Convenio Colectivo Industrias Vinícolas, Comercio de Vino y Viticultura de Pontevedra

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
2011/01/01 - 2014/12/31

Duración: CUATRO AÑOS

Publicación:

2014/02/05

BOP 24

Ámbito: Provincial
Área: Pontevedra
Código: 36000815011982
Actualizacion: 2014/02/05
Convenio Colectivo Industrias Vinícolas, Comercio De Vino y Viticultura. Última actualización a: 05-02-2014 Vigencia de: 01-01-2011 a 31-12-2014. Duración CUATRO AÑOS. Última publicación en BOP 24.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

Índice

CONVENIO COLECTIVO (BOP Núm. 24 – Mércores 5 de febreiro de 2014)

Convenio o Acordo: INDUSTRIAS Y COMERCIO VITIVINÍCOLAS (IND. VINÍCOLAS OU ADEGAS, COMER. VINÍCOLA E VITICULTURA…).

Código de Convenio número 36000815011982.

Visto o Acordo da Comisión negociadora polo que se aproba o texto do convenio colectivo do sector de Industrias Vinícolas ou Adegas de Viño e Viticultura nas Adegas de Pontevedra, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da Asociación de marcas rías Baixas e a Asociación de empresarios Bodegueros rías Baixas, e da parte social polas centrais sindicais, CIG, CC.OO e UGT, en data 19 de decembro de 2013.

Primeiro.-Dito Convenio foi presentado na Xefatura territorial de Vigo en data 9 de xaneiro de 2014.

Segundo.-Que no mesmo non se aprecia nengunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.-Que o artigo 90.2 y 3 do real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do estatuto dos traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.-Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.-Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta xefatura territorial,

A C O R D A :

Primeiro.-ordenar o seu rexistro e depósito no rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante orde do 29 de outubro de 2010 (Dog nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Boletín oficial da Provincia.

Terceiro.-Ordenar a notificación desta resolución a mesa negociadora do mesmo.

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DO SECTOR DE INDUSTRIAS VINÍCOLAS OU ADEGAS, COMERCIO DE VIÑO, E VITICULTURA NAS ADEGAS DE PONTEVEDRA (ANOS 2011-2014).

ARTIGO 1º.-ÁMBITO FUNCIONAL.

O presente convenio colectivo obriga a todas as industrias vinícolas ou adegas e comercio do viño da provincia de Pontevedra.

A actividade diferenciada de viticultura e traballo no campo daquelas industrias vinícolas ou adegas e comercio do viño da provincia de Pontevedra, que desenvolvan tamén a actividade de viticultura baixo a mesma razón social da adega (vitivinicultores).

ARTIGO 2º.-ÁMBITO PERSONAL.

O presente convenio afectará a todo o personal que preste servizos por conta allea das industrias vinícolas ou Adegas e comercio do viño da provincia de Pontevedra.

A actividade diferenciada de viticultura e traballo no campo daquelas industrias vinícolas ou adegas e comercio do viño da provincia de Pontevedra, que ademais manteñan esta actividade baixo a mesma razón social da adega (vitivinicultores).

ARTIGO 3º.-VIXENCIA E PRÓRROGAS.

O convenio colectivo terá una vixencia para os anos 2011, 2012, 2013 e 2014.

Este convenio entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ao primeiro de xaneiro do ano 2013 estando en vigor ata o 31 de decembro do ano 2014, prorrogándose tácitamente por periodos sucesivos dun ano, mantendo o presente o seu contido, ata que sexa substituido por un novo convenio colectivo negociado e acordado no mesmo ámbito.

ARTIGO 4º.-CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS.

Todas as melloras contidas neste convenio estableceranse co carácter de mínimas. os pactos ou situacións actualmente existentes en calquera empresa, que impliquen condicións máis beneficiosas respecto ás acordadas neste convenio, serán respectadas ad personam.

ARTIGO 5º.-XORNADA DE TRABALLO.

Todas as empresas afectadas por este convenio terán durante a vixencia do mesmo unha xornada anual de traballo efectivo de 1768 horas, distribuidas de luns a venres, de 40 horas semanais, salvo necesidades industriales de fin de semana nas adegas, nos periodos da vendimia ou nos supostos de forza maior e labores vitícolas.

A distribución e modalidade de computo da xornada nas labores agrícolas de viticultura establécese por xornada real traballada.

As horas que excedan das estipuladas anualmente naquelas empresas que a súa xornada semanal sexa de 40 horas, serán remuneradas ou de descanso.

ARTIGO 6º.-HORAS EXTRAORDINARIAS.

Estas serán as minimas e imprescindibles para atender necesidades urxentes e inaprazables, necesitándose en cada caso a perceptiva autorización laboral; igualmente respectaranse os límites legais establecidos.

Unicamente se realizaran cando sexan de carácter estructural. e serán as que veñan requeridas pola necesidade de reparar siniestros ou outros danos extraordinarios e urxentes, asi como no caso de risco de perdida de materias primas.

Estas horas terán que ser negociadas pola empresa co persoal ou, de ser o caso, co comité de empresa ou delegados de persoal.

ARTIGO 7º.-LICENZAS E PERMISOS.

O personal traballador, avisando coa posible antelación e xustificando adecuadamente, poderá faltar ou ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos seguintes motivos e durante o tempo mínimo que a continuación se expón:

a) matrimonio: 15 días naturais.

b) intervención cirúrxica do cónxuxe, dos pais, dun ou outro cónxuxe e fillos: 5 días naturais.Considerase intervencion quirurxica a cesarea.

c) Parto da muller: 5 días naturais.

d) morte de familiares ata segundo grado de consanguinidade e afinidade dun ou outro conxuxe: 2 dias que poderá ampliarse a 4 no caso de necesitar un desprazamento para o efecto.

e) morte de familiares de terceiro grado: 1 dia.

f) enfermidade grave do cónxuxe, fillo, pai ou nai dun ou outro cónxuxe, netos, avós ou irmáns: durante 2 días, que poderán ampliarse ata 3 máis, cando o personal traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

g) necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: de 1 a 5 días, outorgándose a licenza demostrada da súa necesidade.

h) cumprimento dun deber de carácter público: polo tempo necesario e preciso.

i) o personal traballador por latacion dun fillo menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en duas fraccions. A muller poderá substituír este dereito por unha reduccion da xornada laboral nunha hora coa mesma finalidade, que debera producirse ao comezo ou final desta.

O regulamentado no presente artigo puntos b), c), d), e), f), aplicarase cos mesmos límites e condicións ás parellas de feito debidamente acreditadas.

ARTIGO 8º.-EXCEDENCIAS.

Dacordo coa lei.

ARTIGO 9º.-GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito ás gratificacións extraordinarias de xullo e nadal, cun importe, cada unha delas, equivalente a unha mensualidade do salario base máis antigüidade.

Ao persoal que ingrese ou cese no transcurso dun ano, aboaránselle estas gratificacións rateando o seu importe en relación co tempo de permanencia na empresa, polo cal a fracción de mes se computará como mes completo.

Todo sen prexuízo da paga extraordinaria que, en concepto de participación de beneficios, corresponda a todo o persoal comercial.

ARTIGO 10º.-CONDICIÓNS ECONÓMICAS.

Os salarios se incrementarán para o ano 2011 o 1,2% sen abono de atrasos, salvo os que procedan por actualización da taboa salarial a 01.01.2013, devengándose polo tanto, únicamente dende esta data.

Para o 2012 no 1,5% sen abono de atrasos, salvo os que procedan por actualización da taboa salarial a 01.01.2013, devengándose polo tanto, únicamente dende esta data ata.

Para o ano 2013 no 0,6% de incremento , tendo en conta que os salarios vixentes en xaneiro do ano 2013 actualizaranse na porcentaxe total consecuencia da suma dos anteditos e do correspondente a esta anualidade.

Para o ano 2014 se incrementará nun 0,8% sobre os salarios do 2013 e con efectos do 01.01.2014. non obstante, si o PiB a presos constantes do estado en 2013 superase o 2% os traballadores e traballadoras terán dereito a una suba adicional do 0,4%.

Os demais conceptos economicos incrementaranse nas pocentaxes que suban os salarios bases de cada un dos anos de vixencia.

ARTIGO 11º.-ANTIGÜIDADE.

En concepto de antigüidade establécense trienios do 8% do salario vixente en cada momento e para cada categoría, non podendo superar a acumulación de incrementos por este concepto o 60%, como máximo, os 25 ou máis anos.

ARTIGO 12º.-VACACIÓNS.

O personal afectado polo presente convenio terá dereito ao disfrute dun periodo de vacacións retribuidas de 30 dias naturais de duración, das cales, como mínimo 22 dias serán laborables.

As vacacións ás que se terá dereito en todo caso, procuraranse disfrutar en periodos que non coincidan cos de máxima produción, especialmente no sector de viticultura e traballos de campo, nunca coincidirán coas labouras habituais de coidado da vide nin da recolecta da uva na vendima.

Todo o personal que antes ou durante o período de disfrute de vacacións atópese en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente laboral, manterá o dereito a gozar das vacacións ainda que sexa en ano diferente, una vez sexa dada a alta médica.

No caso que sexan fraccionadas, o personal poderá decidir libremente a data de 15 dias, mentras os outros 15 os proporá a empresa.

ARTIGO 13º.-COMPLEMENTO ASISTENCIAL.

No caso de incapacidade temporal, derivada de enfermidade común, enfermidade profesional ou accidente laboral, a empresa completará o 100% do salario do personal traballador, a prestación correspondente á seguridade social, durante un máximo de 12 meses.

ARTIGO 14º.-AXUDAS DE CUSTO.

A contía das axudas de custo para todos os anos de vixencia será a seguinte: media axuda de custo: 18,50 euros.

Axuda de custo completa: 35,00 euros.

Terán dereito a elas quen, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexan obrigados a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que lles imposibiliten o seu regreso ou sexa preciso efectuar comidas fóra do seu propio domicilio ou teñan necesidade de desprazarse a localidades onde tamén a misión encomendada exixa unha permanencia que lles obrigue a tomar aloxamento.

ARTIGO 15º.-COMPLEMENTO DE INCAPACIDADE.

Todo personal traballador que teña algún fillo con discapacidade física ou psíquica(sensorial), percibirá a contía de 70,00 euros mensuais por cada fillo que se atope nesta situación.

ARTIGO 16º.-FESTIVIDADE DA PATRONA.

Establécese como festa da patroa, co carácter de aboable e non recuperable, o día da festividade da nosa señora das Viñas, que se celebrará o día 10 de novembro, sendo gratificado o persoal en 460 euros.

ARTIGO 17º.-COMPLEMENTO DE LOCOMOCIÓN.

En compensación dos gastos de locomoción que ten que facer o personal para chegar ao seu centro de traballo, aboaráse a cada un deles a cantidade diaria, por dia efectivo de traballo de 8,29 para o ano 2011, 8,41 no 2012, 8,46 no 2013 e 8,53 euros para o 2014.

ARTIGO 18º.-CATEGORÍAS.

Os chóferes que conduzan camións de máis de 3.500 quilos equipáranse a oficial de primeira; os que conduzan camións ata 3.500 quilos terán a consideración de oficial de segunda.

ARTIGO 19º.-ROUPA DE TRABALLO.

As empresas estarán obrigadas a facilitar aos seus traballadores un mínimo de dúas pezas de roupa de traballo por ano. Aos chóferes e repartidores facilitaránselles uniformes de traballo acondicionados ás temperaturas de verán e inverno, así como roupas de auga.

Para o persoal de fábrica ou bodega (adega), a empresa facilitará o calzado regulamentario determinado polas normas de seguridade, que se repoñerá segundo as necesidades, así como luvas de seguridade.

ARTIGO 20º.-RETIRADA DO CARNÉ DE CONDUCIR E MULTAS.

No caso da retirada do permiso de conducir pola autoridade competente, a empresa facilitará ao traballador un posto de traballo idóneo de acordo coa súa categoría profesional, sen que con iso diminúa o seu salario. As multas imputables ao traballador serán aboadas por este; no caso contrario, pagaraas a empresa. esta tamén se fará responsable das multas orixinadas por exceso de carga, mal aparcadoiro no caso de carga e descarga e excesivos viaxeiros que teñan a condición de ser persoal ao servizo da empresa.

Para que a empresa facilite o posto de traballo mais idoneo, a suspensión de carné de conducir ou tarxeta por resolucion administrativa, non será por un periodo superior a seis meses durante a vixencia do convenio.

Si a retirada do carné de conducir ou tarxeta e por resolucion xudicial firme, o período non será superior a noventa dias, durante a vixencia do convenio.

Quedan excluidos os casos de suspensión do permiso de conducir ou tarxeta a consecuencia da comisión de delitos dolosos, consumo de drogas ou inxestion de bebidas alcólicas.

Non se facilitará posto de traballo diferente ao da propia actividade diferenciada, e decir, industrias vinícolas ou adegas e comercio do viño, e a actividade diferenciada de viticultura e traballo no campo.

Ao remate da suspensión do permiso de conducir será reintegrado ao seu antigo posto de traballo.

ARTIGO 21º.-SEGURO DE ACCIDENTES.

A empresa contratará un seguro de accidentes que, no caso de morte, lles asegure aos familiares dos traballadores afectados unha indemnización de 26.000 euros, e no caso de incapacidade total ou absoluta de 39.000 euros.

ARTIGO 22º.-XUBILACIÓNS.

Establécese un premio de xubilación de 1500 euros para o personal traballador que se xubile entre os 60 e 65 anos, e leve máis de 20 anos de antigüidade na empresa.

Os premios por fidelizacion non obrigarán as empresas a facer provisións específicas dada a eventualidade destas indemizacións e quedan en todo caso, ó marxe de calquera obriga de externalización.

ARTIGO 23º.-COMISIÓN PARITARIA.

Para o cumprimento do establecido neste convenio, créase unha comisión paritaria, con facultades de interpretación, conciliación e arbitraxe.

ARTIGO 24º.-PERSOAL DE COMERCIO.

Todo o persoal encadrado na categoria profesional de comercial terá dereito a unha paga extraordinaria en concepto de participacion en beneficios, a percibir en marzo.

ARTIGO 25.-QUEBRANTO DE MONEDA.

Todo o personal que realiza funcións de cobro ou pago de diñeiro en efectivo ou pagarés, percibirá en concepto de quebranto de moneda a cantidade de 20 euros mensuales

ARTIGO 26º.-ADHESIÓN AO AGA.

As empresas afectadas por este convenio, ante discrepancias xurídicas de interpretación de cada un dos artigos, someteranse ao procedemento de arbitraxe do AGA

ARTIGO 27º.-MOBILIDADE FUNCIONAL.

Non se producirá entre as activades diferenciadas mobilidade funcional algunha, posto que non existen categorías equivalentes posibles, nin existe encaixe entre os diferentes sectores.

ARTIGO 28.-CONTRATACIÓN.

O personal traballador ligado ano a ano ás empresas do sector nos seus ciclos produtivos, teñen una preferencia de ocupación circunstanciada, é decir, supeditada a súa capacitación ou habilitación profesional, nas necesidades produtivas do campo, incluíndo, sulfatados,e todalas actividades relacionadas coa viticultura, excluída expresamente a vendima, sobre o personal traballador estritamente temporais ou sobre o personal traballador estritamente ocasional (etts). A tal efecto, as empresas comprométense obrigacionalmente, dentro dos seus esquemas e posibilidades organizativas respectivas, a contratar a este personal traballador fixo descontinuo por períodos anuais de o menos tres meses.

No caso de imposibilidade sobrevinda do cumprimento total ou parcial do contido obrigacional referido a contratación de personal traballador vinculado, a empresa xustificará e documentará suficientemente a sua decisión empresarial organizativa ante a comisión paritaria do convenio nun prazo de 45 dias naturais dende o fin do periodo anual respectivo.

O personal traballador eventual, temporeiro e de campaña adquirirán a condición de fixos descontinuos, cando sexan contratados por terceiro ano consecutivo, sempre que prestaran un mínimo de tres meses de traballo por cada un dos tres anos, excluido expresamente a campaña da vendima.

ARTIGO 29º.-PARTES ASINANTES.

Son partes asinantes deste convenio, pola representación social, a Confederación intersindical Galega (CIG), a Unión Xeral de traballadores (UGT) e Comisións obreiras (CC.OO.), en representación empresarial, a Asociación empresarial de Bodegueros rias Baixas e a Asociacion de marcas rias Baixas.

DISPOSICIÓN FINAL.

A actividade diferenciada de viticultura e traballo no campo daquelas industrias vinícolas ou adegas e comercio do viño da provincia de Pontevedra, que desenvolvan tamén a actividade de viticultura baixo a mesma razón social da adega (vitivinicultores), rexiranse polo réxime da seguridade social que determina a normativa estatal, e en particular a que desenvolve o réxime especial Agrario por Conta Allea da seguridade social.

Vigo, a 13 de xaneiro de 2014.-A Xefa territorial, María Rita Peón Fernández.

TABLAS SALARIALES.

RECTIFICACIÓN DE ERROR (BOP Núm. 36 – Venres 21 de febreiro de 2014)

Convenio o Acordo: INDUSTRIAS Y COMERCIO VITIVINÍCOLAS (IND. VINÍCOLAS OU ADEGAS, COMER. VINÍCOLA E VITICULTURA…).

Rectificación de erro por omisión.

No BOP nº 24, do 05-02-2014, publicouse o convenio colectivo sector de “INDUSTRIA VINÍCOLAS OU ADEGAS, COMERCIO DE VIÑO E VITICULTURA NAS ADEGAS DE PONTEVEDRA”.

Advertido que no texto do convenio colectivo omitiuse parte do artigo 28º, artigo 29º completo e disposición final, procédese á súa publicación:

ARTIGO 28.-CONTRATACIÓN.

O personal traballador ligado ano a ano ás empresas do sector nos seus ciclos produtivos, teñen una preferencia de ocupación circunstanciada, é decir, supeditada a súa capacitación ou habilitación profesional, nas necesidades produtivas do campo, incluíndo, sulfatados,e todalas actividades relacionadas coa viticultura, excluída expresamente a vendima, sobre o personal traballador estritamente temporais ou sobre o personal traballador estritamente ocasional (ETTS). a tal efecto, as empresas comprométense obrigacionalmente, dentro dos seus esquemas e posibilidades organizativas respectivas, a contratar a este personal traballador fixo descontinuo por períodos anuais de o menos tres meses.

No caso de imposibilidade sobrevinda do cumprimento total ou parcial do contido obrigacional referido a contratación de personal traballador vinculado, a empresa xustificará e documentará suficientemente a sua decisión empresarial organizativa ante a comisión paritaria do convenio nun prazo de 45 dias naturais dende o fin do periodo anual respectivo.

O personal traballador eventual, temporeiro e de campaña adquirirán a condición de fixos descontinuos, cando sexan contratados por terceiro ano consecutivo, sempre que prestaran un mínimo de tres meses de traballo por cada un dos tres anos, excluido expresamente a campaña da vendima.

ARTIGO 29º.-PARTES ASINANTES.

Son partes asinantes deste convenio, pola representación social, a Confederación Intersindical galega (CIG), a unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.), en representación empresarial, a asociación Empresarial de Bodegueros Rias Baixas e a asociacion de Marcas Rias Baixas.

DISPOSICIÓN FINAL.

A actividade diferenciada de viticultura e traballo no campo daquelas industrias vinícolas ou adegas e comercio do viño da provincia de Pontevedra, que desenvolvan tamén a actividade de viticultura baixo a mesma razón social da adega (vitivinicultores), rexiranse polo Réxime da Seguridade Social que determina a normativa estatal, e en particular a que desenvolve o Réxime Especial agrario por Conta allea da Seguridade Social.

Pontevedra, 19 febreiro de 2014.