Convenio Colectivo Elaboración E Instalación de Piedra y Mármol de La Coruña

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
2017/01/01 - 2021/12/31

Duración: CINCO AÑOS

Publicación:

2023/03/16

BOP CORUÑA 52

CALENDARIO

Ámbito: Provincial
Área: La Coruña
Código: 15000985011982
Actualizacion: 2023/03/16
Convenio Colectivo Elaboración E Instalación De Piedra y Mármol. Última actualización a: 16-03-2023 Vigencia de: 01-01-2017 a 31-12-2021. Duración CINCO AÑOS. Última publicación en BOP CORUÑA 52 del tipo: CALENDARIO.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

Tabla de contenidos

Índice

CONVENIO COLECTIVO (BOP NÚMERO 245 – JUEVES, 26 DE DICIEMBRE DE 2019)

Resolución de inscrición e publicación do convenio colectivo provincial do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña 2017-2021.

Logo de constituirse a comisión negociadora do convenio colectivo provincial do sector de ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DA PROVINCIA DA CORUÑA, 2017-2021, (código de convenio número 15000985011982), subscríbese con data 07 de maio de 2019 otexto do convenio colectivo polas partes lexitimadas, e solicítase a súa inscrición e publicación con data 15 maio de 2019.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 deoutubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255,do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60 de 26 de marzo de 2013).

Considerando que a xefatura territorial de economía, emprego e industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do convenio colectivo provincial do sector de ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DA PROVINCIA DA CORUÑA, 2017-2021 e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de economía, emprego e industria (DOG núm 18, de 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición do convenio colectivo provincial do sector de ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DA PROVINCIA DA CORUÑA, 2017-2021 no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión do convenio colectivo provincial do sector de ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DA PROVINCIA DA CORUÑA, 2017-2021 ao Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 20 de decembro de 2019.

O xefe territorial de economía, emprego e industria.

Isidoro Martínez Arca.

CONVENIO COLECTIVO DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DA PROVINCIA DA CORUÑA.

Capítulo I – Natureza xurídica, ámbitos e garantías.

Artigo 1.- Partes asinantes.

Son asinantes do presente convenio as centrais sindicais UGT, CCOO e CIG, en representación dos traballadores do sector, e a Asociación de Marmoristas de A Coruña en representación empresarial.

Artigo 2.- Natureza Xurídica.

O presente convenio foi negociado ao amparo do Titulo III do Estatuto dos Traballadores e, en particular de conformidade co establecido no artigo 83 e 84 de dito texto.

Artigo 3.- Ámbito Funcional.

O presente convenio é de aplicación a todas as empresas dedicadas á actividade de “Elaboración e Instalación de Pedra e Mármore” tanto mecánica como manual.

Así mesmo, dita aplicación será extensiva ás empresas cuxa actividade sexa a de Aglomerados de Cuarzo e Granito, con Resinas.

Quedan exceptuadas do presente ámbito funcional aquelas empresas que conten cun convenio propio que regule os aspectos previstos no artigo 84.2 do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 4.- Ámbito territorial.

O presente convenio é de ámbito provincial, afectando aos centros de traballo sitos no territorio da provincia da Coruña, aínda cando o domicilio da empresa radique fóra deste.

Artigo 5.- Ámbito persoal.

Quedan afectados polo presente convenio todos os traballadores, sexa cal fora a súa categoría profesional, que durante a súa vixencia presten os seus servizos baixo a dependencia e por conta das empresas afectadas no seu ámbito territorial, sen máis excepción que as que marque a Lei.

Artigo 6.- Vixencia e Duración.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro do 2017 e a súa duración será ata o 31 de decembro do 2021.

Artigo 7. -Prórroga e denuncia.

A denuncia do presente convenio haberá de facerse como mínimo cun mes de antelación a súa finalización. No suposto de non ser denunciado antes da finalización da súa vixencia temporal, considerarase prorrogado a todos os efectos por un ano máis, e así sucesivamente.

A devandita prórroga ou prorrogas manterá os salarios vixentes a 31 de decembro do ano de finalización do convenio.

A denuncia efectuarase mediante comunicación escrita á outra parte, e comunicarase á Autoridade Laboral, contándose o prazo desta desde a data de recepción da referida comunicación.

Artigo 8.- Prelación de Normas.

As normas que contén este convenio regularán con carácter preferente e prioritario as relacións entre traballadores e empresarios afectados por este, excepto naquelas cuestións dispostas no artigo 84.2 do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 9.- Compensación e absorción.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán todas as existentes no momento da súa entrada en vigor. Non obstante, as condicións superiores pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas á entrada en vigor do presente convenio e que con carácter global, excedan deste en cómputo anual, serán respectadas.

Artigo 10.- Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para os efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Sección cuarta. Comisión mixta

Artigo 11.- Comisión Paritaria

Constitúese unha Comisión Mixta de Interpretación, presidida pola persoa que se designe na primeira reunión que se celebre. Quedará constituída por tres representantes dos sindicatos asinantes do convenio e tres empresarios en representación de ASOEMAR.

Para a adopción de acordos, será necesaria a conformidade de dous compoñentes de cada unha das partes.

Nomearase secretario a un vogal da Comisión, podendo asistir os asesores de ambas as dúas representacións, con voz pero sen voto.

A Comisión paritaria establece o seu domicilio a efectos de notificacións en:

Rúa Do Hórreo, 32-1ºA.

15702-Santiago de Compostela.

[email protected].

Capítulo II – Percepcións Económicas. Normas xerais.

Artigo 12.- Condicións Económicas.

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio, serán as que conteñen as táboas de salariais, que se unen como anexo e se regulan nos artigos seguintes.

Artigo 13.- Pagamento de haberes.

Efectuarase dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ao seu devengo e con dereito por parte do traballador a solicitar anticipos quincenais a conta dos salarios que teña devengados co tope establecido pola lexislación vixente.

Artigo 14.- Salario Base.

Entenderase por tal e polo tanto será o oficial para todos os efectos, o que figura para cada categoría e profesión nas táboas salariais que se unen como anexos.

Artigo 15.- Pluses.

Establécense dous pluses, un de carácter salarial denominado plus de asistencia, e outro de carácter non salarial denominado plus de distancia e transporte. Este pluses percibiranse por día efectivo de traballo.

Artigo 16.- Plus de Asistencia.

Aboarase a todos os traballadores na contía sinalada na táboa salarial que figura como anexos ao presente convenio.

Artigo 17.- Plus de distancia e transporte.

Co fin de simplificar o cómputo da distancia do domicilio do traballador e o centro de traballo, aboaranse a todos os traballadores, calquera que sexa a distancia entre o domicilio e o centro de traballo, de acordo coas cantidades que figuran na táboa de salarios e que se recollen nos anexos do presente convenio.

Artigo 18.- Plus de perigosidade, penosidade e toxicidade.

Cando o traballador realice traballos que supoñan perigosidade, penosidade ou toxicidade percibirá un incremento do 20% sobre o salario base por dito concepto. Se o traballador realizase os traballos unicamente durante media xornada, a porcentaxe anteriormente citada reducirase á metade.

As cantidades iguais ou superiores ao plus fixado neste artigo que estean establecidas ou se establezan polas empresas, serán respectadas sempre que fosen concedidas polo devandito concepto, en cuxo caso non será esixible o aboamento de incrementos fixados neste artigo. Tampouco virán obrigadas a satisfacer o citado aumento, aquelas empresas que o teñan incluído, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

Se por calquera causa desaparecesen as condicións motivadoras da percepción do citado plus, este deixará de aboarse, non tendo polo tanto carácter consolidable.

En caso de discrepancia entre ambas as dúas partes sobre se un traballo ten a cualificación ou non de perigoso, penoso, tóxico ou nocturno, estarase ao que dispoña a xurisdición laboral, mediante resolución fundada e previos os informes técnicos oportunos.

A devandita resolución poderá ser recorrible polas partes, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 19.-Incremento salarial.

Para cada ano de vixencia do convenio incrementarase segundo o seguinte desglose:

– 2017: 1,9% de incremento.

– 2018: 2% de incremento.

– 2019: 2,25% de incremento.

– 2020: 2,25% de incremento.

– 2021: 2.50% de incremento.

Os anos 2017 e 2018 non devengarán atrasos, en compensación polas diferencias xeradas en ámbolos dous anos aboarase unha paga de lineal de 400€ para todas las categorías que se aboará antes de fin do ano 2019.

Artigo 20.- Cláusula de revisión salarial.

Para o ano 2019 se o incremento do IPC alcanza ou supera o 2,25%, o incremento salarial será IPC Real + 0,3%.

Para o ano 2020 se o incremento do IPC alcanza ou supera o 2,25% , o incremento salarial será IPC Real + 0,3%.

Para o ano 2021 se o incremento do IPC alcanza ou supera o 2,50%, o incremento salarial será IPC Real + 0,3%.

Artigo 21.- Haberes extraordinarios.

A todos os traballadores afectados polo presente convenio, aboaránselles dúas pagas extras ao ano, unha coa nómina do mes de xuño, e outra antes do 21 de decembro.

As pagas aboaranse a razón de trinta días de salario base, máis antigüidade, se é o caso, sendo o seu cálculo semestral.

Destas quedan excluídos os plus a que fai referencia os artigos 16 e 17 do presente convenio. Os traballadores percibirán estas proporcionalmente ao tempo traballado.

Artigo 22.- Axudas de custo por desprazamento.

O persoal con dereito a axuda de custo, percibirá polo devandito concepto a cantidade de 40 € a completa con pernota, de 18 € a completa sen pernota e de 9 € a media axuda de custo, para todas as categorías profesionais. Non obstante, nos supostos en que os importes expresados non alcanzasen, aboarase ao traballador a diferenza correspondente, logo de presentación de factura ou facturas.

Artigo 23.- Transporte con vehículo propio.

O transporte a utilizar polos traballadores será, prioritariamente, o propio da empresa.

No suposto que empresa e traballador cheguen a un acordo, este poderá utilizar o seu propio vehículo para realizar servizos da empresa, vindo neste suposto brigada a aboar ao seu traballador 0,36 € por quilómetro recorrido.

Artigo 24.- Antigüidade.

As bonificacións por anos de servizos (antigüidade) están conxeladas e, o eu cálculo, farase sobre o Salario base do convenio do ano 1979.

Os aumentos polo devandito concepto serán de dous bienios do cinco por cento e quinquenios do sete por cento, ata un máximo de tres.

As percepcións por antigüidade figuran reflectidas nos anexos.

Capítulo III – Xubilación.

Artigo 25.- Xubilación anticipada.

Se esta se produce no ano anterior á idade de xubilación, a empresa virá obrigada a substituír o devandito traballador por outro e por un período dun ano. Parcial: Estarase ao disposto no Real Decreto 1131/2002, do 31 de outubro, a o establecido na Lei 27/2011, de 1 de agosto, ou lexislación vixente, en cada caso.

Capítulo IV – Xornada.

Artigo 26.- Xornada de traballo.

A xornada laboral anual será de 1.752 horas, distribuídas en 40 horas semanais de luns a venres, podendo as empresas e de conformidade cos traballadores, alterar a devandita xornada semanal e traballar a mañá do sábado, sempre que non exceda das anteriormente citadas 40 horas.

O calendario laboral para o ano 2019, será o que se estableceu no acordo da comisión negociadora publicado no BOP do 17-12-2018, sen embargo anualmente as empresas poderán elaborar o seu propio calendario laboral que rexerá en cada un dos concellos da provincia de A Coruña onde estea establecida a empresa, debendo expoñerse un exemplar del en lugar visible de cada centro de traballo.

Deberá especificar as xornadas laborais e as horas de cada unha delas, ata completar o número de horas anual pactado. O calendario laboral deberá ser exposto aos traballadores no taboleiro de anuncios dentro do primeiro trimestre de cada exercicio.

Non obstante o anteriormente exposto e de mutuo acordo entre as partes, poderanse acordar días de libre disposición, en función das súas necesidades.

Artigo 27.- Vacacións.

Os traballadores e traballadoras afectados polo presente convenio gozarán dun período de vacacións anuais de 30 día naturais dos cales 21, como mínimo, serán laborais, percibindo durante estas o Salario base, máis Antigüidade, se é o caso, e os plus de asistencia (plus salarial), plus de transporte e distancia (plus non salarial) correspondente aos días que, de estar a traballar, percibiría.

O seu desfrute realizarase en dous períodos, quince días en verán, é dicir, nos meses de xuño, xullo e agosto e, os quince días restantes, noutra época distinta do ano, e conformidade coas necesidades da empresa.

Así mesmo, garánteselle a todos os traballadores, un desfrute de vinte e un días laborables, no conxunto dos dous períodos anteriormente sinalados.

Artigo 28. -Licenzas.

As licenzas previstas e reguladas no Estatuto dos Traballadores, compleméntanse e precisan nos seguintes termos:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais retribuídos.

b) Falecemento: A licenza en caso de falecemento de esposa e fillos así como pais, pais políticos e irmáns, será de 5 días.

c) Nacemento de fillo: Será sempre de 5 días.

d) Lactación: A traballadora cun fillo menor de 9 meses, terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da súa xornada en media hora coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ambos os dous traballen na mesma empresa.

e) Enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos: 2 días. Cando con tal motivo o traballador precise facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 4 días. Entenderase que existe a necesidade de desprazamento sempre que o traballador deba facer un desprazamento de mais de 150 Km por traxecto.(Para que este apartado teña plena validez, o traballador deberá presentar á empresa o correspondente informe médico no que este deixe constancia da gravidade da enfermidade).

Polo que se refire a outros supostos, estarase ao disposto polo Estatuto dos Traballadores ou norma complementaria.

As retribucións correspondentes aos días de licenza serán: Salario base, Antigüidade e Plus de asistencia.

Artigo 29.- Día efectivo de traballo.

Entenderase por tal e para os efectos dos artigos 14, 15 e 16 do presente convenio, cando o traballador preste os seus servizos efectivos polo menos durante catro horas.

Será así, cando se trate de xornada completa e, proporcional, cando a xornada sexa a tempo parcial.

Artigo 30.- Horas extraordinarias.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso produtivo, poderán compensar as mesmas por tempos equivalentes de descanso.

No suposto de que se realizase a compensación prevista no apartado anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas.

Se se procede ao seu aboamento, este realizarase da forma seguinte:

– Normais 11,86€, festivos 14,01€ e domingos ou nocturnas 19,39.

O prezo das horas extraordinarias incrementarase cada ano o mesmo que se incremente o convenio.

Artigo 31.- Parte de traballo.

As empresas que na actualidade viñan utilizando o parte de traballo, continuarán facéndoo na forma habitual sen obriga de asinar e dentro da xornada laboral.

Naquelas empresas nas que na actualidade non se confeccione devandito parte, poderá ser negociado entre empresarios e traballadores a súa implantación.

Capítulo V – Contratación.

Artigo 32.- Contrato de obra ou servizo determinado.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou servizo determinado, e formalizarase por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra ou servizo, con independencia da súa duración, e rematará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador.

O cesamento do traballador deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades faga innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra ou servizo.

A duración se fora superior a un ano, á finalización da obra ou servizo, para proceder á extinción, será necesario un preaviso con 15 días de antelación. Se se incumprise por parte da empresa, esta ten a obriga de indemnizar polo equivalente aos salarios correspondentes aos días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento.

2. Non obstante o anteriormente exposto, o traballador contratado poderá prestar os seus servizos a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dentro da Provincia, sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perder a condición e devengando os conceptos que correspondan polo seu desprazamento.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento ao traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos, ao fixado no apartado anterior. Cumprido o devandito período, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal.

En canto ao aviso previo de cesamento, estarase ao pactado no parágrafo terceiro do apartado 1.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra ou servizo por causa imprevisible para o empresario e allea á súa vontade, tras darse conta pola empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á Comisión Paritaria Provincial, operará a terminación de obra ou servizo e polo tanto o cesamento previsto no apartado 1. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a Comisión Paritaria Provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, a contar desde a súa notificación.

O empresario contrae a obriga de ofrecer un novo emprego ao traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen.

A devandita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva.

Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra ou servizo poderá incluírse no regulado no apartado 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflito laboral.

4. En todos os supostos regulados nos apartados anteriores, establécese unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculada sobre o Salario Base aplicable, percibido durante a vixencia do contrato.

Os empresarios poderán acollerse á normativa xeral que regula o presente contrato ou optar polo pactado e recollido neste artigo. Neste último suposto, deberá facerse referencia expresa deste.

Artigo 33.- Contrato eventual por circunstancias da produción.

Este contrato ten como finalidade atender as esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

De conformidade co regulado polo R.D.L.G. 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Ley do Estatuto dos Traballadores, a duración máxima establecida para este tipo de contrato é ampliable dentro dos límites establecidos pola normativa mencionada, mediante negociación colectiva.

O sector de “elaboración e instalación de pedra e mármore”, obxecto de regulación, resulta flutuante na súa intensidade produtiva en función das circunstancias conxunturais e cíclicas da economía. Esta conclusión conduce, inevitablemente, a que as posibilidades do sector se enmarquen nun amplo concepto de existencias circunstanciais do mercado que leven consigo transitorias acumulacións de tarefas ou pedidos.

Estas circunstancias resultan ser ciclicamente constantes no tempo e de relativa permanencia temporal dentro dos ciclos cambiantes da economía.

Por todo iso, as partes asinantes acordan adaptar as condicións singulares do sector en tanto persistan as circunstancias de emprego e produtividade.

O período máximo dentro do cal se poderá realizar será de dezaoito meses, non podendo superar a duración do contrato as tres cuartas partes do período de referencia establecido nin, como máximo, doce meses.

Á terminación do contrato, a empresa virá obrigada a satisfacer ao traballador unha indemnización de vinte días de salario base por ano de servizo, ou parte proporcional que corresponda.

Os contratos que se asinen baixo esta modalidade, conterán unha referencia expresa ao presente artigo.

Artigo 34.- Preaviso de cesamento.

Cando un traballador desexe cesar ao servizo dunha empresa, deberá avisar previamente cunha antelación mínima de oito días a aquela en que se produza a baixa. En caso de incumprimento desta obriga, perderase o dereito a percibir as partes proporcionais dos emolumentos que lle puidesen corresponder pola liquidación.

A notificación do cesamento realizarase mediante escrito duplicado dirixido á empresa e asinado polo traballador. A empresa devolverá ao traballador un exemplar como xustificante de recepción, facendo constar a data de presentación.

Co fin de dar doado cumprimento á Norma, a empresa facilitará ao traballador os medios para este trámite administrativo.

Artigo 35.-Empresas de traballo temporal e multiservizos.

Cando as empresas do sector contraten traballadores a través de empresas de traballo temporal, ou outro tipo de empresas que empreguen a modalidade contractual de posta a disposición, estas aplicarán os mesmos dereitos laborais e retributivos que se recollen no presente convenio.

Esta modalidade de contratación farase para a realización de traballos non habituais, agás cando se trate de incapacidades laborais ou situacións consideradas de carácter extraordinario.

Cando as empresas afectadas por este acordo, contraten os servizos de empresas multiservizo para a realización de servizos incluídos no ámbito funcional deste convenio colectivo e no centro de traballo da compañía principal, as empresas multiservizo aplicaran os mesmos dereitos laborais e retributivos que se recollen no presente convenio. Esta obriga quedará expresamente establecida no contrato de servizo.

Capítulo V – Prestacións sociais.

Artigo 36.- Roupas de traballo.

As empresas subministrarán a todo o persoal unha prenda de traballo consistente nunha “praieira”, bata, funda ou similar. A súa conservación e limpeza correrán a cargo do traballador quen deberá mantela en perfecto estado de conservación e uso.

Por unha deterioración ostensible, procederase á entrega dunha nova prenda.

Así mesmo e, única e exclusivamente, aos traballadores que traballen a temperaturas que así o aconsellen, subministraráselle un chaleco.

As prendas citadas no presente artigo, poderán levar o anagrama da empresa se esta o desexase.

Así mesmo o traballador recibirá da empresa os EPIS que a valoración de posto en materia de riscos laborais estipule.

Artigo 37.-Póliza de accidentes e enfermidade profesional.

As empresas virán obrigadas a concertar, con primas íntegras ao seu cargo, unha póliza de accidentes en orde á cobertura e os riscos de falecemento e invalidez permanente absoluta, e invalidez permanente total dos traballadores derivada de enfermidade profesional ou accidente de traballo, incluídos os accidentes “in-itinere” que garanta ao traballador accidentado ou ás súas habente-causas no caso de falecemento producido fortuíta, espontánea, e independente da vontade do traballador, ou a invalidez indicada, o percibo das indemnizacións seguintes:

a) 55.000 € en caso de falecemento do traballador.

b) 55.000 € en caso de invalidez permanente absoluta, ou invalidez permanente total, derivada da mesma continxencia.

Para cada un dos anos de vixencia do convenio estas cantidades serán incrementadas en igual porcentaxe ao IPC habido no ano anterior En ambos os dous casos, a referida póliza só abranguerá os procesos indicados a partir da vixencia e validez desta.

Para os efectos a cualificación de accidente e o grao de invalidez, será que, no seu día, ditamine a Autoridade competente.

Estas compensacións, son compatibles coas pensións e indemnizacións que poida corresponder percibir ao traballador da Seguridade Social ou montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, as indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo ao contrato de seguro de accidentes e enfermidades profesionais que contén este convenio, considéranse como entregas a conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os Tribunais de Xustiza, compensándoas ata onde alcancen.

As empresas integradas en ASOEMAR, non virán obrigadas a efectuar desembolso ningún a conta da indemnización a percibir, senón que, só estarán obrigadas a comunicar o accidente do traballador á súa Organización Empresarial ou directamente, á Compañía de Seguros, do accidente con resultado de morte, invalidez permanente total ou absoluta. A partir deste momento toda a tramitación correrá a cargo dos herdeiros, ou traballador accidentado.

Artigo 38.- Revisións afeccións derivadas da exposición ao po de sílice.

As empresas asumiran o custos que conleve facer a revisión no INSTITUTO NACIONAL DE SILICOSIS, sito no HUCA en Avda Roma, s/n 33.011 Oviedo-Asturias, sempre e cando dita revisión sexa proposta polo servizo de vixilancia da saúde na empresa. (Este compromiso manterase mentres en Galicia non se conte cun Centro das mesmas características)

Artigo 39.-Complemento de IT.

En caso de IT derivada de accidente, a empresa procederá a completar durante os catro primeiros meses ata o 100% da base reguladora.

A hospitalización por accidente será válida, sempre e cando, este teña a consideración de laboral.

Artigo 40.- Faltas e sancións dos traballadores.

De conformidade co disposto no artigo 58, apartado 1 do Estatuto dos Traballadores, as representacións Social e Económica acordan graduar as faltas e sancións quedando establecidas e recollidas as mesmas na forma que se indica no anexo V.

Igualmente e co obxecto de comprometerse ambas as dúas partes no obxectivo común de procurar unha diminución dos riscos laborais do traballador, faise especial fincapé en que este terá a obriga de recepcionar, coa súa sinatura, os medios de protección que lle entregue a empresa. A non cumprimentación de tal requisito pode ser considerada como leve ou caso de persistir na mesma actitude, a súa consideración será de grave.

A inobservancia das ordes ou o incumprimento das normas en materia de Seguridade e hixiene no traballo, dependendo de si supón un risco grave para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros, así como negarse á utilización dos medios de Seguridade facilitados pola empresa, considerarase como grave e, se o devandito motivo fose o causante dun accidente laboral grave, levara consigo prexuízos graves aos seus compañeiros ou a terceiros, ou danos graves á empresa, ben sexa materiais ou económicos, a súa consideración será de moi grave.

O anteriormente exposto é aclaratorio e complementario ao disposto no anexo V, sobre faltas e sancións.

Capítulo VI.-Das empresas de aglomerados de cuarzo e granito, con resinas.

Artigo 41 .- Xornada de quendas.

Esta xornada ten as seguintes variantes:

– Dous quendas: A súa xornada será de luns a venres con quendas rotatorios de 8 horas de mañá ou de tarde.

– Tres quenda: A súa xornada será de luns a venres con quendas rotatorios de 8 horas de mañá, de tarde ou de noite.

Artigo 42 .-Plus de quendas.

Os traballadores e traballadoras a quendas devengarán, por día de traballo efectivo, a cantidade de: 5€/día

O plus de quendas terá vixencia a partir do 1 de xaneiro de 2019.

DISPOSICIÓN ADICIONAL I.

As empresas vinculadas ao presente convenio, quedarán facultadas para negociar melloras a este, sempre que estas queden directamente vinculadas a obxectivos de aumento da produtividade e outros que permitan o incremento da súa competitividade.

DISPOSICIÓN ADICIONAL II.

Os atrasos que correspondan polos incrementos económicos, aboaranse dentro do mes seguinte á publicación do convenio ou Táboa Salarial actualizada no Boletín Oficial da Provincia.

DISPOSICIÓN ADICIONAL III.

Con carácter inmediato á firma do convenio iniciarase a negociación para a adaptación do texto ao disposto no aticulo22 do Estatuto dos Traballadores, e, de redacción dun regulamento de funcionamento da comisión paritaria.

DISPOSICIÓN FINAL. (INAPLICACIÓN DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO).

Os traballadores que se vexan afectados pola inaplicación das condicións de traballo previstas no artigo 82.3 do Estatuto dos Traballadores poderán ceder a representatividade a calquera dos sindicatos asinantes do presente convenio para que actúen no seu nome durante o período de consultas que se debe dar.

Se no período de consultas non se chegara a ningún acordo a proposta de inaplicación poderá ser remitida a Comisión Paritaria do presente convenio, quen no prazo máximo de 7 días emitirá un ditame ao respecto.

No suposto de non haber un acordo entre empresa e representantes dos traballadores, e que a Comisión Paritaria non teña emitido un informe positivo a petición da empresa, o expediente remitirase ao AGA (Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais para a Solución de Conflitos Colectivos de Traballo).

ANEXO V – FALTAS E SANCIÓNS.

Desenvolvemento do contido do artigo 39 do Convenio Colectivo de Traballo de para a actividade de ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE da Provincia de A Coruña Clases de faltas.

As faltas cometidas polos traballadores ao servizo das empresas do Sector clasificaranse atendendo á súa importancia, e se é o caso, á súa reincidencia en leves, graves e moi graves, de conformidade co que se dispón nos apartados seguintes:

Faltas leves.

Consideraranse como tal, as seguintes:

1. -Ata tres faltas de puntualidade nun mes, sen motivo xustificado.

2. -A non comunicación, con corenta e oito horas como mínimo de antelación, de calquera falta de asistencia ao traballo por causas xustificadas, a non ser que se acredite a imposibilidade de facelo.

3. -O abandono do centro ou do posto de traballo, sen causa ou motivo xustificado, aínda por breve tempo, sempre que o devandito abandono non fose prexudicial para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa ou causa danos ou accidentes aos seus compañeiros de traballo, en que poderá ser considerada como grave ou moi grave.

4. -Faltar ao traballo un día ao mes sen causa xustificada.

5. -A falta de atención e dilixencia debidas no desenvolvemento do traballo encomendado, sempre e cando non cause prexuízo á empresa ou aos seus compañeiros de traballo, en cuxo suposto poderá ser considerada como grave ou moi grave.

6. -Pequenos descoidos na conservación do material.

7. -Non comunicar á empresa calquera variación da súa situación que teña incidencia no laboral, como o cambio da súa residencia habitual.

8. -A falta ocasional de aseo ou limpeza persoal, cando iso ocasione reclamacións ou queixas dos seus compañeiros ou xefes.

9. -As faltas de respecto, de escasa consideración, aos seus compañeiros, e mesmo, a terceiras persoas alleas á empresa ou centro de actividade, sempre que iso se produza con motivo ou ocasión do traballo.

10. -Permanecer en zonas ou lugares distintos daqueles en que realice o seu traballo habitual sen causa que o xustifique ou sen estar autorizado para iso.

11. -Encontrarse no local de traballo, sen autorización, fóra da xornada laboral.

12. -A inobservancia das normas en materia de Seguridade e Hixiene no Traballo, que non entrañen risco grave para o traballador, nin para os seus compañeiros ou terceiras persoas.

13. -As discusións sobre asuntos estraños ao traballo durante a xornada laboral. Se tales discusións producisen graves escándalos ou alborotos, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

14. -Distraer aos seus compañeiros durante o tempo de traballo e prolongar as ausencias breves e xustificadas por tempo superior ao necesario.

15. -Usar medios telefónicos, telemáticos, informáticos, mecánicos ou electrónicos da empresa, para asuntos particulares, sen a debida autorización.

16. -Negarse a asinar a recepción dos medios de protección que a empresa lle entregue.

Faltas graves.

Serán consideradas graves as seguintes:

1. -Máis de tres faltas de puntualidade nun mes, ou ata 3 cando o atraso sexa superior a 15 minutos, en cada unha delas, durante o devandito período, e sen causa xustificada.

2. -Faltar dous días ao traballo durante un mes, sen causa que o xustifique.

3. -Non prestar a dilixencia ou atención debidas no traballo encomendado, que poida supoñer risco ou prexuízo de certa consideración para o propio traballador, os seus compañeiros, a empresa ou terceiros.

4. -A simulación de supostos de incapacidade laboral ou accidente.

5. -A inobservancia das ordes ou o incumprimento das normas en materia de Seguridade e Hixiene no Traballo, cando as mesmas supoñan risco grave para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros, así como negarse ao uso dos medios de Seguridade facilitados pola empresa.

6. -A desobediencia aos superiores en calquera materia de traballo, sempre que a orde non implique condición vexatoria para o traballador, ou entrañe risco para a vida ou saúde, tanto del coma doutros traballadores.

7. -Calquera alteración ou falsificación de datos persoais ou laborais relativos ao propio traballador ou aos seus compañeiros.

8. -A neglixencia ou imprudencia graves no desenvolvemento da actividade encomendada.

9. -Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares na obra ou centro de traballo, así como utilizar para usos propios ferramentas da empresa, tanto dentro como fóra dos locais de traballo, a non ser que se conte coa debida autorización.

10. -A diminución voluntaria e ocasional no rendemento de traballo.

11. -Proporcionar datos reservados ou información da obra ou centro de traballo ou da empresa a persoas alleas, sen a debida autorización para iso.

12. -A ocultación de calquera feito ou falta que o traballador presenciase e que podería causar prexuízo grave de calquera índole para a empresa, para os seus compañeiros de traballo ou para terceiros.

13. -Non advertir, inmediatamente aos seus xefes, ao empresario ou a quen o represente, de calquera anomalía, avaría ou accidente que observe nas instalacións, maquinaria ou locais.

14. -Introducir ou facilitar o acceso ao centro de traballo a persoas non autorizadas.

15. -A neglixencia grave na conservación ou na limpeza de materiais e máquinas que o traballador teña ao seu cargo.

16. -A reincidencia en calquera falta leve, dentro do mesmo trimestre, cando medie sanción por escrito da empresa.

17. -A reiteración -transcorridas vinte e catro horas- do recollido no punto 16 do apartado referido a faltas leves.

Faltas moi graves.

Serán consideradas as seguintes:

1. -Máis de dez faltas de puntualidade non xustificadas cometidas no período de tres meses ou de vinte durante seis meses.

2. -Faltar ao traballo máis de dous días ao mes sen causa ou motivo que o xustifique.

3. -A fraude, a deslealdade ou o abuso de confianza no traballo, xestión ou actividade encomendados; o furto e o roubo, tanto aos seus compañeiros como á empresa ou a calquera persoa que se encontre no centro de traballo ou fóra deste durante o desenvolvemento da súa actividade laboral.

4. -Facer desaparecer, inutilizar, destruír ou causar danos en calquera material, ferramentas, máquinas, instalacións, edificios, aparatos, aparellos, documentos, libros ou vehículos da empresa ou do centro de traballo.

5. -A embriaguez e a toxicomanía habitual durante o traballo, se repercuten negativamente neste.

6. -A revelación a terceiros de calquera información de reserva obrigada, cando diso se poida derivar un prexuízo sensible para a empresa.

7. -A competencia desleal.

8. -Os malos tratos de palabra ou obra ou faltas graves de respecto e consideración aos superiores, compañeiros ou subordinados.

9. -A imprudencia ou neglixencia inescusables, así como o incumprimento das normas de Seguridade e Hixiene no Traballo cando sexan causantes de accidente laboral grave, prexuízos graves aos seus compañeiros ou a terceiros, ou danos graves á empresa.

10. -O abuso de autoridade por parte de quen a ostente.

11. -A diminución voluntaria e reiterada ou continuada no rendemento normal do traballo.

12. -A desobediencia continuada ou persistente.

13. -Os actos desenvolvidos no centro de traballo ou fóra del con motivo ou ocasión do traballo encomendado, que poidan ser constitutivos de delito.

14. -A emisión maliciosa ou por neglixencia inescusable de noticias ou información falsa referente á empresa ou centro de traballo.

15. -O abandono do posto ou do traballo sen xustificación, especialmente en postos de mando ou responsabilidade, ou cando iso ocasione evidente prexuízo para a empresa ou poida chegar a ser causa de accidente para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros.

16. -A imprudencia temeraria no desempeño do traballo encomendado, ou cando a forma de realizalo implique risco de accidente ou perigo grave de avaría para as instalacións ou maquinaria da empresa.

17. -A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo semestre, sempre que fora obxecto de sanción por escrito.

Aplicación de sancións.

As sancións que as empresas poden aplicar segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas serán as seguintes:

A) Faltas leves:

a) Amoestación verbal.

b) Amoestación por escrito.

B) Faltas graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de 1 a 15 días.

C) Faltas moi graves:

a) Suspensión de emprego e soldo de 16 a 90 días.

b) Despedimento.

Para a aplicación e gradación das sancións que anteceden, terase en conta:

a) O maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta.

b) A súa categoría profesional.

c) A repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

Previamente á imposición de sancións por faltas graves ou moi graves aos traballadores que ostenten a condición de representante legal ou sindical, seralles instruído expediente contraditorio por parte fda empresa, no que serán oídos, á parte do interesado, os restantes membros da representación a que este pertencese, se os houbese.

Naqueles supostos nos que a empresa pretenda impoñer unha sanción aos traballadores afiliados a un sindicato deberá, con carácter previo á imposición de tal medida, dar audiencia aos delegados sindicais, se os houbese.

A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa serán sempre revisables ante a xurisdición competente. A sanción das faltas graves e moi graves requirirá comunicación escrita ao traballador, facendo constar a data e os feitos que a motivan.

Non se poderán impoñer sancións que consistan na redución da duración das vacacións ou outra minoración dos dereitos ao descanso do traballador ou multa de haber.

Outros efectos das sancións.f

As empresas anotarán nos expedientes laborais dos seus traballadores as sancións que por falta grave ou moi grave que se lles impoñan, anotando tamén a reincidencia nas faltas leves.

ANEXO VI – Táboa salarial 2017.

ANEXO VII – Táboa salarial 2018.

ANEXO VIII – Táboa salarial 2019.

Táboa salarial 2020.

Táboa salarial 2021.

CALENDARIO 2020 (BOP NÚMERO 51 – LUNES, 16 DE MARZO DE 2020)

Resolución de inscrición e publicación do calendario laboral do ano 2020 do convenio colectivo sectorial de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña.

Logo de constituírse a comisión negociadora do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña, (código de convenio número 15000985011982 e publicado no BOP núm 245 o 26 de decembro de 2019), subscríbese con data 06 de febreiro de 2020 o calendario laboral do ano 2020 polas partes lexitimadas e solicítase a súa inscrición e publicación con data 26 de febreiro de 2020.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).

Considerando que a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do calendario laboral do ano 2020 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición do calendario laboral do ano 2020 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión do calendario laboral do ano 2020 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 10 de marzo de 2020.

O xefe territorial de economía, emprego e industria.

Isidoro Martínez Arca.

ACTA DA MESA NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DE A CORUÑA.

DATA: 06/02/2020.

HORA: 17.30 horas.

LUGAR: SEDE CIG SANTIAGO DE COMPOSTELA.

POLA REPRESENTACIÓN SINDICAL.

CC.OO.:

– Ricardo Santos Reiriz.

CIG:

– Eduardo Sebio Molguero.

UGT:

– Fernando López Freire.

POLA REPRESENTACIÓN PATRONAL.

– Marcos Zapata Díaz.

– Francisco J. Rodríguez del Río.

– Juan Fco. Pego Becerra.

– Francisco Javier Rey Álvarez.

As partes estudan e aproban o calendario laboral que se aplicará durante o ano 2020. Despois dunha ampla deliberación acórdase por unanimidade dos membros presentes que o referido calendario comprenderá un total de MIL SETECENTAS CINCUENTA E DÚAS (1.752) horas efectivas de traballo.

Do mesmo xeito, é preciso fixar non calendario para o ano 2020 un total de 10 DÍAS FESTIVOS DE CONVENIO, dos que seis se fixan por esta comisión. Os tres restantes serán fixados en cada empresa segundo as normas ou costumes que se veñan utilizando para os días de libre disposición.

Noutro caso bastará a solicitude formulada polo traballador cunha semana de antelación, que so poderá ser denegada pola empresa por motivos organizativos, cando solicite o mesmo dia mais do 25% da plantilla ou cando a concesión do permiso o mesmo día a mais dun traballador conleve deixar sin servicio un departamento ou servicio. Naquelas empresas nas que non se teña disfrutado o día sete de xaneiro coma festivo de convenio asignarase un día máis conforme o disposto no paragrafo anterior. Sendo 3 o días de libre disposición.

7 de xaneiro.

2 de marzo.

7 de decembro.

31 de decembro.

25 de febreiro.

14 de Agosto.

24 de decembro.

O calendario para o ano 2020 figura detallado no cadro anexo á presente acta.

Se nalgún concello fosen sinaladas como festividades locais día que teñan o carácter de festivo-convenio, establécese a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso, posterior.

O presente calendario será de aplicación naquelas empresas que non establezan ou teñan establecido un calendario propio. Nestes supostos prevalecerá o calendario de empresa.

Autorizase a D. Francisco Javier Rey Álvarez, con DNI 33256373Y, para que faga o rexistro da presente acta, e dos seus anexos.

E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.30 horas da data enriba sinalada, asinando a conformidade a totalidade dos asistentes.

CALENDARIO 2021 (BOP NÚMERO 46 – MIÉRCOLES, 10 DE MARZO DE 2021)

Resolución de inscrición e publicación do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña.

Logo de constituírse a comisión negociadora do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña (código de convenio número 15000985011982 e publicado no BOP núm. 245 o 26 de decembro de 2019), subscríbese con data 30 de decembro de 2020 o calendario laboral do ano 2021 polas partes lexitimadas e solicítase a súa inscrición e publicación.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).

Considerando que a Xefatura Territorial da Consellería de emprego e igualdade da Coruña é competente para resolver a inscrición do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 28 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade (DOG núm. 2563, do 17 de decembro de 2020).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. A inscrición do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña ao Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 26 de febreiro de 2021.

A xefa territorial de emprego e igualdade.

Judit Fontela Baró.

ACTA DA MESA NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DE A CORUÑA.

DATA: 30/12/2020.

HORA: 16.00 horas.

LUGAR: SEDE CIG SANTIAGO DE COMPOSTELA.

POLA REPRESENTACIÓN SINDICAL:

CC.OO.

– Ricardo Santos Reiríz.

CIG.

– Eduardo Sebio Molguero.

UGT.

– Jesús-Mari Calvo Romero.

POLA REPRESENTACIÓN PATRONAL:

– Marcos Zapata Díaz.

– Francisco J. Rodríguez del Río.

– Juan F. Pego Becerra.

– Francisco Javier Rey Álvarez.

As partes estudan e aproban o calendario laboral que se aplicará durante o ano 2021. Despois dunha ampla deliberación acórdase por unanimidade dos membros presentes que o referido calendario comprenderá un total de MIL SETECENTAS CINCUENTA E DUAS (1.752) horas efectivas de traballo.

Do mesmo xeito, é preciso fixar non calendario para o ano 2021 un total de 9 DIAS FESTIVOS DE CONVENIO, dos que seis se fixan por esta comisión. Os tres restantes serán fixados en cada empresa segundo as normas ou costumes que se veñan utilizando para os días de libre disposición.

Noutro caso bastará a solicitude formulada polo traballador cunha semana de antelación, que so poderá ser denegada pola empresa por motivos organizativos, cando solicite o mesmo dia mais do 25% da plantilla ou cando a concesión do permiso o mesmo día a mais dun traballador conleve deixar sen servicio un departamento ou servicio.

4 de xaneiro 5 de xaneiro.

11 de outubro 7 de decembro.

24 de decembro 31 de decembro.

O calendario para o ano 2021 figura detallado no cadro anexo á presente acta.

se nalgún concello fosen sinaladas como festividades locais día que teñan o carácter de Festivo-Convenio, establécese a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso posterior.

O presente calendario será de aplicación naquelas empresas que non establezan ou teñan establecido un calendario propio. Nestes supostos prevalecerá o calendario de empresa.

Autorízase a D. Francisco Javier Rey Álvarez, con DNI 33256373Y, para que faga o rexistro da presente acta, e dos seus anexos.

E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.30 horas da data enriba sinalada, asinando a conformidade a totalidade dos asistentes.

CALENDARIO 2022 (BOP NÚMERO 51 – MIÉRCOLES, 16 DE MARZO DE 2022)

Resolución de inscrición e publicación do calendario laboral do ano 2022 do convenio colectivo sectorial de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña.

Logo de constituirse a comisión negociadora do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña (código de convenio número 15000985011982 e publicado no BOP núm. 245 o 26 de decembro de 2019), subscríbese con data 22 de decembro de 2021 o calendario laboral do ano 2022 polas partes lexitimadas e solicítase a súa inscrición e publicación con data 17 de febreiro de 2022.

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).

Considerando que a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña é competente para resolver a inscrición do calendario laboral do ano 2022 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).

De acordo con todo o indicado, RESOLVO:

1. A inscrición do calendario laboral do ano 2022 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A remisión do calendario laboral do ano 2022 do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

A Coruña, 10 de marzo de 2022.

A xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade.

Judit Fontela Baro.

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DE A CORUÑA.

DATA: 22/12/2021.

HORA: 16.00 h.

LUGAR: SEDE CIG SANTIAGO DE COMPOSTELA.

POLA REPRESENTACIÓN SINDICAL:

CC.OO.

– Ricardo Santos Reiriz.

CIG.

– Eduardo Sebio Molguero.

UGT.

– Santiago González Andion.

POLA REPRESENTACIÓN PATRONAL:

– Marcos Zapata Díaz.

– Francisco J. Rodríguez del Río.

– Juan F. Pego Becerra.

– Francisco Javier Rey Álvarez.

As partes estudan e aproban o calendario laboral que se aplicará durante o ano 2022. Despois dunha ampla deliberación acórdase por unanimidade dos membros presentes que o referido calendario comprenderá un total de MIL SETECENTAS CINCUENTA E DÚAS (1752) horas efectivas de traballo.

A sinatura deste calendario e a súa xornada quedará supeditada ao recollido e acordado na futura negociación do Convenio da Pedra e Mármore da Provincia da Coruña.

Do mesmo xeito, é preciso fixar non calendario para o ano 2021 un total de 7 DÍAS FESTIVOS DE CONVENIO, dos que cinco se fixan por esta comisión. Os dous restantes serán fixados en cada empresa segundo as normas ou costumes que se veñan utilizando para os días de libre disposición.

Noutro caso bastará a solicitude formulada polo traballador cunha semana de antelación, que so poderá ser denegada pola empresa por motivos organizativos, cando solicite o mesmo dia mais do 25% da plantilla ou cando a concesión do permiso o mesmo día a mais dun traballador conleve deixar sen servicio un departamento ou servicio.

7 de xaneiro

16 de maio.

5 de decembro

7 de decembro.

9 de decembro.

O calendario para o ano 2022 figura detallado no cadro anexo á presente acta.

Se nalgún concello fosen sinaladas como festividades locais día que teñan o carácter de festivo-convenio, establécese a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso posterior.

O presente calendario será de aplicación naquelas empresas que non establezan ou teñan establecido un calendario propio. Nestes supostos prevalecerá o calendario de empresa.

Autorízase a D. Francisco Javier Rey Álvarez, con DNI 33256373Y, para que faga o rexistro da presente acta, e dos seus anexos.

E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.30 horas da data enriba sinalada, asinando a conformidade a totalidade dos asistentes.

REVISIÓN SALARIAL (BOP NÚMERO 188 – LUNES, 3 DE OCTUBRE DE 2022)

Resolución de inscrición e publicación do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña, 2017-2021, polo que se aproba a táboa salarial definitiva do ano 2021.

O 12 de maio de 2022 tivo entrada no REGCON a solicitude de inscrición e publicación do acordo, de 31 de marzo de 2022, da comisión paritaria do convenio colectivo de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña, 2017-2021, polo que se aproba a táboa salarial definitiva do ano 2021.

A tramitación deste procedemento regúlase no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60 de 26 de marzo de 2013).

Considerando que a Xefatura Territorial de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña é competente para resolver a inscrición deste acordo e ordenar a súa publicación, ao abeiro do Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 94, de 16 de maio de 2022) e no Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG núm. 130, de 08 de xullo de 2022).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Inscribir o acordo, de 31 de marzo de 2022, da comisión paritaria do convenio colectivo de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña, 2017-2021, polo que se aproba a táboa salarial definitiva do ano 2021.

2. Remitir o referido acordo ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña, para a súa publicación.

A Coruña, 27 de setembro de 2022.

A xefa territorial de emprego e igualdade.

Judit Fontela Baró.

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL 2017-2021 DO CONVENIO COLECTIVO DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE.

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DE A CORUÑA.

DATA: 31/03/2022.

HORA: 17:00 h.

LUGAR: SEDE CIG SANTIAGO DE COMPOSTELA.

POLA REPRESENTACIÓN SINDICAL:

CCOO.

Oscar Cereijo Limeres.

CIG.

Eduardo Sebio Molguero.

UGT.

Santiago González Andino.

POLA REPRESENTACIÓN PATRONAL:

Ramón Alonso Vila.

Francisco J. Rodríguez del Río.

Juan F. Pego Becerra.

Francisco Javier Rey Álvarez.

Reúnese a Comisión Paritaria do Convenio Colectivo Provincial de Elaboración e Instalación de Pedra e Mármore da provincia de A Coruña para dar cumprimento ao establecido no artigo20 do Convenio Colectivo Provincial 2017-2021. O presente acordo ten por obxecto a aprobación das táboas salariais revisadas e definitivas para o ano 2021, nos termos indicados no devandito artigo.

O incremento do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) relativo ao período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2021 foi do SEIS COMA CINCOCENTA POR CENTO (6,50%) O artigo 20 establece o seguinte:

“Para o ano 2021 se o incremento do IPC alcanza ou supera o 2,50% , o incremento salarial será IPC Real + 0,3%.”

Por conseguinte procederá a aplicación da revisión salarial consistente nunha porcentaxe do SEIS COMA OITENTA POR CENTO (6,80%) sobre as contías dos salarios pactados para o 2020.

As táboas salariais revisadas e definitivas do ano 2021 figuran no Anexo do presente acordo.

En canto ao pago dos atrasos as partes acordan o seguinte:

As empresas poderán prorratear os atrasos, en pagos mensuais iguais, dende o mes seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia do citado presente acordo, ata o mes de decembro de 2022.

Autorizase a D. Francisco Javier Rey Álvarez, con DNI 33256373Y para que faga o rexistro da presente acta, e dos seus anexos.

Sen máis asuntos que tratar, levantase a sesión sendo as dezaoito horas da data enriba sinalada, asinando en conformidade a totalidade dos asistentes.

CALENDARIO 2023 (BOP NÚMERO 52 – JUEVES, 16 DE MARZO DE 2023)

Resolución pola que se inscribe e se ordea a publicación do calendario laboral para o ano 2023 do convenio colectivo provincial de elaboración e instalación de pedra e mármore da Coruña (código de convenio 15000985011982).

O 3 de marzo de 2023 tivo entrada no rexistro de acordos e convenios colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (REGCON) a acta do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de elaboración e instalación de pedra e mármore da Coruña relativa ao calendario laboral durante o ano 2023 (código de convenio 15000985011982).

De acordo co disposto no Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, (BOE núm.143, do 12 de xuño de 2012), así como na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro), cómpre a inscrición e publicación do referido acordo.

Esta xefatura territorial é competente para resolver a inscrición deste acordo sobre o calendario laboral e dispoñer a súa publicación, ao abeiro do Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG núm. 130, de 8 de xullo de 2022).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Inscribir o acordo da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de elaboración e instalación de pedra e mármore da Coruña relativa ao calendario laboral durante o ano 2023 (código de convenio 15000985011982) no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Ordenar a súa remisión ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.

Notifíquese a presente resolución á comisión negociadora, e sexa informada de que contra dela poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE núm. 236, do 02/10/2015).

A Coruña, 13 marzo de 2023.

A xefa territorial de Promoción do Emprego e Igualdade.

Judit Fontela Baró.

ACTA DA COMISION PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DE A CORUÑA.

DATA: 02/02/2023.

HORA: 16:00 h.

LUGAR: SEDE CIG SANTIAGO DE COMPOSTELA.

POLA REPRESENTACIÓN SINDICAL:

CCOO.

– Ricardo Santos Reiríz.

CIG.

– Eduardo Sebio Molguero.

UGT.

– Santiago González Andino.

POLA REPRESENTACIÓN PATRONAL:

– Marcos Zapata Díaz.

– Francisco J. Rodríguez del Río.

– Juan F. Pego Becerra.

– Francisco Javier Rey Álvarez.

As partes estudan e aproban o Calendario Laboral que se aplicará durante o ano 2023. Despois dunha ampla deliberación acórdase por unanimidade dos membros presentes que o referido calendario comprenderá un total de MIL SETECENTAS CINCUENTA E DUAS (1752) horas efectivas de traballo A sinatura deste calendario e a súa xornada quedará supeditada ao recollido e acordado na futura negociación do Convenio da Pedra e Mármore da Provincia da Coruña.

Do mesmo xeito, é preciso fixar non calendario para o ano 2023 un total de 6 DIAS FESTIVOS DE CONVENIO, dos que catro se fixan por esta comisión. Os dous restantes serán fixados en cada empresa segundo as normas ou costumes que se veñan utilizando para os días de libre disposición.

Noutro caso bastará a solicitude formulada polo traballador cunha semana de antelación, que so poderá ser denegada pola empresa por motivos organizativos, cando solicite o mesmo dia mais do 25% da plantilla ou cando a concesión do permiso o mesmo día a mais dun traballador conleve deixar sen servicio un departamento ou servicio.

24 de xullo 14 de agosto.

13 de outubro 7 de decembro.

O calendario para o ano 2023 figura detallado no cadro anexo á presente acta.

Se nalgún concello fosen sinaladas como festividades locais día que teñan o carácter de Festivo-Convenio, establécese a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso posterior.

O presente calendario será de aplicación naquelas empresas que non establezan ou teñan establecido un calendario propio. Nestes supostos prevalecerá o calendario de empresa.

Autorizase a D. Francisco Javier Rey Álvarez, con DNI 33256373Y para que faga o rexistro da presente acta, e dos seus anexos.

E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión sendo as 18:30 horas da data enriba sinalada, asinando a conformidade a totalidade dos asistentes.

Las tablas puede mostrar años anteriores (comparar), desplaza hasta ver el año en curso

CONVENIO COLECTIVO DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PIEDRA Y MÁRMOL DE LA CORUÑA



















CONVENIO COLECTIVO (BOP NÚMERO 245 - JUEVES, 26 DE DICIEMBRE DE 2019)



















Artigo 26.- Xornada de traballo





A xornada laboral anual será de 1752 horas, ...

















Artigo 30.- Horas extraordinarias





- Normais 11,86




festivos 14,01




e domingos ou nocturnas 19,39


















Artigo 42 .-Plus de quendas





... por día de traballo efectivo ... 5 euros/día

















ANEXO VI - TÁBOA SALARIAL 2017













Incremento 1,90%




CATEGORIAS Y CONCEPTOS Salario Base Plus de Asistencia Plus de Distancia y Transporte Salario Mensual Valor Pagas Extras







OFIC. ADMINISTRATIVO 1ª 1.080,83 178,27 187,67 1.446,77 1.080,73
OFIC. ADMINISTRATIVO 2ª 1.046,69 178,27 182,66 1.407,61 1.046,60
AUX. ADMINISTRATIVO 988,58 178,27 154,72 1.321,57 988,50
ENCARGADO GENERAL 1.280,38 178,27 215,09 1.673,74 1.293,30
DELINEANTE 1ª 1.123,74 178,27 200,50 1.502,51 1.123,65
DELINEANTE 2ª 1.041,37 178,27 198,03 1.417,66 1.041,27
JEFE TALLER 37,45 8,09 8,91 54,45 1.124,13
ENCARGADO DE OBRA 37,11 8,09 8,23 53,43 1.113,60
CAPATAZ 36,38 8,09 8,36 52,83 1.091,81
MODELISTA 37,25 8,09 8,79 54,13 1.117,96
ADORNISTA 37,70 8,09 7,29 53,09 1.121,59
OFICIAL 1ª DE OFICIO 36,35 8,09 9,50 53,95 1.090,71
OFICIAL 2ª DE OFICIO 34,88 8,09 7,09 50,07 1.046,80
AYUDANTE 34,57 8,09 5,70 48,36 1.037,36
PEÓN ESPECIALIZADO 33,95 8,09 4,45 46,49 1.018,83
PEÓN ORDINARIO 33,22 8,09 3,28 44,60 996,67
APRENDICES 21,73 8,09 1,55 31,37 652,08














ANEXO VII - TÁBOA SALARIAL 2018













Incremento 2,00%




CATEGORIAS Y CONCEPTOS Salario Base Plus de Asistencia Plus de Distancia y Transporte Salario Mensual Valor Pagas Extras







OFIC. ADMINISTRATIVO 1ª 1.102,45 181,83 191,42 1.475,70 1.102,34
OFIC. ADMINISTRATIVO 2ª 1.067,62 181,83 186,31 1.435,76 1.067,53
AUX. ADMINISTRATIVO 1.008,35 181,83 157,82 1.348,00 1.008,27
ENCARGADO GENERAL 1.305,99 181,83 219,39 1.707,21 1.319,16
DELINEANTE 1ª 1.146,22 181,83 204,51 1.532,56 1.146,12
DELINEANTE 2ª 1.062,20 181,83 201,99 1.446,02 1.062,09
JEFE TALLER 38,20 8,26 9,09 55,54 1.146,61
ENCARGADO DE OBRA 37,85 8,26 8,39 54,50 1.135,87
CAPATAZ 37,11 8,26 8,52 53,89 1.113,65
MODELISTA 38,00 8,26 8,96 55,22 1.140,31
ADORNISTA 38,46 8,26 7,44 54,15 1.144,02
OFICIAL 1ª DE OFICIO 37,08 8,26 9,69 55,02 1.112,52
OFICIAL 2ª DE OFICIO 35,58 8,26 7,23 51,07 1.067,73
AYUDANTE 35,26 8,26 5,82 49,33 1.058,10
PEÓN ESPECIALIZADO 34,63 8,26 4,54 47,42 1.039,21
PEÓN ORDINARIO 33,89 8,26 3,35 45,49 1.016,60
APRENDICES 22,16 8,26 1,58 32,00 665,12














ANEXO VIII - TÁBOA SALARIAL 2019













Incremento 2,25%




CATEGORIAS Y CONCEPTOS Salario Base Plus de Asistencia Plus de Distancia y Transporte Salario Mensual Valor Pagas Extras







OFIC. ADMINISTRATIVO 1ª 1.127,25 185,92 195,73 1.508,91 1.127,15
OFIC. ADMINISTRATIVO 2ª 1.091,64 185,92 190,50 1.468,07 1.091,55
AUX. ADMINISTRATIVO 1.031,04 185,92 161,37 1.378,33 1.030,96
ENCARGADO GENERAL 1.335,38 185,92 224,33 1.745,62 1.348,84
DELINEANTE 1ª 1.172,01 185,92 209,11 1.567,04 1.171,91
DELINEANTE 2ª 1.086,09 185,92 206,54 1.478,55 1.085,99
JEFE TALLER 39,06 8,44 9,29 56,79 1.172,41
ENCARGADO DE OBRA 38,70 8,44 8,58 55,72 1.161,43
CAPATAZ 37,94 8,44 8,72 55,10 1.138,71
MODELISTA 38,85 8,44 9,16 56,46 1.165,97
ADORNISTA 39,32 8,44 7,60 55,37 1.169,76
OFICIAL 1ª DE OFICIO 37,91 8,44 9,91 56,26 1.137,55
OFICIAL 2ª DE OFICIO 36,38 8,44 7,40 52,22 1.091,76
AYUDANTE 36,05 8,44 5,95 50,44 1.081,91
PEÓN ESPECIALIZADO 35,41 8,44 4,64 48,49 1.062,59
PEÓN ORDINARIO 34,65 8,44 3,42 46,51 1.039,47
APRENDICES 22,66 8,44 1,62 32,72 680,09














TÁBOA SALARIAL 2020













Incremento 2,25%




CATEGORIAS Y CONCEPTOS Salario Base Plus de Asistencia Plus de Distancia y Transporte Salario Mensual Valor Pagas Extras







OFIC. ADMINISTRATIVO 1ª 1.152,62 190,10 200,13 1.542,86 1.152,51
OFIC. ADMINISTRATIVO 2ª 1.116,20 190,10 194,79 1.501,10 1.116,11
AUX. ADMINISTRATIVO 1.054,24 190,10 165,00 1.409,34 1.054,16
ENCARGADO GENERAL 1.365,42 190,10 229,37 1.784,90 1.379,19
DELINEANTE 1ª 1.198,38 190,10 213,81 1.602,30 1.198,27
DELINEANTE 2ª 1.110,53 190,10 211,18 1.511,82 1.110,42
JEFE TALLER 39,94 8,63 9,50 58,07 1.198,79
ENCARGADO DE OBRA 39,57 8,63 8,77 56,98 1.187,56
CAPATAZ 38,80 8,63 8,91 56,34 1.164,33
MODELISTA 39,73 8,63 9,37 57,73 1.192,21
ADORNISTA 40,21 8,63 7,77 56,61 1.196,08
OFICIAL 1ª DE OFICIO 38,76 8,63 10,13 57,53 1.163,15
OFICIAL 2ª DE OFICIO 37,20 8,63 7,56 53,39 1.116,32
AYUDANTE 36,86 8,63 6,08 51,57 1.106,25
PEÓN ESPECIALIZADO 36,20 8,63 4,74 49,58 1.086,50
PEÓN ORDINARIO 35,43 8,63 3,50 47,56 1.062,86
APRENDICES 23,17 8,63 1,66 33,46 695,39














TÁBOA SALARIAL 2021













Incremento 2,50%




CATEGORIAS Y CONCEPTOS Salario Base Plus de Asistencia Plus de Distancia y Transporte Salario Mensual Valor Pagas Extras







OFIC. ADMINISTRATIVO 1ª 1.181,43 194,86 205,14 1.581,43 1.181,32
OFIC. ADMINISTRATIVO 2ª 1.144,11 194,86 199,66 1.538,63 1.144,01
AUX. ADMINISTRATIVO 1.080,59 194,86 169,12 1.444,57 1.080,51
ENCARGADO GENERAL 1.399,56 194,86 235,11 1.829,52 1.413,67
DELINEANTE 1ª 1.228,34 194,86 219,16 1.642,36 1.228,23
DELINEANTE 2ª 1.138,29 194,86 216,46 1.549,61 1.138,18
JEFE TALLER 40,94 8,85 9,74 59,52 1.228,76
ENCARGADO DE OBRA 40,56 8,85 8,99 58,40 1.217,25
CAPATAZ 39,77 8,85 9,14 57,75 1.193,44
MODELISTA 40,72 8,85 9,61 59,17 1.222,01
ADORNISTA 41,21 8,85 7,97 58,03 1.225,98
OFICIAL 1ª DE OFICIO 39,73 8,85 10,39 58,97 1.192,22
OFICIAL 2ª DE OFICIO 38,13 8,85 7,75 54,73 1.144,23
AYUDANTE 37,78 8,85 6,23 52,86 1.133,91
PEÓN ESPECIALIZADO 37,11 8,85 4,86 50,82 1.113,66
PEÓN ORDINARIO 36,31 8,85 3,59 48,75 1.089,43
APRENDICES 23,75 8,85 1,70 34,29 712,78





















REVISIÓN SALARIAL (BOP NÚMERO 188 - LUNES, 3 DE OCTUBRE DE 2022)



















TÁBOAS 2021 (6,8%) E ATRASOS












CATEGORIAS E CONCEPTOS Salario Base Plus de Asistencia Plus de Distancia e Transp. Salario Mensual Pagas Extras ATRASOS/ANUAIS
OFIC. ADMINISTRATIVO 1ª 1.230,99 203,02 213,73 1.647,74 1.230,88 894,84
OFIC. ADMINISTRATIVO 2ª 1.192,10 203,02 208,03 1.603,15 1.192,11 870,42
AUX. ADMINISTRATIVO 1.125,92 203,02 176,22 1.505,16 1.125,84 817,74
ENCARGADO GENERAL 1.458,26 203,02 244,96 1.906,24 1.472,97 1.039,24
DELINEANTE 1ª 1.279,86 203,02 228,34 1.711,22 1.279,75 929,41
DELINEANTE 2ª 1.186,04 203,02 225,54 1.614,60 1.185,92 875,37
JEFE TALLER 42,65 9,21 10,14 62,00 1.280,30 916,70
ENCARGADO DE OBRA 42,26 9,21 9,36 60,83 1.268,31 884,15
CAPATAZ 41,43 9,21 9,51 60,15 1.243,50 867,28
MODELISTA 42,43 9,21 10,00 61,64 1.273,28 892,50
ADORNISTA 42,94 9,21 8,29 60,44 1.277,41 883,23
OFICIAL 1ª DE OFICIO 41,39 9,21 10,81 61,41 1.242,24 876,76
OFICIAL 2ª DE OFICIO 39,72 9,21 8,07 57,00 1.192,22 825,26
AXUDANTE 39,36 9,21 6,49 55,06 1.181,47 807,60
PEÓN ESPECIALIZADO 38,66 9,21 5,06 52,93 1.160,38 781,83
PEÓN ORDINARIO 37,83 9,21 3,73 50,77 1.135,13 755,70
APRENDICES 24,74 9,21 1,77 35,72 742,67 515,30