Convenio Colectivo Confiterías, Pastelerías, Masas Fritas, Bollos y Helados Artesanos de La Coruña

Características

Afecta a miles de trabajadores
Vigencia:
2004/01/01 - 2007/12/31

Duración: CUATRO AÑOS

Publicación:

2007/04/30

BOP 98

CONVENIO

Ámbito: Provincial
Área: La Coruña
Código: 15000375011981
Actualizacion: 2007/04/30
Convenio Colectivo Confiterías, Pastelerías, Masas Fritas, Bollos y Helados Artesanos. Última actualización a: 30-04-2007 Vigencia de: 01-01-2004 a 31-12-2007. Duración CUATRO AÑOS. Última publicación en BOP 98 del tipo: CONVENIO.

El contenido puede mostrar el convenio anterior (comparar), revisa el índice para ir al actual.

Índice

CONVENIO COLECTIVO (BOP NÚM 98 – 30 de abril de 2007)

Convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías, masas fritidas, bolos e xeados artesáns.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de CONFITERIAS, PASTELERIAS, MASAS FRITIDAS, BOLOS E XEADOS ARTESANS (código convenio 1500375), que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Traballo o día 21.12.06, complementado o 04.04.07 e subscrito pola parte económica pola Asociación de Empresarios de Confitería, Pastelería y Repostería da provincia da Coruña e pola parte social por UGT e CCOO os días 12.12.06 e 01.02.07, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos de Traballo e Real decreto 2412/82, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial ACORDA:

PRIMEIRO.-Ordena-la súa inscripción no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante nesta Delegación Provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

SEGUNDO.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C).

TERCEIRO.-Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

A Coruña, 16 de abril de 2007 A DELEGADA PROVINCIAL Asdo.: María Debén Alfonso

CONVENIO COLECTIVO DE CONFEITERÍAS, PASTELERÍAS, MASAS FRITIDAS, BOLOS E XEADOS ARTESÁNS

Artigo 1.º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre traballadores e empresas dedicadas á confeitería, pastelería, masas fritidas, bolos e xeados artesáns, incluído o persoal mercantil con centros de traballo na Coruña e a súa provincia a partir da data de entrada en vigor.

Artigo 2.º.-Vixencia, duración e revisión.

A totalidade das cláusulas, tanto económicas como sociais, pactadas no presente convenio entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2004 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 2007.

As retribucións acordadas e os pactos do presente convenio terán efectos o mesmo día de entrada en vigor, calquera que sexa a data da súa publicación no BOP. Este convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes, que se terá que realizar cunha participación mínima ó fin do período de vixencia, ou de calquera das súas prórrogas, de dous meses.

Artigo 3.º.-Vixilancia.

En cumprimento do disposto no Estatuto dos traballadores, establécese, segundo o seu artigo 85, unha comisión paritaria que estará formada por tres representantes de UGT, dous representantes de CC.OO. e cinco representantes das asociacións patronais que interviñeron nas negociacións do presente convenio.

Artigo 4.º.-Respecto dos dereitos, compensacións e absorción.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio respecto ás materias obxecto de regulación.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación as melloras establecidas neste convenio nin a facultade de amplialas, as empresas que veñan aboando ó seu persoal salarios superiores ós esixidos regulamentariamente non estarán obrigadas a aplica-las elevacións que se fixen polas presentes estipulacións, salvo en contía necesaria para suplir diferencias.

Artigo 5.º.-Asignacións económicas.

Fíxanse como mínimas as retribucións que figuran nas táboas de salarios que se xuntan, aplicase a revisión salarial (0,6%), polo exceso do IPC na táboa salarial do ano 2003, sendo o incremento para o ano 2004 de un 3,2%, enriba da táboa revsada do ano 2003, dun 3,7% enriba da táboa salarial do 2004 para o ano 2005, nos anos 2006 e 2007 aplicarase o IPC previsto polo Goberno mais un 0,25 por cento. Se o IPC real o 31 de decembro de 2006 e 2007 excedesen do IPC previsto para eses anos, revisaranse os salarios no exceso.

Artigo 6.º.-Complementos de transporte.

Establécese un complemento de transporte de carácter inabsorbible, na contía de 1,80 euros diarios durante o ano 2006. Durante o ano 2007 o complemento de transporte incrementarase con o IPC real do ano 2006. Este complemento, que percibirán tódolos traballadores, aboarase unicamente os días realmente traballados, e aboaranse tamén no mes de vacacións.

Artigo 7.º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense para tódolos traballadores tres pagas extraordinarias:

unha en marzo, que corresponde á de beneficios, calculándose a razón do nove por cento do salario base máis antigüidade en cómputo anual; en caso de ser inferior, será o que lle corresponda por 30 días de salario base máis antigüidade.

Outra no mes de xullo e a terceira no Nadal. Todas elas se aboarán a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

Pagaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 8.º.-Premio de vacacións.

Os traballadores que se xubilen e conten cunha antigüidade mínima de 15 anos ó servicio da empresa terán dereito a desfrutar de dous meses de vacacións retribuídas. O desfrute destas vacacións farase efectivo coa correspondente antelación ó seu cesamento efectivo na empresa. A empresa entrega ó traballador que solicite este permiso de vacacións dun certificado acreditativo do seu desfrute no que constará o tempo de tales vacacións. Durante este período percibirá o salario base e o complemento de antigüidade.

Artigo 9.º.-Falecemento.

No caso dun traballador falecer estando en activo e de levar, como mínimo, cinco anos ó servicio da empresa, esta aboaralle ós seus herdeiros ou á persoa que directamente designe dúas mensualidades de salario en concepto de socorro por defunción.

Artigo 10.º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá, en concepto de complemento persoal de antigüidade, unha contía fixada por cada 3 anos de servicios prestados á empresa, de acordo coas táboas anexas.

A data inicial do cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa.

Establécese unha limitación de 10 trienios para tódolos traballadores.

O incremento das táboas de antigüidade non será inferior ó 80% do incremento porcentual ou equivalente que se estableza como incremento do salario base.

Artigo 11.º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cun recargo do 100% do salario base hora.

Artigo 12.º.-Nocturnidade.

O complemento por traballo nocturno establécese no 40% do salario base.

Artigo 13.º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán anualmente no ano 2006 31 días de vacacións, e 30 días no ano 2007.

Artigo 14.º.-Descansos.

Serán días de descanso para os traballadores e empresarios, sen perda de retribución por parte do persoal asalariado, o día 27 de abril, festividade de Nosa Señora de Montserrat, patroa da actividade de confeitería e pastelería, e o 25 de decembro, día de Nadal.

O citado descanso refírese tanto ós traballadores encadrados no presente convenio como ós empresarios ós que este se refire.

Se a primeira das ditas festividades coincidese en sábado ou domingo, trasladarase ó luns seguinte.

Artigo 15.º.-Licencias retribuídas.

As licencias serán retribuídas logo de aviso e xustificación, con dereito a remuneración, polos motivos seguintes:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) cinco días no caso de parto da esposa o compañeira, tres días en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao. Se o taballador necesitase desprazarse fóra do domicilio habitual, será de catro días.

c) Un día en caso de enfermidade grave o falecemento de fillos políticos.

d) Dous días por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

f) Un día en caso de bautizo, primeira comuñón e vodas de parentes de primeiro grao.

Artigo 16.º.-Xornada.

Nos talleres de confeitería e pastelería a xornada de domingo e festivos non se poderá prorrogar máis de 12 horas.

Artigo 17.º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de 1.800 horas anuais.

Considerarase como traballo efectivo o tempo destinado ó bocadillo nas empresas que antes do ano 1983 viñesen concedendo este dereito.

Artigo 18.º.-Enfermidades e accidentes.

A empresa aboaralle ó traballador en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral un complemento que, sumado á prestación correspondente da Seguridade Social, alcance o 75% dos seus devengos salariais desde o primeiro día ata o día 20 inclusive de baixa, e a partir do 21, e por un período máximo de seis meses, o dito complemento alcanzará o 100% dos devengos salariais do traballador.

No caso de accidenta laboral o traballador percibirá o cento por cento do salario real dende o primeiro día.

Artigo 19.º.-Póliza de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros para a cobertura e ós riscos de morte por accidente de traballo durante as 24 horas do día, garantindo o percibo da indemnización de 15.025,30 euros en ámbolos supostos. Esta cantidade será extensiva á invalidez total absoluta.

Artigo 20.º.-Garantías sindicais.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 21.º.-Xubilación voluntaria.

Os traballadores que se xubilen voluntaria e anticipadamente terán dereito a desfrutar de vacacións retribuídas na seguinte proporción:

– Ós 60 anos: un mes e quince días.

– Ós 61 anos: un mes e once días.

– Ós 62 anos: un mes e oito días.

– Ós 63 anos: un mes e cinco días.

– Ós 64 anos: un mes e dous días.

En tódolos casos o desfrute destas vacacións farase efectivo coa correspondente antelación ó seu cesamento efectivo na empresa.

A empresa faralle entrega ó traballador que solicite este premio de vacacións dun certificado acreditativo do seu desfrute, no que constará o tempo de tales vacacións. Durante este período percibirá o salario base, e complemento de antigüidade.

Artigo 22.º.-Roupa de traballo.

Ó persoal que polo seu traballo necesite roupa especial, as empresas estarán obrigadas a facilitarlle gratuitamente batas, fundas, panos, etc.; a duración destas pezas será dun ano.

Artigo 23.º.-Normas supletorias.

Consideraranse normas supletorias de carácter xeral do Acordo Marco Estatal de Pastelería, Confeitería, Bolería, Xeladería, Repostería e Pratos Combinados, asinado pola Confederación Española de Empresarios Artesáns de Pastelería e por CC.OO. e UGT, e publicado no Boletín Oficial del Estado do día 11 de marzo de 1996.

Artigo 24.º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio será de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos e polo seguinte orde de prioridade:

Táboas salariais do convenio colectivo de confeiterías 1. Comisión paritaria do convenio.

2. Negociación coa representación legal dos traballadores.

3. Mecanismo do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle- la seguinte documentación:

– Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se produciron perdas reais.

– Plan de viabilidade para o período en que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderanse pactar reduccións sobre as porcentaxes de incremento negociadas ou a súa total inaplicación polo período que se determine. Neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo isto, sixilo profesional.

Artigo 25.º.-Contrato eventual por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

A duración máxima dos contratos eventuais regulados no artigo 15.1.º b) do Estatuto dos traballadores, será de 12 meses dentro dun período de 18 meses, contados a partir do momento en que se produzan as ditas causas.

Os contratos eventuais por circunstancias do mercado, celebrados antes da sinatura deste convenio colectivo, rexeranse ata a súa extinción pola normativa convencional en función da cal se celebraron, polo que poderá esgota-la duración máxima establecida nos anteriores convenios colectivos.

Artigo 26.º.-Cláusula de adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organización sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

TABOAS SALARIAIS DEFINITIVAS DO ANO 2003.

NOTA.-Los salarios de las categorías de aprendiz de 1.º y 2.º año se refieren al 85% de la jornada.

TABLAS SALARIAIS DEFINITIVAS DO ANO 2004.

NOTA.-Los salarios de las categorías de aprendiz de 1.º y 2.º año se refieren al 85% de la jornada.

TABLAS SALARIAIS DEFINITIVAS DO ANO 2005.

NOTA.-Los salarios de las categorías de aprendiz de 1.º y 2.º año se refieren al 85% de la jornada.

TABLAS SALARIAIS DO ANO 2006 CONVENIO COLECTIVO DE CONFEITERÍAS.

NOTA.-Los salarios de las categorías de aprendiz de 1.º y 2.º año se refieren al 85% de la jornada.

Las tablas puede mostrar años anteriores (comparar), desplaza hasta ver el año en curso

CONVENIO COLECTIVO DE CONFITERÍAS, PASTELERÍAS, MASAS FRITAS, BOLLOS Y HELADOS ARTESANALES










CONVENIO COLECTIVO (BOP NÚM 98 - 30 de abril de 2007)










Artigo 6.º.-Complementos de transporte


de 1 0,80 euros diarios durante o ano 2006
Durante o ano 2007 incrementarase con o IPC real do ano 2006

... aboarase unicamente os días realmente traballados, e aboaranse tamén no mes de vacacións










Artigo 7.º.-Gratificacións extraordinarias 3 a razón de 30 días de salario base máis antigüidade








Artigo 8.º.-Premio de vacacións 2 meses de vacacións retribuídas
Os traballadores que se xubilen e conten cunha antigüidade mínima de 15 anos










Artigo 9.º.-Falecemento 2 mensualidades de salario en concepto de socorro por defunción








Artigo 10.º.-Antigüidade por cada 3 anos de servicios limitación de 10 trienios








Artigo 11.º.-Horas extraordinarias ... recargo do 100% do salario base hora








Artigo 12.º.-Nocturnidade 40% do salario base








Artigo 17.º.-Xornada de traballo 1800 horas anuais








TABLAS SALARIAIS DO ANO 2006







Salario base mes Salario base año Plus antigüedad
TÉCNICOS (no titulados)


Encargado general 979,11 14.686,65 54,81
Jefe fabricación taller 1.047,34 15.710,10 58,65
Encargado de sección 779,84 11.697,60 43,64
ADMINISTRATIVOS


Jefe de administrac. de 1ª 1.107,91 16.618,65 62,03
Jefe de administrac. de 2ª 1.047,34 15.710,10 58,65
Oficial de 1ª 946,27 14.194,05 52,98
Oficial de 2ª 844,79 12.671,85 47,29
Auxiliar 779,25 11.688,75 43,62
Aspirante de 1º año 459,15 6.887,25 22,69
Aspirante de 2º año 470,44 7.056,60 26,33
Aspirante de 3º año 608,15 9.122,25 34,05
MERCANTILES


Jefe de ventas 1.066,70 16.000,50 59,73
Inspector de ventas 1.013,62 15.204,30 56,74
Promotor de propaganda 844,79 12.671,85 47,29
Vendedor de autoventa 811,02 12.165,30 45,38
Viajante 811,02 12.165,30 45,38
OBREROS


a) Personal de producción


Oficial de 1ª 852,89 12.793,35 47,76
Oficial de 2ª 787,76 11.816,40 44,10
Ayudante 740,27 11.104,05 41,44
Hornero mecanizado 787,76 11.816,40 44,10
Hornero de pala 787,76 11.816,40 44,10
Aprendiz de 1º año 459,15 6.887,25 22,99
Aprendiz de 2º año 476,34 7.145,10 26,67
b) Pers. acabado y empaquetado


Oficial de 1ª 852,89 12.793,35 47,76
Oficial de 2ª 787,76 11.816,40 44,10
Ayudante 740,27 11.104,05 41,44
Aprendiz de 1º año 459,15 6.887,25 22,99
Aprendiz de 2º año 476,34 7.145,10 26,67
c) Pers. de oficios auxiliares


Oficial de 1ª 852,89 12.793,35 47,76
Oficial de 2ª 787,76 11.816,40 44,10
Peón 716,94 10.754,10 40,12
Personal de limpieza 716,94 10.754,10 40,12
SUBALTERNOS


Almacenero 852,89 12.793,35 47,76
Conserje 762,69 11.440,35 42,71
Cobrador 762,69 11.440,35 42,71
Basculero 762,69 11.440,35 42,71
Guarda jurado 762,69 11.440,35 42,71
Guarda vigilante 762,69 11.440,35 42,71
Ordenanza 762,69 11.440,35 42,71
Portero 716,94 10.754,10 40,12
COMERCIO


ADMINISTRATIVOS


Auxiliar de caja 779,76 11.696,40 43,64
PERSONAL MERCANTIL


Dependiente 809,05 12.135,75 45,29
Ayudante 732,45 10.986,75 41,01




NOTA.-Los salarios de las categorías de aprendiz de 1.º y 2.º año se refieren al 85% de la jornada