Índice
CONVENIO COLECTIVO (BOP Núm. 140 – Martes, 21 de Junio de 2011)
DISPOSICIONS XERAIS
ARTIGO 1.- ÁMBITO PERSOAL.
As estipulacións do presente Convenio Colectivo obrigan á totalidade das empresas e traballadores adicados ó Comercio de Mobles e Obxectos Decorativos.
ARTIGO 2.- ÁMBITO TERRITORIAL.
O presente Convenio será de aplicación obrigatoria a toda a provincia de Lugo, e afectará a tódolos centros de traballo ubicados nela, aínda cando as empresas tiveran o seu enderezo social fóra e os traballadores trasladados a esta.
ARTIGO 3.- ÁMBITO TEMPORAL.
A vixencia do presente Convenio será dende 1 de Xaneiro de 2007 ata o 31 de Decembro de 2011.
ARTIGO 4.- DENUNCIA.
O presente Convenio, salvo no referente á táboa salarial, prorrogaráse en iguais termos por períodos anuais ó non denunciarse, por calquera das partes, cunha antelación de trinta días á data de finalización do mesmo.
ARTIGO 5.- COMPENSACIÓN E ABSORCIÓN.
As condicións que se establecen neste Convenio son compensables e absorbibles en cómputo anual, conforme á lexislación vixente, respectándose as situacións en igual forma, elo cas salvedades previstas no presente Convenio.
CLASIFICACIÓN PROFESIONAL
GRUPO I
Encargado Xeral, Xefe de Persoal, Xefe de Compras, Xefe de Ventas, Xefe de Administración.
Encargado Xeral.- É o que está ó frente dun estabrecemento do que dependen sucursales en distintas prazas ou quen asume a dirección superior de varias sucursales que radican nunha mesma praza.
Xefe de Persoal.- É quen, ó frente de todo o persoal dunha empresa, dicta as oportunas normas para a perfecta organización e distribución do traballo, cuia vixiancia lle corresponde, así como a concesión de permisos, propostas de sancións, etc.
Xefe de Compras.- É a persoa que ten ó seu cargo a dirección e fiscalización de tódalas operacións de compra que no estabrecemento se realicen, así como a determinación das orientacións e criterios conforme ós que deben realizarse.
Xefe de Ventas.- É o que ten ó seu cargo a dirección e fiscalización de tódalas operacións de venta que no estabrecemento se realizan, así como a determinación das orientacións e criterios conforme ós que deben realizarse.
Xefe de Administración.- Empregado que ten a responsabilidade e dirección da administración e contabilidade do estabrecemento, tendo o mando directo do persoal administrativo, e estando subordinado ó encargado. Entre as súas funcións están a xestión de cobros e pagos, declaración e pago de seguros sociais da plantilla, levar ó día a contabilidade e cualesqueira outras funcións administrativas na empresa.
GRUPO II
Xefe de Sucursal, Xefe de Almacén, Decorador, Dibuxante-Proxectista, Contable, Técnico de Decoración e Venta.
Xefe de Sucursal.- É o que está ó frente dunha sucursal, exercendo por delegación funcións propias da empresa.
Xefe de Almacén.- É o que está ó cargo do almacén, procedendo ó rexistro da súa entrada e salida, a súa distribución ás seccións, ás sucursais, o cumprimento dos pedidos, a ordenación dos muestrarios, etc.
Decorador.- É o traballador que, estando en posesión do título correspondiente, orienta ós clientes para unha mellor elección de estilos, colores, volúmenes, etc. Asimesmo confeccionará proxectos integrais de amoblamento, cas súas correspondentes plantas e alzados, así como cualquera outra documentación técnica pertinente, participando na correspondente venta hasta o seu logro ou bon fin. Para realizar estas labores correctamente haberá de ter coñecementos suficientes dos artígos, accesorios e comprementos obxeto de comercialización. Cando non teña que realizar as funcións propias de decoración, colaborará no estabrecemento da empresa con labores de venta.
Dibuxante-proxectista.- Empregado que, tendo coñecementos suficientes de dibuxo, proxectismo e informática, colabora á venta de mobles plasmando gráficamente proxectos de amoblamento e decoración de clientes, e tamén de exposición e escaparate, participando, no seu caso, na correspondente venta ata su logro ou bon fin. Para realizar estas labores correctamente haberá de ter coñecementos suficientes dos artigos, accesorios e complementos obxeto de comercialización. Cando no teña que realizar as funcións propias de Dibuxante-proxectista, colaborará no estabrecemento da empresa con labores de venta.
Contable.- Empregado que, ca suficiente formación e baixo a dirección e responsabilidade do xefe de administración ou encargado, realiza as funcións propias deste que lle sexan delegadas.
Técnico de Decoración e Venta.- É o vendedor que domina en tóda-las suas facetas a profesión, coñecendo por tanto as técnicas de venta, de implantación, organización, etc., así como tódo-los coñecementos teóricos e prácticos para o desarrollo da súa labor, estando además en posesión do título ou habendo realizado cursos ou estudos específicos. Deberá orientar ó cliente para unha mellor elección de estilos, colores, volúmenes, etc. Asimesmo pode confeccionar proxectos integrais de amoblamento, cas suas correspondientes plantas e alzados, así como calquera cuestión técnica do proxecto, facéndose cargo de aquelas operacións que, pola súa singular importancia, requiren dun dominio da profesión. Ten ademais asignada a ornamentación de interiores, escaparates e vitrinas que estean expostos ó público. Ós efectos de facer efectiva e favorable a venta, no senso de orientar e comprobar a posibilidade de ubicación de mobiliario nos respectivos domicilios dos clientes, este traballador poderá trasladarse en horas de traballo a ditos domicilios e efectuar as acciones oportuas, tales como medidas, consellos, etc.
GRUPO III
Xefe de Grupo, Oficial de 1ª, Oficial Administrativo, Conductor de 1ª, Conductor-Montador, Escaparatista.
Xefe de Grupo.- Empregado ó frente de varias seccións nos estabrecementos que teñan a súa organización montada en base a elas, tal é o caso de Xefatura de Reparto ou outras.
Oficial 1ª.- Empregado que, dominando a técnica e práctica do seu oficio, realiza traballos de oficio clásicos, tales como tapicería, costura, fontanería, electricidade, etc., no estabrecemento e fora del, tanto para a venta e instalación como para a exposición e almacenaxe. Levará a cabo as súas funcións con responsabilidade propia e con un alto grado de esmero na realización do seu cometido e rendemento.
Oficial Administrativo.- Empregado que, con coñecementos suficentes sobre a xestión contable, administrativa e informática, realiza as tarefas propias do departamento administrativo e a xestión de cobros a clientes, baixo a dirección do xefe administrativo e do contable. Realiza traballos que requiren iniciativa propia, tales como redacción de correspondencia, contratos mercantiles, elaboración estadística con capacidade analítica, xestión de informes, transcripción de libros de contabilidade, liquidación de seguros sociais, etc.
Conductor de 1ª.- É o traballador que, cos coñecementos e permisos necesarios, conduce vehículos para cuio manexo se exixe permiso de conducir de primeira especial ou de primeira, coida da conservación do vehículo, debendo reparar as pequenas averías tanto en ruta como en garaxe, e transporta, reparte, cobra e factura as mercancías de acordo cas instruccións que reciba, incluíndo a carga e descarga e estiba e desestiba da mercadoría.
Conductor-montador.- É aquel traballador que realiza fundamentalmente as funcións de conductor de vehículos de transporte, incluida a carga e descarga, estiba e desestiba da mercadoría, e traslado e montaxe do mobiliario dentro e fora do estabrecemento.
Escaparatista.- É a persoa con especialización na súa profesión que ten asignada como función principal e preferente a ornamentación de interiores, escaparates e vitrinas, requerindo para a súa execución un alto grado de iniciativa. Pode por sí mismo realiza-los elementos necesarios para a ambientación e presentación da mercadoría. Para realizar estas tarefas correctamente haberá de ter coñecementos suficientes dos artigos, accesorios e comprementos obxeto de comercialización. Cando non haxa de realiza-las funcións propias de Escaparatista, colaborará no estabrecemento da empresa con tarefas de venta.
GRUPO IV
Vendedor, Dependente, Oficial de 2ª, Conductor de 2ª, Caixeiro, Montador, Comercial, Auxiliar Administrativo.
Vendedor.- É o encargado de realizar ventas con coñecementos prácticos dos artigos en venta, de forma que poida orientar ó público do uso a que se destine, novedades, etc. Deberá cuidar do reconto de mercadoría para solicitar a súa reposición en tempo oportuno e da exhibición en escaparates e vitrinas, tendo ademáis os coñecementos elementais de cálculo mercantil que son necesarios para efectuar as ventas. Este traballador poderá trasladarse en horas de traballo ós domicilios dos clientes a efectuar medidas, consellos, etc.
Dependente.- É o encargado de realizar ventas no estabrecemento comercial con coñecementos prácticos dos artigos en venta, de forma que poida orientar ó público do uso a que se destine, novedades, etc.
Deberá coidar do reconto de mercadoría para solicitar a súa reposición en tempo oportuno e da exhibición en escaparates e vitrinas, tendo ademáis os coñecementos elementais de exhibición en escaparates e vitrinas.
Oficial de 2ª.- Empregado que, con coñecementos suficientes de oficios clásicos, realiza traballos varios no estabrecemento e fora del, tanto para a venta e instalación, como para a exposición e almacenaxe.
Conductor de 2ª.- É o traballador que, cos coñecementos e permisos necesarios, conduce vehículos para cuio manexo se exixe o permiso de conducir de segunda o terceira clase, coida da conservación do vehículo, debendo repara-las pequenas averías, tanto en ruta como en garaxe, transporta, reparte, cobra e factura as mercadorías dacordo cas instruccións que reciba, incluíndo a carga e descarga e estiba e desestiba da mercadoría.
Caixeiro.- É o traballador que ten que efectua-los cobros de mercadorías e outros, abonos de clientes e pagos diversos ou calquera outra operación con relación ó tráfico da empresa, as cales deberán ser reflexadas documentalmente mediante o sistema que adopte a empresa. Como función complementaria, e para el período en que non sexa necesaria a realización das tarefas anteriores, poderá levar a cabo outras de índole semellante, así como proceder á atención ó público.
Montador.- É o traballador que se adica a traballos concretos e determinados de montaxe de mobiliario sen constituir propiamente un oficio, pero que precisan de certa práctica na execución dos mesmos. Asimismo haberá de efectuar certos traballos de mantemento no estabrecemento.
Comercial.- É o empregado que, ó servizo dunha soa empresa, realiza os habituais viaxes, segundo a ruta previamente sinalada, para ofertar artigos, tomar notas de pedidos, informar ós clientes, transmitir os encargos recibidos e similares, coidando do seu cumprimento fora do tempo adicado ós viaxes. Cando non teña que realiza-las funcións propias de viaxante, colaborará no estabrecemento da empresa con outras labores mercantis.
Auxiliar Administrativo.- Empregado que, con coñecementos básicos de xestión contable, administrativa e informática, realiza as tarefas propias do departamento administrativo auxiliando a xefes, contables e oficiais administrativos. Asimesmo atenderá en primeira instancia ó cliente e se ocupará da comunicación telefónica no interior e exterior.
GRUPO V
Axudante de Vendedor, Axudante de Oficio, Mozo, Vixiante, Limpador.
Axudante de Vendedor.- É a persoa que se inicia na profesión de vendedor e auxilia ós vendedores nas súas funcións, facilitándolles a labor e pudendo por sí mismo realiza-las funcións de venta e cobro.
Axudante de oficio.- É aquel traballador que ten aptitude para realizar traballos sinxelos propios dun oficio e que normalmente colaborará con montadores e oficiais de 1ª y 2ª.
Mozo.- Empregado que realiza o traslado, movemento e manipulado de mercadorías e outros obxetos, dentro e fora do estabrecemento, fai os paquetes correntes e os reparte ou realiza calquera outro traballo que exixa esforzo físico.
Vixiante.- É a persoa que efectúa a vixiancia dentro ou fora das dependencias da empresa. Ten a misión de vixiar a mercadoría para tratar de evita-la apropiación indebida desta, actuando segundo o procedemento estabrecido na empresa se esto se produce; asimesmo controla a entrada e saída de clientes, persoal, camións e tódo-los movementos de mercadoría en xeral. Colabora cos demáis servizos en sinestros, incidentes, etc.
Limpador.- Empregado que se ocupa da limpeza das dependencias da empresa, así como de tódo-los obxetos e xéneros depositados na mesma.
ARTIGO 6.- NIVEIS SALARIAS POR GRUPO PROFESIONAL.
Habida conta de que os Grupos Profesionais previstos no novo sistema de Clasificación Profesional están determinados por aquelas Categorías que presentan unha base profesional homoxénea dentro da organización do traballo, a partires do 1 de xaneiro de 2005 estabrécese un nivel salarial para cada un dos Grupos Profesionais, segundo se recolle no Anexo V de Táboa Salarial para o ano 2005.
Para o caso de que os novos niveis salariais por Grupo Profesional supoñan un menor salario do que correspondería ós traballadores conforme o antigo sistema de Clasificación Profesional, se respetarán as diferencias existentes, que pasarán a denominarse “complemento de salario base” e que non poderán ser compensadas nin absorbidas.
RÉXIME DE TRABALLO
ARTIGO 7.- XORNADA DE TRABALLO.
A xornada de traballo será de 40 horas semanais.
A regulación legal en materia de apertura de establecementos comerciais e libertade horaria non suporá modificación da xornada máxima de traballo prevista no Convenio habendo de respetarse en todo caso os descansos mínimos previstos na normativa laboral.
Os días 24 e 31 de Decembro consideraranse con carácter xeral como días non laborables. No caso de que os traballadores teñan que prestar servizos nas datas sinaladas por razóns organizativas ou de necesidade de atención ou asistencia ó público, serán compensados conforme o establecido no presente Convenio para o traballo en domingos e festivos.
ARTIGO 8.- VACACIÓNS.
O persoal comprendido no presente convenio, disfrutará dun período anual de vacacións mínimo de trinta e un días naturais, debendo iniciarse o seu disfrute en día laborable.
As vacacións se disfrutarán preferentemente de xuño a setembro, ambos inclusive, garantizándose en todo caso a correcta prestación de servizos na empresa, seguíndose, no caso de imposibilidade por causas organizativas de disfrute das vacacións en período preferente un turno rotatorio anual, dando preferencia ós traballadores mais antigos na empresa que nos anos anteriores non fixeran uso de tal facultade.
A retribución correspondente ó período de vacacións estará constituída polo salario base, plus de transporte e antigüidade que corresponda a cada categoría profesional, de acordo co cadro de salarios que figura anexo ó presente convenio.
ARTIGO 9.- INASISTENCIA RETRIBUÍDA.
O traballador, previo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguintes, elo sin perxuizo do disposto no Estatuto dos Traballadores en materia de permisos e licencias retribuídas:
a) No caso de matrimonio do traballador: dezasete días naturais.
b) No caso de enfermidade grave dos pais, irmáns, cónxuxe e fillos: catro días.
c) No caso de enfermidade grave, hospitalización ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días; cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento ó efecto, o prazo será de catro días.
d) caso de nacemento de fillos: seis días naturais.
e) caso de traslado de domicilio habitual: un día. Dous días no caso de traslado fora do municipio.
f) No caso de asistencia a consulta do médico de cabecera da Seguridad Social e asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social: polo tempo necesario; nestes casos o horario de consulta haberá de coincidir co do traballo, e a consulta ó especialista haberá de prescribirse polo facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescripción médica e da asistencia á consulta.
g) No caso de acompañamento de fillo menor de seis anos a consulta de médico especialista da Seguridade Social: polo tempo necesario; nestes casos o horario de consulta haberá de coincidir co do traballo, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da asistencia á consulta.
h) No caso de realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto: polo tempo indispensable.
i) o caso de nacemento de fillo prematuro ou hospitalización deste: dereito a unha hora de ausencia ó traballo ou reducción da sua xornada ata un máximo de dous horas ca disminución proporcional de salario.
j) No caso de lactancia dun fillo menor de nove meses: dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividirse en dúas fraccións. O traballador, pola súa vontade, poderá sustituir este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade.
k) No caso de que, por razóns de garda legal, o traballador teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un disminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída: dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa disminución proporcional do salario entre ó menos un terzo e un máximo da metade da duración daquela.
e) No caso de cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable; cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado estarase ó que dispoña en canto a duración da ausencia e a sua compensación económica.
Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo en mais do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador efectuado á situación de excedencia regulada no apartado 1 do artigo 46 do Estatuto dos Traballadores.
No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, percibira unha indemnización, descontarase o importe da mesma do salario a que tivera direito na empresa.
f) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos esteblecidos legal ou convencionalmente.
ARTIGO 10.- PARELLAS DE FEITO.
As referencias feitas no presente Convenio ó cónxuxe se entenderán feitas á parella de feito que conviva co traballador ou traballadora sempre que ésta estea debidamente inscrita no registro de parellas de feito de concello correspondente.
ARTIGO 11.- EXCEDENCIAS.
Conforme ó disposto na lexislación laboral vixente, os traballadores terán dereito ós seguintes supostos de excedencia:
a) Excedencia voluntaria: O traballador con a lo menos unha antigüedade dun ano na empresa terá dereito a que se lle recoñezca a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un plazo no menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser empregado de novo polo mesmo traballador se trancurrisen catro anos dende o final da anterior excedencia, salvo que, de mutuo acordo entre a empresa e o traballador, se reduza dito prazo.
b) Excedencia por cuidado de fillos: Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, a contar dende a data de nacemento ou, no seu caso, da resolución xudicial ou administrativa.
c) Excedencia por cuidado de familiares: Tamén terán dereito os traballadores a un período de excedencia non superior a un ano para atender ó coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidad, non puidera valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.
Durante os períodos de excedencia o traballador en ningún caso poderá prestar servicios que supoñan unha concurrencia desleal en relación á empresa. Si así o fixera, perdería automáticamente o seu dereito ó reingreso.
RÉXIME ECONÓMICO
ARTIGO 12.- INCREMENTO SALARIAL.
Serán, para cada un dos anos de vixencia do Convenio, os que se sinalan a continuación:
2007: Para o período de vai dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2007 aplícase, sobre a táboa salarial revisada do ano 2006, que se adxunta ó presente Convenio como Anexo I, incremento dun 2,5%. A táboa salarial resultante para o ano 2007 adxúntase ó presente Convenio como Anexo II.
2008: Para o período que vai dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2008 aplícase sobre a táboa salarial do ano 2007 incremento dun 1,5%. A táboa salarial resultante para o ano 2008 adxúntase ó presente Convenio como Anexo III.
2009: Para o período que vai dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2009 aplícase sobre a táboa salarial do ano 2008 incremento dun 1%. A táboa salarial resultante para o ano 2004 adxúntase ó presente Convenio como Anexo IV.
2010: Para o período que vai dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2010 aplícase sobre a táboa salarial do ano 2009 incremento dun 3%. A táboa salarial resultante para o ano 2010 adxúntase ó presente Convenio como Anexo V.
2011: Para o período que vai dende o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2011 aplicarase sobre a táboa salarial do ano 2010 un incremento do 1% sobre a táboa salarial revisada do ano 2010, (o IPC previsto polo Goberno para o ano 2011).
ARTIGO 13.- AUMENTOS PERIÓDICOS POR ANOS DE SERVICIO NA EMPRESA.
O persoal comprendido no presente convenio, percibirá aumentos periódicos por anos de servicio na empresa, consistentes no abono de catrienios na contía que figura, para cada categoría profesional, na táboa de salarios correspondente a cada anualidade de vixencia do Convenio.
Cada catrienio abonarase a razón do importe que figure para cada categoría profesional nas táboas salariais, no momento do vencemento, con carácter fixo, ata o transcurso do tempo fixado para que se cumpra outro catrienio, que se aboará, igualmente, ó importe reseñado nas táboas salariais, para cada categoría profesional, dita cantidade acumularase á que tivera recoñecida con anterioridade polo concepto sinalado de aumentos periódicos por anos de servicio na empresa.
A todo o persoal afectado polo presente convenio, recoñeceráselle a cantidade que teña acreditada polo concepto de «antigüidade», ata a entrada en vigor do presente Convenio, cantidade que manterá fixa e á que haberá de ir acumulando, en cada momento, os importes dos catrienios que se vaian adquirindo, no transcurso do tempo, calculados de acordo co que se estipula no presente artigo.
ARTIGO 14.- GRATIFICACIÓNS EXTRAORDINARIAS.
As gratificacións extraordinarias do Nadal e 25 de Xullo, serán equivalentes ó importe dunha mensualidade calculada conforme ó disposto no presente Artigo.
O devengo das gratificacións extraordinarias do Nadal e Xullo corresponderá ós seguintes períodos:
Gratificación de Xullo: do 1 de agosto ó 31 de xullo.
Gratificación de Nadal: do 1 de xaneiro ó 31 de decembro
As gratificacións extraordinarias de Nadal e Xullo aboaránse nas seguientes datas:
Gratificación de Xullo: o día laborable inmediatamente anterior ó 25 de xullo.
Gratificación de Nadal: o 22 de decembro e, se este fora festivo, o día laboral inmediatamente anterior.
As gratificacións extraordinarias de Nadal e Xullo calcularanse a razón de salario base mensual de convenio, máis as cantidades que teñan acreditadas por aumentos periódicos por anos de servicio. O importe de ditas gratificacións será prorrateable en proporción ó tempo traballado durante o ano, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, accidente de traballo, vacacións e permisos retribuídos.
ARTIGO 15.- GRATIFICACIÓNS POR PARTICIPACIÓN EN BENEFICIOS.
O importe da gratificación por participación en beneficios, será como mínimo, de trinta días de salario base mensual de convenio, máis as cantidades que teñan acreditadas por aumentos periódicos por anos de servicio.
O devengo da gratificación extraordinaria por participación en beneficios corresponderá ó seguinte período: Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro.
A gratificación extraordinaria por participación en beneficios aboaráse dentro do primeiro trimestre do ano.
O importe de dita gratificación será prorrateable en proporción ó tempo traballado durante o ano, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, accidente de traballo, vacacións e permisos retribuídos.
ARTIGO 16.- PROMOCIÓN CULTURAL.
Con esta finalidade, as empresas abonarán ós seus traballadores media mensualidade por ano, sento a súa contía de quince días de salario base máis as cantidades que teñan acreditadas por aumentos periódicos por anos de servicio.
O devengo da media gratificación extraordinaria de promoción cultural corresponderá ó seguinte período: Do 1 de outubro ó 30 de setembro.
A media gratificación extraordinaria de promoción cultura aboaráse dentro da primeira quincena do mes de Outubro.
A media gratificación extraordinaria que se regula no presente Artigo recóllese tradicionalmente no Convenio como non cotizable ós efectos de Seguridade Social e Accidentes de Traballo. Non obstante o sinalado, a partires do 1 de xaneiro de 2005 recoñécese o carácter cotizable desta media gratificación extraordinaria.
ARTIGO 17.- SOBRESOLDO DE TRABALLO EN DOMINGOS E FESTIVOS.
A partires do 1 de xaneiro de 2005 as empresas, ós efectos de compensar a aqueles traballadores que veñan obrigados a prestar servicios en domingo ou festivo, empregarán algún dos seguintes sistemas:
a) Descanso compensatorio consistente nun descanso equivalente cun recargo dun 50% no tempo de descanso.
b) Sempre que se respete o día e medio de descanso semanal previsto na normativa, retribución adicional de 20 euros á que lle correspondera segundo o presente Convenio.
ARTIGO 18.- SOBRESOLDO DE TRANSPORTE.
Establécese un sobresoldo de transporte que percibirán os traballadores, calquera que sexa a sua categoría profesional, por día efectivamente traballado nas seguintes cuantías:
2007.- 2,70 euros
2008.- 2,74 euros
2009.- 2,76 euros
2010.- 2,84 euros
2011.- 2,86 euros
Dito sobresoldo aboaráse tamén durante as vacacións.
ARTIGO 19.- QUEBRANTO DE MOEDA.
Aqueles traballadores que habitualmente teñan a responsabilidade de efectuar operacións monetarias, en moneda de curso legal, fóra da empresa, terán unha compensación económica por quebranto de moneda nas seguintes cuantías:
2007.- 25,49 euros
2008.- 25,87 euros
2009.- 26,13 euros
2010.- 26,39 euros
2011.- 26,65 euros
ARTIGO 20.- AXUDAS DE CUSTO.
As empresas, ós efectos de aboar ós traballadores os gastos de manutención e pernocta nos que teñan que incurrir por desprazamentos, empregará a partires do 1 de xaneiro de 2005 un dos seguintes sistemas:
a) Pago dos gastos no que o traballador tivera que incurrir unha vez xustificados cas correspondentes facturas.
b) Pago de 15 euros por cada comida ou cea e pago de 35 euros pola pernocta.
DEREITOS SOCIAIS
ARTIGO 21.- PREMIOS DE XUBILACIÓN.
Os traballadores que se xubilen con máis de 10 anos de antigüidade na empresa terán dereito ó disfrute de vacacións retribuidas nas seguintes duracións:
Ós 65 anos: 6 mensualidades
Ós 64 anos: 8 mensualidades
Ós 63 anos: 9 mensualidades
Ós 62 anos: 10 mensualidades
Ós 61 anos: 11 mensualidades
Ós 60 anos: 12 mensualidades
O disfrute destas vacacións faráse efectivo ca correspondente antelación ó seu cese efectivo, debendo o traballador comunicar de forma constatable a súa decisión á empresa. Esta lle fará entrega ó traballador que solicite as vacacións dun certificado acreditativo do seu disfrute, no que constará o número de meses ós que ten dereito.
ARTIGO 22.- INCAPACIDADE TEMPORAL.
As empresas complementarán as prestacións por I..T. ata o 100% de salario real nos seguintes casos:
a) Hospitalización do traballador, desde que se inicie ata que remate.
b) Accidente de traballo e enfermidade profesional, desde o día seguinte ó de inicio da baixa.
ARTIGO 23.- XUBILACIÓN VOLUNTARIA ÓS 64 ANOS.
De conformidade co Real Decreto 1194/1985, do 17 de Xullo, e para o caso de que os traballadores incluídos no ámbito persoal do presente convenio colectivo de traballo, con 64 anos cumpridos, desexen acollerse á xubilación co 100% dos dereitos, as empresas afectadas por este Convenio obríganse a conceder dita xubilación e, ó amparo do citado Real Decreto, substituir a cada traballador xubilado por outro traballador, ben perceptor do Seguro de Desemprego ou xove demandante do primeiro emprego, mediante un contrato de igual natureza ó extinguido.
No suposto sinalado no párrafo precedente, o traballador xubilado ó amparo do Real Decreto 1194/1985 non terá dereito, aínda reunindo os requisitos para elo, ó premio de xubilación previsto no presente Convenio.
ARTIGO 24.- PÓLIZA DE SEGUROS.
As empresas suxeitas a este Convenio contratarán a favor dos seus traballadores, unha vez publicado este convenio no B.O.P ou Diario Oficial de Galicia, un seguro que cubra os riscos de invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e grande invalidez, e morte, derivados de accidente de traballo, nas contías que se indican.
– Morte: 21.000 euros
– Invalidez Permanente: 21.000 euros
Os incrementos que se establecen en ditas contías con respecto ó Convenio anterior terán efectos a partir dos dous meses da publicación do convenio no B.O.P. ou Diario Oficial de Galicia.
CONTRATACIÓN
ARTIGO 25. – PERÍODO DE PROBA.
A partires da publicación do presente Convenio no B.O.P. ou Diario Oficial de Galicia, y de conformidade ca regulación da Clasificación Profesional que se prevé a partires do 1 de xaneiro de 2005, estabrécense os seguintes períodos de proba en función do Grupo Profesional ó que pertenza o traballador:
Grupo I: 5 meses
Grupo II: 4 meses
Grupo III y IV: 3 meses
Grupo V: 1 mes
ARTIGO 26.- CONTRATACIÓN EVENTUAL DO ARTIGO 15.1.b) DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES.
No ámbito de aplicación do presente Convenio poderánse concertar os contratos eventuais previstos no Artigo 15.1.b) do Real Decreto Lexislativo 1/1995 cunha duración máxima de doce meses dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poda exceder do dito límite máximo.
ARTIGO 27.- CONTRATACIÓN A TEMPO PARCIAL.
No ámbito de aplicación do presente Convenio e a partires da súa publicación no B.O.P. ou Diario Oficial de Galicia, nos contratos a tempo parcial de media xornada ou inferiores á media xornada, o horario de traballo será continuado, salvo que existan causas que xustifiquen a xornada partida.
Entenderáse que existe causa xustificativa de tal xornada en todo caso canto a xornada partida sexa unha opción do traballador afectado, cando as necesidades do posto de traballo exixan a prestación de servizos a distintas horas ou cando concurran razóns técnicas, organizativas ou productivas que xustifiquen o horario.
OUTRAS MATERIAS
ARTIGO 28.- ROUPA DE TRABALLO.
Aquelas empresas que teñan estabrecido uniforme para o seu persoal, e sempre e cando non aboen plus de desgaste de vestiario, virán obrigadas a entregar ós traballadores dous uniformes ó ano.
ARTIGO 29.- RETIRADA DO PERMISO DE CONDUCIR.
Os conductores ós que, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, se lles retire o seu permiso de conducir, a empresa comprometeráse a ocupalos noutro servicio da mesma por tempo non superior a tres meses, aínda que sexa de categoría profesional inferior, percibindo o salario correspondente á súa categoría.
O disposto no presente artigo non será de aplicación no suposto de reincidencia dentro da vixencia do Convenio; quedan excluídos deste beneficio os conductores que se viran privados do permiso de conducir como consecuencia da inxestión de bebidas alcohólicas.
ARTIGO 30.- COMISIÓN MIXTA PARITARIA.
Constituirase un Comité Mixto Paritario entre as partes asinantes deste Convenio. O citado órgano -integrado por 6 representantes da Asociación Empresarial asinante, 3 de U.G.T., 2 de CC.OO. e 1 da CIG , igualmente asinantes- cumprirán as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. Caso de non chegarse a acordo en dita Comisión, ambas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.
ARTIGO 31.- DEREITOS SINDICAIS.
As empresas comprendidas neste convenio comprométense a respeta-lo pleno exercicio da liberdade sindical, tal e como sinala a Lei Orgánica de Liberdade Sindical e demáis lexislación vixente, e concretamente a.
– Non discriminar ós delegados de persoal e membros do Comité de Empresa na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón de desempeño da súa representación.
– Neste senso, poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuir, sen perturbar o normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social.
– Nas empresas de ata 100 traballadores, os delegados de persoal terán dereito a un crédito de 180 horas sindicais, en cómputo anual, e retribuídas conforme ó establecido no Estatuto dos Traballadores. Ditas horas poderán disfrutarse nun número máximo de 16 horas mensuais, sen que poida excederse do cómputo anual sinalado.
– No suposto de formar parte da comisión negociadora do Convenio seralle facilitado permiso para asistir ás reunións que ó efecto se convoquen, sen que ditas horas sexan computadas dentro do crédito ordinario.
DISPOSICIÓN FINAL UNICA.
O pago dos atrasos ós que haxa lugar como consecuencia da publicación do presente Convenio, se farán efectivos no prazo de dous meses contados a partir da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.
TÁBOAS.