Convenio Colectivo Limpieza de Edificios y Locales de Lugo

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
2019/01/01 - 2021/12/31

Duración: TRES AÑOS

Publicación:

2021/06/10

BOP LUGO 130

CONVENIO

Ámbito: Provincial
Área: Lugo
Código: 27000335011981
Actualizacion: 2021/06/10
Convenio Colectivo Limpieza De Edificios y Locales. Última actualización a: 10-06-2021 Vigencia de: 01-01-2019 a 31-12-2021. Duración TRES AÑOS. Última publicación en BOP LUGO 130 del tipo: CONVENIO.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

Tabla de contenidos

Índice

CONVENIO COLECTIVO (BOP N.º 130 – XOVES, 10 DE XUÑO DE 2021)

Visto o texto do Convenio Colectivo para o sector de Limpeza de Edificios e Locais da provincia de Lugo, (Código 27000335011981), asinado o día 10 de maio de 2021, pola representación empresarial e das centrais sindicais C.I.G., U.G.T. e CC.OO., como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo

ACORDO:

PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 3 de xuño de 2021.

A xefa territorial, Pilar Fernández López.

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA O SECTOR DE LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS DE LUGO.

CAPITULO I. Ámbito de aplicación e duración.

Artigo 1º. Ámbito Territorial e Persoal.

As estipulacións deste Convenio Colectivo teñen carácter de mínimas e son de aplicación a todo o persoal que presta os seus servizos nas empresas adicadas á Limpeza de Edificios e Locais que realizan os seus traballos na provincia de Lugo, aínda cando o domicilio social das empresas radique noutra provincia.

Artigo 2º. Ámbito Temporal.

A vixencia do presente Convenio iniciase o 1 de xaneiro de 2019 e remata o 31 de decembro do 2021. Chegado o remate da vixencia, o presente Convenio se considerará denunciado automáticamente.

Non obstante, a denuncia do Convenio non significa modificación algunha na aplicación do seu texto articulado e obrigas salariais, que continuarán vixentes prorrogados tácitamente de ano en ano ata a sustitución polo novo, nos termos que as partes establezcan.

CAPITULO II. Xornada, vacacións, horas extraordinarias, licenzas e contratación eventual.

Artigo 3º. Xornada Laboral.

A xornada laboral establécese nun máximo de 39 horas semanais efectivas de traballo para todos os traballadores afectados polo presente Convenio.

Os días 24 e 31 de decembro e o Sábado Santo consideraranse con carácter xeral como xornada non laborable.

Sen embargo, nos casos que sexa necesario, por así demandalo a empresa ou organismo arrendatario dos servizos de limpeza, o persoal que presta servizos nestes centros de traballo estará obrigado a realizar un servizo mínimo nas seguintes condicións: a xornada de traballo verase reducida na metade do tempo da que se realiza habitualmente, rematando os labores antes das 18:00 horas. Nestes casos a empresa e a representación dos traballadores negociarán a forma de compensar, ben económicamente a través do plus de traballo en domingos e festivos previsto no Artigo 18º do presente Convenio, ben mediante descansos, a reducción antes aludida. Tal compensación negociarase igualmente para aquelas persoas que, pola natureza do traballo que desenvolvan, realicen as súas funcións en quendas rotatorias, persoas que se exceptúan das reduccións horarias previstas neste Artigo.

Artigo 4º. Descansos.

Todo persoal traballador que en cómputo semanal realice 39 horas de traballo efectivo terá dereito a vinte minutos de descanso, computable para todos os efectos como tempo de traballo.

O dito descanso gozarase da seguinte maneira:

A) Persoal en quenda de mañá: entre as 11,00 e as 11,20 horas.

B) Persoal en quenda de tarde: entre as 18,00 e as 18,20 horas.

1. C) Persoal cunha xornada que non coincida coas quendas sinaladas anteriormente: nos vinte minutos seguintes á metade da xornada.

2. D) Persoal en xornada de mañá e tarde: nos vinte minutos seguintes á metade do horario de mañá.

Artigo 5º. Vacacións.

O período de vacacións será con carácter xeral de 30 días naturais e serán gozadas entre os meses de xuño e setembro, salvo petición concreta do persoal traballador interesado noutra data.

Non obstante o sinalado, naqueles casos nos que o persoal traballador, por causas organizativas da empresa, teña que disfrutar as súas vacacións de xeito partido, terá dereito a 31 días naturais de vacacións.

O persoal de novo ingreso ou que non devengue vacacións completas terá dereito a gozar no dito ano un número de días proporcional ao tempo de servizo.

Cando un traballador/a preste servizos para dúas ou mais empresas, deberán estas poñerse de acordo sobre a data de disfrute do período vacacional. No caso de discrepancia reunirase, preceptivamente, a Comisión Mixta Paritaria do Convenio prevista na Disposición Final Primeira.

O persoal deberá concretar antes do fin do mes de febreiro a petición de vacacións para que, unha vez planificadas as necesidades da empresa e oída a representación sindical, se faga pública no taboleiro de anuncios da mesma, antes do 1º de abril, a relación definitiva de quendas. O persoal traballador poderá establecer quendas rotativos para sucesivos anos.

En calquera caso, e con independencia do sistema establecido, cabe a posibilidade de permuta de datas de goce entre o persoal traballador sempre que non haxa problemas de tipo organizativo.

Cando o período de vacacións fixado no calendario de vacacións da empresa coincida no tempo cunha incapacidade temporal derivada do embarazo, o parto, a lactancia natural ou o período de suspensión do contrato de traballo previsto nos artigos 48.4 e 48.bis do Estatuto dos Traballadores, se terá dereito a disfrutar as vacacións en data distinta á da incapacidade temporal ou á de disfrute do permiso que lle correspondera, ao rematar o período de suspensión, aínda que rematase o ano natural a que correspondan.

No suposto de que o período de vacacións coincida cunha incapacidade temporal por continxencias distintas ás sinaladas no parágrafo anterior que imposibilite ao traballador/a disfrutalas, total ou parcialmente, durante o ano natural a que corresponden, o traballador/a poderá facelo unha vez remate a súa incapacidade e sempre que non trancurriran máis de 18 meses a partir do remate do ano no que se orixinaran.

Durante o período de vacacións non se percibirá o sobresoldo de convenio (que sustitúe ao sobresoldo de transporte) nin o sobresoldo de asistencia, salvo que o persoal traballador perciba ditos sobresoldos prorrateados en doce mensualidades.

Artigo 6º.-Horas Extraordinarias.

Soamente se realizarán motivadas por forza maior ou as estructurais, entendendo por tales, ademais das previstas no Decreto regulador, as necesidades por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, baixas de enfermidade ou accidente que non motiven substitución superior a 15 días, por permisos retributivos e polo tempo debido a desprazamentos.

As duas primeiras horas extraordinarias aboaranse cun recargo sobre o valor da hora ordinaria de traballo do 25% e o resto cun recargo do 50%.

Artigo 7º. Licenzas retribuídas.

Estarase ao establecido no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

En todo caso, o persoal traballador, avisando coa suficiente antelación e posterior xustificación, terá dereito aos seguintes permisos retribuídos:

a) 18 días naturais en caso de matrimonio.

b) 2 días naturais por cambio de domicilio.

c) 4 días naturais por falecemento, accidente ou enfermedade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise reposo domiciliario, de parientes de primeiro grado por consanguinidade ou afinidade que convivan co traballador/a. Se o feito ocorrera noutra provincia, o permiso ampliarase a dous días naturais máis.

d) 3 días naturais por falecemento, accidente ou enfermedade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise reposo domiciliario,de parientes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao. Se o feito ocorrera noutra provincia, o permiso ampliarase a dous días naturais máis.

e) 3 días naturais por nacemento de fillo ou filla.

f) 1 día por matrimonio de fillos/as sempre que o día de disfrute da licenza sexa coincidente co día de celebración do matrimonio.

g) Polo tempo necesario ata un máximo de 16 horas anuais para asistir a consulta médica, podéndose fraccionar estas ausencias. Dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo as horas anuais máximas para asistir a consulta médica quedan fixadas en 20.

h) Dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, polo tempo necesario ata un máximo de 16 horas anuais para acompañamento de fillos/as menores de 14 anos ao pediatra de atención primaria do Sergas ou especialista da Seguridade Social derivado polo pediatra, sempre que o horario de traballo coincida co horario de consulta médica.

i) Polo tempo necesario para concurrir a exames de oposicións.

j) Polo tempo necesario para o cumprimento de deberes públicos.

k) 7 días sen retribuir para asuntos propios e 4 días retribuidos coa mesma finalidade.

Os días de asuntos propios, que non serán acumulables a vacacións ou festivos e cuxo disfrute será proporcional á prestación de servizos ao longo do ano, solicitaranse, como norma xeral, con 7 días de anticipación á data na que se pretenda o seu disfrute, salvo que concurran causas non coñecidas con antelación que imposibiliten o preaviso.

Sen perxuízo de que non será preciso alegar razóns para solicitar os días de asuntos propios nin presentar xustificación ningunha, a empresa poderá denegar motivamente o seu disfrute en datas concretas por razóns organizativas tales como períodos de maior actividade ou ausencias imprevistas.

As licenzas e permisos recoñecidos no presente Convenio a favor dos cónxuxes se recoñecen igualmente para as parellas de feito previa a xustificación de tal condición conforme á normativa vixente.

Artigo 8º. Excedencias

1. O persoal traballador con polo menos unha antigüedade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a catro meses e non maior a cinco anos. Este dereito só poderá ser exercitado outra vez polo mesmo traballador/a se transcorreron catro anos dende o final da anterior excedencia.

2. O persoal traballador terá dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atender ao coidado de cada fillo/a, tanto cando sexa por natureza como por adopción, a contar dende a data do seu nacemento.

Os sucesivos fillos/as darán dereito a un novo período de excedencia que, no seu caso, porá fin ao que se viñese disfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar este dereito.

O período de excedencia conforme ao establecido neste artigo será computable para os efectos de antigüedade e o persoal traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, a cuxa participación deberá ser convocado polo empresario. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do posto de traballo. Transcurrido dito prazo a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

3. Tamén poderá solicitar o seu paso á situación de excedencia na empresa o persoal traballador que exercite funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

4. Dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, o persoal traballador que acredite a lo menos tres anos de antigüedade na empresa poderá solicitar unha excedencia voluntaria especial por un período non inferior a 6 meses nin superior a 2 anos. Durante estes dous anos o traballador/a terá dereito á reserva do seu posto de traballo, poidendo ser cuberta esta excedencia voluntaria especial con reserva de posto de traballo mediante contrato de interinidade durante o tempo de reserva do posto.

4. O traballador/a excedente conserva só un dereito preferente ao reingreso nas vacantes de igual o similar categoría á súa que se produciran na empresa, agás no caso de excedencia por coidado de fillo/a menor durante o primeiro ano de excedencia, nos casos de excedencia forzosa e no caso de excedencia voluntaria especial nos termos establecidos no apartado anterior.

Artigo 9º. Contratación laboral

A. No uso da posibilidade prevista no Artigo 15.1b) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores, no ámbito de aplicación do presente Convenio poderanse concertar os contratos eventuais previstos no devandito artigo cunha duración máxima de doce meses dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes, sin que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

B. A partes firmantes acordan que nos supostos de conversión en indefinido dos contratos de traballo por tempo determinado regulados no Real Decreto-Lei 8/1.997 e Lei 63/1.997, farase constar obrigatoriamente no modelo de contrato as seguintes claúsulas:

1. O centro ou centros de traballo no que o traballador/a presta os seus servizos.

2. Que no caso de producirse un despido por causa obxetivas declarado improcedente a indemnización que, no seu caso, se aboará ao traballador/a será a razón de corenta e cinco días de salario por ano de servizo, prorrateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e ata un máximo de corenta e dúas mensualidades.

CAPITULO III. Mellora das condicións de traballo.

Artigo 10º. Situacións particulares.

Durante o embarazo, a muller traballadora terá dereito a que se lle asine un posto de traballo que esixa menos esforzo físico que o que vén realizando habitualmente, se iso fose posible e existise o dito posto de traballo. Calqueira traballadora embarazada non estará obrigada en ningún caso a desenvolver as súas funcións en lugares radiactivos, infecciosos ou perigosos para o embarazo.

Artigo 11º. Recoñecementos médicos.

De conformidade co establecido na Lei de Prevención de Riscos Laborais e a súa normativa de desenvolvemento, as empresas virán obrigadas a vixiar periódicamente o estado de saúde do persoal traballador en función dos riscos inherente ao traballo, debendo integrarse tales medidas na planificación da actividade preventiva ou Plan de Prevención da empresa.

Para tales efectos as medidas a desenvolver en materia de vixiancia da saúde axustaranse aos distintos riscos resultantes de tal avaliación.

Pola súa banda, o persoal traballador virá obrigado a someterse a cantos recoñecementos médicos dispoñan as empresas a cargo destas, tanto en situación activa coma en situación de I.T. ou análoga.

Artigo 12º. Roupa de Traballo.

As empresas entregarán aos traballadores/as a roupa e material de traballo necesarios, en cada caso, para o desenvolvemento das funcións que teñan asignadas, sendo de obrigado cumprimento a entrega anual mínima de dous uniformes e dous pares de calzado. Así mesmo entregaranse luvas, calzado e roupas de auga aos traballadores/as que presten servizos en exteriores. Nestes casos o traballador/a estará obrigado ao correcto emprego de tales prendas.

O uniforme estará formado con carácter xeral por pixama, salvo acordo entre a empresa e o traballador/a para o uso de bata.

CAPITULO IV. Adscrición de Persoal.

Artigo 13º. Adscrición de Persoal.

PRIMEIRO. Supostos de subrogación:

a). Cando a empresa na que se viñese realizando o servizo de limpeza a través dun contratista, tome ao seu cargo, directamente, o dito servizo, non estará obrigada a continuar co persoal que viñera prestando servizos ao contratista concesionario, se a limpeza a realizase cos traballadores/as do seu cadro de persoal e, polo contrario, deberá incorporalos á mesma (subrogación) se, para o referido servizo de limpeza, debera contratar novo persoal.

Cando a empresa principal rescinda o servizo de limpeza a un contratista e tome ao seu cargo dito servizo por tempo non superior a seis meses, si se probase fidedignamente que os servizos se reiniciaron por un novo contratista antes de transcorridos os seis meses referidos, non desaparecerá o carácter vinculante deste artigo, tendo o persoal da empresa saínte dereito a ser adscrito polo novo contratista dende o momento en que este tivera coñecemento do interese dos traballadores/as na adscrición.

Para os efectos previstos neste apartado, as empresas de limpeza incluirán nos contratos de arrendamento de servizos de limpeza que formalicen coa empresa principal unha cláusula ou estipulación pola que ambas partes contratantes se obriguen ao cumprimento desde apartado.

b). Cando se produza un cambio de contratista na concesión do servizo de limpeza, o persoal que desenvolvera a súa xornada laboral, total ou parcialmente nun determinado centro de traballo ou contrata, pasará, ao vencemento da concesión, á nova adxudicataria de tal servizo calquera que fose a súa vinculación xurídico-laboral coa empresa cesante, sempre que tivese no centro de traballo unha antigüidade mínima de seis meses. Dita antigüidade mínima será de catro meses dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Nos casos previstos neste apartado a nova adxudicataria subrogarase en todos os dereitos e obrigas da empresa saínte en orden á:

1. Categoría profesional, antigüidade, xornada, horario e centro de traballo.

2. Prestacións de Seguridade Social, tales como a situación na que os traballadores/as subrogados/as estiveran dados de alta nesta, tales como a consideración de traballadores/as “a xornada completa” por ser alta cun contrato a tempo parcial superior a 2/3 da xornada antes do 8 de decembro de 1993 ou a consideración de traballadores/as con xornada inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ao mes con dereito á totalidade das prestacións.

SEGUNDO.

O dereito de subrogación cando proceda segundo o establecido nos apartados primeiro e segundo deste artigo, abarca os seguintes casos:

a). Persoal en activo.

b). Persoal que no momento do cambio ou rescisión da concesión do servizo de limpeza se atopen en situación de IT, excedencia, servizo militar ou situación análoga.

c). Persoal con contrato de interinidade que se atope substituíndo a persoal con dereito a subrogación, ata o momento da súa incorporación.

Se por esixencias do cliente tivera que ampliarse a contrata con persoal de novo ingreso, éste será incorporado pola empresa entrante.

TERCEIRO.

No suposto de producirse a adscrición do persoal establecida nos apartados primeiro e segundo do presente artigo, a mesma producirase nas seguintes condicións:

a). A nova empresa adxudicataria comunicará á empresa saínte, de xeito fidedigno, ser a nova adxudicataria do servizo de limpeza.

b). A empresa saínte estará obrigada a comunicar á empresa entrante ou nova adxudicataria o seu cesamento no servizo, así como a relación nominal do persoal que debe ser absorbido, incluíndo aos traballadores/as que, por atoparse en situación de suspensión do contrato de traballo, eventualmente, puideran chegar a instar a súa reincorporación ao mesmo posto de traballo que ocupaban anteriormente.

Igualmente deberán pór no seu coñecemento, no prazo de 48 horas, as condicións laborais do dito persoal (categoría profesional, antigüidade, xornada, horario, prestacións da Seguridade Social, incluído o disposto no Apartado Primeiro do presente Artigo, punto 2, etc.).

Ao fin de regular a comunicación dos datos aos que se fai referencia no presente apartado, se adxunta ao presente Convenio como Anexo I o denominado “documento de adscrición” ou de comunicación da empresa saínte á empresa entrante, documento cuio contido servirá asemesmo para a sinatura do documento de subrogación entre a empresa entrante e o persoal traballador subrogado.

c). A requerimento da nova empresa adxudicataria, a empresa saínte estará obrigada a acreditar documentalmente que se atopa ao corrente das súas obrigas respecto do persoal transvasado, mediante a exhibición das liquidacións finais e as nóminas e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondente aos tres últimos meses.

CUARTO.

O persoal que viñese prestando servizos en dous ou máis centros ou contratas, deberá pasar á situación legal de pluriemprego cando, con ocasión do cambio de titularidade dunha delas, tivera que chegar a depender de dous ou máis empresarios.

QUINTO.

De ningún xeito se producirá a adscripción do persoal no suposto do contratista que realice a primeira limpeza e non teña subscrito contrato de mantemento.

SEXTO.

O presente artigo será de obrigado cumprimento para as partes ás cales vincula (empresario principal, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador) sempre que non entre en contradicción co previsto no artigo 17, Subrogación do Persoal do Convenio Colectivo Estatal de Limpeza de Edificios e Locais, en cuio caso terá aplicación preferente este último, que operará a maiores como lexislación supletoria.

CAPITULO V. Retribucións.

Artigo 14º. Salario.

Durante o primeiro ano de vixencia do Convenio, esto é, para o período que vai dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2019, o persoal traballador percibirá os salarios establecidos en táboa salarial que se adxunta ao presente Convenio como Anexo II.

Estabrécese para o segundo ano de vixencia do Convenio, esto é, para o período que vai dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2020, un incremento salarial de 3,5% sobre os salarios vixentes no ano 2019, elo conforme á táboa salarial que se adxunta ao presente Convenio como Anexo III que reflicte dito incremento.

Estabrécese para o terceiro ano de vixencia do Convenio, esto é, para o período que vai dende o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021, un incremento salarial de 2% sobre os salarios vixentes no ano 2020, elo conforme á táboa salarial que se adxunta ao presente Convenio como Anexo IV que reflicte dito incremento.

O importe total que representa os incrementos pactados distribuirase da seguinte forma: 80% ao soldo base, 15% ao sobresoldo de asistencia e 5% ao sobresoldo de convenio.

Artigo 15º. Sobresoldo de Asistencia.

Os traballadores/as afectados por este Convenio percibirán durante cada un dos anos de vixencia do mesmo a cantidade mensual de sobresoldo de asistencia que consta nas táboas salariais anexas ao presente Convenio.

No caso de inasistencia sen dereito ao cobro do sobresoldo de asistencia, descontarase ao persoal traballador o importe resultante de dividir o importe anual do mesmo entre 274 por cada día de inasistencia. O importe mensual do sobresoldo de asistencia se calculará dividindo o importe anual vixente en cada momento entre 11 mensualidades, salvo o caso no que dito sobresoldo se abone durante o mes de vacacións, en cuio caso o importe anual dividirase en 12 mensualidades.

Artigo 16º. Sobresoldo de Convenio.

Os traballadores/as afectados por este Convenio percibirán durante cada un dos anos de vixencia do mesmo a cantidade mensual de sobresoldo de convenio que consta nas táboas salariais anexas ao presente Convenio.

As partes asinantes fan expresa aclaración de que o sobresoldo de convenio regulado neste artigo sustitúe ao sobresoldo antes denominado de transporte, polo que as cantidades xa abonadas aos traballadores/as baixo esta derradeira denominación durante a vixencia do presente Convenio consideraránse a todos os efectos como abonadas en concepto de sobresoldo de convenio.

O importe mensual do sobresoldo de convenio se calculará dividindo o importe anual vixente en cada momento entre 11 mensualidades, salvo que dito sobresoldo se abone durante o mes de vacacións, en cuio caso o importe anual dividirase en 12 mensualidades.

Artigo 17º. Sobresoldo Tóxico, Penoso e Perigoso.

En canto á regulación deste concepto e o seu aboamento, estarase ao disposto na Lexislación Xeral.

Os traballadores/as que realicen labores tóxicos, perigosos e penosos percibirán un incremento equivalente ao 20% do salario base da súa categoría; se estes labores se efectuaran soamente durante a metade da xornada ou en menos tempo, o plus será do 10%.

Artigo 18º. Sobresoldo de Traballo en Domingos e Festivos.

Os traballadores/as percibirán por este concepto dende o 1 de xaneiro de 2019 a cantidade de 22 euros por cada domingo ou día festivo no que realicen xornada laboral, con independencia das demais retribucións que, segundo o presente Convenio, puideran corresponderlles.

A partires do 1 de xaneiro de 2020 o importe do sobresoldo de traballo en domingos e festivos pasará a ser de 22,77 euros e a partires do 1 de xaneiro de 2021 de 23,23 euros.

O sobresoldo regulado no presente Artigo cobrarase na súa totalidade no caso de prestación de servizos a tempo completo en domingo ou festivo, aínda que o traballador con carácter xeral preste servizos na empresa a tempo parcial.

Artigo 19º. Sobresoldo de Nocturnidade.

O incremento por traballo nocturno consistirá nun 25% do salario base.

O sobresoldo de nocturnidade se percibirá exclusivamente polas horas traballadas cando se traballe en período nocturno mais dunha hora sen exceder de catro horas; se as horas traballadas durante o período nocturno exceden de catro horas, o sobresoldo se aboará como se a totalidade da xornada se producira en dito período.

Artigo 20º. Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade por cada período de tres anos de servizos prestados na mesma empresa.

O importe de cada trienio será para cada traballador dunha contía igual ao 4% do salario base.

A data inicial do cómputo da antigüidade será a do ingreso do traballador/a na empresa, e o importe de cada trienio comenzará a devengarse dende o primeiro día do mes seguinte ao seu vencemento.

Para o cómputo da antigüedade se terá en conta todo o tempo de servizo prestado na empresa computándose en todo caso o tempo de vacacións e licencias retribuidas, de incapacidade temporal, excedencia especial e maternidade.

O traballador/a que cese definitivamente na empresa e posteriormente reingrese de novo na mesma só terá dereito a que se lle compute a antigüedade dende a data do novo ingreso, perdendo todos os dereitos de antigüedade anteriormente obtidos.

Artigo 21º. Gratificacións Extraordinarias.

Os traballadores/as terán dereito a dúas pagas extraordinarias, que serán percibidas o día laborable anterior ao 25 de xullo e 22 de decembro, respectivamente. As ditas pagas serán percibidas na contía de 30 días do salario base máis antigüidade.

Como norma xeral, o devengo das gratificacións extraordinarias previstas neste Artigo, así como a prevista no Artigo seguinte, será anual. Non obstante, aquelas empresas que veñan empregando o devengo semestral, haberán de especificar nas nóminas relativas ás gratificacións extraordinarias o emprego de tal devengo.

O tempo que o traballador/a permaneza en situación de I.T. será tido en conta como tempo de traballo efectivo aos efectos de devengo das gratificacións.

Artigo 22º. Paga de Beneficios.

A paga de beneficios será de 30 días.

Será percibida durante o primeiro trimestre do ano, de acordo con salario base, máis antigüidade vixente ao 31 de decembro do ano anterior.

O tempo en que o traballador/a permaneza en situación de I.T. será tido en conta como tempo de traballo efectivo en orden ao devengo da paga de beneficios.

Artigo 23º. Anticipos.

Os traballadores/as afectados polo presente Convenio, terán dereito a anticipos a conta do seus salarios cunha antelación mínima de 48 horas á data de pagamento. A este respecto, a mesma queda establecida nos días 15 de cada mes.

Artigo 24º. Axudas de custo (dietas).

Os desprazamentos a centros de traballo distintos do habitual e que non supoñan traslado devengará a favor dos/as traballadores/as que os efectúen unha axuda de custo (dieta) diaria do 55% do salario base da súa categoría profesional se iso lles obriga a efectuar unha soa comida fóra do seu enderezo. Se tal circunstancia motiva efectuar dúas comidas fóra do enderezo o axuda de custo diaria será do 100% do salario base e, no suposto en que se efectúe comida e pernocta fora do enderezo a citada contía será do 150% do salario base.

Artigo 25º. Pagamento de Nómina.

As empresas deberán aboar os salarios devengados no mes dentro dos catro primeiros días hábiles do mes seguinte. Dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo os salarios devengados no mes aboaránse dentro dos dous primeiros días hábiles do mes seguinte sempre que dito prazo de dous días hábiles non supere os catro primeiros días naturais do mes.

Artigo 26º. Persoal de Xornada Limitada.

Os traballadores/as contratados/as por xornada inferior á ordinaria do Sector, gozarán, como mínimo, de iguais salarios e demais percepcións económicas que os contratados a tempo completo, se ben na proporción correspondente á xornada que realicen.

Para os efectos de facilitar que os/as traballadores/as a xornada parcial que presten servizos nun centro de traballo no que se amplíe a xornada vexan incrementada a sua xornada laboral, a empresa non terá que recoñecer con respecto á nova xornada entón ampliada e, polo tanto, aboar, a antigüidade que os/as traballadores/as tiveran recoñocida polo resto da xornada.

Sen perxuizo do previsto no parágrafo anterior, cando se amplíe a xornada nun centro de traballo ou se produzan vacantes por calquera causa, terán dereito ao incremento da xornada laboral, antes de novas contratacións, os traballadores/as que presten servizos na empresa que non teñan xornada completa e estean interesados na ampliación. Para o caso de haber varios traballadores/as interesados se seguirá o seguinte orde de preferencia:

Traballadores/as do centro de traballo que tiveran sufrido reduccións de xornada na empresa. No caso de haber neste colectivo máis dun traballador/a interesado na ampliación se seguirá a orde de maior antigüidade na empresa.

Traballadores/as da empresa que sufriran reduccións de xornada na mesma no ano anterior á solicitude de ampliación. No caso de haber neste colectivo máis dun traballador/a interesado no ampliación se seguirá a orde de maior antigüidade na empresa.

Traballadores/as do centro de traballo por orde de maior antigüidade no centro. No caso de traballadores/as interesados ca mesma antigüidade no centro, se seguirá a orde de maior antigüidade na empresa.

Caberán excepcións ao réxime anterior cando existan razóns organizativas ou productivas xustificadas, tal é o caso da necesidade da empresa de recolocar traballadores/as pola amortización do seu posto de traballo.

Exclúense do dereito ao incremento da xornada regulado no presente artigo o persoal traballador que estea prestando servizos a tempo completo habida conta da súa prestación de servizos para unha ou varias empresas, neste o noutros sectores de actividade, ca única salvedade de traballadores/as que, estando en esta situación, renunciasen a parte da súa xornada en outro centro de traballo da mesma empresa na que teña lugar a ampliación ao fin de unificar xornadas nun centro de traballo.

O pesoal traballador contratado a tempo parcial terá, non obstante, os demais dereitos que a Lei e o presente Convenio recoñecen aos traballadores/as a tempo completo.

Artigo 27º. Vinculación á Totalidade.

O presente Convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contidos no mesmo unicamente teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das súas partes fora declarada sen efecto pola xurisdicción competente, deberá reconsiderarse o seu conxunto globalmente.

Artigo 28º. Complemento de I.T.

Recóllense dous supostos:

a). No caso de hospitalización, calquera que sexa a súa causa, o persoal traballador, previa xustificación correspondente, percibirá o 100% do salario de Convenio máis antigüidade, mentres dure esta.

Así mesmo no caso de intervención cirúrxica con hospitalización mínima de 48 horas, o/a traballador/a percibirá no período de convalecencia cunha duración máxima de 120 días naturais un complemento ata o 100% do salario de Convenio máis antigüidade.

b). O persoal traballador que cause baixa por accidente laboral, incluído o accidente laboral in itinere, percibirá o 100% do salario de Convenio máis antigüidade, dende o primeiro día da baixa e mentres dure esta.

Aos efectos anteriores, enténdese por salario de Convenio o salario base por 455 días, a antigüedade e os demais complementos ou pluses previstos no Convenio, elo con independencia do salarios reais do traballador/a.

Artigo 29º. Liquidación por cesamento

1. Cando o/a traballador/a cause baixa na empresa seralle aboada a liquidación de salarios que legalmente lle corresponda.

2. Os traballadores/as que se xubilen voluntariamente antes de alcanzar a idade regulamentaria terán dereito ao disfrute de vacacións retribuídas nas seguintes duracións:

– Aos sesenta anos: 3 meses.

– Aos sesenta e un anos: 2 meses e medio.

– Aos sesenta e dous anos: 2 meses.

– Aos sesenta e tres anos: 1 mes e medio.

– Aos sesenta e catro anos: 1 mes.

O disfrute destas vacacións farase efectivo coa correspondente antelación ao seu cesamento efectivo, debendo o persoal traballador comunicar de forma constatable a súa decisión á empresa. Esta faralle entrega ao traballador/a que solicite as vacacións dun certificado acreditativo do seu disfrute, no que constará o número de meses aos que ten dereito.

CAPITULO VI. Acción Sindical e Social.

Artigo 30º. Dereitos Sindicais.

Estarase ao disposto no vixente Estatuto dos Traballadores e a Lei de Liberdade Sindical.

Os Delegados de Persoal, pertencentes a empresas afectadas polo presente Convenio, gozarán como mínimo, dun crédito de 15 horas sindicais mensuais retribuídas para todos os efectos. Non obstante, se as ditas horas foran insuficientes para cubrir dúas xornadas de traballo, ampliaríase a licencia ás horas que comprenden estas dúas xornadas. Quedan excluídas destas horas as empregadas polos delegados de persoal para a asistencia á negociación colectiva deste Sector.

Artigo 31º. Xubilación parcial.

As empresas e o persoal traballador poderán pactar, previa a existencia de común acordo, xubilacións parciais conforme ao disposto no artigo 215.2 da Lei de Seguridade Social e do Artigo 12.6º do Estatuto dos Traballadores, debendo as empresas substituir a xornada reducida simultáneamente á xubilación parcial, por outros traballadores/as contratados nas condicións previstas na normativa de aplicación.

Non obstante o anterior, recoñécese aos traballadores/as o dereito a pasar a situación de xubilación parcial coa reducción máxima da xornada que a normativa permita en cada momento. Neste caso, o tanto por cento da xornada que subsista para o persoal traballador parcialmente xubilado poderá acumularse pola empresa en xornadas completa nos meses inmediatamente posteriores ao acceso á xubilación parcial ou noutros períodos.

Exclúense do disposto no parágrafo anterior aqueles traballadores/as que ocupen postos de traballo que impliquen unha relación de especial confianza co empresario, tal é o caso de xefaturas, encargados, xerentes, etc.

cuxo acceso á xubilación parcial requerirá en todo caso de común acordo entre empresa e traballador/a.

En todo caso o persoal traballador interesado na xubilación parcial haberá de comunicalo á empresa cunha antelación mínima de tres meses á data na que pretenda xubilarse parcialmente.

Artigo 32º. Conciliación da vida laboral e familiar.

As partes asinantes do presente Convenio consideran esencial o fomento da armonización ou conciliación da vida familiar e laboral e promover a igualdade de oportunidades e de trato entre homes e mulleres.

Nacemento -parto e coidado de menor de 12 meses.

De conformidade co establecido no artigo 48.4 do vixente Estatuto dos Traballadores, o nacemento, que comprende o parto e o coidado de menor de 12 meses, suspenderá o contrato de traballo tanto da nai biolóxica como do proxenitor distinto desta durante 16 semanas, das que serán obrigadas as 6 semanas ininterrumpidas inmediatamente posteriores ao parto, que terán que disfrutarse a xornada completa.

Nos casos de parto prematuro y nos que o neonato haxa de permanecer hospitalizado a continuación do parto, a suspensión poderá computarse a partir da data da alta hospitalaria, excluíndose do cómputo as 6 semanas posteriores ao parto de suspensión obrigada do contrato da nai biolóxica.

Nos casos de parto prematuro con falta de peso e naqueles outros nos que o neonato precise por condición clínica hospitalización a continuación do parto por período superior a 7 días, o período de suspensión ampliarase en tantos días como o nacido se encontré hospitalizado, cun máximo de 13 semanas adicionais.

No suposto de falecemento do fillo ou filla, o período de suspensión non terá reducción, salvo que transcurridas as 6 semanas de descando obrigado se solicite a reincorporación ao posto de traballo.

A suspensión do contrato unha vez transcurridas as primeiras 6 semanas inmediatamente posteriores ao parto poderá distribuirse a vontade do traballador/a en períodos semanas de xeito acumulado ou interrumpida ata que o fillo ou filla cumpra 12 meses, poidendo a nai biolóxica anticipar o seu exercicio ata 4 semanas á data previsible do parto. O persoal traballador terá que comunicar á empres unha antelación mínima de 15 días o disfrute de cada período semanal ou da acumulación de ditos períodos.

A suspensión do contrato unha vez transcurridas as primeiras 6 semanas inmediatamente posteriores ao parto poderá disfrutarse, previo acordó coa empresa, en réxime de xornada completa ou parcial nos termos previstos no artigo 48.4 do Estatuto dos Traballadores.

Reducción da xornada por coidado de familiares.

Quen, por razóns de garda legal, teña ao seu coidado directo algún menor de 12 anos ou unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial que non desempeñe unha actividade retribuida, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa disminución proporcional do salario, entre, polo menos, un oitavo e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermedade non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuida.

Reducción da xornada de traballadoras víctima de violencia de xénero.

A traballadora víctima de violencia de xénero terá dereito, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, á reducción da súa xornada de traballo coa disminución proporcional do salario e á reordenación do tempo de traballo ao través da adaptación do horario, a aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que se empreguen na empresa.

DISPOSICIÓNS FINAIS.

Primeira. Comisión Mixta Paritaria.

Créase unha comisión mixta paritaria composta por 5 membros conforme a representatividade das partes asinantes do Convenio, integrada, por unha banda, por 5 representantes das Asociacións Patronais asinantes do Convenio e, doutra banda, por 3 representantes da central sindical CIG, 1 representante da central sindical UGT e 1 representante da central sindical CC.OO.

A comisión mixta paritaria será o órgano de intepretación, conciliación, arbitraxe e vixiancia do cumprimento do Convenio e, como tal, terá as seguintes funcións:

a) A vixiancia e seguimento do cumprimento do Convenio.

b) A interpretación da totalidade dos preceptos do Convenio.

c) A instancia de algunha das partes, a mediación e/ou conciliación en cantos conflictos de carácter colectivo se susciten na aplicación do Convenio.

d) Entender, de xeito previo e obrigatorio á vía administrativa e xurisdiccional, sobre o prantexamento de conflictos colectivos que surxan pola aplicación e interpretación do Convenio.

e) A intervención, nos termos que se expoñen no presente artigo, nos supostos de inaplicación das condicións de traballo previstas no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores.

f) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente Convenio ou se deriven do estipulado no seu texto.

As consultas ou peticións dirixidas á comisión paritaria se canalizarán ao través de calquera das organización integrantes da mesma, debendo poñerse de acordo as partes sobre o lugar, data e hora de celebración da reunión necesaria para atender a consulta ou petición e levantar acta do acordo ou desacordo no prazo máximo de 30 días naturais a contar dende a data da consulta ou petición, salvo que os membros da comisión paritaria acorden por unanimidade a necesidade de contar cun prazo maior de resolución.

No caso de non acadarse acordo no seo da comisión paritaria, e de tratarse dun conflicto colectivo, as partes someteranse ás modalidades de resolución de conflictos establecidas no AGA (Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais para a Solución de Conflictos Colectivos) nos termos contemplados no mesmo.

Nos supostos de inaplicación previstos no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores, a comisión paritaria disporá dun prazo máximo de sete días para pronunciarse a contar dende que a discrepancia lle fora prantexada e, no caso de non acadarse acordo no seo da comisión paritaria, as partes someteránse ás modalidades de resolución de conflictos do AGA nos termos referidos no parágrafo anterior.

Segunda. Clasificación Profesional.

O persoal traballador que preste servizos nas empresas incluidas no ámbito de aplicación do presente Convenio serán clasificados en grupos profesionais en atención as súas aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación nos termos indicados nos artigos 26 e seguintes do Convenio Colectivo Sectorial de Limpeza de Edificios e Locais.

De conformidade co anterior, nas táboas salariais anexas ao presente Convenio se fai indicación expresa dos grupos profesionais aos que quedan adscritos os diferentes postos de traballo.

Terceira. Igualdade e non discriminación.

Dentro das empresas os traballadores/as non poderán ser discriminados por razóns étnicas, de ideoloxía, xénero, afiliación política ou sindical.

Respectaráse o principio de igualdade de acceso a todos os postos de traballo da empresa, tanto para homes como para mulleres, sen discriminación algunha.

As empresas virán obrigadas a respectar a igualdade de trato ou de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar e, no seu caso, acordar cos representantes legais dos traballadores no xeito que se determine la lexislación vixente.

En todo caso, en materia de igualdade de trato e oportunidades e en materia de medidas e planes de igualdade, estaráse ao regulado no artigo 46 do Convenio Colectivo Sectorial de Limpeza de Edificios e Locais.

Toda referencia que no presente Convenio se faga aos traballadores, ao persoal ou á plantilla das empresas se entenderá realizada aos traballadores e traballadoras das empresas sen distinción algunha.

Cuarta. Normas Subsidiarias.

No non previsto neste Convenio, estarase ao disposto no Estatuto dos Traballadores, Convenio Sectorial Estatal de Limpeza de Edificios e Locais e demais disposicións legais vixentes.

Quinta. Condicións máis Beneficiosas.

Todas as condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio, teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas polas empresas que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto ao presente Convenio, subsistirán para aqueles que as veñen gozando, sen que poida interpretarse sobre as chamadas condicións máis beneficiosas, que haxa de computarse a mellora económica que supón o presente Convenio, salvo que se pacte expresamente.

Sexta.

Ambas as dúas partes someten o acordado á posible negociación dun Convenio Colectivo de ámbito territorial de Galicia.

Sétima. Formación Profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha Comisión Paritaria provincial sectorial de Formación Profesional, integrada por 5 representantes das centrais sindicais [3 CIG; 1 UGT; 1 CC.OO.] e un número igual de representantes das Asociacións Empresariais asinantes.

Serán funcións desta Comisión:

– Requirir das Administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de Formación Profesional con financiamento oficial que afectan ao sector de limpeza, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, coma nos que se poden programar en adiante.

– Elaborar estudos sobre necesidades e requirimentos de Formación Profesional no sector para chegar a definir a organización e programación da mesma, tanto ocupacionalmente coma regulamentada (observatorio ocupacional).

– Elaborar plans formativos necesarios para conseguir a homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativas e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

– Cantas outras funcións a Comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da Formación Profesional no sector na provincia de Lugo.

Octava. Póliza de accidentes.

As empresas afectadas por este Convenio Colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo en favor de todos e cada un dos traballadores/as por un capital de:

– Morte ou invalidez total: 26.000 euros.

– Invalidez absoluta ou grande invalidez: 26.000 euros.

Dado que as contías anteriores supoñen un incremento con relación ao previsto no Convenio anterior, a contratación das novas contías será obrigada para as empresas no prazo de dous meses a contar dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As continxencias cubertas pola póliza prevista neste artigo deberán derivarse en calquera caso de Accidente laboral, incluído o accidente in itinere, ou Enfermidade Profesional, e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles corresponden aos traballadores/as en virtude da lexislación laboral vixente.

Todos aqueles traballadores/as que realicen menos de 1/2 xornada terán como capitais asegurados o 50% dos expresados anteriormente.

Novena. Cota sindical.

Os traballadores poderán solicitar da empresa o desconto en nómina da cota sindical.

Esta solicitude deberá realizarse por escrito no que conste a Central Sindical e o num. de conta bancaria da mesma onde a empresa teña que ingresar as cotas retidas aos seus afiliados.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS.

Primeira: Normalización lingüística.

As partes firmantes do Convenio comprométense a empregar o idioma galego como medio de expresión nas súas relacións laborais.

Segunda: Atrasos.

As empresas comprométense a pagar os atrasos xerados no prazo de dous meses dende a publicación deste Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

No caso de extinción do contrato de traballo unha vez publicado o presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e antes de transcorrido o prazo de dous meses dende tal publicación, estabrecese a obriga do abono dos atrasos que corresponda xuntamente coa liquidación de salarios á que haxa lugar.

Terceira.

Aos efectos de evitar retrasos na publicación do Convenio no futuro, as partes asinantes comprométense a constituir a Comisión Negociadora do próximo Convenio con tres meses de antelación ao remate da súa vixencia.

Cuarta.

En todas as materias sinaladas no apartado A do artigo 10.2 do Convenio Colectivo Sectorial de Limpeza de Edificios e Locais de ámbeto estatal (BOE do 23/05/2013) cuia regulación esté reservada de xeito exclusivo ao mesmo, será de aplicación a regulación recollida para cada unha de estas materias en dito Convenio de ámbeto estatal. Non obstante, coa finalidade de garantir a máxima seguridade xurídica, se por calquera circunstancia a regulación de ditas materias deixase de estar reservada de xeito excluisivo ao citado Convenio Colectivo Sectorial de ámbeto estatal, ou o mesmo perdese a súa vixencia, pasaría a aplicarse de xeito inmediato en ditas materias a regulación específica establecida para as mesmas no presente Convenio Provincial.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA.

Única.

As partes asinantes do presente Convenio comprometense a crear unha Comisión Técnica Paritaria co cometido de estudar e buscar fórmulas de consenso sen capacidade de decisión en orde á mellora da estructura salarial do Convenio.

A parte empresarial sinala que, nesta análise, considera conveniente tratar de buscar un réxime alternativo ao complemento de antigüidade.

ANEXO I.- Documento de adscripción.

ANEXO II.- Táboa 2019.

ANEXO III. Táboa 2020.

ANEXO IV. Táboa 2021.

Las tablas puede mostrar años anteriores (comparar), desplaza hasta ver el año en curso

CONVENIO COLECTIVO DE LIMPIEZA DE EDIFICIOS Y LOCALES DE LUGO



















CONVENIO COLECTIVO (BOP N.º 130 - XOVES, 10 DE XUÑO DE 2021)












Artigo 6º.-Horas Extraordinarias





As duas primeiras ... recargo sobre o valor da hora ordinaria de traballo do 25%




e o resto cun recargo do 50%











Artigo 17º. Sobresoldo Tóxico, Penoso e Perigoso ... incremento 20% do salario base da súa categoría;



...durante a metade da xornada ou en menos tempo, 10%











Artigo 18º. Sobresoldo de Traballo en Domingos e Festivos





A partires do 1 de xaneiro de 2020 22,77




... a partires do 1 de xaneiro de 2021 de 23,23











Artigo 19º. Sobresoldo de Nocturnidade 25% do salario base










Artigo 20º. Antigüidade ... trienio 4% do salario base










Artigo 21º. Gratificacións Extraordinarias 2











Artigo 22º. Paga de Beneficios 30 días










Artigo 24º. Axudas de custo (dietas)





... (dieta) diaria do 55% do salario base ... unha soa comida fóra



... dúas comidas fóra 100% do salario base



... comida e pernocta fora 150% do salario base

















ANEXO II.- TÁBOA 2019. Vixencia 01/01/19 ao 31/12/19












CATEGORÍA PROFESIONAL SOLDO BASE MES/DÍA SOLDO BASE ANUAL PAGAS EXTRA SOBRESOLDO CONVENIO SOBRESOLDO ASISTENCIA TOTAL DEVENGADO
Grupo I Subgrupo 1º. PERSOAL DIRECTIVO





Director 1.129,05 13.548,60 3.387,15 352,00 1.401,40 18.689,15
Director Comercial 1.075,70 12.908,40 3.227,10 352,00 1.401,40 17.888,90
Director Administrativo 1.075,70 12.908,40 3.227,10 352,00 1.401,40 17.888,90
Xefe de Persoal 1.075,70 12.908,40 3.227,10 352,00 1.401,40 17.888,90
Xefe de Compras 1.075,70 12.908,40 3.227,10 352,00 1.401,40 17.888,90
Xefe de Servicios 1.075,70 12.908,40 3.227,10 352,00 1.401,40 17.888,90
Grupo I Subgrupo 2º. PERSOAL TITULADO





Titulado Grao Superior 967,12 11.605,44 2.901,36 352,00 1.401,40 16.260,20
Titulado Grao Medio 934,71 11.216,52 2.804,13 352,00 1.401,40 15.774,05
Titulado laboral ou profesional 849,27 10.191,24 2.547,81 352,00 1.401,40 14.492,45
Grupo II PERSOAL ADMINISTRATIVO





Xefe Administrativo 1º 932,94 11.195,28 2.798,82 352,00 1.401,40 15.747,50
Xefe Administrativo 2º 918,49 11.021,88 2.755,47 352,00 1.401,40 15.530,75
Caixeiro 883,75 10.605,00 2.651,25 352,00 1.401,40 15.009,65
Oficial de 1ª 865,13 10.381,56 2.595,39 352,00 1.401,40 14.730,35
Oficial de 2ª 830,37 9.964,44 2.491,11 352,00 1.401,40 14.208,95
Auxiliar 796,17 9.554,04 2.388,51 352,00 1.401,40 13.695,95
Telefonista 742,77 8.913,24 2.228,31 352,00 1.401,40 12.894,95
Cobrador 742,77 8.913,24 2.228,31 352,00 1.401,40 12.894,95
Grupo III PERSOAL MANDOS INTERMEDIOS





Encargado Xeral 910,68 10.928,16 2.732,04 352,00 1.401,40 15.413,60
Supervisor/Encargado de Zoa 883,75 10.605,00 2.651,25 352,00 1.401,40 15.009,65
Supervisor/Encargado de Sector 856,12 10.273,44 2.568,36 352,00 1.401,40 14.595,20
Encargado de Grupo ou Edificio 25,89 9.449,85 2.330,10 352,00 1.401,40 13.533,35
Responsable de Equipo 24,90 9.088,50 2.241,00 352,00 1.401,40 13.082,90
Grupo IV PERSOAL SUBALTERNO





Ordeanza 733,79 8.805,48 2.201,37 352,00 1.401,40 12.760,25
Almacenero 733,79 8.805,48 2.201,37 352,00 1.401,40 12.760,25
Listeiro 733,79 8.805,48 2.201,37 352,00 1.401,40 12.760,25
Vixiante 733,79 8.805,48 2.201,37 352,00 1.401,40 12.760,25
Grupo V PERSOAL OBREIRO





Especialista 27,22 9.935,30 2.449,80 352,00 1.401,40 14.138,50
Peón Especializado 25,49 9.303,85 2.294,10 352,00 1.401,40 13.351,35
Limpiador/limpadora 24,45 8.924,25 2.200,50 352,00 1.401,40 12.878,15
Conductor/limpiador 27,92 10.190,80 2.512,80 352,00 1.401,40 14.457,00
Grupo VI PERSOAL OFICIOS VARIOS





Oficial 27,22 9.935,30 2.449,80 352,00 1.401,40 14.138,50
Axudante 25,49 9.303,85 2.294,10 352,00 1.401,40 13.351,35
Peón 24,45 8.924,25 2.200,50 352,00 1.401,40 12.878,15














ANEXO III. TÁBOA 2020. Vixencia 01/01/20 ao 31/12/20












CATEGORÍA PROFESIONAL SOLDO BASE MES/DÍA SOLDO BASE ANUAL PAGAS EXTRA SOBRESOLDO CONVENIO SOBRESOLDO ASISTENCIA TOTAL DEVENGADO
Grupo I Subgrupo 1º. PERSOAL DIRECTIVO





Director 1.166,64 13.999,68 3.499,92 374,55 1.469,05 19.343,20
Director Comercial 1.111,43 13.337,16 3.334,29 374,55 1.469,05 18.515,05
Director Administrativo 1.111,43 13.337,16 3.334,29 374,55 1.469,05 18.515,05
Xefe de Persoal 1.111,43 13.337,16 3.334,29 374,55 1.469,05 18.515,05
Xefe de Compras 1.111,43 13.337,16 3.334,29 374,55 1.469,05 18.515,05
Xefe de Servicios 1.111,43 13.337,16 3.334,29 374,55 1.469,05 18.515,05
Grupo I Subgrupo 2º. PERSOAL TITULADO





Titulado Grao Superior 999,05 11.988,60 2.997,15 374,55 1.469,05 16.829,35
Titulado Grao Medio 965,50 11.586,00 2.896,50 374,55 1.469,05 16.326,10
Titulado laboral ou profesional 877,07 10.524,84 2.631,21 374,55 1.469,05 14.999,65
Grupo II PERSOAL ADMINISTRATIVO





Xefe Administrativo 1º 963,67 11.564,04 2.891,01 374,55 1.469,05 16.298,65
Xefe Administrativo 2º 948,72 11.384,64 2.846,16 374,55 1.469,05 16.074,40
Caixeiro 912,76 10.953,12 2.738,28 374,55 1.469,05 15.535,00
Oficial de 1ª 893,49 10.721,88 2.680,47 374,55 1.469,05 15.245,95
Oficial de 2ª 857,51 10.290,12 2.572,53 374,55 1.469,05 14.706,25
Auxiliar 822,11 9.865,32 2.466,33 374,55 1.469,05 14.175,25
Telefonista 766,84 9.202,08 2.300,52 374,55 1.469,05 13.346,20
Cobrador 766,84 9.202,08 2.300,52 374,55 1.469,05 13.346,20
Grupo III PERSOAL MANDOS INTERMEDIOS





Encargado Xeral 940,63 11.287,56 2.821,89 374,55 1.469,05 15.953,05
Supervisor/Encargado de Zoa 912,76 10.953,12 2.738,28 374,55 1.469,05 15.535,00
Supervisor/Encargado de Sector 884,16 10.609,92 2.652,48 374,55 1.469,05 15.106,00
Encargado de Grupo ou Edificio 26,73 9.756,45 2.405,70 374,55 1.469,05 14.005,75
Responsable de Equipo 25,71 9.384,15 2.313,90 374,55 1.469,05 13.541,65
Grupo IV PERSOAL OBREIRO





Especialista 28,11 10.260,15 2.529,90 374,55 1.469,05 14.633,65
Peón Especializado 26,32 9.606,80 2.368,80 374,55 1.469,05 13.819,20
Limpiador/limpadora 25,24 9.212,60 2.271,60 374,55 1.469,05 13.327,80
Conductor/limpiador 28,83 10.522,95 2.594,70 374,55 1.469,05 14.961,25
Grupo V PERSOAL OFICIOS VARIOS





Oficial 28,11 10.260,15 2.529,90 374,55 1.469,05 14.633,65
Axudante 26,32 9.606,80 2.368,80 374,55 1.469,05 13.819,20
Peón 25,24 9.212,60 2.271,60 374,55 1.469,05 13.327,80














ANEXO IV. TÁBOA 2021. Vixencia 01/01/21 ao 31/12/21












CATEGORÍA PROFESIONAL SOLDO BASE MES/DÍA SOLDO BASE ANUAL PAGAS EXTRA SOBRESOLDO CONVENIO SOBRESOLDO ASISTENCIA TOTAL DEVENGADO
Grupo I Subgrupo 1º. PERSOAL DIRECTIVO





Director 1.188,88 14.266,56 3.566,64 387,86 1.508,98 19.730,04
Director Comercial 1.132,57 13.590,84 3.397,71 387,86 1.508,98 18.885,39
Director Administrativo 1.132,57 13.590,84 3.397,71 387,86 1.508,98 18.885,39
Xefe de Persoal 1.132,57 13.590,84 3.397,71 387,86 1.508,98 18.885,39
Xefe de Compras 1.132,57 13.590,84 3.397,71 387,86 1.508,98 18.885,39
Xefe de Servicios 1.132,57 13.590,84 3.397,71 387,86 1.508,98 18.885,39
Grupo I Subgrupo 2º. PERSOAL TITULADO





Titulado Grao Superior 1.017,94 12.215,28 3.053,82 387,86 1.508,98 17.165,94
Titulado Grao Medio 983,72 11.804,64 2.951,16 387,86 1.508,98 16.652,64
Titulado laboral ou profesional 893,52 10.722,24 2.680,56 387,86 1.508,98 15.299,64
Grupo II PERSOAL ADMINISTRATIVO





Xefe Administrativo 1º 981,85 11.782,20 2.945,55 387,86 1.508,98 16.624,59
Xefe Administrativo 2º 966,60 11.599,20 2.899,80 387,86 1.508,98 16.395,84
Caixeiro 929,92 11.159,04 2.789,76 387,86 1.508,98 15.845,64
Oficial de 1ª 910,27 10.923,24 2.730,81 387,86 1.508,98 15.550,89
Oficial de 2ª 873,57 10.482,84 2.620,71 387,86 1.508,98 15.000,39
Auxiliar 837,46 10.049,52 2.512,38 387,86 1.508,98 14.458,74
Telefonista 781,09 9.373,08 2.343,27 387,86 1.508,98 13.613,19
Cobrador 781,09 9.373,08 2.343,27 387,86 1.508,98 13.613,19
Grupo III PERSOAL MANDOS INTERMEDIOS





Encargado Xeral 958,35 11.500,20 2.875,05 387,86 1.508,98 16.272,09
Supervisor/Encargado de Zoa 929,92 11.159,04 2.789,76 387,86 1.508,98 15.845,64
Supervisor/Encargado de Sector 900,75 10.809,00 2.702,25 387,86 1.508,98 15.408,09
Encargado de Grupo ou Edificio 27,23 9.938,95 2.450,70 387,86 1.508,98 14.286,49
Responsable de Equipo 26,19 9.559,35 2.357,10 387,86 1.508,98 13.813,29
Grupo IV PERSOAL OBREIRO





Especialista 28,64 10.453,60 2.577,60 387,86 1.508,98 14.928,04
Peón Especializado 26,81 9.785,65 2.412,90 387,86 1.508,98 14.095,39
Limpiador/limpadora 25,71 9.384,15 2.313,90 387,86 1.508,98 13.594,89
Conductor/limpiador 29,37 10.720,05 2.643,30 387,86 1.508,98 15.260,19
Grupo V PERSOAL OFICIOS VARIOS





Oficial 28,64 10.453,60 2.577,60 387,86 1.508,98 14.928,04
Axudante 26,81 9.785,65 2.412,90 387,86 1.508,98 14.095,39
Peón 25,71 9.384,15 2.313,90 387,86 1.508,98 13.594,89