Por comida: 18,45 €.

Por cea: 13,33 €.

Por aloxamento: pernocta pagada cun límite máximo de 60 €.

A quilometraxe será a razón de 0,19 céntimos o quilómetro, esta cantidade será equiparada en cada momento coa cantidade máxima establecida pola Facenda Pública que estea exenta de cotización e retención, vixente en cada momento.

CAPÍTULO VII. -ACORDOS SOCIAIS.

Artigo 20.-Plantillas.

As empresas reguladas por este convenio axustarán as súas plantillas ás seguintes normas:

a) As persoas empregadas que teñan directamente baixo a súa responsabilidade a 15 ou máis persoas traballadoras dos grupos titulados/as administrativos/as ou técnicos/as serán clasificados como xefes/as superiores.

b) En dependencias con 10 ou máis persoas traballadoras dos grupos citados no apartado anterior, a persoa empregada que se atope á fronte dos mesmos terá a categoría de xefe/a de primeira.

c) Nos centros de traballo onde presten os seus servizos un número de sete persoas traballadoras dos grupos xa citados anteriormente ou, no caso de que sendo menos de sete exista un mínimo de tres persoas traballadoras clasificadas como oficiais ou asimilados/as, estará á fronte dos mesmos un xefe/a de segunda.

Artigo 21.-Ascensos.

Todas as empresas reguladas polo presente convenio veñen obrigadas a dispor nas súas plantillas, como mínimo, dun número de oficiais de primeira igual ao 20 por cento da plantilla total de oficiais.

A elección dos/as novo/as oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario.

Para o seu cómputo non se terán en conta as fraccións decimais.

As persoas auxiliares administrativas con cinco anos de servizo nesta categoría dentro da empresa pasarán automaticamente á categoría de oficial de segunda administrativa.

As persoas auxiliares administrativas, aos tres anos de antigüidade na categoría dentro da empresa, pasarán a percibir as remuneracións que fixa para estes casos a táboa salarial anexa.

As persoas traballadoras con categoría profesional de ordenanza con cinco anos de servizo dentro da empresa pasarán automaticamente a percibir a diferenza retributiva da categoría de oficial de segunda administrativo/a, a partir do 1 de xaneiro do 2008.

As prazas vacantes existentes nas empresas non suxeitas a amortización deberanse inicialmente dar opción a promoción interna, esta axustarase a criterios obxectivos de mérito e capacidade, suxeitas á decisión empresarial, con consulta e información as persoas delegadas ou representación legal das persoas traballadoras.

As dúbidas derivadas dos reaxustes de niveis e categorías que a partir deste convenio téñanse que realizar nas empresas, deberán ser consultadas por escrito á comisión paritaria deste convenio.

Artigo 22.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional desenvolverase en función das necesidades operativas da empresa, dentro dos límites que marca o Estatuto das Persoas Traballadoras.

A realización de funcións de Categoría profesional superior á que ostente unha persoa traballadora, por un período de máis de catro meses durante un período de nove, ou seis meses nun período de dezaoito, consolidará a clasificación profesional superior que lle corresponda, no entanto mentres dure a situación, perseverará o nivel salarial superior.

Se por necesidade perentoria ou imprevisible da actividade produtiva, a empresa tivese que destinar a unha persoa traballadora a tarefas correspondentes a unha categoría inferior, só será con carácter excepcional, soamente polo tempo imprescindible, e nunca superior a catro meses, mantendo a retribución e demais dereitos derivados da clasificación profesional e comunicándollo as persoas representantes legais das persoas traballadoras.

Estes cambios de funcións non implicarán unha mobilidade xeográfica, a mobilidade xeográfica será practicada conforme ao estatuto das persoas traballadoras e a lexislación vixente.

O tempo no que o produtor permaneceu en superior categoría será computado como antigüidade na mesma cando o empregado ascenda a ela.

Artigo 23.-Póliza de accidentes.

As empresas afectadas polo presente convenio colectivo estarán obrigadas a subscribir ou revisar as xa contratadas no prazo de 30 días, desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia, unha póliza de accidentes que garanta a todos os traballadores e traballadoras un capital de 20.000 € para morte e 25.000 € para invalidez permanente, derivada, en ambos os casos, de accidente laboral.

As empresas disporán dun prazo de 30 días, desde a publicación do presente convenio, para regularizar os capitais das pólizas.

As empresas de nova creación disporán dun prazo de 30 días, desde o alta do primeiro produtor, para formalizar a dicir póliza.

Artigo 23 bis.-Plans de xubilacións parciais.

Incorpórase o acordo de 21 de marzo de 2013 da comisión negociadora do presente convenio adoptado por unanimidade, que foi rexistrado e publicado segundo a normativa vixente, e que se transcribe na súa integridade:

23-bis.1. Ao amparo do previsto no artigo 8 do Real decreto-lei 5/2013, do 15 de marzo, establécese un Plan de xubilacións parciais para os traballadores e traballadoras incluídos no ámbito de aplicación do presente convenio nacidos ata 31 de decembro de 1957, cuxas condicións de incorporación á xubilación parcial serán ás vixentes con anterioridade á entrada en vigor da Lei 27/2011 -regulación anterior ao 01 de xaneiro de 2013 coa simultanea celebración dun contrato de relevo.

23-bis.2. De conformidade co establecido no artigo 86.1 do Estatuto dos Traballadores, que posibilita que as partes negociadoras dos convenios colectivos establezan a duración dos convenios, podendo pactarse distintos períodos de vixencia para cada materia, e ao efecto, con carácter exclusivo para o Plan de xubiliacións parciais previsto no presente artigo terá vixencia desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2018 incluído, salvo que con anterioridade teña lugar una modificación legal que afecte a súa regulación ou modificación da regulación prevista no siguiente convenio.

23-bis.3. Para acceder á xubilación parcial conforme ao siguiente Plan de xubilacións parciais, o traballador ou traballadora interesada deberá dirixir a oportuna solicitude á dirección da sua empresa cunha antelación mínima de tres meses á data na que pretenda acceder á xubiliación parcial. A empresa receptora da solicitude, tras estudar de boa fé a solicitude coa vista posta nun acordo, tendo en conta a situación da empresa nese momento, en caso de considerar pertinente a solicitude acordará co traballador o acceso a situación de xubiliación parcial de conformidade co presente Plan de xubilacións parciais.

23-bis.4. Con carácter xeral o acceso á xubilación parcial do presente plan terá que ter lugar coa reducción máxima da xornada que permite a normativa vixente con anterioridade a entrada en vigor da Lei 27/2011 (75%), salvo que medie acordo entre empresa e traballador en orde á aplicación dunha porcentaxe menor ou maior da reducción de xornada, dentro dos límites permitidos por tal normativa.

23-bis.5. Con carácter xeral a parte da xornada que subsista para o traballador parcialmente xubilado ao amparo do presente plan se acumulará anualmente en xornadas completas, sea nun único prazo ou en varios prazos temporais, salvo que medie acordo entre empresa e traballador noutro sentido.

23-bis.6. O traballador xubilado parcialmente percibirá a parte proporcional do salario en función da xornada traballada, remuneración que recibirá de forma mensual con independencia da acumulación de xornada en xornadas completas.

23-bis.7. O traballador xubilado parcialmente ó amparo do presente Plan está obrigado a solicitar a xubilación ordinaria ao cumplir a idade de xubiliación ordinaria prevista no artigo 161.1.a) e na disposición transitoria Vixéxima da Lei xeral da Seguridade Social, data na que quedará extinta a sua relación contractual coa empresa pasando a situación de xubilado total a todos os efectos.

CAPÍTULO VIII.-ACCIÓN SINDICAL.

Artigo 24.-Dereitos sindicais.

En todo o concernente aos aspectos sindicais dentro e fóra das empresas, estarase ao que sobre esta materia dispón o vixente Estatuto das persoas traballadoras e a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Artigo 25.-Garantías das persoas representantes das persoas traballadoras.

Os membros do comité de empresa e os delegados/delegadas de persoal terán as garantías que se establecen no artigo 68 do texto refundido da Lei do estatuto das persoas traballadoras e as que se determinen a continuación:

a) Non se computará dentro do máximo legal de horas mensuais dispoñibles para o exercicio das súas funcións de representación, o exceso que sobre o mesmo se produzan con motivo da designación de delegados-delegadas de persoal ou membros do comité de empresa como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados, e polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada o ámbito da negociación referido.

b) Sen pasar o máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuidas de que dispoñen os membros de comités de empresa ou delegados-delegadas de persoal, a fin de prever a asistencia dos mesmos a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institucións de formación e outras entidades.

CAPÍTULO IX.-SEGURIDADE E HIXIENE NO TRABALLO.

Artigo 26.-Seguridade e hixiene.

Será obrigatoria a utilización de computadores de filtros ou monitores que cumpran a normativa vixente.

As mulleres embarazadas estarán exentas de traballos continuados nas fotocopiadoras.

Efectuaranse revisións médicas específicas (vista, costas, etc.) aos traballadores e traballadoras que desenvolvan os seus labores en equipos informáticos.

Artigo 27.-Revisións médicas.

Todas as empresas vinculadas ao presente convenio colectivo estarán obrigadas a solicitar do Centro Provincial do Servizo Social de Hixiene e Seguridade no Traballo, ou mutua patronal que cubra o risco de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal.

O tempo empregado para o devandito recoñecemento será abonado pola empresa.

CAPÍTULO X.-CÓMPUTOS E VINCULACIÓNS.

Artigo 28.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio formarán un todo orgánico indivisible e, consecuentemente, absorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera natureza que viñesen anteriormente satisfacendo as empresas, ben por imperativo legal, convenio colectivo, etc.

Artigo 29.-Vinculación á totalidade.

Como se cita no artigo anterior, as condicións establecidas no presente convenio e pactadas polas partes deliberantes do mesmo, forman un todo orgánico e indivisible, en consecuencia, non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias normas con esquecemento das restantes, senón que, para todos os efectos, o presente convenio haberá de ser aplicado e observado na súa integridade.

No caso de que a xurisdición competente, no exercicio das súas facultades, declarase nulo, total ou parcialmente algún artigo, o presente convenio quedará invalidado na súa totalidade, levándose a cabo unha nova negociación.

Artigo 30.-Inaplicación do convenio colectivo.

Para dar cumprimento pleno ao pactado no presente convenio ao longo de toda a súa vixencia, as empresas deberán comunicar con 10 días de antelación á comisión paritaria a intención de proceder á inaplicación do presente convenio colectivo.

Unha vez realizado este trámite e cando concorran causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, por acordo entre a empresa e os representantes legais dos traballadores, poderá procederse, previo desenvolvemento dun período de consultas nos termos do art. 41.4 do ET a inaplicar na empresa as condicións de traballo previstas no presente convenio, e que afectan ás seguintes materias:

a) Xornada de traballo.

b) Horario e distribución do tempo de traballo.

c) Réxime de traballo a quendas.

d) Sistema de remuneración e contía salarial.

e) Sistema de traballo e rendemento.

f) Funcións, cando excedan dos límites que para a mobilidade funcional prevé o art. 39 do ET.

g) Melloras voluntarias da acción protectora da Seguridade Social.

O concepto de causas económicas, técnicas, organizativas e de produción vén desenvolvido no art. 82 do ET.

Nos supostos de ausencia de representantes legais das persoas traballadoras observarase o disposto no art. 41.4 do ET.

Cando o período de consultas termine en acordo, presumirase que concorren as causas xustificativas alegadas pola empresa e só poderá ser impugnado ante a xurisdición social pola existencia de fraude, dolo, coacción ou abuso de dereito na súa conclusión.

O acordo deberá determinar con exactitude as novas condicións de traballo apliclables na empresa e a súa duración, que non poderá prolongarse máis aló do momento en que resulte aplicable un novo convenio.

O acordo deberá ser notificado á comisión paritaria do convenio.

En caso de desacordo durante o período de consultas, a empresa deberá someter a discrepancia á comisión paritaria do convenio, que disporá dun prazo máximo de sete días para pronunciarse, contando desde que a discrepancia se suscitou.

Cando esta non alcance un acordo, a empresa deberá recorrer ao procedemento de mediación ante o AGA no prazo do quince días seguintes ao pronunciamiento da comisión paritaria. Se tampouco se conseguise acordo no AGA, someteranse as discrepancias a unha arbitraxe vinculante cuxo laudo terá a mesma eficacia que os acordos conseguidos no período de consultas e só poderá ser impugnado nos termos establecidos no art. 91 do ET.

Artigo 31.-Categorías profesionais.

As definicións das categorías profesións son as seguintes, e ás que corresponden os niveis salariais que a continuación se indican:

SECCIÓN PRIMEIRA Titulados/as.

a) Persoal titulado.- É o que se acha en posesión dun título ou diploma oficial de grao superior ou medio, que está unido á empresa por un vínculo de relación laboral concertado en razón do título que posúe, para exercer funcións específicas para as que o mesmo o habilite e sempre que preste os seus servizos na empresa con carácter exclusivo ou preferente por un soldo, sen suxeción á escala habitual de honorarios da súa profesión.

SECCIÓN SEGUNDA Persoal administrativo.

a) Xefes/as superiores.-Son aqueles que, provistos ou non de poderes, baixo a dependencia directa da dirección ou xerencia, levan a responsabilidade directa de dúas ou máis departamentos ou dunha sucursal, delegación ou axencia.

Asimilaranse a esta categoría o profesional con dous ou máis xefes ás súas ordes.

b) Xefe/a de primeira.-É o empregado capacitado que, provisto ou non de poderes, actúa ás ordes inmediatas do xefe superior, se o houber, e leva a responsabilidade directa dun ou máis servizos. Quedan adscritos a esta categoría aquelas persoas que organizan e constrúen a contabilidade da empresa.

c) Xefe/a de segunda.-É o empregado que, provisto ou non de poderes, ás ordes inmediatas dun xefe de primeira, se o houber, está encargado de orientar, dirixir e dar unidade a unha sección, distribuíndo os traballos entre o persoal que del dependa. Quedan adscritos a esta categoría os caixeiros con firma, con ou sen empregados ás súas ordes.

d) Oficial de primeira.-É aquel empregado que actúa ás ordes dun xefe, se o houber, e que baixo a súa propia responsabilidade realiza traballos que requiren iniciativa. Quedan adscritos a esta categoría os caixeiros/as sen firma, así como os/as telefonistas-recepcionistas, capacitados para expresarse en dous ou máis idiomas estranxeiros.

e) Oficial de segunda.-É o empregado/a que con iniciativa e responsabilidade restrinxida e subordinado a un xefe/a ou oficial de primeira, se os houbese, realiza traballos de carácter secundario que só esixen coñecementos xerais da técnica administrativa. Quedan adscritos a esta categoría os telefonistas-recepcionistas cun idioma estranxeiro.

f) Auxiliar.-É o empregado/a que se dedica a operacións elementais administrativas e en xeral ás puramente mecánicas inherentes ao traballo da oficina ou despacho. Quedan adscritos a esta categoría os telefonistas-recepcionistas e cobradores.

SECCIÓN TERCEIRA Técnicos/as.

a) Xefe/a de Informática.-É o técnico/a que ten ao seu cargo a dirección e planificación das distintas actividades que coinciden na instalación e posta en explotación dun computador de tipo grande, medio ou pequeno, así como responsabilidade de equipos de análises de aplicacións e programación. Así mesmo, compételle a resolución de problemas de análises e programación das aplicacións normais de xestión susceptibles de ser desenvolvidas polos mesmos.

b) Analista.-Verifica análises orgánicas de aplicacións para obter a solución mecanizada das mesmas en todo canto se refire a:

– Cadea de operacións a seguir.

– Documentos a obter.

– Deseño dos mesmos.

– Ficheiro a tratar: a súa definición.

– Posta a piques das aplicacións.

– Creación de xogos de ensaio.

– Enumeración das anomalías que poden producirse e definición do seu tratamento.

– Colaboración ao programa das probas de “lóxica” de cada programa.

– Finalización dos expedientes técnicos de aplicacións complexas.

c) Programador/a.-Correspóndelle estudar os procesos de complexos definidos polos analistas, confeccionando organigramas detallados de tratamento. Redactar programas na linguaxe de programación que lle indicou. Confeccionar xogos de ensaio, pór a punto os programas e completar os expedientes técnicos dos mesmos. Documentar o manual de consola.

d) Xefe/a de delineación.-É a persoa que ten a responsabilidade do grupo ou grupos de delineación, ocupándose da recepción e distribución dos traballos, asesorando aos delineantes na perfecta realización dos mesmos.

e) Xefe/a de explotación.-Ten por misión planificar, organizar e controlar a explotación de todo o equipo de tratamento da información ao seu cargo, realizar as funcións que corresponden a un operador de consola e a dirección de equipos de control.

f) Delineante proxectista.-É o empregado/a que, dentro das especialidades propias da sección en que traballa, proxecta, detalla e está capacitado para o desenvolvemento de proxectos complexos segundo lle indique o técnico superior, a cuxas ordes actúa, ou o que, sen superior inmediato, realiza o que persoalmente concibe segundo os datos e condicións técnicas esixidas polos clientes ou pola empresa.

g) Delineante.-É o que se ocupa de realizar as operacións de imputación en máquinas principais de proceso de datos, coñecendo perfectamente as posibilidades e recursos do equipo, para lograr o súa mellor e máis idónea utilización, interpretando e desenvolvendo as instrucións e ordes para a súa explotación, estando capacitado para o desenvolvemento de proxectos sinxelos, levantamento e interpretación de planos e traballos análogos, póndose se é necesario ás ordes dun delineante proxectista se o houbese.

SECCIÓN CUARTA Especialistas.

a) Operador/a xefe de máquinas básicas.-É o responsable que se ocupa de realizar operacións de máquinas auxiliares de proceso de datos, ou análogas b) Operador/a de tabuladores, inspector/a de entrevistadores, debuxante, encargado/a de departamento de reprografía.- É o empregado/a que confecciona toda clase de rótulos, carteis e debuxos de carácter sinxelo, controla ou inspecciona un grupo de entrevistadores ou se encarga dun departamento de reprografía, desenvolvendo o traballo desta índole baixo a dirección dun superior.

c) Operador/a de máquinas básicas, enquisador/a.-É o empregado/a que realiza operacións en maquinas básicas ou entrevistas mediante un cuestionario estandarizado que consegue, no espazo dunha xornada, un mínimo de entrevistas, axustándose en todo ás normas sinaladas polas empresas.

d) Auxiliar especialista de oficina técnica.-É o traballador, que realiza debuxos en papel ou funcións similares, apoiando ao Delineante nas súas funcións.

SECCIÓN QUINTA.

a) Conserxe.-Ten como misión especial vixiar as portas e accesos aos locais da empresa.

b) Ordenanza.-Terá esta categoría o subalterno cuxa misión consista en facer recados dentro ou fóra da oficina, recoller e entregar correspondencia, así como outros traballos secundarios ordenados polo seu xefe.

SECCIÓN SEXTA Oficios varios.

a) Encargado/a.-É a persoa especialista no seu labor que, baixo as ordes directas dun superior, se o houber, dirixe os traballos dunha sección, coa responsabilidade consecuente sobre a forma de ordenar a realización dos traballos a efectuar.

b) Condutor/a-oficial de primeira.-Inclúe ao persoal que realiza os traballos propios dun oficio calquera das categorías sinaladas.

c) Condutor/a-oficial de segunda.-Inclúe ao persoal que realiza os traballos propios dun oficio calquera das categorías sinaladas.

d) Limpador/a.-Inclúe ao persoal que realiza os traballos propios dun oficio calquera que non corresponde ao traballo propio de oficina dentro dos locais da empresa. Os/as condutores/as de automóbiles serán considerados oficiais de primeira se executan toda clase de reparacións que non esixan elementos de taller. Nos demais casos serán, como mínimo, oficiais de segunda.

DISPOSICIÓN ADICIONAL. PROTOCOLO DE ACTUACIÓN CONTRA O ACOSO SEXUAL, ACOSO POR RAZÓN DE SEXO E ACOSO PSICOLÓXICO.

As partes asinantes deste convenio, empresarios e sindicatos, manifestan o seu máis profundo rexeitamento a calquera tipo de situación, actitudes e comportamentos constitutivos de acoso sexual ou acoso por razón de sexo ou psicolóxico.

As empresas afectadas por este convenio comprométense así, a actuar de maneira efectiva, poñendo en marcha os mecanismos necesarios para conseguir que os lugares de traballo estean libres de situacións de acoso tanto o sexual, por razón de sexo ou psicolóxico, mediante o establecemento de medidas preventivas especificas.

Con ese fin, e de acordo o establecido na Ley 3/2007 de igualdade de xénero e o Real Decreto 901/2020 que regulan os planes de igualdade e o seu registro, acórdase regular a través dun protocolo aquelas situacións constitutivas de acoso no ámbito laboral, segundo as definicións contempladas na Lei Orgánica 3/2007 (EDL 2007/12678), así como as medidas para implantar tanto para previr como para dar solución ás reclamacións que se produzan por tal concepto, no ámbito das empresas.

As actuacións dispostas levarán a cabo coas debidas garantías e tomando en consideración a normativa laboral de referencia e as declaracións de principios e dereitos fundamentais no traballo.

DISPOSICIÓN FINAL.

Ambalasdúas partes acordan a incorporación aplicación dos novos aspectos da Lei de igualdade que non están incluídos no convenio ou que se modifican con esta nova lei e os novos aspectos en materia de prevención de riscos laborais e Lei de dependencia que non contemple este convenio e calquera aspecto doutra lei de aspecto social que durante a vixencia deste convenio puidese incidir no contido deste.

NIVEIS POR CATEGORÍAS PROFESIONAIS.

ANEXO TABOAS SALARIAIS SUXEITAS ÁS REVISIÓNS SALARIAIS ESTABLECIDAS NO ART. 12.

Las tablas puede mostrar años anteriores (comparar), desplaza hasta ver el año en curso

CONVENIO COLECTIVO DE OFICINAS Y DESPACHOS DE LA CORUÑA







CONVENIO COLECTIVO (BOP NÚMERO 30 - JUEVES, 13 DE FEBRERO DE 2014)




Artigo 8.-Xornada de traballo

Horas extraordinarias ... incremento do 75% sobre a hora ordinaria






Artigo 16.-Gratificacións extraordinarias 2 dunha mensualidade do salario base máis antigüidade






Artigo 15.-Antigüidade.

Desde o día 1 de xaneiro de 1989... cuadrienios do 5% do salario base






Artigo 19.-Dietas e desprazamentos.

a) Para o ano 2012.

Por almorzo: 6,00
Por comida: 18,00
Por cea: 13,00
Por aloxamento: pernocta pagada cun límite máximo de 60,00
b) Para o ano 2013.

Por almorzo: 6,06
Por comida: 18,18
Por cea: 13,13
Por aloxamento: pernocta pagada cun límite máximo de 60,00
c) Para o ano 2014.

Por almorzo: 6,16
Por comida: 18,45
Por cea: 13,33
Por aloxamento: pernocta pagada cun límite máximo de 60,00



A quilometraxe será a razón de 0,19 céntimos o quilómetro, ...






ANEXO.-TÁBOA DE NIVEIS SALARIAIS




ANO 2012




NIVEIS EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.467,51 20.545,14
2 1.324,55 18.543,70
3 1.305,60 18.278,40
4 1.264,81 17.707,34
5 1.184,52 16.583,28
6 1.159,65 16.235,10
7 1.104,47 15.462,58
8 1.063,45 14.888,30
9 1.019,86 14.278,04
10 1.003,70 14.051,80



ANO 2013




NIVEIS EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.482,19 20.750,59
2 1.337,80 18.729,14
3 1.318,66 18.461,18
4 1.277,46 17.884,41
5 1.196,37 16.749,11
6 1.171,25 16.397,45
7 1.115,51 15.617,21
8 1.074,08 15.037,18
9 1.030,06 14.420,82
10 1.013,74 14.192,32



ANO 2014




NIVEIS EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.504,42 21.061,85
2 1.357,86 19.010,07
3 1.338,44 18.738,10
4 1.296,62 18.152,68
5 1.214,31 17.000,35
6 1.188,82 16.643,41
7 1.132,25 15.851,46
8 1.090,20 15.262,74
9 1.045,51 14.637,13
10 1.028,94 14.405,20









REVISIÓN SALARIAL (BOP NÚMERO 236 - JUEVES, 15 DE DICIEMBRE DE 2022)







código de convenio 15001075011981






TABLAS:




AÑO 2015

NIVEL EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.519,46 21.272,47
2 1.371,44 19.200,17
3 1.351,82 18.925,48
4 1.309,59 18.334,21
5 1.226,45 17.170,35
6 1.200,71 16.809,84
7 1.143,57 16.009,97
8 1.101,10 15.415,37
9 1.055,97 14.783,51
10 1.039,23 14.549,25






AÑO 2016

NIVEL EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.534,66 21.485,19
2 1.385,15 19.392,17
3 1.365,34 19.114,74
4 1.322,68 18.517,55
5 1.238,72 17.342,06
6 1.212,72 16.977,94
7 1.155,01 16.170,07
8 1.112,11 15.569,52
9 1.066,52 14.931,35
10 1.049,62 14.694,74






AÑO 2017

NIVEL EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.550,01 21.700,05
2 1.399,00 19.586,09
3 1.379,00 19.305,88
4 1.335,91 18.702,72
5 1.251,10 17.515,48
6 1.224,84 17.147,72
7 1.166,56 16.331,78
8 1.123,23 15.725,22
9 1.077,19 15.080,66
10 1.060,12 14.841,69






AÑO 2018

NIVEL EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.565,51 21.917,05
2 1.412,99 19.781,96
3 1.392,79 19.498,94
4 1.349,27 18.889,75
5 1.263,62 17.690,63
6 1.237,09 17.319,20
7 1.178,22 16.495,09
8 1.134,47 15.882,47
9 1.087,96 15.231,47
10 1.070,72 14.990,11






AÑO 2019




NIVEL EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.581,16 22.136,22
2 1.427,12 19.979,77
3 1.406,71 19.693,93
4 1.362,76 19.078,65
5 1.276,25 17.867,54
6 1.249,46 17.492,39
7 1.190,01 16.660,04
8 1.145,81 16.041,29
9 1.098,84 15.383,78
10 1.081,43 15.140,01






AÑO 2020

NIVEL EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.596,97 22.357,58
2 1.441,40 20.179,57
3 1.420,78 19.890,87
4 1.376,39 19.269,44
5 1.289,01 18.046,21
6 1.261,96 17.667,32
7 1.201,91 16.826,64
8 1.157,27 16.201,71
9 1.109,83 15.537,62
10 1.092,24 15.291,41






AÑO 2021

NIVEL EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.612,94 22.581,15
2 1.455,81 20.381,37
3 1.434,99 20.089,78
4 1.390,15 19.462,13
5 1.301,90 18.226,68
6 1.274,58 17.843,99
7 1.213,93 16.994,91
8 1.168,84 16.363,72
9 1.120,93 15.693,00
10 1.103,16 15.444,32






AÑO 2022

NIVEL EUROS/MES EUROS/AÑO
1 1.629,07 22.806,97
2 1.470,37 20.585,18
3 1.449,34 20.290,68
4 1.404,05 19.656,75
5 1.314,92 18.408,94
6 1.287,32 18.022,43
7 1.226,06 17.164,86
8 1.180,53 16.527,36
9 1.132,14 15.849,93
10 1.114,19 15.598,77



\\\\\




CONVENIO COLECTIVO (BOP NÚMERO 112 - MIÉRCOLES, 14 DE JUNIO DE 2023)







código 15001075011981






Artigo 8.-Xornada de traballo

Horas extraordinarias ... incremento do 75% sobre a hora ordinaria






Artigo 16.-Gratificacións extraordinarias 2 dunha mensualidade do salario base máis antigüidade






Artigo 17.-Contratos eventuais e contratos formativos para a obtención da práctica profesional

2. Contratos formativos para a obtención da práctica profesional 80% respecto do salario fixado en convenio






Artigo 19.-Dietas e desprazamentos

Por almorzo: 6,16
Por comida: 18,45
Por cea: 13,33
Por aloxamento: pernocta pagada cun límite máximo de 60,00
A quilometraxe será a razón de 0,19 céntimos o quilómetro






ANEXO TABOAS SALARIAIS SUXEITAS ÁS REVISIÓNS SALARIAIS ESTABLECIDAS NO ART. 12







A PARTIR DE 1 XUÑO AÑO 2023




NIVEL euros/MES
1 1.710,52
2 1.543,89
3 1.521,81
4 1.474,26
5 1.380,67
6 1.351,69
7 1.287,37
8 1.239,56
9 1.188,74
10 1.169,90



AÑO 2024

NIVEL euros/MES euros/ANO
1 1.761,84 24.665,73
2 1.590,20 22.262,87
3 1.567,46 21.944,37
4 1.518,48 21.258,78
5 1.422,09 19.909,27
6 1.392,24 19.491,26
7 1.325,99 18.563,80
8 1.276,74 17.874,34
9 1.224,41 17.141,69
10 1.205,00 16.870,07



AÑO 2025

NIVEL euros/MES euros/ANO
1 1.797,08 25.159,05
2 1.622,01 22.708,13
3 1.598,81 22.383,25
4 1.548,85 21.683,95
5 1.450,53 20.307,46
6 1.420,08 19.881,08
7 1.352,51 18.935,07
8 1.302,28 18.231,83
9 1.248,89 17.484,53
10 1.229,10 17.207,47